Carballo - ORDENANZA FISCAL Nº 7, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE VERIFICACIÓN DOS REQUISITOS URBANÍSTICOS DAS CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
ARTIGO 1º. - POTESTADE TRIBUTARIA E RÉXIME XURÍDICO.
No uso das postestades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e dacordo co previsto no art. 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais -en diante, TRLRHL-, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos administrativos relativos á verificación de requisitos urbanísticos das construccións, instalacións e obras, que se regulará pola presente Ordenanza e polos disposto no artigos 20 a 27 do TRLRHL.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.
O feito imponible está determinado pola prestación de servizos administrativos consistentes na actividade municipal desenvolvida con motivo da realización de instalacións, construccións ou obras, tendente a verificar se as mesmas se realizan con suxeción ás normas urbanísticas de edificación e policía vixentes, en orde a comprobar que aquelas se axustan aos Plans de Ordenación vixentes, que sexan conformes ao destino e uso previstos, que non atenten contra a harmonía da paisaxe e condicións de estética, que cumpran coas condicións técnicas de seguridade, salubridade, hixiene e saneamento e, finalmente, que non exista ningunha prohibición de interés artístico, cultural, histórico ou monumental, xa se atopen suxeitas a preceptiva licenza municipal, ou poidan ser susceptibles de comunicación previa ou declaración responsable consonte á normativa urbanística e sectorial relacionada coa mesma vixente, así coma os servizos administrativos que se presten con relación a expedientes derivados da reposición da legalidade urbanística, no seu caso.
ARTIGO 3º.- DEIVINDICACIÓN.
1.- A obriga de contribuir nacerá, no referido á prestación dos servizos sobre o axuste urbanístico das obras -maiores ou menores- efectuadas:
a) Nos supostos suxeitos a previa licenza, no momento de comenzar a prestación dos servizos administrativos tendentes á comprobación da suxeción á legalidade da solicitude, que se considerará que ten lugar desde que se formule a solicitude da mesma, ou, no suposto no que, sendo preceptiva, non se tivese solicitado, desde que o Concello realice as actuacións iniciais conducentes a verificar se a obra suxeita a licenza é ou non autorizable -trátese de supostos de obra, instalación, primeira ocupación dos eficicios ou modificación do uso dos mesmos-.
b) Nos supostos suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable, no momento de realizar a respectiva comunicación ou declaración, ou, se non se tivese efectuado, sendo necesaria, desde o momento no que comencen as actuacións administrativas conducentes a verificar o axuste á legalidade da respectiva actuación.
c) Nos supostos de obras executadas ilegalmente, que conduzan á tramitación de expedientes de reposición da legalidade urbanística que conduza á execución do derrubamento, no momento de se iniciar a prestación dos servizos administrativos relativos a eses expedientes.
2.- A obriga de contribuir non se verá afectada pola denegación no seu caso da licenza ou concesión da mesma con modificación da solicitude, declaración responsable ou comunicación previa, nin pola eventual orde de cesamento das actuacións ou de reposición á situación anterior no caso de non se axustar á normativa esixible.
3.- No caso de renuncia ou desestimento do solicitante antes de comenzar trámite algún da actividade administrativa, non se devengará esta taxa. A tal efecto, a renuncia anterior a que o expediente, unha vez presentado no Rexistro municipal, teña realizado trámite algún na Área de Urbanismo máis que o rexistro interno do expediente, entenderase que non implica a deivindicación do tributo.
ARTIGO 4º.- SUXEITOS PASIVOS.
1.- Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así coma as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demáis entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, que sexan propietarios ou poseedores, ou no seu caso arrendatarios, dos inmobles nos que se executen as obras ou se realicen as construccións ou instalacións para as que se solicite a licenza urbanística ou se presente a comunicación previa ou declaración responsable, ou polas que se orixine a tramitación dun expediente administrativo do que resulte especial ou directamente afectado o mesmo, incluso aínda que non se tivese instado.
2.- En todo caso terán a condición de substitutos do contribuinte os constructores e contratistas das obras que soliciten a licenza ou presenten a comunicación previa ou declaración responsable, ou que realicen as obras sen autorización obxecto da reposición da legalidade, terminen éstas coa legalización ou doutro xeito.
ARTIGO 5º.- RESPONSABLES.
En materia de responsabilidade, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e demáis disposicións que a complementen ou desenvolvan.
ARTIGO 6º.- BENEFICIOS FISCAIS.
Non se recoñecen máis beneficios fiscais ca os derivados de normas con rango de lei ou da aplicación de Tratados Internacionais. Calquera bonificación ou exención deberá ser interesada ao tempo de solicitar a oportuna licenza ou presentar a preceptiva comunicación previa ou declaración responsable.
ARTIGO 7º.- TARIFA.
A taxa esixirase aplicando as seguintes cotas tributarias:
A) Tramitación de expedientes de obras maiores:
· Se o P.E.M. a efectos do ICIO é superior aos 600.000 €............ 350,00 €
· Se o P.E.M. a efectos do ICIO entre 300.000 e 600.000 €¿¿ 275,00 €
· Se o P.E.M. a efectos do ICIO de 180.000 e 300.000 €. ¿¿ 200,00 €
· Se o P.E.M. a efectos do ICIO é inferior a 180.000 €. ¿¿¿ 150,00 €
B) Tramitación de expedientes de obras menores, e de colocación de carteis, rótulos, valados publicitarios e similares:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 50,00 €
C) Tramitación de expedientes de instalación de antenas emisoras/reemisoras¿. 473,12 €
D) Tramitación de licenzas de primeira ocupación ou utilización en edificacións nas que resulten máis dunha vivenda ou local de utilización separada (por cada vivenda ou local resultante da edificación) ........................................................... 67,00 €
E) Tramitación de licenzas de primeira ocupación ou utilización de vivendas ou edificacións unifamiliares, nas que a edificación non sexa susceptible de usos divisibles¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 150,00 €
F) Tramitación de licenzas de primeira ocupación ou utilización de naves industriais (por cada unha das resultantes)¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 180,00 €
G) Tramitación de expedientes de reposición da legalidade nos que non sexa posible a legalización, conducindo á orde de execución da demolición da obra executada, se a obra debera ter a consideración de obra maior¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 180,00 €
H) Tramitación de expedientes de reposición da legalidade nos que non sexa posible a legalización, conducindo á orde de execución da demolición da obra executada, se a obra debera ter a consideración de obra menor¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 100,00 €
ARTIGO 8º.- NORMAS DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO.
1.- O tributo rexerase polo réxime de autoliquidación, salvo para os supostos previstos no artigo 7 apartados G e H, nos que se procederá á liquidación administrativa.
2.- Os interesados, no momento de presentar a solicitude de licenza urbanística, ou da comunicación previa ou declaración responsable, deberá cumprimentar o modelo normalizado de autoliquidación, e aportar o xustificante de pagamento da dita autoliquidación, determinándose a cota tributaria polo propio suxeito pasivo, aplicando as tarifas que procedan segundo o establecido no artigo 7 desta Ordenanza. A Administración tributaria poderá ditar unha posterior liquidación provisional rectificando a autoliquidación presentada nos supostos nos que se aprecie un erro na confección da mesma, xa sexa aritmético, formal, coma de interpretación das cotas, sen prexuízo da ulterior comprobación para efectuar a liquidación definitiva das taxas.
3.- No suposto de que as obras comporten a necesidade de grúas, andamios, valas ou calqueira outro tipo de aproveitamento na vía pública, a ocupación deberá ser autoliquidada, e presentado o correspondente documento xustificativo do pagamento da taxa, xunto coa solicitude de licenza, declaración responsable ou comunicación previa, consonte ás normas establecidas na Ordenanza Fiscal nº 21.
4.- A Administración tributaria poderá, á vista da autoliquidación provisional realizada polo suxeito pasivo, ou da rectificada no seu momento pola propia Administración, dictar liquidación definitiva unha vez rematada a construcción, instalación ou obra, e verificado o custe real das mesmas cando a tarifa da taxa sexa variable en función do custe de execución material da obra.
5.- Nos supostos de expedientes de reposición da legalidade que conduzan á imposibilidade de legalización das obras, a liquidación administrativa xirarase xunto coa orde de derrubamento ou de reposición da situación anterior segundo corresponda.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
A presente Ordenanza Fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación definitiva, xunto co seu texto íntegro, no Boletín Oficial da Provincia.