Melide - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 21/05/2013 BOP Nº: 95
Publicación definitiva: 11/07/2013 BOP Nº: 131
Aplicable dende: 01/01/2014

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 27 e 57 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

É obxecto desta taxa a prestación do servizo de axuda no fogar ordinario e do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e que no Programa individualizado de atención de recursos teñan o SAF como recurso asignado, ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación.

Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

Serán suxeitos pasivos da taxa regulada na presente ordenanza os seguintes:

a) As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

b) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

Artigo 4.º.-Base impoñible.

A base impoñible desta taxa, referida a unha hora de prestación de servizo, virá determinada polo custo que para o concello supoña en cada momento a hora ordinaria de servizo prestado. Dito custo será, polo tanto, o importe, IVE engadido, que resulte de aplicación do contrato administrativo de xestión do servizo público de axuda no fogar, podendo ser diferente, se así resulta de dito contrato, para o caso de prestación do servizo ordinario que para o caso de prestación do servizo a persoas en situación de dependencia.

A base impoñible total será o resultado de multiplicar a base impoñible referida a unha hora de prestación do servizo polo número de horas de prestación efectiva do mesmo.

Artigo 5.º.-Cota tributaria.

A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será o resultado de aplicar á base impoñible total as seguintes porcentaxes:

- Para o caso da prestación do servizo ordinario:

Capacidade económica

Porcentaxe

Menor ou igual do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1 IPREM

10%

Maior de 1 IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

15%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

20%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

40%

Maior de 2,5

60%

B) Para o caso da prestación do servizo a persoas en situación de dependencia:

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa usuaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade que se debe pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso o importe da participación económica que debe ingresar a persoa usuaria en concepto de participación no custo do servizo poderá exceder o 90 % do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

5. As ausencias mensuais, por causas imputables á persoa usuaria, nos servizos con dereito a reserva de praza mensual que sexan superiores aos dez días agás o mes de vacacións e os supostos previstos nos artigos 27 e 28 da Orde do 2 de xaneiro de 2012, deivindicarán un 40 % do importe correspondente á participación no seu financiamento en concepto de reserva da praza.

6. No caso de que a entidade local asuma tamén a prestación, ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar regulados no artigo 14.2 deste decreto, para os efectos facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarán a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

A determinación da capacidade económica á que fan referencia as tarifas anteriores será a que resulte da aplicación dos artigos 59 e 60 do Decreto 99/2012, de 9 de marzo.

Artigo 6.º.-Exencións e bonificacións.

Non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados da aplicación de tratados internacionais, nos termos establecidos no art. 9 do texto refundido da lei reguladora de facendas locais.

Artigo 7.º.-Nacemento da obriga de pagamento e período impositivo.

A obriga do pagamento nace dende o día en que se inicie a prestación do servizo, pero as liquidacións practicaranse, a posteriori, por meses naturais en función do servizo prestado.

Artigo 8.º.-Normas de xestión.

Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Para ditas variacións, no seu caso, estarase ao previsto no Regulamento de funcionamento do servizo.

Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requirirá, por parte do Departamento de Servizos Sociais do Concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a abonar, tal e como se recolle no Regulamento do servizo de axuda no fogar.

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada a actual Ordenanza reguladora da taxa por prestación do servizo de axuda no fogar, aprobada por acordo plenario do 29/12/1999, e modificada posteriormente (BOP n.º 70, do 25/03/2000; BOP n.º 30, 15/2/10)

Disposición final.

Para o non expresamente regulado nesta ordenanza fiscal, estarase o disposto na normativa autonómica de aplicación, no regulamento do servizo e nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar.