Lousame - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL PARA RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA ACCESO A GARAXES PARA VEHÍCULOS
Artigo 1.- Concepto.
No uso das facultades concedidas polos art.133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Base de Réxime Local, e de conformidade co disposto no art. 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por reservas de vía pública para acceso a garaxes de calquera clase, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías e terreos públicos derivada da entrada e saída de vehículos a través da beirarrúa ou espazo público para acceder a calquera finca, con establecemento de prohibición de estacionamento a terceiros na parte da vía pública afectada.
Artigo 3.- Categoría das rúas ou polígonos.
Aos efectos previstos para a aplicación da tarifa do apartado 2 do artigo 4º seguinte, as vías públicas deste Concello clasifícanse nunha soa categoría.
Artigo 4.- Cota tributaria.
1.- A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
2.- As tarifas serán as seguintes:
Reservas permanentes por metro lineal ou fracción:
¿ Garaxes particulares: 15,00 €.
¿ Garaxes colectivos: 20,00 €.
3.- Estarán exentos destas taxas:
a) Os aproveitamentos de que sexan titulares o Estado, a Provincia, o Concello e as mancomunidades ou agrupacións nas que figure o Concello polos servizos públicos de comunicacións.
b) Os aproveitamentos concedidos a favor de establecementos sanitarios da beneficencia pública.
Artigo 5.- Período impositivo e devengo.
1.- Devéngase a taxa e nace e a obriga de pagamento:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, o suxeito pasivo está obrigado a presentar autoliquidación no momento de solicitar a correspondente licenza, prorrateándose por semestre a cota que corresponda segundo o art. 6º.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, a taxa devéngase o un de xaneiro, sendo o período de cobro o fixado polo órgano competente.
Artigo 6.- Normas de xestión.
1.- As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán prorrateables por semestres.
2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza, formulando declaración na que conste a lo menos:
a) Xustificación da necesidade da ocupación e existencia do acceso ó garaxe.
b) A superficie de aproveitamento, acompañando un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello. Asemade, realizará autoliquidación en concepto de taxa pola ocupación de terreos de dominio público, non tramitándose o expediente sen que se efectúe o pagamento correspondente.
3.- Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferenzas coas peticións de licencias e a luz dos informes técnicos emitidos; se se desen diferenzas, notificaranse estas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez corrixidas as diferenzas polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4.- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a devolución do importe ingresado nas oficinas de recadación do Concello.
5.- Unha vez autorizada a ocupación, o autorizado terá o deber da instalación de placa informativa co logotipo do Concello e número de autorización sinalando o lugar, así como pintado de liña amarela de sinalización según as indicacións dos técnicos do Concello. A placa identificativa mencionada será facilitada polo Concello, previo abono polo usuario do seu prezo a este.
6.- Unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado.
7.- A presentación da baixa xurdirá efectos a partir do día primeiro do semestre natural seguinte ó da súa presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.