Boqueixón - Ordenanza reguladora da prestación do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Boqueixón
Exposición de motivos
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (BOE núm. 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2.k que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución española.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedimentais e organizativos de axuda no fogar, de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7.b como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto.
En consecuencia, e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e nos criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Boqueixón, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza.
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º. - Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello de Boqueixón.
Artigo 2º. - Ámbito de aplicación
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no Concello de Boqueixón.
Artigo 3º. - Natureza, definición e obxectivos do servizo
1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 4º. - Contido do servizo
1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
A. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
I. Asistencia para levantarse e deitarse.
II. Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
III. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
IV. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos/as.
V. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo-temporal.
VI. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
VII. Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
B. Acompañamento persoal na realización doutras actividades complementarias:
I. Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.
II. Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.
C. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
I. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
II. Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
III. Preparación dos alimentos.
IV. Lavado e coidado das prendas de vestir, así como do enxoval doméstico.
V. Apoio á unidade familiar.
VI. Coidados e mantemento básico da vivenda
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio.
D. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outras, as seguintes actuacións e servizos:
A. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
B. Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restriccións na participación social das persoas.
C. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similiares.
D. Adaptacións funcionais do fogar.
E. Servizo de podoloxía.
F. Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
A. A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
B. Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban ser realizadas, en todo caso, por persoal facultativo.
Artigo 5º. - Persoas destinatarias
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de a autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, nos que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 6º. - Dereitos das persoas usuarias
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións so sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Artigo 7º. - Deberes das persoas usuarias
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:
1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.
7. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
8. Comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.
8º. - Causas de extinción e modificación do servizo
1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:
a. A renuncia da persoa usuaria.
b. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
c. O traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
d. O falecemento da persoa usuaria.
e. O incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
f. A falta reiterada de pagamento do servizo.
g. A desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante novo informe social.
3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución do Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de programa individual de atención.
Artigo 9º. - Causas de suspensión temporal do servizo
Son causas de suspensión temporal do servizo, logo da tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas usuarias que accedan ao servizo polo sistema de libre concorrencia e por un máximo de dous meses para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
As ausencias mensuais por causas imputables á persoa usuaria, nos servizos con dereito a reserva de praza mensual que sexan superiores aos dez días, agás o suposto previsto no artigo 27 da Orde do 2 de xaneiro de 2012, deivindicarán un 40% do importe correspondente á participación no seu financiamento en concepto de reserva de praza.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
CAPÍTULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS
Artigo 10º. - Formas de prestación do servizo
O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Boqueixón ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 11º. - Requisitos específicos
1. Existirá un/unha profesional de referencia, que actuará como coordinador/a do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo esixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado/a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico de Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3. O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e e, como mínimo, con carácter bimensual. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
4. O Concello de Boqueixón e, de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
a. Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.
b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo II desta ordenanza.
c. Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Boqueixón e a persoa usuaria, segundo o Anexo III desta ordenanza.
d. Informes de seguimento periódicos, que terán carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
SECCIÓN 2ª. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Artigo 12º. - Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento
O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:
1. Acceso directo. O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o Concello de Boqueixón, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas de agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lle asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
2. Acceso por libre concorrencia. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do/a profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:
a. Presentación da solicitude, segundo o Anexo IV desta ordenanza, dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:
I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
II. Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
III. Certificado de convivencia.
IV. Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
V. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.
VI. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última declaración da renda ou, no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente, en materia de protección de datos de carácter persoal.
As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para emendar deficiencias. En caso de non facelo serán arquivadas sen máis trámite, tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.
b. As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo anexo I.
c. O/A traballador/a social elaborará un informe - proposta que será elevado ao órgano competente para ditar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses. No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.
d. Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe - proposta do/da traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadéante. A desaparición desta levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.
e. Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo III desta ordenanza (anexo III da Orde do 22 de xaneiro de 2009).
f. Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.
Artigo 13º. - Desenvolvemento da prestación do servizo
1. O prazo de alta no servizo será como máximo dunha semana dende que á persoa usuaria se lle asigna o recurso a través do Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo pola vía de urxencia o prazo será como máximo de dous días.
2. Previo ao inicio do servizo, o/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase con base no perfil requirido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.
Se a persoa beneficiaria rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo que deban efectuarse por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asignado.
4. Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo III desta ordenanza.
5. O traballador/a social dos servizos sociais comunitarios elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo II desta ordenanza, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimensual.
6. Farase entrega á persoa usuaria dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.
7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións que estará á súa disposición para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase a orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
Artigo 14º. - Intensidade na prestación do servizo
1. A intensidade na prestación do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.
2. A intensidade do servizo de axuda no fogar para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas co artigo 4.1º a) da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.
3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do concello.
Establécese un horario de 7 a 22:00 horas:
a) Todos os días do ano para persoas con PIA de axuda no fogar.
b) De luns a venres excepto festivos, para persoas usuarias que accedan ao servizo por libre concorrencia. Con carácter excepcional, e segundo a prescrición técnica do/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios, o servizo poderá prestarse en días diferentes aos mencionados.
Artigo 15º. - Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia
1. A capacidade económica das persoas dependentes valoradas,
1. A capacidade económica das persoas dependentes valoradas, con dereito recoñecido atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia vixentes en cada momento, fixadas polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 16º. - Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo por libre concorrencia
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de conivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de conivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a dita lei, ao respecto do da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas comutables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 17º. - Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas e efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Nos demais supostos aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica(referida ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III |
<=20 h | <=45 h | <=70 h | |
100,00 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 % | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
3. Nos casos nos que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4. En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder do 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referida ó IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III | ||||||||||||||
Adaptaciónsfuncionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |||||||||
<=15 | <=28 | <=45 | |||||||||||||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % | ||||||||
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % | ||||||||
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % | ||||||||
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % | ||||||||
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % | ||||||||
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % | ||||||||
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % | ||||||||
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % | ||||||||
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % | ||||||||
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % | ||||||||
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % | ||||||||
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
Artigo 18º. - Participación das persoas usuarias no financiamento do servizo de axuda no fogar por libre concorrencia
1. Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa, que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo con base no cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 16 desta ordenanza.
CAPACIDADE ECONÓMICA | Participación no custe do servizo de SAF básico |
Menor ou igual ao 0,80 IPREM | 0% |
Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,25 IPREM | 15% |
Maior de 1,25 e menor ou igual a 1,50 IPREM | 20% |
Maior a 1,50 e menor ou igual a 1,75 IPREM | 30% |
Maior de 1,75 e menor ou igual a 2 IPREM | 40% |
Maior de 2 e menor ou igual a 2,25 IPREM | 50% |
Maior de 2,25 e menor ou igual a 2,50 IPREM | 60 % |
Maior de 2,50 IPREM | 90% |
2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos nos que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
Artigo 19º. - Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos
De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Boqueixón, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
Artigo 20º. - Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiadas total ou parcialmente con fondos públicos
No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do concello ou entidade local.
Artigo 21º. - Persoas obrigadas ao pagamento
Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas beneficiarias do servizo prestado por este concello ás que se refire o artigo 5º.
Artigo 22º. - Nacemento da obriga de pago
O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais.
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.
2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
Artigo 23º. - Infraccións e sancións
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o regulamento xeral de recadación e, no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar publicada no BOP núm. 126 do 4 de xuño de 2009, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta ordenanza entrará en vigor aos 15 días da súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.
ANEXOS
RELACIÓN DE ANEXOS
I. Baremo
II. Proxecto de intervención
III. Acordo de servizo
IV. Solicitude
V. Informe social
VI. Informe de saúde
VII. Autorización bancaria
ANEXO 1
BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA
FACTOR 1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)
O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.
As persoas dependentes valoradas que, polo calendario oficial de implantación, teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizo de axuda no fogar) non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.
A asignación de valor en función do factor autonomía persoal realizarase coa seguinte táboa:
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL | |||||||||
De 33% a 64% de discapacidade | De 65% a 74% de discapacidade | 75%-100% | 81%-87% | 88%-93% | 94%-100% | Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD | |||
75%-100% discapacidade e ata 14 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 15-29 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 30-44 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 45-72 pts ATP | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. ATP RD 1971/1999 | |||||
75% discapacidade e ata 24 pts BVD | 25-39 pts BVD | 40-49 pts BVD | 50-64 pts BVD | 65-74 pts BVD | 75-89 pts BVD | 90-100 pts BVD | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. Puntuación BVD (RD. 504/2007) | ||
Grao I, Nivel 1 | Grao I, Nivel 2 | Grao II, Nivel 1 | Grao II, Nivel 2 | Grao III, Nivel 1 | Grao III, Nivel 2 | Situación de dependencia. Decreto 176/2007 | |||
5 pts | 10 pts | 14 pts | 20 pts | 24 pts | 30 pts | 32 pts | 38 pts | 40 pts | PUNTUACION Nivel de Autonomía persoal |
Puntuación total autonomía persoal _______
FACTOR 2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos) ___
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos)
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendela (ata 12 puntos):
Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos) ___
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos) ___
Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos) ___
Con incapacidade para organizarse (3 puntos) ___
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos) ___
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 Km (5 puntos) ___
Está ben atendido (0 puntos) ___
Puntuación total apoio social _______
FACTOR 3: SITUACIÓN FAMILIAR / SOCIALIZACIÓN DE MENORES (máximo total 20 puntos)
3.1 Conflito (máximo total 4 puntos)
Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto) ___
Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos) ___
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos) ___
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos) ___
3.2 Limitacións de rol (máximo total 2 puntos)
Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atención aos menores (2 puntos) ___
3.3 Monoparentalidade (máximo total 2 puntos)
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores (2 puntos) ___
3.4 Habilidades parentais (máximo total 2 puntos)
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administración do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos) ___
3.5 Número de menores (máximo total 10 puntos)
Un menor (3 puntos) ___
Dous menores (5 puntos) ___
Tres menores (7 puntos) ___
Catro ou máis menores (10 puntos) ___
Puntuación total situación familiar / socialización de menores _______
FACTOR 4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 20 puntos)
4.1 Vivenda (total 10 puntos)
Carece dalgún dos servizos básicos (3 puntos) ___
Especificar cal/cales: __________________
Non reúne condicións mínimas de hixiene e habitabilidade (3puntos) ___
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (2 puntos) ___
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (2 puntos) ___
4.2 Integración no contorno (total 10 puntos)
Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos) ___
Ausencia de relacións sociais (6 puntos) ___
Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos) ___
Integración axeitada no contorno (0 puntos) ___
Puntuación total outros aspectos sociais _______
PUNTUACIÓN TOTAL XERAL ______
ANEXO II
PROXECTO DE INTERVENCIÓN
1. Datos de identificación do expediente
Expediente (1) | Intervención nº (2) | Data da solicitude | Data de inicio | |
Sector de referencia (3) | Ámbito de atención | Nº total persoas usuarias | ||
Nome e apelidos | Data de nacemento | DNI | Sexo | Estado civil |
Proxecto | Data do proxecto | Data fin do proxecto | ||
Antecedentes relevantes:
2. Atención a prestar
L | M | M | X | V | S | D | Nº horas semanais | Horario |
Tipo de servizo a prestar (4)
Perfil dos/as profesionais
Outros servizos
3. Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio
Existencia:
Servizos/apoios:
Nº de horas semanais:
4. Obxectivos específicos e tarefas que se propoñen
Obxectivos do servizo proposto:
Tarefas a realizar:
5. Periodicidade do seguimento (mínimo bimensual)
Técnico responsable:
Asdo.:
(1) Identificación do expediente no SIUSS
(2) Número de orde desta intervención con relación ao total de intervencións realizadas neste expediente
(3) Tipoloxía SIUSS
(4) Pódese empregar a tipoloxía SIUSS
ANEXO III
ACORDO DE SERVIZO
Reunidos en Boqueixón o día ____ de _______________ de dous mil ____ ,dunha parte don/dona ________________________________________________________ con DNI _____________________
e doutra ___________________________________, traballadora social responsable do servizo de axuda no fogar do Concello de Boqueixón,
ACORDAN:
1. Que o Concello de Boqueixón prestará o servizo de axuda no fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día _______ de _________ de 200__.
2. Que a prestación do servizo de axuda no fogar se realizará por un prazo de _____________________, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do Departamento de Servizos Sociais/da entidade prestadora acreditada.
3. Que o SAF se levará a cabo os días da semana ______________________, en horario de________________, por un total de ____ horas semanais.
4. Que, atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o servizo de axuda no fogar, á Ordenanza fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a achegar o ____%, como contribución ao custo do servizo.
5. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o abono da taxa do SAF establecido no punto 4 na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.
6. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:
Atencións de carácter persoal
Atencións de carácter apoio psicosocial
Atencións de carácter doméstico
Atencións de carácter socio-educativo
Atencións de carácter técnico e complementario
----------------------------------------------------------------
7. Que as tarefas que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF, e que serán levadas a cabo polo persoal auxiliar do servizo serán as seguintes:--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
8. Que, así mesmo, a persoa usuaria, a súa familia ou persoas achegadas se comprometen a levar a cabo as seguintes tarefas:-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
9. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente establecidas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.
10. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o servizo de axuda no fogar e na ordenanza municipal sobre o SAF, onde están recollidos os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.
Ambas as partes dan a súa conformidade ao presente acordo de prestación do SAF, e o asinan.
Boqueixón, de de 20
A persoa usuaria O técnico responsable
Asdo.: Asdo.:
ANEXO IV
SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
Nome | Apelidos | |
DNI | Data de nacemento | Estado civil |
Enderezo | Municipio | |
Provincia | CP | Teléfono |
DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE LEGAL OU GARDADORA DE FEITO
Nome | Apelidos | DNI |
Enderezo | Municipio | |
Provincia | CP | Teléfono |
SOLICITO a prestación do servizo de axuda no fogar, para o que achego a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Certificado de convivencia
- Informe de saúde
- Xustificantes de ingresos da unidade familiar
- Outros: __________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Boqueixón, de de 20
Asdo.:
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE BOQUEIXÓN
ANEXO V
INFORME SOCIAL
Con relación á solicitude do servizo de axuda no fogar, formulada por Don/a ____________________________________ e segundo os datos obrantes no expediente familiar núm. _____,a traballadora social ________________________________________, emite o seguinte informe social de avaliación:
DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA PERSOA USUARIA
Nome | Apelidos | ||
DNI | Data de nacemento | Estado civil | |
Enderezo | Teléfono | ||
Situación laboral | |||
en activo | sen ocupación | pensionista |
CARACTERÍSTICAS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA
Composición do grupo de convivencia:
Nome e apelidos | Idade | Parentesco | Situación laboral | Discap/Depend. |
Familiares ou persoas significativas coas que non convive:
Nome e apelidos | Parentesco | Enderezo | Teléfono |
Coidador/a principal
Nome e apelidos | Idade | Parentesco | Situación laboral |
SITUACIÓN SOCIO FAMILIAR
Relacións familiares (implicación, reparto de responsabilidades, qué necesidades están cubertas¿)
____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Relación co contorno (amizades, veciñanza, nivel de participación social, utilización dos recursos/servizos¿)
_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
SITUACIÓN DE SAÚDE
Discapacidade: Porcentaxe: ATP: Mobilidade reducida:
Dependencia: Grao: Puntuación:
Cobertura sanitaria: Entidade:
Diagnóstico e tratamento: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Limitacións funcionais: _______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
SITUACIÓN DA VIVENDA
Tipo de vivenda:
Sen domicilio | Piso/apartamento | Vivenda unifamiliar |
Chabola | Casa prefabricada | Outros: |
Réxime de posesión:
Propia ou dalgún membro da UF | Alugada | Cedida ou facilitada |
Condicións de habitabilidade:
Adecuadas | Hacinamento | Insalubridade/inhabitabilidade |
Existencia de dispositivos de risco | Carece dalgún servizo básico | |
Especificar: |
Accesibilidade:
Sen barreiras arquitectónicas | Con barreiras no acceso á vivenda |
Con adaptacións funcionais | Con barreiras no interior da vivenda |
Especificar: |
SITUACIÓN ECONÓMICA
Renda mensual da persoa usuaria:
Renda mensual do cónxuxe ou parella de feito:
Outras rendas mensuais computables:
Núm. de membros da unidade de convivencia:
Capacidade económica da persoa usuaria:
OUTROS DATOS DE INTERESE
_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
VALORACIÓN PROFESIONAL
____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Intensidade horaria mensual | Tipo de atencións | Capacidade económica | % de participación no custo |
Boqueixón, de de 20
A traballadora social
ANEXO VI
INFORME DE SAÚDE
Dada a importancia do presente informe na valoración do expediente de solicitude do servizo de axuda no fogar é importante que cubran todos os datos contidos neste.
Datos da persoa solicitante | ||
Nome e apelidos | DNI | Data de nacemento |
Datos do doutor/a que efectúa o recoñecemento médico | |
Nome e apelidos | Núm. de colexiado |
Centro onde presta o servizo: |
Indique os diagnósticos das enfermidades, enfermidade mental, discapacidade intelectual, outras condicións de saúde e/ou problemas relacionados co desenvolvemento de carácter permanente, crónico, prolongado ou de longa duración que presenta: |
Indique o tratamento farmacolóxico actual que ten prescrito: |
Indique as medidas de soporte funcional e axudas técnicas que ten prescritas: |
Indique se precisa dalgunha dieta especial _______________________________________________
Indique se pode desprazarse fóra do domicilio: Si Non
Indique a situación de dependencia na que se atopa
Persoa que precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, polo menos unha vez ao día, ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía persoal |
Persoa que precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non require o apoio permanente dunha persoa coidadora, ou ten necesidades de apoio extenso para a súa autonomía persoal. |
Persoa que precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisa do apoio indispensable e continuo doutra persoa ou ten necesidades de apoio xeralizado para a súa autonomía persoal. |
Data:
Selo e sinatura:
ANEXO VII
AUTORIZACIÓN BANCARIA
D./Dª. , con DNI e enderezo en
Expoño:
Que o número de conta bancaria para domiciliar o pago do servizo de axuda no fogar é o seguinte:
Nome da entidade financeira:
Enderezo:
Localidade: Provincia:
CÓDIGO CONTA CLIENTE (20 díxitos) | |||||||||||||||||||
ENTIDADE | OFICINA | D.C. | NÚMERO CONTA | ||||||||||||||||
Boqueixón, de de 20
Sinatura e selo da entidade bancaria Sinatura da persoa interesada
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE BOQUEIXÓN
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós 15 días hábiles seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."