Cambre - REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DO COMPLEXO DEPORTIVO DA BARCALA E PISCINAS DESCUBERTAS NO BALADO E NO TEMPLE
Artigo 1.- Obxecto.
O presente regulamento ten por obxecto regular a utilización da piscina municipal co fin de garantir as súas condicións hixiénico-sanitarias e o seu correcto funcionamento.
Artigo 2.- Normas obrigatorias para os usuarios e os visitantes.
Todos/as cidadán/as teñen o dereito de acceder á piscina e ao resto das instalacións en condicións de igualdade, coas limitacións e requisitos establecidos neste regulamento e na normativa aplicable ás piscinas de uso público, sen prexuízo do dereito da entidade xestora para, co visto e prace da dirección, restrinxir ou suspender, para períodos puntuais, o acceso á condición de abonado ou á mesma instalación cando as condicións de salubridade, hixiene ou superación da capacidade real da instalación o fagan necesario para manter a calidade na prestación do servizo.
É obrigatoria a ducha antes da inmersión na auga do vaso da piscina.
O uso das instalacións farase con roupa e calzado deportivo axeitado.
Prohíbese a entrada á zona de baño con roupa ou calzado de rúa.
Prohíbese a entrada de animais nas instalacións ou obxectos que poidan causar molestias aos demais usuarios.
Prohíbese beber, comer ou inxerir bebidas alcohólicas nas instalacións.
Prohíbese abandonar desperdicios dentro do recinto da instalación, debendo utilizar as papeleiras. Os usuarios colaborarán no bo estado de conservación e limpeza das instalacións e servizos. Impedirase ou denunciarase todo acto que redunde no deterioración, advertindo aos empregados cando observen anomalías nas instalacións ou no material destas.
É obrigatorio o uso do gorro de baño, bañador e chancletas, sendo obrigatorio levalas nas duchas.
Prohíbese xogar con calquera tipo de obxecto no vaso da piscina a excepción das horas sinaladas.
Prohíbense os saltos na piscina.
Non se permite o nudismo.
Así como as demais normas establecidas no Decreto 53/1989 do 9 de marzo e demais normativa vixente.
Artigo 3.- Entrada ás instalacións e carné de usuario.
A entrada ás instalacións efectuarase polos accesos autorizados para tal fin.
É obrigatorio a presentación do carné de usuario na recepción da instalación. Ademais o usuario está obrigado a presentalo sempre que o persoal da instalación o requira.
O carné é persoal e intransferible e só pode ser usado polo seu titular. En caso de dúbida sobre a identidade do portador do carné este deberá ensinar o seu documento identificativo (DNI, pasaporte...) cando sexa requirido polo persoal da instalación. En caso de perda do carné, comunicarase esta en recepción, emitíndose un duplicado.
Para poder acceder á instalación é preciso estar ao día no pago das cotas de acordo co disposto neste regulamento.
Artigo 4.- Obxecto perdidos.
O persoal da instalación non se fai responsable dos obxectos perdidos ou robados.
Artigo 5.- Buzón de suxestións.
Os usuarios terán á súa disposición un buzón de suxestións e un libro de reclamacións para expoñer neles o que lles pareza pertinente, co obxecto de mellorar o funcionamento do servizo.
Artigo 6.- Perda da condición de abonado.
A perda da condición de abonado poderá producirse:
a) A instancia de parte: para darse de baixa na instalación debe comunicalo por escrito antes do último día de cada mes na recepción da piscina e levando o carné de abonado. Sen cumprir estes requisitos non terá dereito a obter a devolución da cota correspondente ao mes seguinte.
b) De oficio: a dirección da instalación poderá dar de baixa a calquera que estea inmerso nalgún dos seguintes supostos:
1.- non pagar as cotas: os abonados que non estean ao día no pago da súas cotas causarán baixa automática cando non paguen dous recibos consecutivos; así mesmo, a entidade xestora poderá dar de baixa como abonado a aqueles que reiteradamente incorran na tardanza do pago das cotas que sexan aplicables.
2.- Incumprimento reiterado das normas de uso de cada zona da instalación ou das reglas de conduta sinaladas neste regulamento e demais normativa vixente.
Artigo 7.- Menores de idade.
Os usuarios ou tutores, no caso de menores de idade, subscribirán que non padecen ningún tipo de enfermidade infecciosa ou contaxiosa. No caso de ter fundadas sospeitas de que fora así, esa persoa ou persoas poderán quedar excluídas para facer uso da instalación.
Ningún usuario poderá bañarse se ten feridas abertas ou se ten infeccións na pel.
Artigo 8.- Normas de uso nos vestiarios.
Os pais ou acompañantes poderán acceder ao interior dos vestiarios nos seguintes casos:
a.- Un acompañante cos usuarios da escola de natación con idades comprendidas entre 3 e 7 anos.
b.- Un acompañante coas escolas deportivas de natación con máis de 7 anos, no primeiro día de curso.
c.- Os pais con fillos con algún problema físico ou psíquico que non lles permita o desenvolvemento fóra da auga, solicitarán un pase especial para acompañantes.
Está prohibido sacar as chaves dos armarios fóra da instalación.
Prohíbese escorrer os bañadores nos lavabos.
É necesario deixar libres os filtros mentres se duchan.
Artigo 9.- Cursos.
As persoas apuntadas en cursos non se introducirán na auga nin iniciarán a súa actividade ata que chegue o monitor.
Está prohibido correr ou xogar na zona de baño.
É obrigatorio seguir as instrucións de monitores e socorristas.
Os días de non asistencia ás clases que coincidan en días festivos non son recuperables.
O pago do curso abonarase na súa totalidade ao formalizar a matrícula.
Artigo 10.- Normas de uso da sala de musculación.
Non está permitido o seu acceso a menores de 16 anos.
É preciso abandonar o recinto 10 minutos antes do horario previsto para o peche da instalación.
É obrigatorio levar toalla para facer exercicio en todas as máquinas.
O uso de máquinas cardiovasculares está limitado a 20 minutos cada máquina.
O calzado e indumentaria utilizada na sala deberá ser o axeitado.
Ao finalizar a sesión deberá colocar o material utilizado no seu lugar correspondente.
Recoméndase o uso das duchas despois do exercicio.
Artigo 11.- Sala de aeróbic e acondicionamento físico.
Para acceder a esta actividade é imprescindible ser abonado.
Non está permitido o acceso a menores de 16 anos.
O calzado e indumentaria utilizada na sala será o axeitado, distinto do de rúa por razóns de hixiene.
Ao finalizar a sesión deberá colocar o material utilizado no seu lugar correspondente.
Recoméndase o uso das duchas despois do exercicio.
Artigo 12.- Sauna.
Non está permitido o acceso a menores de 16 anos.
É preciso abandonar o recinto 10 minutos antes do horario previsto para o peche da instalación.
É imprescindible ducharse con anterioridade á entrada á sauna.
O acceso á sauna deberá facerse desnudo, con toalla e con chancletas de baño.
É imprescindible usar toalla para tumbarse.
Non se recomenda o uso da sauna a persoa que padeza hipotensión, hipertensión, cardiopatías ou problemas cardiovasculares.
Evitar tomar a sauna nas dúas horas posteriores á comida.
Artigo 13.- Infraccións.
Constitúen infraccións os incumprimentos ao disposto neste regulamento e demais normativa de aplicación e, en especial, as que se tipifican no presente artigo.
As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves, en función dos criterios de risco efectivo, intensidade da perturbación ocasionada na tranquilidade ou exercicio de dereitos doutras persoas, a ocasionada no uso da instalación, no normal funcionamento dela, ou a intensidade dos danos causados nos equipamentos, infraestruturas, instalacións ou elementos do complexo deportivo, así como da intencionalidade, reincidencia, etc.
En calquera caso, constitúen infracións leves as seguintes:
- Producir molestias puntuais aos demais usuarios da instalación.
- Realizar algún acto puntual de comer, saltar ou xogar na zona de baño da piscina, sen perigo para o infractor ou os demais usuarios.
- A falta de decoro ou respecto cara ao persoal da instalación o cara aos demais usuarios, que se produza de forma puntual e facilmente solucionable.
Constituirán infracións graves as seguintes:
- Cometer máis de dúas faltas leves no prazo dun mes, ou de catro ou máis no prazo dun ano.
- Non utilizar de xeito adecuado ao seu uso os aparatos deportivos.
- Non se duchar antes de acceder ao vaso da piscina.
- Acceder ao interior da instalación con roupa ou calzado inadecuados.
- Acceder con roupa ou calzado de rúa á zona de baño.
- Acceder á instalación con animais, e/ou facer uso de obxectos que poidan causar molestias aos demais usuarios, tales como aparatos de radio, música ou semellantes.
- Beber, comer ou inxerir bebidas alcohólicas no recinto da instalación, a excepción dos refrescos ou snacks que se poidan adquirir no café-bar da instalación.
- Xogar no interior da piscina con obxectos non permitidos no vaso.
- Desobedecer as indicacións do persoal na utilización da instalación ou cumprimento das normas de comportamento, sempre que non se produzan máis dunha vez, caso no que pasarán a constituír faltas moi graves.
- A falta de decoro ou respecto cara ao persoal da instalación ou cara aos demais usuarios.
- Producir molestias reiteradas ou de intensidade aos demais usuarios, mentres fan uso da instalación.
- Negarse a presentar o carné ou bono de usuario cando o persoal da instalación o requira.
- Negarse a identificarse cando sexa requirido para isto polo persoal da instalación.
- Sacar as chaves dos armarios fóra da instalación.
- Escorrer os bañadores dentro dos lavabos ou duchas.
- Correr, saltar ou xogar de forma reiterada na zona de baño, con perigo para o infractor ou para o resto dos usuarios.
Son infracións moi graves as seguintes:
- Cometer máis de dúas faltas graves no prazo de seis meses, ou de catro ou máis no prazo dun ano.
- Desobedecer a prohibición motivada de acceso ao recinto, que proveña dos responsables da instalación e/ou persoal supervisor.
- Impedir o acceso ás instalacións doutros usuarios con dereito a isto.
- Intentar acceder á instalación utilizando carnés ou bonos caducados, ou pertencentes a outros titulares.
- Ensuciar deliberadamente os servizos e instalacións.
- Non cumprir as normas hixiénico-sanitarias vixentes para o bo estado de conservación, mantemento e limpeza das instalacións.
- Ocultar a existencia de enfermidades cutáneas ou infecto-contaxiosas, para obter a condición de socio ou usuario da instalación.
- Non utilizar nas duchas e piscina gorro de baño, bañador e chancletas.
- Non utilizar a indumentaria axeitada na sauna, sala de musculación ou sala de aeróbic.
- Practicar o nudismo no interior da instalación.
- Extraer moedas dos armarios ou obxectos do interior deles, sen prexuízo da responsabilidade penal que se poida derivar.
- Causar danos no interior da instalación, aos bens dela ou doutros usuarios, sen prexuízo da responsabilidade penal que poida derivar.
- Non aboar as tarifas establecidas, ou utilizar a instalación sen estar ao día no pagamento das cotas que corresponda.
- Acceder á instalación por accesos diferentes aos autorizados para tal fin.
- Reiteración na desobediencia ás indicacións dos monitores, na utilización da instalación ou cumprimento de normas de comportamento.
Artigo 14.- Sancións.
A comisión de infracións dará lugar á incoación do correspondente procedemento sancionador, sen prexuízo de que o persoal das instalacións poida expulsar delas aos usuarios que incumpran o establecido no regulamento e demais normativa aplicable, informando da incidencia por escrito ao Concello de Cambre, e sen que a expulsión xere ningún dereito á devolución das taxas aboadas.
As sancións que se poden impoñer pola comisión de infraccións serán as seguintes:
a) pola comisión de faltas leves:
apercibimento e/ou multa de ata 60,00 euros.
b) pola comisión de faltas graves:
multa de 61,00 ata 300,00 euros e, como sanción accesoria, poderá acordarse a expulsión do recinto e suspensión temporal do acceso de 15 a 30 días hábiles.
c) pola comisión de faltas moi graves:
multa de ata 1.200,00 euros e, como sanción accesoria, poderá acordarse a expulsión do recinto e suspensión temporal do acceso de 30 días hábiles a 6 meses, e a perda da condición do socio ou usuario, sen dereito ao aboamento das cotas satisfeitas ou á indemnización.
Correspóndelle ao señor alcalde presidente a imposición de multas e demais sancións, a excepción das moi graves, que serán competencia da Xunta de Goberno Local.