Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

08:08:24 Martes 21 de maio 2019
Estás en:

Información

Intervención Xeral e Xestión Económica-Financeira

5/12/18

Consulta pública previa á elaboración dunha ordenanza xeral de subvencións

No exercicio da potestade normativa desta Corporación e consonte a habilitación legal específica conferida no artigo 17.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, esta Deputación ten previsto tramitar e aprobar unha ORDENANZA XERAL REGULADORA DE SUBVENCIÓNS E TRANSFERENCIAS.
 
Co fin de darlle cumprimento ao disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento administrativo común das Administracións públicas, procédese a apertura dun período de consulta pública por prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, durante os que todas as persoas interesadas, así como as organización representativas, poidan presentar a través do Rexistro electrónico xeral (https://sede.dacoruna.gal/gl/) as suxestións ou opinións respecto da necesidade e oportunidade desta norma, os seus obxectivos, as posibles solución alternativas regulatorias e, en xeral, sobre as disposicións a incorporar para un mellor desenvolvemento regulamentario da normativa de rango legal contida tanto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, como na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.