Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

02:33:52 Domingo 22 de setembro 2019
Estás en:

Información

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais.

12/07/16

No Boletín Oficial da Provincia do día 12 de xullo de 2016, publícase a resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións do programa FOIE: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para investimentos de servizos sociais durante o ano 2016.


No caso de que a concesión provisional da subvención estea condicionada, deberá emendar os erros que se sinalen na dita resolución de concesión, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, polo que o prazo finaliza o 23 de xullo de 2016; se neste prazo non emenda os erros entenderase que desiste da subvención.

Así mesmo, no prazo sinalado poderá comunicar o desistimento, presentar solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto da subvención ou presentar alegacións; se neste prazo non formula desistimento expreso, a subvención considerarase aceptada tacitamente.

Para presentar desistimento, reformulación, solicitude de cambio de obxecto da subvención, emendas ou alegacións contra a resolución de concesión provisional, deberá entrar na plataforma SUBTEL no apartado de concesión do seu expediente.

PDF