Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 21, REGULADORA DAS TAXAS POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS E USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO DE MELIDE

Publicación provisional: 20/11/2003 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2014

Artigo 1. Fundamento e natureza

No  uso das facultades concedidas  polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL), este Concello establece a taxa por prestación de servizos e uso das instalacións deportivas e culturais do Concello de Melide que se rexera pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao prevido no artigo 57 do TRLFL.

Artigo 2. Feito impoñible

1- O feito impoñíbel está constituído pola utilización das instalacións seguintes:

a) Pavillón polideportivo da Martagona.

b) Pazo de congresos e exposicións.

c) Auditorio municipal/Centro sociocultural.

d) Outros edificios ou instalacións municipais a que se refire o artigo 4 desta Ordenanza

En prol das persoas físicas e/ou xurídicas que soliciten a utilización das devanditas instalacións.

2- Non estarán suxeitas, pois, as actividades e a utilización da piscina municipal, que se rexerá pola súa propia ordenanza reguladora.

3- O Concello resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto, que deberá ser obxecto de aprobación e publicación no Taboleiro de edictos para xeral coñecemento.

Artigo 3. Suxeito pasivo

1- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, de 18 de decembro, xeral tributaria, a favor dos cales se conceda o aproveitamento especial das citadas instalacións.

Artigo 4. Cota tributaria

A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa contida neste apartado para cada unha das instalacións previstas:

a) Utilización do pazo de congresos e exposicións:

1) Aluguer primeiro día: 300 euros.

2) Aluguer 2.º día: 200 euros.

3) Aluguer 3.º día: 100 euros.

4) Aluguer por cada día sucesivo: 50 euros.

b) Utilización do auditorio municipal /Centro sociocultural

1) Aluguer primeiro día: 150 euros.

2) Aluguer 2.º día: 100 euros.

3) Aluguer 3.º día: 50 euros.

4) Aluguer por cada día sucesivo: 25 euros.

c) Utilización do polideportivo da Martagona:

c.1) Para actividades deportivas sen recadación:

1) xuvenís: 10 euros/hora.

2) séniors: 20 euros/hora.

c.2) para actividades deportivas con despacho de billetes: 60 euros/hora.

c.3) actividades extradeportivas, con despacho de billetes: 360 euros/día.

c.4) utilización do ximnasio do polideportivo: 2 euros/hora.

d) Utilización das pistas de pádel:

Por cada turno de 1 hora:

- sen electricidade: 4 euros.

- con electricidade: 6 euros.

e) Utilización da sala de exposicións:

Por cada día: 50 euros.

f) Utilización da aula de informática:

Por cada día: 50 euros.

g) Utilización do telecentro:

Por cada día: 50 euros.

h) Utilización de aulas do edificio multiusos, local de ensaio e local de gravación:

Por cada día: 30 euros.

i) Sala de conferencias do edificio multiusos:

Por cada día: 50 euros.

k) No caso de utilización dos locais municipais para pasar a noite, instalacións deportivas municipais, pazo de congresos, albergues de titularidade municipal e os locais sociais ou outras instalacións; só se poderá solicitar dúas noites por persoa ou grupo de persoas. O horario permitido de estancia será de dezaseis horas dun día ás nove horas do día seguinte. A tarifa por pasar a noite será de 5 euros por persoa e noite. Neste caso o aboamento da taxa realizarase no momento da entrada no local sinalado a partir das dezaseis horas, excepto no caso de entrada en pavillóns deportivos, a cal será a partir das vinte horas, para cuxo efecto será entregado o ticket correspondente polos medios que poña a disposición o Concello. A Alcaldía determinará as tempadas anuais nas que se poderá facer uso das instalacións citadas para esta finalidade.

No caso previsto no apartado E), F), G), H) e I) por razóns de interese social e cultural, estarán exentas do pagamento das taxas as asociacións culturais, musicais e deportivas inscritas no Concello de Melide.

1- No caso previsto no apartado b) a tarifa incrementarase nun 50 por cento en todo tipo de actividades con despacho de billetes.

2- No caso previsto no apartado c), por razóns de interese social e cultural, estará exenta do pagamento da taxa:

1) A utilización do polideportivo para a celebración de campionatos escolares, tanto durante a xornada escolar como en época de vacacións.

2) Sempre que o uso do polideportivo sexa para a celebración de actividades promovidas polo Concello por si ou a petición de entidades supramunicipais.

3) A utilización do polideportivo por equipos federados municipais.

4) As persoas cunha discapacidade nun grao superior ao 33 por cento, sempre que o acrediten con certificado do órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Devengo e ingreso

1- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento no que se presente a solicitude de utilización das instalacións deportivas e/ou culturais.

2- O pagamento da taxa efectuarase:

a) No caso da utilización do Pazo de Congresos e exposicións e/ou do Auditorio, na/s oficina/s bancaria/s sinaladas polo Concello unha vez notificada ao interesado a autorización para a súa utilización, e, en todo caso, antes da posta a disposición destes. Non obstante, no caso de utilización das instalacións por máis de 3 días consecutivos, poderá fraccionarse o pagamento, de forma que previa solicitude no dito senso efectuada polo obrigado ao pagamento e unha vez concedido o fraccionamento polo órgano competente, deberá abonarse o 60% no momento da solicitude e o 40% restante antes de iniciarse a actividade no 3º día da utilización, quedando paralizada a actividade en cuestión en tanto non se realice o dito pagamento.

b) No caso da utilización do pavillón polideportivo efectuarase no momento de entrar na instalación á persoa responsable deste.

Artigo 6. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo a infraccións tributarias e ás súas cualificacións, así como ás sancións que correspondan, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno corporativo, en sesión celebrada o día 12 de novembro, e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

A partir da data da súa aplicación quedan derrogadas a ordenanza fiscal reguladora da "taxa por prestación de servicios e uso de instalacións no pavillón polideportivo do Marco ou Martagona desta vila" e o prezo público pola prestación do servicio "Conservatorio Municipal de Música".

(BOP nº 267, do 20/11/2003)

(BOP nº 299, do 31/12/2003)

(BOP nº 298, 30/12/2005)

(BOP nº 293, do 23/12/2006)

(BOP nº 300, do 31/12/2007)