Camariñas - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E DA REALIZACIÓN DE DETERMINADAS OBRAS MENORES
ÍNDICE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.- Obxecto e fins.
Artigo 2.- Definicións.
Artigo 3.- Ámbito de aplicación.
Artigo 4.-
Artigo 5.- Comunicación previa de aperturas comerciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.
Artigo 6.- Declaración responsable de aperturas comerciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.
CAPÍTULO II. REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN
Artigo 7.- Requisitos e documentación das comunicacións previas.
Artigo 8.- Requisitos e documentación das declaracións responsables.
CAPÍTULO III. PROCEDEMENTO E RÉXIME XURÍDICO
Artigo 9.- Formalización e presentación.
Artigo 10.- Efectos xurídicos e consecuencias.
CAPÍTULO IV. INSPECCIÓN, VERIFICACIÓN E CONTROL POSTERIOR DE ACTIVIDADES, OBRAS E SERVIZOS
Artigo 11.- Réxime de control posterior e verificación da actividade declarada ou comunicada.
Artigo 12.- Das labores de inspección e verificación.
Artigo 13.- Denuncias.
CAPÍTULO V. LICENZA DE APERTURA OU DE ACTIVIDADE
Artigo 14.- Actividades suxeitas a licenza de apertura e de actividade.
CAPÍTULO VI. LICENZA DE OBRAS MENORES POR PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO E ACTUACIÓNS COMUNICADAS
Artigo 15.- Licenzas de obras menores por procedemento simplificado.
Artigo 16.- Procedemento.
Artigo 17.- Comunicación previa nas obras para a adaptación dos establecementos comerciais e de prestación de servizos.
CAPÍTULO VII. RÉXIME SANCIONADOR
Artigo 18.- Infraccións e sancións.
Artigo 19.- Tipificación das infraccións.
Artigo 20.- Persoas responsables.
Artigo 21.- Sancións.
Artigo 22.- Outras medidas.
Artigo 23.- Reincidencia e reiteración.
Artigo 24.- Medidas provisionais.
Artigo 25.- Prescrición das infraccións e sancións e caducidade do procedemento.
Artigo 26.- Infraccións en materia de urbanismo e protección do medio rural.
DISPOSICIÓNS
Disposición adicional primeira: modelos normalizados.
Disposición adicional segunda: tramitación electrónica.
Disposición adicional terceira: obrigas tributarias.
Disposición transitoria única.
Disposición final.
ANEXOS
1.- Modelo de Comunicación previa de actividade.
2.- Modelo de Declaración responsable de actividade.
3.- Modelo de Certificación técnica do cumprimento da normativa de aplicación.
4.- Modelo de Declaración responsable para obras menores.
5.- Modelo de Declaración responsable para ocupación de vía.
Exposición de motivos
1.- A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de decembro de 2.006, relativa aos servizos no mercado interior e a Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que incorpora ao Dereito español aquela, pretenden facilitar a liberdade de establecemento dos comerciantes e a libre prestación de servizos simplificando os procedementos. Igualmente a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e a nivel autonómico a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva, veñen a establecer a comunicación previa e/ou a declaración responsable como mecanismos ordinarios de intervención no ámbito local xunto ás licenzas, o que implica unha importante modificación do tradicional réxime de control das actividades por parte dos Concellos.
O Real Decreto 2009/2009, do 23 de decembro, modificou o Regulamento de servizos das corporacións locais de forma que o seu artigo 22.1 que suxeitaba a licenza a apertura de establecementos industriais e mercantís quedou redactado do seguinte xeito: ¿a apertura de establecementos industriais e mercantís poderá suxeitarse aos medios de intervención municipal, nos termos previstos na lexislación básica en materia de réxime local e na Lei 17/2009, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio".
Posteriormente, a Lei 2/2011, do 4 de marzo, de Economía Sostible, volve a modificar a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, engadíndose un novo artigo 84.bis que establece que ¿con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo".
Recentemente a Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, a Lei 12/2012, do 26 de decembro,de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, avanza un paso mais eliminando todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou da saúde públicas, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no anexo do citado Real Decreto-Lei, sempre que teñan unha superficie non superior a 300 metros cadrados. Esta flexibilización dos controles previos municipais se estende tamén a todas as obras ligadas ao acondicionamento de estes locais que non requiran da redacción de proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación.
Así pois, é preciso establecer e regular a través dunha ordenanza municipal os procedementos de comunicación necesarios, así como a forma de verificación posterior do cumprimento dos requisitos precisos para o exercicio da actividade, concretando igualmente as actividades que quedan excluídas destas formas de comunicación previa e que polo tanto seguen estando suxeitas a previa licenza municipal.
2.- En primeiro lugar, hai que ter en conta que o propio artigo 84.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, xa establece os criterios polos que certas actividades poden someterse a licenza ou control preventivo, como son aquelas que afecten a protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico - artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo e ocupación dos bens de dominio público.
Sen embargo esta afirmación debe ser agora matizada polas previsións da Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos, que, como xa quedou dito, elimina todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade e saúde públicas, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no anexo da citada lei cunha superficie útil de exposición e venda ao público que non supere os 300 m2.
3.- En segundo lugar, tamén debe terse en conta que seguen en vigor as normas que regulan procedementos especiais para autorización de certas actividades, como son o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas ou o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental; nestas normas esíxese que se abran períodos de información pública dado que se trata de actividades que lle afectan á tranquilidade e saúde dos veciños, e se require que outras Administracións concedan a súa autorización previamente á concesión da licenza municipal.
Nesta liña, a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio interior de Galicia, no seu artigo 28.3, xa estableceu o sometemento a comunicación previa ou declaración responsable das actividades comerciais non suxeitas ao trámite de incidencia ambiental nin a informe da Consellería de Sanidade.
4.- Por outra banda, se ben se entende que o réxime de autorización previa en materia de licenzas urbanísticas non está contemplado na Directiva 2006/123/CE xa que, as particularidades propias do ámbito urbanístico e as razóns de interese xeral impedirían que con carácter xeral se establecera un réxime de comunicación previa para todas as actividades suxeitas a licenza urbanística, o certo é que o seu carácter de requisito previo que condiciona a liberdade de establecemento xustifica que a regulación que se efectúe das mesmas module o grao de intervención administrativa nesta materia.
Así, o feito de que estas licenzas se atopen excluídas da Directiva de servizos, non significa que nese ámbito non poidan tentarse aplicar os mecanismos da comunicación previa ou da declaración responsable para a posta en funcionamento de actividades sometidas a estes réximes, coa finalidade de non deixar sen contido material a transposición da Directiva 2006/123/CE, tal e como ven a confirmar o contido da recente Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.
O artigo 17.1 da lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, determina que ¿As administracións públicas revisarán os procedementos e trámites aplicables ao establecemento e a presentación de servizos co obxecto de impulsar a súa simplificación". En virtude desta facultade outorgada ás administracións públicas estímase procedente establecer un réxime xurídico simplificado de declaración responsable ou de comunicación previa para aquelas actuacións ou intervencións con escasa ou nula entidade técnica ou construtiva, e nas que non sexa necesaria a presentación de proxecto técnico que determine a necesidade dunha previa autorización ou licenza urbanística para poder levarse a cabo.
Na mesma liña a Lei 8/2012, do 29 de xuño, de Vivenda de Galicia (LVG) na súa disposición adicional 15ª adicciona un novo apartado 5 bis ó artigo 195 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA), coa seguinte redacción: ¿5 bis. Sen prexuízo do establecido no apartado anterior, os concellos poderán establecer procedementos abreviados de obtención de licenzas de obras menores no mesmo momento da solicitude".
5.- De igual modo a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, creou a través do seu artigo 8 o Rexistro Galego de Comercio, establecendo a obriga para os Concellos de remitir á dirección xeral competente en materia de comercio extracto dos acordos dos seus órganos de goberno relativos ás licenzas de apertura de establecementos comerciais outorgadas ou, no seu caso, ás comunicacións previas ou declaracións responsables recibidas, así como a súa modificación. Tal normativa foi desenvolta polo recente Decreto 118/2012, do 20 de abril, que regula especificamente o Rexistro Galego de Comercio, establecendo no artigo 15 un listado detallado de todos os datos que teñen que ser comunicados polos Concellos respecto ás licenzas de apertura concedidas ou as comunicacións previas ou declaracións responsables recibidas. A presente ordenanza pretende establecer os modelos normalizados a cubrir polos solicitantes de licenza, comunicación previa ou declaración responsable, que conteñan todos os datos referidos no artigo 15 do Decreto 118/2012.
6.- Finalmente, establécese na presente ordenanza un réxime sancionar ao entender que tal habilitación legal se deriva da previsión contida no artigo 139 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local. Sen esquecer que o artigo 113.4 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, recoñece a competencia sancionadora dos Concellos no que atinxe á licenza de apertura e igualmente o réxime sancionador previsto nos artigos 216 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
CAPÍTULO PRIMEIRO. DISPOSICIÓNS XERAIS.
COMUNICACIÓN PREVIA E DECLARACIÓN RESPONSABLE
Artigo 1.- Obxecto e fins.
1.- A presente ordenanza ten por obxecto regular os procedementos de intervención municipal para o exercicio de actividades e a prestación de servizos que se someten á presentación dunha declaración responsable ou comunicación previa, consonte ao determinado na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, na Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, e demais normativa estatal e autonómica de transposición da Directiva de Servizos 2006/123/CE.
2.- As súas finalidades xenéricas residen en acadar unha simplificación dos procedementos administrativos e na eliminación de obstáculos para facer efectivas, no eido das actividades de ámbito local, a liberdade de establecemento e prestación de servizos en exercicio de dereitos preexistentes. Asemade, páutanse e planifícanse os procedementos de comunicación necesarios así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos esixidos para o exercicio da actividade ou prestación de servizos, segundo a normativa de aplicación.
Artigo 2.- Definicións.
Para os efectos da aplicación da presente ordenanza defínese como:
1. Declaración Responsable: documento subscrito por un suxeito interesado no que manifesta, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o período de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio. Tales requisitos recóllense de xeito expreso e preciso na presente ordenanza e reflíctense nos correspondentes modelos normalizados de declaración responsable incorporados como anexo II a esta ordenanza.
2. Comunicación Previa: documento polo que os interesados poñen en coñecemento do Concello de Camariñas os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, de conformidade co establecido no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común (LRJPAC).
3. Licenza: acto administrativo regrado, expreso ou tácito, polo que o Concello autoriza, previa comprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, actos de ocupación, construción, edificación, uso do solo ou subsolo ou o exercicio de actividades.
4. Obras menores: obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común e do número de vivendas e locais, sen que poidan afectar ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de tódalas clases, e para as que non sexa preciso un proxecto técnico.
5. Obras Maiores: obras ou instalacións que non estean incluídas na categoría de obras menores. Necesitan de proxecto técnico e abranguen, basicamente, os conceptos de obra nova ou nova edificación, reconstrución, restauración estrutural, de ampliación, así como as de conservación, rehabilitación e restauración sempre que afecten a elementos estruturais, e as obras de demolición ou derrube.
6. Ós efectos da presente Ordenanza considerarase como superficie útil de exposición e venda ao público, aquela onde se desenvolvan actividades de venda e de intercambio comercial, conforme ao previsto no artigo 30 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de Comercio Interior de Galicia.
Artigo 3.- Ámbito de aplicación.
1.- As actuacións ás que se dirixe esta ordenanza son aquelas referidas ao desenvolvemento de actividades comerciais polo miúdo ou de prestación de determinados servizos, cunha superficie útil de exposición e venda ao público non superior a 300 metros cadrados, conforme ao previsto na Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, e no anexo da Lei 12/2012, do 26 de decembro.
2.- En xeral, as actividades e servizos incluídos no apartado anterior non poderán estar incluídas na aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, nin sometidos á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, e tampouco estarán dentro da esixencia normativa de autorizacións ou informes previos doutras administracións.
3.- Inclúense igualmente a execución de instalacións e obras de acondicionamento dos locais vinculadas coas actividades comerciais ou prestación de servizos do parágrafo 1 deste artigo, para as que non sexa preciso proxecto técnico, segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación (LOE), e as obras consideradas como menores de similar entidade e natureza (obras de conservación, reparación ou reforma, e outras de similar entidade, de técnica construtiva sinxela e reducido orzamento) sempre que non precisen autorización ou informe previo doutra administración e que non afecten a ocupación ou protección de bens de dominio público.
4.- Nos termos expresados na disposición adicional terceira da citada Lei 12/2012, inclúense no ámbito de aplicación desta ordenanza a instalación de redes públicas de comunicacións electrónicas.
5.- Tamén se inclúen os cambios de titularidade de licenzas de apertura/actividade, así como os das de actividades comunicadas ou declaradas responsablemente, que se efectúan ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de servizos das corporacións locais (RSCL) e/ou do artigo 28.4 da devandita Lei de comercio interior de Galicia ou normas que as substitúan.
6.- Quedan excluídas as actividades restantes, instalacións e obras, que quedan suxeitas ao procedemento de licenza previa, agás disposición normativa en contrario. En particular, consideranse sometidas á licenza as seguintes actividades:
- As incluídas no Decreto 292/2004, de 18 de novembro, polo que se aproba o catalogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma, modificado polo Decreto 160/2005.
- As actividades relacionadas no Decreto 133/2008, que regula o procedemento de avaliación ambiental.
- As que requiran autorización ou informe previo doutra administración (por razón de carácter ambiental, sanitario, de patrimonio histórico artístico, ou de calquera doutro ámbito competencial).
7.- A enumeración ou referencia ás actividades, instalacións e obras, incluídas e excluídas entenderase modificadas cando se modifique, revise ou, no seu caso, se amplíe, o umbral de superficie do título I da Lei 12/2012 ou o catálogo do seu anexo, segundo o previsto nas disposicións oitava, novena e décima da Lei 12/2012.
Artigo 4.-
1.- As actividades e prestacións de servizos, instalacións e obras, incluídas no ámbito desta ordenanza sométense aos procedementos de comunicación previa ou declaración responsable de conformidade co establecido no artigo 71.bis da Lei 30/1992, do 26 de Novembro (LRJPAC) ou norma que a substitúa, relativas ao cumprimento das previsións legais establecidas na normativa vixente. En todo caso, o declarante deberá estar en posesión do xustificante de pago do tributo e/ou taxa correspondente cando sexa preceptivo, e quedará suxeito ao procedemento de intervención municipal e verificación posterior para o exercicio ou execución de ditas actuacións.
2.- As declaracións responsables e comunicacións previas permitirán o exercicio dun dereito ou ben ou inicio dunha actividade desde o día da súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación que ten atribuídas esta administración.
3.- A presentación da declaración responsable, ou da comunicación previa, co conseguinte efecto de habilitación a partir dese momento para o exercicio material da actividade, non prexulgará en modo algún a situación real de efectivo acomodo das condicións do establecemento ou instalación á normativa aplicable, nin limitará o exercicio das potestades administrativas de comprobación, inspección, sanción e en xeral de control que a administración teña atribuída pola normativa vixente.
Os actos declarativos responsables e as comunicación previas, ao igual que no caso das licenzas, producirán efectos entre a administración municipal e o suxeito que realiza a actividade, pero non alterarán as situacións xurídicas privadas entre outras persoas.
4.- A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación dista, cando fora procedente, ante esta Administración municipal, así como o incumprimento dos requisitos sinalados na normativa aplicable, determinará a imposibilidade de continuar o exercicio do dereito ou actividade afectada desde o intre no que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas ás que houbera lugar
Artigo 5.- Comunicación previa de aperturas comerciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.
1.- Quedan suxeitas ao réxime de comunicación previa regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos e actividades que se encadren nos casos seguintes:
a) Cambios de titularidade.
Abrangue tódolos supostos de transmisión da titularidade de licenzas urbanísticas e/ou apertura así como da titularidade de actividades declaradas responsablemente ou obxecto de comunicación previa, que se efectúen ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais e/ou do artigo 28.4 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, ben sexa por traspaso, sucesión, fusión, absorción, cambio de nome, transformación de fórmula xurídico-mercantil ou semellante, tanto inter-vivos como mortis-causa. A estos efectos, o local ou instalación deberá corresponderse en canto as súas características ao que obtivo licenza ou foi obxecto de declaración ou comunicacións, e cumprir coas condicións autorizadas e, no seu caso, coas medidas correctoras esixibles.
b) Cambios de actividade mantendo o uso:
- O inicio de actividades de comercio polo miúdo ou prestación de servizos, cando se inicien en locais que con anterioridade tivesen unha actividade similar do mesmo ramo ou sector de actividade, e non se realicen, nin se teñan realizado, modificacións nas obras de acondicionamento ou instalacións existentes que consten autorizadas ou declaradas no expediente municipal correspondente.
- O inicio de actividade de despachos profesionais ou oficinas administrativas que se desenvolva en locais de superficie non superior a 300 metros cadrados, cando dito local esté acondicionado e autorizado para uso administrativo, mediante licenza, comunicación previa ou declaración responsable anterior.
2.- En calquera dos casos indicados nos apartados anteriores, o local ou instalación en cuestión deberá corresponderse e axustarse en canto ao seu acondicionamento, instalacións e distribución ao que obtivo licenza de primeira ocupación, apertura inicial, ou declaración anterior, e cumprir a instalación con tódalas medidas correctoras esixidas nos títulos xurídicos habilitantes de obras e de actividade e, se é o caso, con outras medidas que impoña a normativa posterior aplicable. O novo titular que exerza a actividade ou a prestación do servizo, será o responsable das condicións que presente o local onde realice a actividade e de axustalo á normativa aplicable, sen prexuízo das responsabilidades que puidera incorrer o anterior titular.
Artigo 6.- Declaración responsable de aperturas comerciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.
Quedan suxeitas ao réxime de declaración responsable regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos e actividades, instalacións ou obras, que se refiran a usos permitidos ou compatibles segundo as ordenanzas do planeamento xeral que se atope en vigor, en locais de superficie non superior a 300 metros cadrados, que non estean suxeitos a comunicación previa ou a licenza previa, tales como:
A apertura de comercios, polo miúdo, en establecementos permanentes, para o exercicio de actividades inocuas, o exercicio de profesións liberais e colexiadas, os servizos de carácter financeiro, de transportes, de seguros, academias, oficinas administrativas e institucionais, así coma, en xeral, as actuacións que non estean suxeitas a comunicación previa, nin excluídas da declaración responsable, e sempre e cando no local onde se desenvolvan non se dispoña de instalacións ou aparellos, que polo seu funcionamento normal ou exercicio propio da actividade, sexan susceptibles de calificarse como actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas ou suxeitas a incidencia ambiental.
Considéranse expresamente incluídas no ámbito de aplicación do réxime de declaración responsable os servizos e as actividades comerciais incluídas no anexo da Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, ou normas posteriores, sempre que non se de algún dos supostos de comunicación previa previstos no artigo anterior.
Non será esixible licenza ou autorización previa para a realización das obras ligadas ao acondicionamento dos locais para desempeñar a actividade cando non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e cuxa superficie útil de exposición e venda ao público non sexa superior a 300 metros cadrados.
CAPÍTULO II.- REQUISITOS E DOCUMENTACION
Artigo7.- Requisitos e documentación das comunicacións previas.
A comunicación previa de actividade debe presentarse no modelo de documento incluído no anexo I desta ordenanza, acompañando a documentación correspondente indicada no mesmo.
Artigo 8.- Requisitos e documentación das declaracións responsables.
A declaración responsable de actividade debe presentarse no modelo de documento incluído no anexo II desta ordenanza, acompañando a documentación correspondente indicada no mesmo.
CAPÍTULO III. PROCEDEMENTO E RÉXIME XURÍDICO
Artigo 9.- Formalización e presentación.
1.- O Concello comprobará os datos facilitados polos interesados e examinará a documentación técnica achegada para comprobar se se axusta á normativa aplicable. No caso de que non se presente a documentación prevista nesta ordenanza, o concello ordenará o peche da actividade, ata que se proceda á presentación de dita documentación e cumpra coa normativa aplicable.
Se examinada a documentación presentada, se constata a existencia de deficiencias documentais subsanables o Concello requiriralle ao titular da actividade que achegue nova documentación que emende as ditas deficiencias, concedéndolle para isto o correspondente prazo de emenda previsto no artigo 71 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2.- No suposto de que non sexan emendadas as deficiencias, no prazo legalmente concedido, procederase a ordenar o peche do establecemento e o cese da actividade ou servizo.
3.- No caso de que a documentación sexa correcta, os técnicos municipais cursarán visita de inspección ao local para comprobar se se axusta á documentación presentada e a normativa aplicable.
Artigo 10.- Efectos xurídicos e consecuencias.
1.- Unha vez recibida a comunicación ou a declaración responsable o titular da actividade poderá comezar a exercela, sen prexuízo de que os técnicos municipais cursen as visitas de inspección precisas para comprobar se se axusta a documentación presentada e á normativa aplicable.
2.- O incumprimento dos requisitos sinalados na lexislación vixente ou nesta Ordenanza determinará a imposibilidade de seguir exercendo a actividade e dende o intre en que se teña constancia destes feitos, sen prexuízo das responsabilidades civís, penais e administrativas, en que poida incorrer o interesado.
A resolución que declare estas circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao intre previo ao inicio da actividade.
3.- En todo caso, o titular da actividade será o responsable das molestias ou prexuízos que poida causar.
CAPÍTULO IV. INSPECCIÓN, VERIFICACIÓN E CONTROL POSTERIOR DE ACTIVIDADES, OBRAS E SERVIZOS
Art. 11.- Réxime de control posterior e verificación da actividade declarada ou comunicada.
1.- O Concello, ademais da verificación inicial da instancia e da documentación achegada por parte do interesado, poderá realizar, a través dos servizos técnicos e/ou da policía local, as actividades de comprobación, control e inspección que sexan necesarias das actividades e obras suxeitas aos réximes de declaración responsable ou comunicación pautados na presente ordenanza, consonte ao previsto no artigo 71 bis da Lei 30/1992, do 26 do novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Publicas e do Procedemento Administrativo Común, e ditara, de ser procedente, a resolución que declare a omisión de carácter esencial, a inexactitude ou a falsidade, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou comunicación previa, así como a non presentación destas ante o Concello.
2.- A concorrencia de supostos de omisión, inexactitude ou falsidade de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou da comunicación previa, determinara, con carácter xeral, a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o intre en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.
3.- A resolución administrativa que declare tales circunstancias disporá, sen mais tramite, o cesamento inmediato da actividade e a clausura do establecemento e poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao exercicio do dereito ou actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado. Todo isto nos termos establecidos nas normas sectoriais que resultaran de aplicación.
4.- No suposto de infracción das disposicións da presente ordenanza, a resolución administrativa que declare tal circunstancia e a ineficacia da comunicación ou da declaración responsable debera ditarse no prazo tres meses a contar da solicitude, e decretara, no seu caso, a suspensión das obras se estas fosen iniciadas.
5.- En todo caso, a resolución extemporánea por ser ditada unha vez transcorrido o prazo de tres meses, que declare a ineficacia das comunicacións previas e declaracións responsables, será plenamente válida e eficaz, e non haberá lugar a indemnización ao favor do comunicante, no suposto de que iniciada a execución das obras se ordenase posteriormente a suspensión de actividades ou a demolición do realizado, por mor do silencio negativo ¿contra legem" en materia urbanística.
6.- No exercicio da función inspectora permanente das actividades e servizos, o Concello poderá tamén ordenar a execución de medidas correctoras para manter as condicións de tranquilidade, seguridade,e salubridade e as demais impostas nos títulos habilitantes ou pola lexislación urbanística e sectorial de aplicación.
Artigo 12.- Das labores de inspección e verificación.
1.- O procedemento de verificación do cumprimento da presente ordenanza constará das seguintes fases:
1.1. Control inicial da solicitude e documentación presentada polo interesado.
1.2. Análise da integridade documental polo servizo municipal de urbanismo e requirimentos de emenda de documentación, cando proceda.
1.3. Comprobacións in situ por parte dos técnicos municipais e, cando proceda, da policía local.
1.4.- Elaboración de actas de comprobación e informes pertinentes polo servizo municipal de urbanismo.
1.5.- Verificación posterior e elaboración das propostas de resolución que procedan.
2.- O persoal adscrito ao servizo municipal de urbanismo e/ou os axentes da policía local serán os encargados da análise documental, comprobación e verificación de que as actividades, servizos e usos do solo, se axustan ao previsto na normativa aplicable e á documentación técnica achegada xunto coa comunicación previa ou declaración responsable.
3.- O persoal adscrito a inspección e vixilancia de actividades, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e estará capacitado, con este carácter, para requirir e examinar toda clase de documentos relativos a actividade ou obra, para comprobar a adecuación das actividades e servizos a normativa urbanística e sectorial aplicable e para reclamar de tódalas partes relacionadas coa actividade e servizo inspeccionado, cos colexios profesionais correspondentes e con calquera outro organismo oficial con competencia na materia, canta información, documentación e axuda material precise para o adecuado cumprimento das súas funcións.
4.- Os Servizos Técnicos Municipais estarán autorizados para acceder, previa identificación, sen previo aviso e en calquera momento a predios, locais, e demais instalacións e establecementos abertos ao publico ou nos que se desenvolvan actividades ou servizos comunicados, declarados ou licenciados, suxeitos a súa actuación inspectora ou de comprobación, a fin de comprobar o cumprimento do disposto na presente ordenanza.
5.- Cando para o exercicio desas funcións inspectoras fose precisa a entrada nun domicilio solicitarase a oportuna autorización xudicial, en caso de oposición ou ausencia do titular ou morador.
6.- Os feitos constatados polo persoal adscrito as funcións da inspección e vixilancia no exercicio das competencias propias gozaran de valor probatorio e presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos ou intereses poidan sinalar ou achegar os propios administrados.
7.- Efectuado o control posterior, emitirase informe que poderá ser:
a) Favorable: cando se comprobase a corrección cualitativa da documentación técnica presentada, e que a actividade axústase á mesma e á normativa aplicable.
Neste caso, unha resolución municipal dará conta do informe favorable e da constancia da eficacia da comunicación previa ou declaración responsable respecto da actuación obxecto de comprobación, coas condicións que, no seu caso, sexan procedentes.
b) Con deficiencias: cando fosen emitidos informes técnicos nos que se evidencien incumprimentos normativos subsanables mediante a imposición de condicións para adaptar, completar ou eliminar aspectos que non supoñan unha modificación substancial.
Neste caso darase un prazo a determinar polos servizos técnicos, e no seu defecto de 15 días, ao titular para que presente nova comunicación, onde sinale que foron realizados os axustes requiridos. De non presentarse a comunicación ou declaración procedente, ou non subsanar as deficiencias observadas, ditarase resolución determinando a imposibilidade de continuar co exercicio da actuación afectada, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.
c) Desfavorable: cando foran emitidos informes técnicos que evidencien incumprimentos normativos que excedan dos sinalados no apartado anterior, tanto na documentación técnica presentada como na actividade implantada.
Neste caso comunicarase esta circunstancia mediante resolución que declare a ineficacia da comunicación previa ou declaración responsable presentada, e determine a imposibilidade de continuar co exercicio do actividade afectada, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar, e de ordenar cando proceda a reposición ao estado anterior.
Artigo 13.- Denuncias.
1.- Calquera persoa física ou xurídica poderá denunciar, diante o Concello e por escrito, as actividades e servizos que se executen infrinxindo as disposicións da presente ordenanza ou da normativa reguladora do libre acceso a prestación de servizos.
2.- De resultaren temerariamente infundados os feitos denunciados, o Concello poderá requirir ao denunciante os gastos que se orixinen pola inspección que o Concello execute.
CAPÍTULO V.- LICENZA DE APERTURA OU DE ACTIVIDADE
Artigo 14.- Actividade suxeitas a licenza de apertura e de actividade.
1.- Deberá solicitarse a pertinente licenza de apertura ou de actividade nos casos nos que así o esixe a protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico-artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo ou a ocupación dos bens de dominio público.
2.- Enténdese que se encontran nos supostos previstos no parágrafo anterior as actividades excluídas do ámbito de aplicación da directiva 2006/123/CE e, en consecuencia, todas aquelas que non resulten encadrables no ámbito desta ordenanza.
CAPÍTULO VI.- LICENZA DE OBRAS MENORES POR PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO E ACTUACIÓNS COMUNICADAS.
Artigo 15.- Licenzas de obras menores por procedemento simplificado.
1.- O procedemento que regula esta ordenanza será de aplicación, a determinadas obras menores de escasa entidade técnica das sinaladas no art. 195.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sen trascendencia urbanística, que se detallan nos parágrafos seguintes e que non precisen autorización de ningún outro organismo.
2.- Obras de conservación e mantemento das edificacións, sempre que estas non supoñan en ningún caso aumento de volume e non conleven a modificación de ningún elemento estrutural. Permítense as seguintes obras por este procedemento:
a) Obras de limpeza e pintura interior dos edificios, patios ou pechamentos.
b) Reparación de tuberías de instalacións, desaugues no interior do edificio.
3.- Obras de reforma no interior de edificios de uso residencial, que non incidan na estrutura nin na fachada do mesmo, que non precisen de dirección de obra, que non modifiquen o uso, nin o volume existente, que non conleven perigosidade nos traballos nin responsabilidade do facultativo, e que non se requira acreditar o cumprimento de determinacións da normativa en vigor de obrigado cumprimento, nin modifiquen as condicións de habitabilidade (tabiquería, dimensións de luces ou ventilación, etc.), de accesibilidade e de seguridade (de utilización, contra incendios, etc). Están incluídas en xeral as seguintes obras:
a) Reforma, reparación, renovación ou modificación de revestimentos.
b) Cambio ou substitución de carpintería interior e de aparatos sanitarios.
c) Reparación, renovación ou modificación parcial das instalacións interiores.
4.- As actuacións provisionais de catas, sondeos e prospeccións en terreos de dominio privado.
5.- Desbroce e limpeza de parcelas, axardinamento, pavimentos ou soleiras de patios no interior de parcelas edificadas se a soleira non supera a superficie edificada, beirarrúas perimetrais en terreos de dominio privado e sempre que non afecte a ningún servizo ou instalación pública nin a condutos xerais, nin se altere a rasante natural do terreo.
6.- Ocupación da vía publica con colectores e elementos auxiliares e complementarios das obras de construción (andamios, vallas, plataformas móbiles, etc), sempre que vaia relacionada cunha actuación comunicada, cunha obra con licenza ou orde de execución en vigor e coas súas condicións para o inicio das obras cumprimentadas.
7.- As obras menores de acondicionamento dun local cando estean vinculadas ao inicio dunha actividade incluiranse coa comunicación previa ou declaración responsable.
Artigo 16.- Procedemento.
A tramitación por procedemento simplificado axustarase ao seguinte procedemento:
1.- Deberá presentarse a correspondente declaración responsable en modelo normalizado conforme ó Anexo IV desta ordenanza, acompañando a documentación correspondente indicada no mesmo.
2.- Unha vez presentada a dita declaración responsable coa documentación correspondente, a oficina técnica municipal do Concello comprobará a integridade dos documentos achegados, a súa suficiencia e a constatación de que a obra menor pretendida pode tramitarse polo procedemento simplificado.
Se no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á presentación da solicitude de licenza por procedemento simplificado, o Concello non dicta resolución ou non realiza notificación requirindo documentación, o interesado poderá entender outorgada a licenza por silencio administrativo e poderá iniciar os traballos obxecto da solicitude, sempre que a documentación estea completa e se axuste ás ordenanzas municipais e á lexislación urbanística e sectorial aplicable.
En ningún caso poderán entenderse adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da lexislación ou do planeamento urbanístico que sexa de aplicación, o que dará lugar a adopción das medidas de reposición da legalidade e a imposición das sancións correspondentes.
3.- Nos supostos de ocupación de vía pública, requirirase a emisión de informe da Policía Local antes da resolución. O informe da Policía Local será de carácter favorable ou desfavorable e indicará, no seu caso, as medidas que estimen pertinentes respecto da seguridade viaria. Se a resolución fose favorable, recibida a notificación o interesado dará aviso á Policía Local con 2 días de antelación á ocupación efectiva da vía pública. No suposto de non recibir notificación de resolución ou requirimento documental, no prazo de 10 días, o interesado poderá entender outorgada a autorización por silencio administrativo, sempre que a documentación esté completa e se axuste ás ordenanzas municipais e á lexislación urbanística e sectorial aplicable.
4.- O prazo máximo de execución será de 12 meses. Transcorrido dito prazo non poderán continuar as obras sen solicitar prórroga da licenza ou presentar nova solicitude de licenza.
5.- Se a documentación está completa e se axusta ás ordenanzas municipais e á lexislación urbanística e sectorial aplicable, dictarase resolución confirmatoria da concesión da licenza por silencio. No caso de que presente deficientes ou desaxustes de escasa entidade subsanables coa imposición de determinadas condicións, a resolución poderá ser favorable a concesión coas condicións pertinentes, que deberá aceptar o solicitante. En caso contrario, a resolución será denegatoria da licenza solicitada
Se a actuación estivese iniciada a denegación determinará a paralización da mesma e os efectos conseguintes dunha obra sen licenza.
6.- En ningún caso, poderán tramitarse por procedemento simplificado actuacións en edificacións ou construcións que requiren de intervención ou autorización administrativa por parte dalgunha Administración con competencias sectoriais (costas, patrimonio, augas, estradas, etc).
Art. 17.- Comunicación previa nas obras para a adaptación dos establecementos comerciais e de prestación de servizos.
1.- Non será esixible licenza, nin sequera polo procedemento simplificado, para a realización das obras menores vencelladas ao acondicionamento dos locais comerciais e de prestación de servizos sinalados no art. 4 desta ordenanza, bastando a presentación dunha declaración responsable xunto coa actividade ou servizo e achegando a documentación esixible no modelo normalizado que figura anexo a esta ordenanza. Cando a entidade da obra revista a cualificación de maior segundo a lexislación urbanística vixente, requirirá a obtención de licenza municipal de obras, previa a achega de proxecto técnico.
2.- Sen prexuízo do anterior, con motivo da comprobación polos Servizos Técnicos Municipais do desenvolvemento da actividade e do cumprimento da normativa esixible, verificarase o axuste das obras ao ordenamento urbanístico vixente
CAPÍTULO VII.- REXIME SANCIONADOR
Artigo 18.- Infraccións e sancións.
1.- Teñen a consideración de infraccións administrativas as accións e omisións que vulneren as normas contidas na presente Ordenanza, así como a desobediencia dos mandatos e requirimentos da Administración municipal ou dos seus axentes distados en aplicación da mesma, en defecto de normativa sectorial específica.
Por elo naqueles supostos que resulten recollidos pola Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, ou por outras normas sectoriais, será de aplicación o disposto na norma de superior xerarquía normativa.
2.- As infraccións clasifícanse en moi graves, graves e leves, de conformidade coa tipificación establecida nos artigos seguintes.
Artigo 19.- Tipificación das infraccións.
1.- Considéranse infraccións moi graves:
a) A falsidade ou omisión de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento incorporada as solicitudes tramitadas nesta ordenanza.
b) Aquelas conductas infractoras que determinen especiais situacións de perigo ou grave risco para a seguridade e integridade física das persoas, ou para os bens.
c).- O incumprimento reiterado da orden de suspensión da actividade ou das medidas ordenadas para corrixir os efectos ou repoñer ao estado anterior a actuación infractora.
2.- Considéranse infraccións graves:
a) O exercicio da actividade ou a modificación substancial dos establecementos e das súas instalacións sen contar co correspondente título habilitante que faculte para o inicio das obras, exercicio da actividade ou recoñecemento de dereitos.
b) O exercicio da actividade incumprindo os requisitos esixidos na normativa vixente e que de maneira expresa relaciónanse na comunicación previa ou declaración responsable.
c) O incumprimento da orden de suspensión da actividade.
d) O mal estado dos establecementos públicos en materia de seguridade ou salubridade, incumprindo as esixencias normativas vixentes en cada momento.
e) A adicación dos establecementos a actividades distintas ás declaradas ou comunicadas á Administración.
f) O incumprimento das medidas correctoras establecidas, ou desatender o requirimento efectuado para a execución das mesmas e, no seu caso, para retirada de elementos, materiais, ou reposición ao estado anterior da actuación infractora.
g) A ocupación de dominio público, con andamios, contedores de escombros, valados, ou outros elementos, sen autorización, sen comunicación previa ou declaración responsable, ou excedendo o tempo autorizado ou previsto.
h) O incumprimento das condicións de seguridade que serviron de base á apertura do establecemento ou inicio da actividade e non constituían infracción moi grave.
3.- Considéranse infraccións leves:
a) As accións ou omisións tipificadas como infraccións graves cando pola súa escasa significación, transcendencia ou prexuízo ocasionado a terceiros, non deban ser calificadas como tales.
b) Calquera incumprimento do establecido na presente Ordenanza e nas leis e disposicións regulamentarias ás que se remita, sempre que non estea tipificado como infracción moi grave o grave
Artigo 20.- Persoas responsables.
1.- Son responsables das infraccións, atendendo as circunstancias concorrentes, os que realicen as condutas infractoras, e en particular:
a) promotores das obras
b) propietario dos terreos
c) titular das actividades ou encargados da súa explotación técnica e económica
d) técnicos redactores de proxectos ou documentación técnica e directores de obra
2.- As sancións que se lles impoñan aos distintos suxeitos por unha mesma infracción terán entre si carácter independente.
3.- No caso de extinción de persoas xurídicas poderá esixirse subsidiariamente a responsabilidade aos administradores das mesmas.
4.- Cando os responsables das infraccións graves sexan técnicos para cuxo exercicio profesional requiran de colexiación, os feitos poranse en coñecemento do correspondente colexio profesional para que adopte as medidas que considere procedentes.
5.- Cando con ocasión da tramitación dos expedientes administrativos que se instrúan por infracción urbanística despréndanse indicios do carácter de ilícito penal dos feitos, o órgano instrutor do expediente porao en coñecemento do Ministerio Fiscal aos efectos da esixencia da responsabilidades oportunas, suspendendo a tramitación do expediente en tanto non recaia resolución do Ministerio Fiscal ou resolución xudicial firme.
Artigo 21.- Sancións.
1.- A comisión das infraccións tipificadas na presente Ordenanza conlevará, en defecto de normativa sectorial específica, a imposición das seguintes sancións:
a) Infraccións moi graves: multa de ata 3.000€.
b) Infraccións graves: multa de ata 1.500 €.
c) Infraccións leves: multa de 250 € ata 750 €.
2.- Para graduar as multas atenderase primordialmente a gravidade da materia, a entidade económica dos feitos constitutivos da infracción, a súa reiteración por parte da persoa responsable e o grao de culpabilidade de cada un dos infractores.
Cando concorra algunha circunstancia agravante, a sanción imporase sempre na contía superior á terceira parte de seu máximo. Se concorre algunha circunstancia atenuante e ningunha agravante, imporase na contía mínima.
3.- Terá a consideración de circunstancia atenuante da responsabilidade a paralización das obras ou o cese na actividade ou uso, de modo voluntario, tras a inspección e a pertinente advertencia polo axente da autoridade, e como circunstancia agravante o incumprimento dos requirimentos efectuados pola Administración para a paralización das obras ou actividades e a restauración do orden urbanístico, a obstrución á función inspectora e aquelas outras que se determinen na normativa sectorial.
4.- Na fixación das sancións de multa terase en conta que, en todo caso, o cumprimento da sanción non resulte máis beneficioso para a persoa infractora que o cumprimento das normas infrinxidas.
5.- O responsable da infracción terá dereito a unha redución do 50% da multa que deba impoñerse no caso de recoñecemento de responsabilidade e pago voluntario antes da resolución do expediente nos termos do artigo 8 do regulamento do procedemento da potestade sancionadora, sempre que fose corrixida a conducta infractora.
Artigo 22.- Outras medidas
Sen prexuízo das sancións pecuniarias previstas, a comisión das infraccións tipificadas na presente Ordenanza poderá conlevar as seguintes sancións accesorias:
a) Suspensión temporal das actividades e clausura temporal dos establecementos dun a tres meses para as infraccións graves, e de tres a seis meses para as infraccións moi graves.
b) Impedir definitivamente a actividade e ordenar a reposición dos bens afectados ao estado anterior ao incumprimento de aquela.
c) A imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante o prazo de 6 meses para as infraccións moi graves e 3 meses para as graves.
Artigo 23.- Reincidencia e reiteración.
1.- Considerarase que existe reincidencia cando se cometa no termo dun ano máis dunha infracción da mesma natureza cando así teña sido declarado por resolución firme.
2.- Entenderase que existe reiteración nos casos en que se cometa máis dunha infracción de distinta natureza no termo dun ano cando así teña sido declarado por resolución firme.
Artigo 24.- Medidas provisionais.
1.- Poderán adoptarse medidas de carácter provisional cando sexan necesarias para garantir a eficacia da resolución que puidera recaer, as esixencias dos intereses xenerais, o bo fin do procedemento e o evitar o mantemento dos efectos da infracción.
2.- As medidas provisorias poderán consistir na clausura dos establecementos ou instalacións, a suspensión de actividades e suspensión de autorizacións, cuxa efectividade manterase ata que se acredite o cumprimento das condicións esixidas ou a subsanación das deficiencias detectadas.
3.- O incumprimento das medidas ordenadas motivará a imposición de multas coercitivas por importe de 500 € a 1500 €. Asemade poderán adoptarse as medidas de execución forzosa previstas nos artigos 93 e seguintes da lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo común.
Artigo 25.- Prescrición das infraccións e sancións e caducidade do procedemento.
Serán de aplicación en defecto de normativa sectorial específica, as normas xerais que regulan o procedemento administrativo sancionador coas especialidades aplicables as Entidades Locais, especificamente serán aplicables as disposicións do Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora.
Artigo 26.- Infraccións en materia de urbanismo e protección do medio rural.
As infraccións e sancións tipificadas na presente ordenanza entenderanse sen prexuízo das reguladas na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia ou en calquera outra norma sectorial que resulte de aplicación e que recoñeza competencia sancionadora ao Concello
Disposicións
Disposición adicional primeira: Modelos normalizados.
1. Os correspondentes modelos de declaración responsable e comunicación de cambio de titularidade, manteranse permanentemente publicados e actualizados na paxina web municipal.
2. Os anexos que se incorporan a esta ordenanza poderán ser adaptados, modificados ou ampliados por Resolución da Alcaldía ou órgano delegado.
Disposición adicional segunda. Obrigas tributarias.
As obrigas tributarias derivadas das actuacións que se autoricen polos procedementos aquí regulados rexeranse pola ordenanza fiscal correspondente.
Disposición transitoria única.
Os promotores dos expedientes que á entrada en vigor da presente ordenanza se atopasen en tramitación neste Concello, e se refiran a actividades suxeitas ao réxime de comunicación previa ou declaración responsable, poderán acollerse a estes procedementos, presentando para elo a documentación prevista na presente ordenanza.
Disposición Final
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local.
ANEXOS
1.- Modelo de Comunicación previa de actividade.
2.- Modelo de Declaración responsable de actividade.
3.- Modelo de Certificación técnica do cumprimento da normativa de aplicación.
4.- Modelo de Declaración responsable para obras menores.
5.- Modelo de Declaración responsable para ocupación de vía
Anexo I.- MODELO DE COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDADE
Interesado | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico | |||
Representante | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico | |||
DATOS DA LICENZA, COMUNICACIÓN PREVIA OU DECLARACIÓN RESPONSABLE OBXECTO DA TRANSMISIÓN | |||
Nº de expediente | Data de outorgamento | ||
Actividade autorizada | |||
Situación do local | Referencia catastral |
Expón
Que de conformidade coa Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores e o resto da normativa aplicable veño a efectuar COMUNICACION PREVIA pola que declaro que a actividade que vou levar a cabo no local de ..... m2 de superficie construída, ..... m2 de superficie útil total e ..... m2 de superficie útil de exposición e venta ao público, consistente en .................................................................................................... sita en .......................................................................................... con denominación comercial ............................. cumpre con toda a normativa preceptiva segundo se acredita na certificación de técnico competente que se adxunta a esta solicitude.
(1) Así mesmo efectúo COMUNICACIÓN PREVIA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E DA REALIZACIÓN DE DETERMINADAS OBRAS MENORES#footnote-14877-1 name=footnote-14877-1-backlink>[1] pola que declaro que as obras que vou a executar no local citado, cumpren toda a normativa de preceptiva aplicación, son as seguintes:
- Situación das obras: .................................................................................
- Obras a realizar:
...............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
-Prazo de execución das obras:................................., que dará comezo ............................
-Presuposto de execución material: ..............................
Autoriza aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, á administración destinataria deste escrito a comprobación telemática con outras Administracións públicas de datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver.
Comunica que iniciará a actividade a partires do día ............................ (no caso de non indicar data entenderase a partires do mesmo día da presentación da instancia).
Documentación a presentar polos solicitantes | |
Xustificación do pago de tributos correspondentes que estableza a ordenanza fiscal para liquidar coa declaración responsable. | |
Xustificante de estar dado de alta na Administración de Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto de declaración. | |
Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando proceda. | |
No caso de que se trate dun cambio de actividade mantendo o uso: Certificación expedida por facultativo competente acreditativa de que o local é apto para o uso, conforme á normativa aplicable e con especial referencia ao cumprimento das condicións de seguridade e estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais (modelo segundo anexo III da ordenanza) | |
No caso de cambios de titularidade: documento acreditativo do traspaso (título de propiedade ou contrato de arrendamento) | |
Presuposto detallado das obras a realizar, cando proceda. |
O que asino de xeito responsable
Camariñas, .... de .................. de 20
Asinado: O interesado Asinado: O representante
EXCMO. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
ADVIRTESELLE QUE consonte co disposto no apartado 4 do artigo 71.bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, ¿a inexactitude, falsidade ou omisión, de caracter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa, determinara a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar. Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.
Consonte ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e podarán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Camariñas. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito, que presentará no Rexistro do Concello.
Estarán sometidas ao trámite de COMUNICACIÓN PREVIA as seguintes actividades:
1. Quedan suxeitas ao réxime de comunicación previa regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos e actividades seguintes:
a) Cambios de titularidade: Abrangue tódolos supostos de transmisión da titularidade de licenzas urbanísticas e/ou apertura así como da titularidade de actividades declaradas responsablemente ou obxecto de comunicación previa, que se efectúen ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais e/ou do artigo 28.4 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, ben sexa por traspaso, sucesión, fusión, absorción, cambio de nome, transformación de fórmula xurídico-mercantil ou semellante, tanto inter-vivos como mortis-causa. A estos efectos, o local ou instalación deberá corresponderse en canto as súas características ao que obtivo licenza ou foi obxecto de declaración ou comunicacións, e cumprir coas condicións autorizadas e, no seu caso, coas medidas correctoras esixibles.
b) Cambios de actividade mantendo o uso:
- As actividades de comercio polo miúdo cando se inicien en locais que con anterioridade tivesen unha actividade similar do mesmo ramo ou sector de comercio, e non se realicen, nin se teñan realizado, modificacións nas obras de acondicionamento ou instalacións existentes que consten autorizadas ou declaradas no expediente municipal correspondente.
- A actividade de despachos profesionais ou oficinas administrativas que se desenvolva en locais de superficie non superior a 300 metros cadrados, cando dito local conste autorizado para dito uso e instalacións, mediante licenza, comunicación previa ou declaración responsable anterior.
2.- En calquera dos casos indicados nos apartados anteriores, o local ou instalación en cuestión deberá corresponderse e axustarse en canto ao seu acondicionamento, instalacións e distribución ao que obtivo licenza de primeira ocupación, apertura inicial, ou declaración anterior, e cumprir a instalación con tódalas medidas correctoras esixidas nos títulos xurídicos habilitantes de obras e de actividade e, se é o caso, con outras medidas que impoña a normativa posterior aplicable. O novo titular que exerza a actividade será o responsable das condicións que presente o local onde realice a actividade e de axustalo á normativa aplicable, sen prexuízo das responsabilidades que poidera incurrir o anterior titular.
Anexo II.- MODELO DE DECLARACION RESPONSABLE DE ACTIVIDADE
Interesado | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico | |||
Representante | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico |
Expón
Que de conformidade coa Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores e o resto da normativa aplicable veño a efectuar DECLARACIÓN RESPONSABLE pola que declaro que a actividade que vou levar a cabo no local de ..... m2 de superficie construída, ..... m2 de superficie útil total e ..... m2 de superficie útil de exposición e venta ao público, consistente en ..................................................... sita en ..................................................... con denominación comercial ............................. cumpre con toda a normativa preceptiva segundo se acredita na certificación de técnico competente que se adxunta a esta solicitude.
(1) Así mesmo efectúo DECLARACIÓN RESPONSABLE ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E DA REALIZACIÓN DE DETERMINADAS OBRAS MENORES#footnote-14877-2 name=footnote-14877-2-backlink>[2] pola que declaro que as obras que vou executar no local citado son as seguintes, que cumpren con toda a normativa preceptiva:
- Situación das obras: ....................................................................................................
-Obras a realizar:
...................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
-Prazo de execución das obras:................................., que dará comezo ............................
-Presuposto de execución material: ..............................
Autoriza aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, á administración destinataria deste escrito a comprobación telemática con outras Administracións públicas de datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver.
Declaro baixo a miña responsabilidade, que a actividade vai desenvolverse de acordo coa normativa aplicable e que o local cumpre a normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio, e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o período de tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio.
Documentación a presentar polos solicitantes | |
Copia da licenza de obras da edificación. | |
Documentación técnica, subscrita por técnico competente, que describa suficientemente as características do local e da actividade e/ou das obras asociadas, e que xustifique o cumprimento da normativa urbanística e da normativa sectorial aplicable á actuación que se pretende realizar. | |
Plano catastral e plano urbanístico coa situación exacta do local, instalación ou terreo onde se vaia realizar a actuación. | |
Planos de planta, alzado e sección que representen o que se pretende facer, indicando as diferentes dependencias do local, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc., así como a instalación de protección contra incendios asinados por técnico competente. | |
Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade. (Esta declaración non será esixible no suposto de que a documentación técnica presentada coa solicitude se achegue visada polo colexio profesional correspondente). | |
Reportaxe fotográfica, na que se inclúa o interior do local e as fachadas do edificio. | |
Presuposto detallado das obras a realizar, cando proceda. | |
Xustificación do pago de tributos correspondentes que estableza a ordenanza fiscal para liquidar coa declaración responsable. | |
Xustificante de estar dado de alta na Administración de Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto de declaración. | |
Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando proceda. | |
Certificación expedida por facultativo competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable e con especial referencia ao cumprimento das condicións de seguridade e estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais (modelo segundo anexo III da ordenanza). | |
Certificado de seguridade e solidez referido ao local (estrutural) e ás instalacións, asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional. No caso de edificacións cunha antigüidade inferior a dez anos poderase substituír este documento pola licenza de primeira ocupación do edificio ou acondicionamento do local. |
Camariñas, ...... de ..................... de 20
Asinado: O interesado Asinado: O representante
EXCMO. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
ADVIRTESELLE QUE consonte co disposto no apartado 4 do artigo 71.bis da I.ei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, ¿a inexactitude, falsidade ou omisión, de caracter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa, determinara a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.
Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.
Consonte ao disposto na I.ei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Camariñas. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito, que presentará no Rexistro do Concello.
Estarán sometidas ao trámite de DECLARACIÓN RESPONSABLE as seguintes obras menores:
Quedan suxeitas ao réxime de declaración responsable regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos e actividades, instalacións ou obras, que se refiran a usos permitidos ou compatibles segundo as ordenanzas do planeamento xeral que se atope en vigor, que non estean suxeitos a comunicación previa ou a licenza, tales como:
A apertura de comercios, polo miúdo, en establecementos permanentes, para o exercicio de actividades inocuas, o exercicio de profesións liberais e colexiadas, os servizos de carácter financeiro, de transportes, de seguros, academias, oficinas administrativas e institucionais, así coma, en xeral, as actuacións que non estean suxeitas a declaración previa, nin excluídas da declaración responsable, e sempre e cando no local onde se desenvolvan non se dispoña de instalacións ou aparellos, que polo seu funcionamento ou exercicio propio da actividade, sexan susceptibles de calificarse como actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas ou suxeitas a incidencia ambiental.
Considéranse expresamente incluídas no ámbito de aplicación do réxime de declaración responsable os servizos e as actividades comerciais incluídas no anexo da Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, ou normas posteriores, sempre que non se de algún dos supostos de comunicación previa previstos no artigo anterior.
Non será esixible licenza ou autorización previa para a realización das obras ligadas ao acondicionamento dos locais para desempeñar a actividade cando non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e cuxa súa superficie útil de exposición e venda ao público non sexa superior a 300 metros cadrados.
ANEXO III.- MODELO DE CERTIFICACIÓN TÉCNICA DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE APLICACIÓN (a cumprimentar polo/a técnico/a)
D./Dª............................................................., con número de colexiado/a ............. pertencente ao Colexio Oficial........................................................................., técnico/a facultativo/a competente director/a das instalacións e medidas correctoras referentes á actividade solicitada de ............................................ CERTIFICO en data ........................:
1. Que a instalación da actividade:
-foi realizada baixo a miña dirección.
-que o local xa estaba acondicionado por licenza ¿¿¿¿¿¿¿¿¿ (expte. ¿¿¿¿..), e non se realizaron obras por reunir o local todos os requisitos.
2. Que a actividade e as instalacións executadas axústanse ao descrito na presente documentación.
3. Que se teñen adoptado con eficacia todas as medidas correctoras necesarias para dar cumprimento a toda a normativa técnica de aplicación, así como garantindo que non se producen molestias á veciñanza.
4. Que cumpre as ordenanzas municipais, os regulamentos e, en xeral, toda a normativa técnica de aplicación.
5. Que o illamento acústico do local é suficiente para garantir o cumprimento do disposto na normativa vixente.
6. Que a actividade cumpre o establecido na vixente normativa de protección contra incendios e na normativa sectorial correspondente.
7. Que a actividade cumpre o establecido na Lei 7/1997 e no Decreto 35/2000, para a mellora da accesibilidade e supresión das barreiras arquitectónicas.
8. Que a actividade dispón das preceptivas autorizacións de instalacións e subministros sectoriais para a apertura ao público e para o funcionamento da actividade (débense especificar as autorizacións sectoriais das que se dispoña e a empresa instaladora que as executou, con indicación do seu número no rexistro especial de empresas instaladoras).
Por iso, declaro que as instalacións e as medidas correctoras están totalmente executadas e preparadas para funcionar.
Así mesmo, manifesto, baixo xuramento ou promesa, que é certo que teño actuado coa máxima obxectividade posible, tomando en consideración tanto o que poida favorecer como o que poida causar prexuízos ó meu cliente e coñezo as sancións administrativas e/ou penais no caso de incumprir o meu deber como técnico/a redactor/a.
Titular da actividade | ||||
NIF/CIF | Nome e apelidos | |||
Enderezo para os efectos de notificacións | ||||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono | |
Correo electrónico |
DATOS DA ACTIVIDADE | |
Nº de expediente | Data de outorgamento |
Descrición da actividade | |
Situación do local | Referencia catastral do local |
Camariñas, a ... de ............. 20...
Asinado: O técnico
EXCMO. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
Anexo IV.- MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA OBRAS MENORES
Interesado | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico | |||
Representante | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico |
Expón
Que de conformidade coa Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores e o resto da normativa aplicable veño a efectuar DECLARACIÓN RESPONSABLE pola que declaro que as obras que vou executar no local citado son as seguintes, que cumpren con toda a normativa preceptiva e correspóndense coas descritas no artigo 15 da Ordenanza.
Descrición das obras | ||
Descrición das obras | ||
Situación das obras | Referencia catastral | |
Presuposto de execución material | ||
Elementos auxiliares na vía pública | ||
Iniciará as obras a partires do día........................ (en caso de non indicar data entenderase a partires do décimo día hábil seguinte ó da presentación da instancia) | ||
Prazo previsto de execución das obras (máximo de 12 meses) |
Autoriza aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, á administración destinataria deste escrito a comprobación telemática con outras Administracións públicas de datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver.
Declaro baixo a miña responsabilidade que as características indicadas reflicten fielmente as obras a realizar, que non se van a realizar obras suxeitas ao deber previo de obtención de licenza, que se cumprirán os requisitos da normativa específica de tratamento de residuos e que se achega toda a documentación preceptiva.
Documentación a presentar polos solicitantes | |
Copia da licenza de obras da edificación. | |
Descrición das obras a realizar. A descrición literal deberá completarse cunha descrición gráfica, achegando fotografías, bosquexos ou gráficos, para describir axeitadamente as obras, coas dimensións, materiais e demais características das obras. | |
Presuposto detallado das obras a realizar. | |
Fotografías da edificación (todas as fachadas) ou parcela, e do interior do local ou vivenda. | |
Plano de situación catastral e urbanístico, coa situación exacta da actuación que se pretende realizar. | |
No caso de elementos auxiliares que ocupen espazo da vía pública, realizará a correspondente declaración responsable segundo o modelo normalizado. | |
Xustificación do pago de tributos correspondentes que estableza a ordenanza fiscal para liquidar coa declaración responsable. | |
No caso de que se encontre no ámbito de aplicación do RD 105/2008, polo que se regula a producción e xestión dos residuos da construcción e demolición, disporá da documentación que acredite a xestión dos residuos |
Camariñas, .... de .................. de 20
Asinado: O interesado Asinado: O representante
EXCMO. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
ADVIRTESELLE QUE consonte co disposto no apartado 4 do artigo 71.bis da I.ei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, ¿a inexactitude, falsidade ou omisión, de caracter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa, determinara a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.
Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.
Consonte ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Camariñas. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito, que presentará no Rexistro do Concello.
Estarán sometidas ao trámite de DECLARACIÓN RESPONSABLE as seguintes obras menores:
1. O procedemento que regula esta ordenanza será de aplicación, a determinadas obras menores de escasa entidade técnica das sinaladas no art. 195.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sen trascendencia urbanística, que se detallan nos parágrafos seguintes e que non precisen autorización de ningún outro organismo.
2. Obras de conservación e mantemento das edificacións, sempre que estas non supoñan en ningún caso aumento de volume e non conleven a modificación de ningún elemento estrutural. Permítense as seguintes obras por este procedemento:
a) Obras de limpeza e pintura interior dos edificios, patios ou pechamentos.
b) Reparación de tuberías de instalacións, desaugues no interior do edificio.
3. Obras de reforma no interior de edificios de uso residencial, que non incidan na estrutura nin na fachada do mesmo, que non precisen de dirección de obra, que non modifiquen o uso, nin o volume existente, que non conleven perigosidade nos traballos nin responsabilidade do facultativo, e que non se requira acreditar o cumprimento de determinacións da normativa en vigor de obrigado cumprimento, nin modifiquen as condicións de habitabilidade (tabiquería, dimensións de luces ou ventilación, etc.), de accesibilidade e de seguridade (de utilización, contra incendios, etc). Están incluídas en xeral as seguintes obras:
a) Reforma, reparación, renovación ou modificación de revestimentos.
b) Cambio ou substitución de carpintería interior e de aparatos sanitarios.
c) Reparación, renovación ou modificación parcial das instalacións interiores.
4. As actuacións provisionais de catas, sondeos e prospeccións en terreos de dominio privado.
5. Desbroce e limpeza de parcelas, axardinamento, pavimentos ou soleiras de patios no interior de parcelas edificadas se a soleira non supera a superficie edificada, beirarrúas perimetrais en terreos de dominio privado e sempre que non afecte a ningún servizo ou instalación pública nin a condutos xerais, nin se altere a rasante natural do terreo.
6. Ocupación da vía publica con colectores e elementos auxiliares e complementarios das obras de construción (andamios, vallas, plataformas móbiles, etc), sempre que vaia relacionada cunha actuación comunicada, cunha obra con licenza ou orde de execución en vigor e coas súas condicións para o inicio das obras cumprimentadas.
7.- As obras menores de acondicionamento dun local cando estén vinculadas ao inicio dunha actividade incluiranse coa comunicación previa ou declaración responsable da actividade.
Anexo V.- MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA OCUPACIÓN DE VÍA
Interesado | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico | |||
Representante | |||
NIF/CIF | Nome e apelidos | ||
Enderezo para os efectos de notificacións | |||
Municipio | CP | Provincia | Teléfono |
Correo electrónico |
Expón
Que pretendo proceder á instalación dun elemento auxiliar na vía pública:
VALADO CONTENEDOR ANDAMIO CAMIÓN GUINDASTRE OUTROS:
Que se situará na rúa/praza ............................................, utilizarase para realizar as seguintes obras ............................................................, e coas seguintes características:
Lonxitude: ..................
Ancho: .......................
Data de comezo da ocupación:.......................
Duración da ocupación:..................................
Autoriza aos efectos da normativa de protección de datos de carácter persoal, á administración destinataria deste escrito a comprobación telemática con outras Administracións públicas de datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a desenvolver.
Declaro baixo a miña responsabilidade que as características indicadas reflicten fielmente a ocupación de vía pública que pretendo realizar, e que se cumprirán as condicións de seguridade e ocupación da vía pública.
Documentación a presentar polos solicitantes | |
Fotocopia da solicitude de licenza de obra ou declaración responsable | |
Plano de situación e plano ou croquis no que se especifique o emprazamento da instalación. | |
No caso de andamio: xustificante de que este cumpre coas condicións de homologación e que dispón do seguro de responsabilidade civil ó corrente de pago | |
Xustificación do pago de tributos correspondentes que estableza a ordenanza fiscal para liquidar coa declaración responsable. |
Camariñas, .... de .................. de 20
Asinado: O interesado Asinado: O representante
EXCMO. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
ADVIRTESELLE QUE consonte co disposto no apartado 4 do artigo 71.bis da I.ei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, ¿a inexactitude, falsidade ou omisión, de caracter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa, determinara a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.
Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.
Consonte ao disposto na I.ei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Camariñas. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito, que presentará no Rexistro do Concello.
Estarán sometidas ao trámite de DECLARACIÓN RESPONSABLE as ocupacións da vía publica con colectores e elementos auxiliares e complementarios das obras de construción (andamios, vallas, plataformas móbiles, etc), sempre que vaia relacionada cunha actuación comunicada, cunha obra con licenza ou orde de execución en vigor e coas súas condicións para o inicio das obras cumprimentadas.
CONDICIÓNS DE OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA
-Deixarase un paso para peóns cun ancho libre mínimo de 0,90 m adosado á liña da edificación, segundo o especificado na Lei 8/1997 e Decreto 35/2000, sobre supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normativa de aplicación. No caso de que por imposibilidade dos traballos a executar non se poida cumprir esta condición, substituirase por un paso semellante protexido na zona libre da beirarrúa ou mesmo na calzada de tal xeito que se permita o paso de persoas con mobilidade reducida.
-Só se poderá ocupar a calzada na zona correspondente ao estacionamento de vehículos e nunca de circulación. Colocaranse valas de protección delimitadoras do contorno.
-Tomaranse as medidas oportunas encamiñadas á seguridade dos viandantes e o menor prexuízo para o tránsito público, por exemplo mediante a colocación dunha tarima de protección de caída de materiais, e/ou cunha rede de protección.
-O elemento auxiliar instalado manterase en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e ornato públicos, realizando un mantemento periódico que inclúe o repintado.
-Antes da instalación do elemento auxiliar que ocupará a vía pública, poñerase en coñecemento da policía municipal, coa finalidade de que se coloquen as sinais de tráfico e de seguridade que se consideren pertinentes.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.