Mazaricos - ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS POR PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL, CULTURAL E DEPORTIVO ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE MAZARICOS
Artigo 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
No uso das facultades concedidas polo artigo 106.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e artigo 127 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 47, ambos inclusive, do R.D.L. 2/2004, establécese o PREZO PÚBLICO POR PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL, CULTURAL E DEPORTIVO ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE MAZARICOS.
Artigo 2.º.-CONCEPTO.
Os prezos públicos que se puideran establecer conforme ó artigo 4 constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que serán satisfeitas polos usuarios (nos casos de que previamente se teña establecido un prezo público para a actividade concreta de que se trate), que voluntariamente soliciten a realización de actividades de carácter cultural, deportivo ou sociais, ou ben a prestación de servicios ou asistencia a espectáculos ou representacións de carácter cultural, deportivo ou social organizadas polo Concello de Mazaricos, tales como talleres, cursiños, seminarios, excursións e demáis de natureza análoga, sempre que as mesmas non sexan de solicitude ou recepción obrigatoria polos usuarios e non estean reservadas á entidade local.
Artigo 3.º.-OBRIGADOS Ó PAGO.
Están obrigados ó pago do prezo público establecido nesta ordenanza os usuarios/beneficiarios dos servizos ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 4.º.-ESTABLECEMENTO E CONTÍA.
1. O establecemento e contía do prezo público regulado nesta ordenanza será o que fixe en cada caso a Xunta de Goberno Local por delegación do Pleno da Corporación, de conformidade co disposto no artigo 47.1 do R.D.L. 2/2004 e artigo 23.2 b) da Lei 7/85.
2. A estos efectos, con carácter previo ó inicio das actividades, a Xunta de Goberno Local, en base ós informes previos do concelleiro correspondente, nos que deberá constar o custo total das actividades a realizar e o número estimado de participantes establecerá, previo informe da intervención municipal, o prezo concreto para cada actividad, que conforme o artigo 44.1 do R.D.L. 2/2004, deberán cubrir como mínimo o coste do servizo prestado ou da actividade a realizar. Non obstante o anterior, conforme ó disposto no artigo 44.2 do R.D.L. 2/2004, cando exista razóns sociais, benéficas, culturais ou de interés público que así o aconsellen, a Xunta de Goberno Local poderá fixar prezos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestos supostos deberán consignarse nos presupostos da Entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante se a houbera.
3. Acordados os prezos de cada servizo ou actividade, o acordo será publicado no Boletín Oficial da Provincia e exposto no taboleiro de anuncios do Concello a efectos da súa publicidade.
4. Con motivo de fomentar a participación de determinados colectivos en actividades deportivas, musicais, teatrais, etc., a Xunta de Goberno Local, previos os informes xustificativos dos servizos correspondentes, poderá establecer prezos por debaixo do custe do servizo, para o cal deberá terse en conta o establecido no artigo 4.2, parágrafo segundo, desta ordenanza.
Artigo 5.º.-NORMAS DE XESTIÓN.
1. A obrigación do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se preste o servizo ou se inicie a realización das actividades, se ben poderá esixirse o depósito previo conforme ó disposto no artigo 46.1 do R.D.L. 2/2004.
A adquisición de entradas para a asistencias a representacións organizadas polo concello realizarase na forma e lugares que se determinen para cada actuación.
2. A estos efectos, o obrigado deberá facer a pertinente declaración a fin de que se lle practique a correspondente autoliquidación, conforme ó disposto no artigo 45 do R.D.L. 2/2004, debendo ingresar o importe do prezo público nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello, e sempre antes de do inicio da prestación dos servizos ou actividades.
3. Conforme ó disposto no artigo 46.2 do R.D.L. 2/2004 cando por causas non imputables ó obrigado o pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste, procederá a devolución do importe correspondente.
DISPOSICIÓN ÚLTIMA.
A presente ordenanza entrará en vigor e será de aplicación a partir do día seguinte á súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia manténdose en vigor en tanto non sexa derogada ou modificada expresamente.