Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

07:43:06 Venres 19 de agosto 2022

Información

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.

7/07/21

Informámolo de que na páxina web da Deputación, o día 6 de xullo de 2021, publícase a resolución pola que se aproba a concesión provisional do programa BART-DA: BOLSAS PARA PERFECCIONAMENTO DE ESTUDOS ARTÍSTICOS 2021- Área de danza e artes do movemento.

No caso de que a concesión provisional estea condicionada, deberá emendar os erros que se sinalen na dita resolución de concesión, no prazo de 10 días hábiles (5 días en caso de tramitación de urxencia), contados a partir do día seguinte ao da publicación, polo que o prazo finaliza o 20 de xullo de 2021; se neste prazo non emenda os erros entenderase que desiste da solicitude presentada.

Así mesmo, no prazo sinalado poderá comunicar a desistencia, presentar alegacións, solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto nos programas que o permitan; se neste prazo non desiste expresamente, a aportación provincial considerarase aceptada tacitamente.

Pode consultar a resolución nesta ligazón: https://sede.dacoruna.gal

Para presentar a desistencia, reformulación, solicitude de cambio de obxecto, emendas ou alegacións contra a resolución de concesión provisional, deberá entrar na plataforma SUBTEL no apartado de concesión do seu expediente.