Santa Comba - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos ou a realización de actividades deportivas

Publicación provisional: 06/09/2013 BOP Nº: 170
Publicación definitiva: 03/01/2014 BOP Nº: 2
Aplicable dende: 22/01/2014

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO LEGAL

En uso das atribucións conferidas nos artigos 41 ao 47 e 127 do REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (en adiante TRLRFL), este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo ou a realización de actividades de índole deportiva.

ARTIGO 2.- CONCEPTO

O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten a prestación dos servizos ou a realización das actividades de índole deportiva.

Se con posterioridade ao establecemento do presente prezo público, cesasen na prestación do servizo as entidades deportivas privadas que actualmente concorren na realización de actividades similares ás que se desenvolven nas instalacións municipais ou se prestan polos servizos municipais, o prezo público transformarase en taxa.

En caso de resultar preceptiva a transformación anterior, o Concello aprobará a Ordenanza fiscal correspondente reguladora da taxa pola prestación de servizos ou a realización de actividades deportivas.

Cando os prezos públicos por servizos ou actividades de índole deportivo, de carácter periódico teñan que transformarse en taxa pola causa prevista no apartado 2º, non será preciso realizar a notificación individual á que se refire o art. 102.3 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, sempre que o suxeito pasivo e a cota da taxa coincidan co obrigado ó pago e o importe do prezo público ó que substitúe.

ARTIGO 3.- NACEMENTO DA OBRIGACIÓN

1.- A obrigación de pagar o prezo público nace desde que se inicie a prestación do servizo ou a realización da actividade, aínda que a Corporación poderá esixir o depósito previo do seu importe total ou parcial, conforme ao artigo 46 do TRLRFL

2.- Cando por causas non imputables ao obrigado ao pago, o servizo público ou actividade administrativa non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.

ARTIGO 4.- OBRIGADOS AO PAGO

Estarán obrigados ao pago do prezo público os que soliciten ou se beneficien da prestación de servizos ou actividades de índole deportiva prestados polo Concello.

ARTIGO 5.- TARIFAS/PRECIOS

1.- O importe dos recibos deberá cubrir como mínimo, o custo do servizo prestado ou da actividade realizada.

2.- Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes casos, deberán consignarse nos presupostos da entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante, se ha houbese.

3.- A contía dos dereitos a percibir polo prezo público para as actividades deportivas será a seguinte:

TÍTULO: ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (EDM)

EDM

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

MATRÍCULA*

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

1ª ESCOLA

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

50,00 €

2ª ESCOLA

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

25,00 €

3ª ESCOLA

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

25,00 €

4ª ESCOLA

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

25,00 €

TÍTULO: ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (EDM) POR IRMÁNS

EDM

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

MATRÍCULA*

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

1º IRMÁN

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

50,00 €

2º IRMAN

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

25,00 €

3º IRMAN

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

25,00 €

4º IRMÁN

7 MESES

10

2 HORAS SEMANA

25,00 €

TÍTULO: ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS

ACTIVIDADE

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

MATRÍCULA*

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

AEROBIC

7 MESES

10

TRIMESTRAL

1.5 HORAS SEMANA

10,00 €/MES

PILATES

7 MESES

10

TRIMESTRAL

1.5 HORAS SEMANA

10,00 €/MES

STEP

7 MESES

10

TRIMESTRAL

1.5 HORAS SEMANA

10,00 €/MES

SPINNING

7 MESES

10

TRIMESTRAL

1.5 HORAS SEMANA

10,00 €/MES

XIMNASIA MANTEMENTO

9 MESES

10

TRIMESTRAL

1 HORA SEMANA

10,00 €/MES

TÍTULO: LIGA LOCAL DE FÚTBOL SALA SENIOR

LIGA F.SALA

DURACIÓN

MÍNIMO DE EQUIPOS

MATRÍCULA*

PERÍODO COBRO

MÁXIMO DE EQUIPOS

PREZO PÚBLICO USUARIO

FÚTBOL SALA

7 MESES

12

20

250 €/ EQUIPO

TÍTULO: SAÍDAS Á ESPECTÁCULOS DEPORTIVOS

SAÍDAS OU VISITAS

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

GRUPO MÁXIMO (De ser o caso)

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

CON COMIDA

1 DÍA

20

45

20,00 €

SEN COMIDA

1 DÍA

20

45

12,00 €

TÍTULO: EXCURSIÓNS OU ROTEIROS

SAÍDAS OU VISITAS

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

GRUPO MÁXIMO ( De ser o caso)

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

CON COMIDA

1 DÍA

20

45

25,00 €

SEN COMIDA

1 DÍA

20

45

15,00 €

TÍTULO: ACTIVIDADES DE AVENTURA

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

GRUPO MÁXIMO ( De ser o caso)

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

CON COMIDA E AUTOBUS

1 DÍA

20

45

50,00 €

SEN COMIDA E AUTOBUS

1 DÍA

20

45

40,00 €

CON COMIDA E SEN AUTOBUS

1 DÍA

20

45

40,00 €

SEN COMIDA E SEN AUTOBUS

1 DÍA

20

45

30,00 €

TÍTULO: TORNEOS OU COMPETICIÓNS DEPORTIVAS POR EQUIPOS

POR EQUIPOS

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

GRUPO MÁXIMO ( De ser o caso)

PERÍODO

COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO

USUARIO

TORNEO

POR 1 HORA

10

30

15,00 €

TORNEO

POR 1 DÍA

10

30

100,00 €

TÍTULO: TORNEOS OU COMPETICIÓNS DEPORTIVAS POR PERSOA

INDIVIDUAL

DURACIÓN

GRUPO MÍNIMO

(De ser o caso)

GRUPO MÁXIMO ( De ser o caso)

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

TORNEO

POR 1 HORA

10

30

5,00 €

TORNEO

POR 1 DÍA

10

30

15,00 €

TÍTULO: RUTAS EN BICICLETA

PARTICIPANTES MAIORES DE IDADE

DURACIÓN

PARTICIPACIÓN MÍNIMA

(De ser o caso)

PARTICIPACIÓN MÁXIMA

( De ser o caso)

PERÍODO COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO USUARIO

INDIVIDUAL SEN COMIDA

1 DÍA

10

300

3,00 €

INDIVIDUAL CON COMIDA

1 DÍA

10

300

10,00 €

TÍTULO: CAMPAMENTOS DEPORTIVOS

PARTICIPANTES MENORES DE IDADE

DURACIÓN

PARTICIPACIÓN MÍNIMA

(De ser o caso)

PARTICIPACIÓN MÁXIMA ( De ser o caso)

PERÍODO

COBRO

HORAS SERVIZO

PREZO PÚBLICO

USUARIO

INDIVIDUAL SEN COMIDA

1 SEMANA

10

60

15,00 €

INDIVIDUAL CON COMIDA

1 SEMANA

10

60

30,00 €

COTAS PISCINA

CURSOS (PREZO MENSUAL)

ABONADOS

NON ABONADOS

1DÍA/SEMANA

7,50 €

25,00 €

2DÍAS/SEMANA

15,00 €

35,00 €

AQUAEROBIC

15,00 €

35,00 €

NATACIÓN TERAPÉUTICA

15,00 €

35,00 €

MATRONATACIÓN

15,00 €

35,00 €

COTA XIMNASIO

ABONADOS

NON ABONADOS

ABONO ( PREZO MENSUAL)

20,00 €

35,00 €

ABONO MAIORES DE 65 ANOS

15,00 €

30,00 €

ARTIGO 6.- NORMAS DE XESTIÓN E PAGAMENTO

1.- O pago de prezo público efectuarase con carácter previo á prestación do servizo ou realización da actividade, emitíndose polo Concello o correspondente documento cobratorio.

2.- As persoas ou entidades interesadas na prestación do servizo ou actividade presentarán a oportuna solicitude de alta no departamento correspondente.

3.- Os prezos públicos que se teñan dereito a percibir esixiranse mediante cargo na conta bancaria designada ao efecto polo obrigado ao pago, unha vez formalizada a solicitude de prestación correspondente que habilite a súa inclusión no censo de obrigados ao pago.

4.- As débedas por prezos públicos poderán esixirse mediante o procedemento administrativo de constrinximento cando se produza o seu vencemento sen que se teña conseguido o cobro a pesar de terse realizado as xestións oportunas.

Ó remate de dito período o departamento xestor do prezo público elevará o expediente á intervención ou tesourería municipal para a súa inclusión na vía de constrinximento

5.- Unha vez que exista un número mínimo de persoas preinscritas, que faga posible e viable a realización de calquera actividade obxecto da presente ordenanza, os interesados en participar, deberán aportar para a súa inscripción definitiva a documentación esixida xunto co documento acreditativo do pago do prezo público correspondente.

6.- No caso de existir varias solicitudes coincidentes e estas superen o número de prazas existentes para cada actividade darase preferencia aos particulares empadroados no Concello de Santa Comba.

7.- No caso de que por causas non imputables ao interesado, este non poida asistir á actividade solicitada, procederase á devolución do prezo público previa solicitude e documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de asistir (motivos laborais, de saúde...), non será suficiente unha declaración sen aportar xustificación.

8.- A baixa da actividade deberá ser solicitada polos interesados por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos ao trimestre seguinte.

ARTIGO 7.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Ao abeiro do artigo 9 do TRLRFL, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.

Exencións

Non se concederán outras exencións que as previstas legalmente.

Non obstante, de acordo co sinalado no artigo 44.2 do referido TRLRFL, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes exencións:

- Estarán exentos do pagamento deste prezo público, os escolares dos centros de ensino do municipio que participen nas actividades escolares organizadas polo Concello de forma específica para os mesmos.

- Estarán exentas as persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe de servizos sociais do Concello.

Bonificacións

Ao abeiro do artigo 44.2 do referido texto refundido, tendo en conta a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público que así o aconsellan, establécense as seguintes bonificacións:

- No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicarase unha bonificación do 50% na tarifa de cada unha das actividades restantes.

- Dous membros da mesma unidade familiar ( en 1º grado ) terán unha bonificación do 50 % na tarifa de cada unha das restantes actividades.

- As persoas que acrediten formar parte de familia numerosa terán unha bonificación do 50 % na tarifa de cada unha das actividades restantes.

- Posuidores do carnet xove, terceira idade, e discapacitados cun 33 % de minusvalía, terán unha bonificación do 20 % no total do pago.

- Aos efectos de aplicar as bonificacións previstas partirase sempre da tarifa de importe máis elevado.

- O Concello de Santa Comba reservarase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto.

En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

Para o non previsto na presente Ordenanza estarase ao disposto no TRLRFL, a Lei 8/1989, de taxas e prezos públicos, a ordenanza de recadación e a Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais, aprobada polo Pleno da Corporación municipal en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de novembro de 2006 ( publicada no BOP nº 8, do 11/01/2007 ) e outros ingresos de dereito público deste Concello.

DISPOSICIÓN ADICIONAL II

O Pleno da Corporación municipal, en sesión celebrada o día 26 de xullo de 2012, adoptou acordo de delegación na Xunta de Goberno Local das atribucións de competencia relativas ao establecemento, ordenación e modificación dos prezos públicos (BOP nº 153, do 13 de agosto de 2012).

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, reguladora do prezo público pola prestación de servizos ou realización de actividades deportivas, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.