Vimianzo - ORDENANZA REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO
ÍNDICE
PREÁMBULO
DISPOSICIÓNS XERAIS
TÍTULO I. O REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO
CAPÍTULO I. DESCRICIÓN
CAPÍTULO II. PROCEDEMENTO PARA A INSCRICIÓN E ACTUALIZACIÓN DE DATOS
TÍTULO II. ENTIDADES REXISTRADAS
CAPÍTULO I. DEREITOS
CAPÍTULO II. OBRIGAS
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Ao abeiro das disposicións legais vixentes ORDENANZA REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO#footnote-14877-1 name=footnote-14877-1-backlink>[1], o Concello de Vimianzo pretende desenvolver unha normativa que regule o Rexistro Municipal de Asociacións.
As asociacións constitúen un elemento artellador da colectividade, agrupando aos cidadáns por intereses. Dispor de mecanismos de contacto e diálogo con elas contribúe a un mellor funcionamento da sociedade, ao reforzar a democracia representativa coa participativa.
Participación e descentralización, xunto coa eficacia e a transparencia na xestión permiten a un concello, aberto e democrático, impulsar unha actuación ao servizo dos intereses dos cidadáns que senten o deber cívico de cooperar coa institución municipal na mellora das súas condicións de vida e no progreso socioeconómico do seu territorio.
O Rexistro Municipal de Asociacións é un instrumento co que se pretende promover o asociacionismo, fomentar a participación da sociedade na vida pública, axilizar a xestión e dinamizar a relación das asociacións co concello.
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. O obxecto da presente ordenanza é o establecemento das formas, medios e procedementos que rexerán o Rexistro Municipal de Asociacións de Vimianzo e os dereitos que se lle outorgan ás entidades rexistradas.
Artigo 2. Os obxectivos que se pretende conseguir coa presente ordenanza, e que teñen carácter de principios básicos, son os seguintes:
1) Fomentar o asociacionismo cidadán.
2) Dar publicidade e transparencia ás asociacións do municipio e ás súas actividades.
3) Crear unha ferramenta de comunicación e colaboración entre o concello e as asociacións nos asuntos que lles afecten directamente ou que teñan repercusión nos colectivos aos que representan, fomentando así a participación cidadá.
TÍTULO I. O REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO
CAPÍTULO I. DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS
Artigo 3. O Rexistro Municipal de Asociacións de Vimianzo ten por obxectivo permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre estas e o Concello, coñecer os seus fins, representatividade e peso específico, e deste xeito fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, conforme os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.
Artigo 4. Poderán solicitar e obter a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións de Vimianzo todas as entidades legalmente constituídas, de funcionamento democrático, que teñan sede e marco territorial de actuación no termo municipal de Vimianzo e como obxecto fundamental a defensa, fomento e mellora dos intereses xerais ou sectoriais dos cidadáns. Dentro do Rexistro distínguense os tipos de entidades segundo o obxecto social e fins estatutarios que figuran no Anexo I.
Artigo 5. Para o pleno exercicio dos dereitos recoñecidos no artigo 72 da LRBRL e na presente ordenanza, as asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños, deberán estar inscritas no devandito rexistro municipal.
Artigo 6. O Rexistro dependerá da Secretaría Xeral e a súa xestión e mantemento serán realizados polo departamento de Promoción Económica.
Artigo 7. Os datos contidos no Rexistro Municipal de Asociacións de Vimianzo serán públicos.
CAPÍTULO II. PROCEDEMENTO PARA A INSCRICIÓN E ACTUALIZACIÓN DE DATOS
Artigo 8. As asociacións interesadas na inscrición deberán presentar a súa solicitude en impreso normalizado, achegando os seguintes documentos (orixinais e/ou copia para o seu cotexo):
¿ Acta de constitución e estatutos da entidade
¿ CIF
¿ DNI do representante/-s
¿ Datos identificativos das persoas que ocupan os cargos directivos
¿ Comunicación do domicilio a efectos de notificacións e correo electrónico dos membros da xunta directiva
¿ Certificación orixinal do número de socios
¿ Orzamento do ano en curso e programa de actividades
¿ Memoria das actividades realizadas ata o momento
Artigo 9. En 15 días desde a solicitude de inscrición, agás que este se interrompa por necesidade de achegar documentación non incluída inicialmente, o Concello notificaralle á entidade o número de inscrición. A partir dese momento considerarase de alta para todos os efectos.
Artigo 10. As asociacións inscritas están na obriga de actualizar os datos do Rexistro, e notificarán todas as modificacións que se produzan no prazo dun mes.
No primeiro trimestre do ano, as Asociacións presentarán unha memoria, onde constará como mínimo a relación de actividades realizadas e o balance económico do exercicio e da súa aplicación, así como o programa de actividades e orzamento para o ano seguinte. Tamén deberán presentar a actualización de todos os datos que figuran relacionados no artigo 8.
Artigo 11. O incumprimento das obrigas contempladas nos devanditos artigos desta Ordenanza, suporá a apertura do correspondente expediente, que poderá dar lugar á baixa da entidade ou asociación no Rexistro, e mais á perda dos dereitos que se derivan da inscrición.
TÍTULO II. ENTIDADES REXISTRADAS
CAPÍTULO I. DEREITOS
Artigo 12. As asociacións inscritas, previa petición por escrito presentada no Rexistro Xeral coa antelación que se estableza polos servizos correspondentes, poderán acceder ao asesoramento técnico, ao uso de locais e equipamento, e medios de comunicación. As autorizacións concederanse atendendo ás actividades programadas, a dispoñibilidade de espacios, persoal e horarios, segundo os criterios que se fixen polas unidades responsables da xestión dos medios solicitados.
Asi mesmo, as asociacións inscritas poderán acceder ás accións formativas que impulse o Concello en fomento do asociacionismo, e terán dereito a recibir axudas económicas sempre que o permitan os recursos orzamentarios do Concello.
Artigo 13. As asociacións inscritas serán beneficiarias das accións que o Concello de Vimianzo impulse para fomentar o uso das TICS por parte delas encamiñadas á súa mellor xestión e a facilitar a comunicación co concello.
Artigo 14. As asociacións inscritas, previa solicitude escrita dirixida ao Concello, poderán recibir no seu domicilio social ou correo electrónico de contacto, as convocatorias e acordos dos órganos colexiados municipais que teñan sesións públicas, cando na orde do día figuren cuestións relacionadas co obxecto social delas.
Artigo 15. O Concello, previa petición expresa das asociacións inscritas interesadas, remitiralles as publicacións que, editadas polo concello, resulten de interese para aquelas atendendo ao seu obxecto social.
Artigo 16. O Concello, en función do volume de solicitudes de remisión de documentación que rexistre, poderá arbitrar sistemas de publicación das ordes do día e resolucións que tivera que remitir que permitan ás asociacións inscritas interesadas acceder a elas.
Artigo 17. A solicitude e obtención de subvencións por parte das asociacións artillarase mediante unha ordenanza, e será requisito para obtelas a inscrición neste rexistro.
Artigo 18. As asociacións inscritas poderán solicitar a declaración de asociación de interese ou utilidade pública municipal cando o seu obxectivo social e as actividades que realicen teñan un carácter altruísta e complementario con respecto ás competencias municipais, correspondendo a concesión ou denegación ao Alcalde, previo informe dos servizos técnicos competentes.
Artigo 19. Os distintos departamentos municipais artillarán as relacións de colaboración necesarias a fin de facilitar a tramitación dos asuntos promovidos polas asociacións debidamente inscritas, sendo a unidade administrativa responsable da xestión deste Rexistro Municipal de Asociacións de Vimianzo a encargada de subministrar a outras unidades municipais os datos referentes ás asociacións que teñan que obrar nos arquivos desa unidade.
CAPÍTULO II. OBRIGAS
Artigo 20. As asociacións están obrigadas a notificar ao Rexistro Municipal de Asociacións de Vimianzo todas as modificacións dos datos de inscrición dentro do mes seguinte á data en que se produzan.
Artigo 21. Anualmente, dentro do primeiro trimestre, as Asociacións presentarán unha memoria, onde constará como mínimo a relación de actividades realizadas e o balance económico do exercicio rematado e da súa aplicación, así como o programa de actividades e orzamento para o ano. Tamén deberán presentar a actualización de todos os datos que figuran relacionados no artigo 8.
Artigo 22. As asociacións responderán do uso realizado das instalacións municipais e dos danos que nelas se puideran causar pola utilización.
Artigo 23. O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar, previa tramitación do oportuno expediente, á baixa da asociación no Rexistro coa conseguinte perda dos dereitos enumerados anteriormente.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
PRIMEIRA
No prazo de dous meses a partir da aprobación definitiva da presente ordenanza desde o Concello enviarase unha circular informativa ás asociacións das que se teña constancia en instancias municipais e tamén se divulgará a través dos medios de comunicación municipais a existencia deste Rexistro.
SEGUNDA
Aquelas asociacións que teñan presentado no Concello de Vimianzo parte da documentación que se require nesta ordenanza formarán parte, de oficio, do Rexistro Municipal de Asociacións. Comunicaráselles este feito, requiriráselles a documentación que lles falte e daráselles un prazo dun mes para que a presenten.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente ordenanza, tras a súa aprobación definitiva, entrará en vigor, unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.
Anexo I. Tipos de asociacións segundo o obxecto social e fins estatutarios
TIPO DE ENTIDADE | OBXECTO SOCIAL E FINS ESTATUTARIOS |
Cultura, arte, ocio e tempo de lecer | Fins culturais Centros de estudos e científicos Etnográficas, folclore, música, danza, costumes, etc. Coleccionistas Gastronómicas Comunicación, radios comunitarios, radio afeccionados, revistas, etc. Actividades festivas e de lecer Peñas recreativas |
Deporte | Deportivas Xogos deportivos Peñas deportivas |
Educación | Asociacións de pais e nais, de estudiantes Formación social, escolas populares, educación de adultos Psicopedagóxicas |
Laboral, sindical, profesional | Sindicatos Empresarios (pymes, comerciantes, autónomos) Profesionais Cooperativas e da economía social Agrarias, gandeiras Artesanía |
Paz, solidariedade, dereitos humanos, marxinación social, etc. | Pacifistas Obxección de conciencia, antimilitaristas Cooperación e solidariedade internacional Dereitos humanos e defensa das liberdades Defensa de minorías |
Asistencia e saúde | Socioasistencia, intervención social Afectados por discapacidades, enfermidades, necesidades físicas especiais Prevención e accións contra as adiccións Saúde e sanidade |
Sectorial, poboación pola idade | Infantil Xuvenil Pensionistas, maiores, 3ª idade |
Sectorial, poboación polo xénero e relación | Muller Home Familia e parella |
Veciñais, consumo e usuarios sociocomunitarios | Asociacións de veciños Vivenda, inquilinos, propietarios, okupas Desenvolvemento local, urbano e rural Animación sociocultura e dinamización comunitaria Sociedades culturais, recreativas, deportivas, ateneos, círculos, liceo, casas rexionais. Consumidores e usuarios Comunidades de montes |
Outras sen clasificar |
REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO
INSCRICIÓN
Entidade | |||
CIF | Razón social | ||
Enderezo | Parroquia | ||
Municipio | CP | ||
Teléfono fixo | Teléfono móbil | Correo electrónico | |
Web: | |||
Data de constitución: | Nº de socios: | ||
Inscrición en rexistros: | |||
Número | Rexistro | ||
Representante | |||
NIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo | Parroquia | ||
Municipio | CP | ||
Teléfono fixo | Teléfono móbil | Correo electrónico |
Actividade da entidade | |
Ambito xeográfico no que desenvolve a actividade: Parroquial ............................................................................................. Provincial Autonómico Outro | |
Tipo de asociación en función do obxecto social e fins estatutarios | |
Cultura, arte, ocio e tempo de lecer | |
Deporte | |
Educación | |
Laboral, sindical, profesional | |
Paz, solidariedade, dereitos humanos, marxinación social, etc. | |
Asistencia e saúde | |
Sectorial, poboación pola idade | |
Sectorial, poboación polo xénero e relación | |
Veciñais, consumo e usuarios sociocomunitarios | |
Outro |
Documentación que se presenta | |
Fotocopia compulsada do CIF | |
Fotocopia compulsada dos estatutos | |
Orixinais ou fotocopia compulsada da documentación que acredite a inscrición en rexistros oficiais | |
Certificación que recolla os datos das persoas que integran os órganos directivos, relacionando as persoas e as funcións desempeñadas | |
Certificación que recolla o número de socios da entidade | |
Orzamento e plan de actividades | |
Memoria de actividades da asociación ata o presente | |
Outra documentación ............................................................... |
Vimianzo, a ......................... de ................................... de ..................
Asdo.: (representante legal) .................................................................
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE VIMIANZO
CERTIFICACIÓN SOBRE AS PERSOAS QUE INTEGRAN A XUNTA DIRECTIVA E O NÚMERO DE SOCIOS
D./Dona ................................................................................................. con NIF .................................................
e enderezo en ......................................................................................................................................................
como secretario/-a da entidade ............................................................................................................................,
con CIF ..................................................................
CERTIFICO
1) Que o número de socios desta entidade é: .............................
2) Que a Xunta directiva desta asociación está integrada polas persoas que a continuación se relacionan ORDENANZA REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO#footnote-14877-2 name=footnote-14877-2-backlink />[2]:
Presidente/-a | Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: |
Secreario/-a | Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: |
Tesoreiro/-a | Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: |
Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: | |
Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: | |
Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: | |
Nome e apelidos: NIF: Enderezo: Teléfono: Correo electrónico: |
Vimianzo, a ................. de ....................... de ................................
Secretario/-a Vº e Prace
Presidente/-a
[ ORDENANZA REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO#footnote-14877-1-backlink name=footnote-14877-1 />1] Constitución española, artigos 9-2 e 23; artigos 1.1., 4.1, 20, 27, 69 a 72 ambos inclusive e o Título V, capítulo IV da LRBRL; Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (artigos 4, 69 ao 72 ambos inclusive e 251 ao 257 ambos inclusive; Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro (artigos 227 ao 236 ambos inclusive). LO 1/2002 se 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
[ ORDENANZA REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS DE VIMIANZO#footnote-14877-2-backlink name=footnote-14877-2 />2] Deben figurar os datos de todas as persoas que forman parte da Xunta directiva. Poderase ampliar a táboa todo o que sexa necesario.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.