Dumbría - REGULAMENTO DO SERVIZO DO TANATORIO MUNICIPAL DE ESTIMÁN
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.
O tanatoiro municipal de Estimán en Dumbría é unha instalación de titularidade municipal, adicada a prestar o servizo funerario de deposito e velorio de cadavéres que lle é propio, tanto no suposto no que a posterior inhumación se realice nos cemiterios municipais ou en calquer outro cemiterio.
Artigo 2.
O inmoble e instalacións afectadas ao devandito servizo ten a consideración de ben de dominio público afecto á prestación dun servizo público.
Artigo 3.
A explotación do devandito servizo realizarase a través de xestión directa de conformidade co establecido na lexislación de réxime local.
Artigo 4.
O servizo público de tanatorio ten por obxecto fundamental facilitar aos familiares e achegados dos difuntos unhas condicións dignas para o depósito e velorio dos cadáveres ata o momento da súa inhumación, nas debidas condicións hixiénico-sanitarias.
Artigo 5.
As instalacións de que consta o inmoble son as seguintes:
- Vestíbulo de acceso ao público 5,23 m2
- Vestíbulo de atención ao público 153,27 m2
- Oficina 11,72 m2
- Velorio n.º 1, 30,15 m2
- Cámara de cadáveres n.º 1, 11,56 m2
- Velorio n.º 2, 30,40 m2
- Cámara de cadáveres n.º 2, 11,57 m2
- Vestíbulo aseos público, 5,13 m2
- Aseo minusválidos 4,32 m2
- Aseo señoras 10,41 m2
- Aseo cabaleiros 6,77 m2
- Baño persoal autorizado feminino adaptado 6,64 m2
- Baño persoal autorizado masculino adaptado 6,58 m2
- Vestiario persoal autorizado 6,80 m2
- Sala de tanatopraxia-tanatoestética 17,29 m2
- Sala de usos múltipes 72,66 m2
- Distribuidor zona restrinxida de traballadores 71,09 m2
- Acceso vehículos fúnebres 81,06 m2
Artigo 6.
En cada zona das instalacións desenvolveránse as funcións propias da mesma. En razón da actividade que se desenvolva en cada zona, o acceso do público á mesma será limitado total ou parcialmente.
Estableceranse accesos e circulacións específicas para o persoal autorizado e vehículos fúnebres, de modo que os cadaleitos sexan transportados directamente ás zonas de acceso restrinxido sendo indepedente da zona de acceso do público ao tanatorio.
CAPÍTULO II. DA XESTION DO SERVIZO
Artigo 7.
O servizo de tanatorio municipal de Estimán é un servizo público de titularidade municipal que se xestionará de forma directa.
Artigo 8.
O Concello de Dumbría asumirá a xestión do servizo de conformidade co disposto no presente regulamento.
Artigo 9.
O tanatorio deberá permanecer aberto ao público e en servizo dende o momento en que sexa requerido o depósito do cadaver e ata que teña lugar a sua inhumación.
O servizo de tanatorio estará dispoñible 24 horas diarias tódos os días do ano. O horario de apertura será das 9.00 a 24.00 horas. Nembargantes a petición dos familiares do difunto o velorio de cadáveres pode prolongarse ininterrumpidamente ata o seu traslado. Cando non se preste ningún servizo, o tanatorio permanecerá pechado.
Artigo 10.
Respetarase en todo caso o principio de igualdade de acceso e está prohibido o trato discriminatorio na prestación do servizo. Queda prohibida a utilización das instalacións para outros fins distintos aos do servizo público a que están afectadas. O Concello disporá de follas de reclamacións a disposición dos usuarios/as.
Artigo 11.
Será obrigatorio o uso do tanatorio sempre que así veña disposto polas autoridades sanitarias ou imposto por disposición legal ou xudicial. O Concello de Dumbría non asumirá a obriga de prestar o servizo de traslado nin da preparación do cadaver. Os servizos que as empresas funerarias deben prestar son os de: introducción do cadaleito no tanatorio, conservación do cadaver na cámara de frío, colocación do cadaleito no expositor do tanatorio para o velorio e o transporte do cadaleito ao coche fúnebre para o seu traslado.
Os solicitantes do servizo de tanatorio municipal deberán trasladar os cadaleitos a éste e dende este ao lugar de inhumación a través dunha empresa funeraria non estando incluido o servizo dentro do tanatario.
Artigo 12.
O Concello de Dumbría terá un seguro de responsabilidade civil para a asumir os posibles riscos de accidentes ou danos a persoas e bens.
Artigo 13.
Mentres non se aprobe a ordenanza fiscal, a tarifa que se establece pola prestación do servizo de 48 horas, como máximo, é de 150 euros máis IVE, e será actualizada anualmente en función do I.P.C., no suposto de exceso das 48 horas, cobrarase unha nova tarifa. As tarifas serán a cargo do usuario pola utilización do servizo de tanatorio e serán establecidas e cobradas directamente polo Concello de Dumbría e serán de coñecemento público. Abonaranse no Concello no momento da solicitude da prestación do servizo.
Serán gratuitos os servizos demandados polo Concello a favor de persoas acollidas á beneficencia ou asistencia social pola carencia de recursos e aqueles que resulten necesarios para facer frente a situacións de emerxencia, accidentes ou órdenes de autoridades sanitarias ou xudiciais.
Artigo 14.
Os usuarios/as do servizo de tanatorio así como as persoas que accedan ás instalacións que o conforman, quedan suxeitos ás seguintes obrigas:
- Abonar a tarifa correspondente.
- Comportarse con corrección e respecto dentro das instalacións.
- Cuidar os bens que están a disposición do tanatorio evitando o seu deterioro, actuar de boa fe na aportación de datos para a correcta prestación do servizo.
- Abonar ao Concello da indemnización que corresponda por danos e perxuizos causados nas instalacións.
Artigo 15.
Os usuarios/as do servizo de tanatorio teñen dereito:
- A ter respecto á sua privacidade durante a prestación do servizo.
- A acceder á prestación do servizo en condicións de igualdade.
- A recibir un servizo axeitado e de calidade por parte do Concello.
- Ao trato correcto e deferente por parte do persoal.
CAPÍTULO III. DO PERSOAL DO SERVIZO
Artigo 16.
O Concello de Dumbría disporá de persoal necesario para garantir a prestación do servizo de tanatorio, todos os días do ano e todas as horas en que fose requerido.
Para requerir a prestación do servizo os usuarios deberán poñerse en contacto coas oficinas do Concello ou no teléfono exposto no tanatorio.
A plantilla de persoal para cubrir as demáis necesidades do servizo previstas no art. 11 será determinada pola empresa funeraria, e este persoal dependerá no réxime xurídico laboral exclusivamente da devandita empresa sen que o Concello de Dumbría asuma obriga algunha respecto a este persoal. As empresas funerarias están obrigadas a designar a un responsable do servizo que asuma autoridade diante do Concello e garanta o bo funcionamento do mesmo.
CAPÍTULO IV. DA INSPECCIÓN E CONTROL DO SERVIZO
Artigo 17.
Os servizos municipais exercerán as funcións de inspección e control das actividades e instalacións
Artigo 18.
O servizo de tanatorio poderá utilizarse por calquer persoa directamente ou a través da empresa funeraria que designe. A solicitude deberá presentarse nas oficinas do Concello o mesmo día da sua utlización. As solicitudes serán atendidas polo orde en que se produzan en no prazo que permita a capacidade das instalacións. Non se admitirán reservas anticipadas salvo causa xustificada e acreditándose o falecemento que motiva a reserva con certificado de defunción. No tanatorio farase constar un teléfono de contacto para servizo do tanatorio.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira.
En todo o non previsto no presente regulamento estarase ao disposto na lexislación que por razon da materia sexa de aplicación en particular ao fixado no Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria.
Segunda.
Facúltase ao Sr. alcalde para dictar cantas instruccións sexan necesarias para a aplicación do presente Regulamento.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."