Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

23:09:54 Venres 18 de setembro 2020
Estás en:

Información

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Educación, Cultura e Deportes

13/07/20

No Boletín Oficial da Provincia, o día 13 de xullo de 2020, publícase a resolución pola que se aproba a concesión provisional do programa FO103C: Convocatoria do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2020.

No caso de que a concesión provisional estea condicionada, deberá emendar os erros que se sinalen na dita resolución de concesión, no prazo de 10 días hábiles (5 días en caso de tramitación de urxencia), contados a partir do día seguinte ao da publicación, polo que o prazo finaliza o 27 de xullo de 2020; se neste prazo non emenda os erros entenderase que desiste da solicitude presentada.

Así mesmo, no prazo sinalado poderá comunicar a desistencia, presentar alegacións, solicitude de reformulación ou de cambio de obxecto nos programas que o permitan; se neste prazo non desiste expresamente, a aportación provincial considerarase aceptada tacitamente.