Diputación

Sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña

imagen 21:05:38 Martes 12 de decembro 2017 Actualizar data e hora

Accesibilidade

Accesibilidade

Dada a importancia de que os nosos cidadáns e cidadás, incluíndo os que teñen algún tipo de discapacidade e os maiores, poidan acceder á información e aos servizos electrónicos deste portal e navegar polos seus contidos, as nosas páxinas web cumpren coa adecuación de nivel AA, definido na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C).

Este nivel AA supón que:

  • Os códigos HTML e CSS empregados permiten a utilización de distintos navegadores. Cando o navegador non soporta javascript, existen alternativas para non perder nin información nin funcionalidade.
  • Aspectos visuais: unha folla de estilos permítelle ao usuario axustar o portal ás súas necesidades visuais. Por exemplo: tamaño de letra, fondo, cor de fonte, etc. Na nosa web, os documentos pódense ler sen follas de estilos.
  • Aspectos semánticos: a organización dos elementos das distintas páxinas permite a comprensión xeral do sitio. As imaxes decorativas son prescindibles para unha comprensión do contido; o resto de imaxes leva texto alternativo.
  • Multimedia: existe unha alternativa ao contido multimedia flash.
  • Cambios de idioma: éstes identifícanse mediante a etiqueta correspondente para lles facilitar a tarefa aos que navegan con lectores de texto.

Para visualizar tanto os documentos pdf como os contidos flash cómpre a instalar os respectivos visores. Estes pódense descargar dende a páxina web do fabricante: Adobe Reader para documentos pdf e Adobe Flash Player para contido flash.