Pontes de García Rodríguez As - TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, SOCIOCULTURAIS E DE LECER.

Publicación provisional: 29/03/2007 BOP Nº: 73
Publicación definitiva: 19/05/2007 BOP Nº: 114
Aplicable dende: 23/07/2013

ARTIGO 1.º.-FUNDAMENTO E RÉXIME.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello das Pontes establece a taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas, socioculturais de de lecer, a que se refiren o artigo 20.4 apartado o) e w) do propio RDL, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, e cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do citado RDL.

ARTIGO 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

A) O uso da piscina municipal.

B) O uso do pavillón polideportivo.

C) O uso de instalacións socioculturais.

D) O uso doutras instalacións deportivas complementarias.

Así como a prestación dos servizos de que están dotadas as transcritas instalacións.

ARTIGO 3.º.-DEVENGO.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicita a prestación dos servizos regulados nesta Ordenanza. Nos supostos xerais de entrada a instalacións, entenderase solicitada no momento en que os usuarios soliciten os despachos de billetes para o acceso ás instalacións manifestando verbalmente a petición. Nos supostos nos que medie solicitude expresa, devengarase a taxa no momento da súa presentación.

ARTIGO 4.º.-OBRIGADOS TRIBUTARIOS.

1. É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que solicite a utilización das instalación ou a prestación dos servizos suxeitos e quen as use aínda sen obter a preceptiva autorización.

2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5.º.-BASE IMPOÑIBLE.

A cota tributaria determinárase mediante o sistema de cotas fixas, conforme ás tarifas fixadas no artigo seguinte.

ARTIGO 6.º.-COTA TRIBUTARIA.

Aos efectos de determinar a cota tributaria, serán de aplicación as seguintes tarifas:

1. USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

Epígrafe primeiro.-Tipos de aboados da piscina municipal.

1.a. Aboado individual de mañás: 15 € de matrícula e 20 € de mensualidade. Usuario maior de 18 anos. Ten acceso libre á instalación en horario de mañá, excepto domingos e festivos.

1.b. Aboado individual xeral: 15 € de matrícula e 25 € de mensualidade. Usuario maior de 18 anos. Ten acceso libre á instalación en tódolos horarios de apertura excepto domingos e festivos.

1.c. Aboado individual especial (menores de 18 anos, 3.ª idade -60 anos máis pensión ou 65 anos-, discapacitados, rehabilitación, embarazadas e parados): 15 € de matrícula e 15 € mensualidade. Teñen libre acceso á instalación e tódolos horarios de apertura excepto domingos e festivos.

1.d. Aboado familiar: 25 € de matrícula e 30 € de mensualidade. Están incluídos dous membros da unidade familiar. Os fillos menores de 6 anos acceden gratuitamente. Os fillos entre 6 e 17 anos teñen unha taxa propia de 3 € cada un. Teñen libre acceso á instalación en tódolos horarios de apertura excepto domingos e festivos.

1.e. Tódolos aboados teñen libre acceso á tódolos servizos da instalación (piscina, sauna, spa, ximnasio cardio vascular e musculación).

1.f. Tódolos aboados terán unha reducción dun 50 por cento en tódolos cursos que se impartan na instalación, así como terán preferencia nas listas de espera en devanditos cursos.

Coa formalización da matrícula, que se efectuará coa primeira mensualidade, o usuario ten un seguro de accidentes. A matrícula ten unha validez dunha tempada, de setembro a xullo, só se pagará unha vez e será válida para outras actividades.

Número 1.-Escolas de natación, por persoa:

1.1.-Escola de natación para nenos menores de 16 anos (matrícula anual: 10 €).

- 1.1.1. Unha sesión semanal de 30 minutos (neno/mes): 7,00 €

- 1.1.2. Unha hora semanal (neno/mes): 12,50 €

- 1.1.3. Dúas horas semanais (neno/mes): 22,00 €

- 1.1.4. Tres horas semanais (neno/mes): 31,50 €

- 1.1.5. Catro horas semanais (neno/mes): 38,00 €

- 1.1.6. Cinco horas semanais (neno/mes): 42,50 €

- 1.1.7. Unha hora nenos con deficiencias: 10,00 €

- 1.1.8. Dúas horas nenos/as con deficiencias: 15,00 €

1.2.-Escola de natación para adultos maiores de 16 anos (matrícula anual: 15 €)

- 2.1.1. Dúas sesións semanais de 60 minutos: 22,00 €

- 2.1.2. Tres sesións semanais de 60 minutos: 31,50 €

- 2.1.3. Catro sesións semanais de 60 minutos: 40,00 €

- 2.1.4. Cinco sesións semanais de 60 minutos: 45,50 €

1.3. - Escola de natación para colectivos especiais (3.ª idade -60 anos máis pensión ou 65 anos-, discapacitados, rehabilitación, embarazadas e parados). Matrícula anual de 15 €.

- 1.3.1. Unha sesión semanal de 60 minutos: 10,00 €

- 1.3.2. Dúas sesións semanais de 60 minutos: 17,00 €

- 1.3.3. Tres sesións semanais de 60 minutos: 21,00 €

Número 2.-Bonos individuais para nado libre, 1 sesión=1 hora (non se pagará matrícula). Cos bonos de nado libre, accédese só ó vaso da piscina:

2.1.-Nenos (menores de 18 anos):

- 2.1.1. Bono nado libre 1 sesión: 2,00 €

- 2.1.2. Bono nado libre 8 sesións: 12,50 €

- 2.1.3. Bono nado libre 12 sesións: 17,00 €

2.2.-Adultos (maiores de 18 anos):

- 2.2.1. Bono nado libre 1 sesión: 3,00 €

- 2.2.2. Bono nado libre 8 sesións: 20,00 €

- 2.2.3. Bono nado libre 12 sesións: 24,00 €

2.3.-Colectivos especiais (3.ª idade -60 anos máis pensión ou 65 anos-, discapacitados, rehabilitación, matronatación e parados).

- 2.3.1. Bono nado libre 1 sesión: 2,00 €

- 2.3.2. Bono nado libre 8 sesións: 12,50 €

- 2.3.3. Bono nado libre 12 sesións: 17,00 €

2.4.-Bonos de baño libre para domingos e festivos.

- 2.4.1. Bono adultos sen limitación de tempo en horarios aprobados de apertura e peche: 4,00 €

2.5.-Non aboados.

- 2.5.1. Entrada libre sen límite de tempo/día: 4,00 €/día

- 2.5.2. Entrada libre menores de 18 anos: 3,00 €/día

Número 3.-Natación escolar (máximo de 10 usuarios por rúa):

3.1.-Usuarios inscritos no padrón municipal das Pontes:

- 3.1.1 .Rúa con monitor: 1 sesión/semana de 60 minutos/neno: 8,00 €/mes

3.2.-Usuarios que non están inscritos no padrón municipal das Pontes:

- 3.2.1. Rúa con monitor: 1 sesión/semana de 60 minutos/neno: 9,50 €/mes

Número 4.-Natación Grupos Deportivos(máximo de 8 usuarios por rúa). Non pagan Matrícula:

4.1.-Usuarios inscritos no padrón municipal das Pontes:

- 4.1.1. Rúa sen monitor, por hora: 10,50 €/hora

- 4.1.2. Rúa con monitor, por hora: 18,50 €/hora

4.2.-Usuarios que non están inscritos no padrón municipal das Pontes:

- 4.2.1. Rúa sen monitor, por hora: 18,50 €/hora

- 4.2.2. Rúa con monitor, por hora: 26,00 €/hora

Número 5.-Aluguer de toda a instalación -piscina- (máximo 4 horas): 63,50 €/hora

Número 6.-Ximnasio do piscina municipal:

6.1.-Cursos dirixidos a nenos menores de 16 anos. Matrícula anual: 10 €

- 6.3.1. Dúas sesións semanais de 1 hora: 15,00 €

- 6.3.2. Tres sesións semanais de 1 hora: 20,00 €

6.2.-Cursos dirixidos a adultos maiores de 16 anos. Matrícula anual: 15 €.

- 6.3.1. Dúas sesións semanais de 1 hora: 20,00 €

- 6.3.2. Tres sesións semanais de 1 hora: 25,00 €

6.3.-Bonos de uso libre de ximnasio (cardiovascular e musculación) -maiores de 18 anos ou menores entre 16 e 18 anos con autorización paterna-.

- 6.4.1. Bono de 1 sesión de 1 hora: 2,50 €

- 6.4.2. Bono de 8 sesións de 1 hora: 18,00 €

- 6.4.3. Bono de 12 sesións de 1 hora: 22,00 €

6.4.-Alugamento do ximnasio:

- 6.5.1. Media hora: 4,00 €

- 6.5.2. Unha hora: 8,00 €

Epígrafe segundo.-Polideportivo municipal.

Número 1.-Espectáculos de carácter deportivo:

1.1.-Adestramentos, por 60 minutos:

Opción ¿A" (sen luz eléctrica): 7,50 €

Opción ¿B" (con luz eléctrica): 9,00 €

1.2.-Competicións, por 90 minutos:

Opción ¿A" (sen luz eléctrica): 9,00 €

Opción ¿B" (con luz eléctrica): 11,00 €

1.3.-Competicións con uso de despacho de billetes, por 90 minutos:

Opción ¿A" (sen luz eléctrica): 28,00 €

Opción ¿B" (con luz eléctrica): 30,00 €

1.4.-Espectáculos deportivos, por 60 minutos:

Opción ¿A" (sen despacho de billetes): 30,00 €

Opción ¿B" (con despacho de billetes): 47,00 €

Número 2.-Restantes espectáculos, cun tempo máximo de utilización de 4 horas:

2.1.-Actividades para colexios: 150,00 €

2.2.-Actos benéficos, culturais, etc.: 404,00 €

2.3.-Actividades profesionais de carácter lucrativo: 797,50 €

No suposto de que sexa necesaria a utilización por mais tempo, aplicarase a tarifa proporcionalmente ó tempo excedido.

Epígrafe terceiro.-(Pavillóns Madalena e Monte Caxado).

Número 1.-Espectáculos de carácter deportivo:

1.1.-Adestramentos, por 60 minutos:

Opción ¿A" (sen luz eléctrica): 6,00 €

Opción ¿B" (con luz eléctrica): 7,50 €

1.2.-Competicións, por 90 minutos:

Opción ¿A" (sen luz eléctrica): 7,50 €

Opción ¿B" (con luz eléctrica): 9,00 €

Epígrafe cuarto.-Instalacións deportivas complementarias.

Número 1.-PISTAS DE PÁDEL E DE TENIS DA CANLE IV

1.1.-PISTAS DE PÁDEL.

Utilización para adestramentos por sesión (1hora e 30 minutos) 5,00 € Utilización para cursos por hora: 8,00 €

Utilización para competicións por hora: 10,00 €

1.2.-PISTAS DE TENIS.

Utilización para adestramentos por sesión (1hora e 30 minutos) 2,50 € Utilización para cursos por hora: 6,00 €

Utilización para competicións por hora: 8,00 €

O uso e disfrute das pistas de padel e tenis está condicionado ao previo pago da taxa, os usuarios aportarán o correspondente resgardo acreditativo do pago, que será ao mesmo tempo a autorización para facer uso das pistas.

Os alquileres periódicos poden estar suxeitos á disponibilidade das instalacións, podendo o servizo de deportes restrinxir determinadas franxas horarias nas que non se permita o aluguer das pistas.

Non se cambiarán as horas ou días de utilización das pistas, agás por causa imputable ao servizo de deportes ou en caso de choiva. Neste último caso a compensación farase cun aluguer a elexir polo usuario e que deberá estar dentro das dúas semanas seguintes á data do incidente.

Número 2.-Por cada sesión (20 minutos), de utilización das saunas municipais (pavillón e piscina):

- Bono individual de 1 sesión (20¿): 4,50 €

- Bono individual de 8 sesións (20¿): 32,00 €

- Bono individual de 12 sesión(20¿): 42,00 €

Número 3.-Por cada sesión (30 minutos), de utilización de jacuzzi ou spa:

- Bono individual de 1 sesión (20¿): 4,50 €

- Bono individual de 8 sesións (20¿): 32,00 €

- Bono individual de 12 sesión(20¿): 42,00 €

Número 4.-Ximnasio do pavillón municipal:

- Media hora: 3,00 €

- Unha hora: 6,00 €

Número 5.-Escolas deportivas municipais, por persoa:

5.1.-Escola de mantemento físico (ó mes) 3 horas/semana: 12,00 €

5.2.-Escola de aerobic (ó mes) 2 horas/semana: 12,00 €

5.3.-Restantes escolas deportivas:

5.3.1.-Inscrición por curso.

- 1.ª Matrícula da unidade familiar: 40,00 €

- 2.ª Matrícula da unidade familiar: 30,00 €

- 3.ª Matrícula da unidade familiar: 20,00 €

- 4.ª Matrícula e sucesivas da unidade familiar, de balde.

5.3.2.-Por inscrición feita, unha vez iniciado o curso (ao mes): 4,50 €

2. SERVIZOS DEPORTIVOS, SOCIOCULTURAIS E DE LECER.

1.1. Escolas deportivas municipais:

- Primeira matrícula por unidade familiar: 40,00 €

- Segunda matrícula por unidade familiar na mesma escola: 30,00 €

- Terceira matrícula por unidade familiar na mesma escola: 20,00 €

- Cuarta matrícula e sucesivas, gratis.

Sobre estas tarifas establecese unha reducción do 50 por cento no caso de familia numerosa concepto este que ven recollido e regulado no Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.Neste caso deberase presentar a acreditación correspondente.

2.2. Escolas municipais culturais.

- Primeira matrícula por unidade familiar: 40,00 €

- Segunda matrícula por unidade familiar na mesma escola: 30,00 €

- Terceira matrícula por unidade familiar na mesma escola: 20,00 €

- Cuarta matrícula e sucesivas, gratis.

Sobre estas tarifas se establece unha reducción do 50 por cento no caso de familia numerosa concepto este que ven recollido e regulado no Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Neste caso deberase presentar a acreditación correspondente.

3.3. Obradoiros, cursos, seminarios e xornadas.

A. Monográficos:

a) Actividades de duración igual ou inferior a 10 horas que non precisen material específico: 3,00 €.

b) Actividades de duración igual ou inferior a 10 horas que precisen material específico: 5,00 €.

c) Actividades de duración 10 a 20 horas que non precisen material específico: 8,00 €.

d) Actividades de duración 10 a 20 horas que precisen material específico: 10,00 €.

B. Con continuidade superior a un mes:

a) De 1 a 2 horas semanais: 13,00 €/mes

b) De 3 a 4 horas semanais: 26,00 €/mes

c) De máis de 4 horas semanais: 40,00 €/mes

ARTIGO 7.º .-NORMAS DE XESTIÓN.

1. A xestión e recadación da taxa corresponde aos centros deportivos e culturais que prestan os servizos. Nos centros xestionados por concesión, o prego de condicións pode encomendar ao concesionario a xestión e recadación da Taxa. Serán os centros os encargados de ingresar mensualmente ditas cantidades na Tesourería do Concello.

O uso das instalacións as que se fai referencia nesta Ordenanza deberan solicitalo mediante escrito, presentado na xerencia adscrita instalación, que ira dirixido ao señor alcalde, expresando os días e horas nas que se desexa utilizar estas.

2. Terán a consideración de aboados das instalacións quen o solicite ao Concello en escrito dirixido ao señor alcalde, facendo constar idade e domicilio. A calidade de aboado que será outorgada pola Alcaldía, unha vez comprobado que a solicitude reúne todas as condicións esixidas e que existe cupo suficiente para a capacidade das instalacións, estendéndose neste caso o correspondente carné, dará dereito á utilización da instalación, aboando a cota correspondente. Os aboados deberán satisfacer as súas cotas como tales dentro dos primeiros cinco días hábiles do respectivo período, por adiantado.

ARTIGO 8.º.-EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES.

De conformidade co disposto no artigo 9 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos nas normas con rango de Lei.

Previa proposta do Concelleiro, informe técnico e aprobación da Xunta de Goberno Local, ou convenio con outras administracións, poderase establecer a gratuidade dos espectáculos, actividades ou proxeccións cinematográficas co fin de favorecer a súa difusión cultural.

ARTIGO 9.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e na Ordenanza xeral de xestión.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

A presente Ordenanza derroga a Ordenanza fiscal do prezo público pola prestación dos servizos nas Escolas Municipais de Cultura aprobada polo Pleno do Concello en sesión ordinaria de data 26 de setembro de 1997.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza fiscal, que consta de 9 artigos, unha disposición derrogatoria e unha disposición derradeira, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria de data 14 de maio de 2013 e publicada integramente no boletín oficial provincia, comezará a rexer a partir do mesmo día da súa publicación íntegra, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.