Boimorto - PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS DA PISCINA MUNICIPAL DESCUBERTA E O XIMNASIO MUNICIPAL
1.- Fundamento e concepto.
No uso das facultades conferidas polos artigos 2.1 apartado e, e 127 do Real Decreto legislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais , o Concello de Boimorto poderá establecer e esixir prezos públicos que se regularán polo desposto nos artigos 41 e 47 do citado texto refundido, pola Lei 8/1989, de 13 de abril, de taxas e prezos públicos e polo preceptuado na presente ordenanza.
O obxecto deste acordo é desenvolver a normativa ámbito e procedementos de esixencia dos prezos públicos por utilización dos servizos de piscina municipal descuberta asi como ximnasio, plo que a actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación de servizos e realización de actividades na piscina municipal descuberta de Boimorto e no ximnasio municipal, así como a utilización das instalacións municipais dedicadas específicamente á prestación dos ditos servizos, considerando estes pezos públicos como contraprestación specuniarias que se satisfagan pola prestación destes servizos.
2.- Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do prezo público os/as que soliciten, utilicen ou se beneficien da prestación dos servizos prestados na piscina municipal ximnasio ou das súas instalacións. No caso de que os/as beneficiarios/as sexan menores de idade e/ou incapacitados/as, considerarase suxeito obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.
A obriga de pagamento nace dende que se inicie a pretación dos servizos non aplicandose prorratas as cuotas de socio para un ou os dos servizos por solicitarse a mediados da mensualidade o u por darse baixas antes do fin do ano, ou tempada na piscina municipal
3.- Contía.
O importe dos prezos públicos será de:
3.1. Carné familiar de socios tempada de piscina municipal descuberta e ximnasio municipal para todo o ano ( ata 31/12 de cada anualidade ) para ximnasio e piscina incluindo tódolos membros da unidade familiar con fillos ata 18 anos cumplidos ( inda que na anualidade se supere esta idade ):
20,00 €.
3.2. Carné individual socio tempada de piscina municipal descuberta e ximnasio municipal para todo o ano ( ata 31/12 de cada anualidade )
10,00 €.
3.3 Entrada individual tempada de piscina:
- Menores de 18 anos ( incluidos os 18 anos ): 0,50 €.
- Adultos: 1 €.
3.7 . Cursos de natación
- Menores: 8,00 €.
- Adultos ( 18 ou máis anos ): 15,00 €.
O abono da tarifa por curso non dará dereito ao uso das instalacións da piscina durante o curso correspondente tendo que pagar prezo público cada asistente ó curso polo disfrute da/s instalación/s.
4.- Normas de xestión.
A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se solicite a prestación do/s servizo/s devengándose toda a mensualidade sen prorrateo.
No caso de entradas puntuais deberá facerse o ingreso con carácter previo á entrada nas instalacións.
Nos demáis casos no momento da solicitude do servizo.
O pagamento realizarase no momento de obtención do/s carné/s, coa compra da entrada/s individual/is ou coa inscripción no/s curso/s de natación.
5.- Devolución de ingresos
5.1 Unicamente procederá devolución do importe total ou parcial destes prezo/s público/s ingresado/s cando o/s servizo/s ou actividade/s gravada/s non se presten ou desenvolvan por causas non imputables ó interesado.
5.2 O importe da devolución será parcial e proporcional ao tempo, intensidade ou factor determinante do grao de realización da prestación, ou ben total cando non tivese nacido a obriga de pagamento.
5.3 En caso ningún procederase á devolución dos ingresos ralizados por faltas de asistencia dos interesados por razóns alleas ó Concello de Boimorto nin cando non se comunique ao Concello de ser o caso á baixa na actividade , antes do seu inicio .
6.- Recursos
Contra os acordos de establecemento, modificación e fixación destes prezos públicos, así como contra os actos de xestión, liquidación, recadación e inspección, deberá interpoñerse o recurso de reposición específicamente previsto a tal efecto no artigo 14 do Real decreto legislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
7.- Disposicións finais
7.1 Para o non previsto no presente acordo estarase ao disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, na Lei 8/1989 de 13 de abril de taxas e prezos públicos, na Lei 47/2003 de 26 de novembro, xeral orzamentaria no Real decreto 939/2005 de 29 de xullo polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación e demais normativa que a complemente ou substitúa.
7.2 O presente acordo , unha vez aprobada polo Pleno municipal, entrará en vigor logo de publicarse o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e pasado o prazo o que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 do citado corpo legal permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.