Pontedeume - ORDENANZA Nº 37, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE PONTEDEUME

Publicación provisional: 07/01/2014 BOP Nº: 3
Publicación definitiva: 20/02/2014 BOP Nº: 35
Aplicable dende: 10/03/2014

ARTIGO 1. CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este concello establece o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar, especificado nas tarifas comprendidas no artigo 5, e que se rexerá por esta ordenanza.

ARTIGO 2. OBRIGADOS AO PAGAMENTO

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado mediante esta ordenanza as persoas físicas usuarias do servizo de axuda no fogar prestado por este concello calquera que sexa a súa modalidade (dependencia ou libre concorrencia), baseándonos no establecido na Orde do 22 de xaneiro de 2009 da Vicepresidencia para a Igualdade o o Benestar pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG nº 22-02/02/2009), no Decreto 99/2012, do 16 de marzo (DOG nº 63-30/03/2012) e no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo (DOG nº 182-24/09/2013).

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, a dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

A obriga de pagamento do prezo público nace dende o momento no que se inicie a prestación do servizo.

ARTIGO 3. BASE IMPOÑIBLE

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 5 seguinte, establécese o prezo da hora por prestación do servizo en 13,00 euros/hora, revisable anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) que publique o organismo público competente, previo acordo do órgano municipal competente.

ARTIGO 4. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO

Para a determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de dependencia terase en conta o establecido no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo (DOG nº 182-24/09/2013).

Para a determinación da capacidade económica das persoas que accedan polo sistema de libre concorrencia, mantense a regulación establecida no Decreto 99/2012.

A) Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.

1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia .

2. O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas de- pendentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se resolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

B) Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Para os efectos deste artigo considérase persoa usuaria aquela para a que se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria a un dos membros da unidade de convivencia responsable dos menores que forman parte dela.

b) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas: ingresos netos que se perciban procedentes de rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

c) Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

d) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

e) Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á ultima declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

f) Para a actualización da información relativa á capacidade económica, as persoas beneficiarias do servizo presentarán, antes do final do mes de febreiro de cada ano, cando se produzan cambios na súa situación inicial ou ben a petición dos servizos sociais do concello, xustificación documental das circunstancias socioeconómicas tidas en conta para o acceso ao servizo.

ARTIGO 5. PARTICIPACIÓN ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Para os efectos de aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

A) Determinación da participación no financiamento das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos o Concello de Pontedeume, como titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica
(referenciada ao IPREM)
Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións

funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos

saudables

Servizo de

préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e

desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas

técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e

desenvolvemento de hábitos

saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

B) Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento.

1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 4 B) desta ordenanza.

Capacidade económica

Participación no custe do servizo de SAF básico

Igual ou menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

20%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

40%

Maior de 2,5 IPREM

60%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. Establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

ARTIGO 6. CONDICIÓNS DE PAGAMENTO

a) A obriga de pagamento do prezo público nace desde o momento no que se inicie a prestación do servizo.

b) Os abonos mensuais das cotas de pagamento realizaranse mediante unha domiciliación bancaria (as excepcións a esta regla deberán motivarse cun informe dos técnicos de servizos sociais). Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por motivos atribuibles á persoa beneficiaria do servizo -inexistencia de fondos ou outros-, procederase a requerirlle o seu abono.

c) Se a algún/unha dos/as beneficiarios/as non se lle prestase o servizo por causas non imputables a el/ela mesmo/a, léase por inconvintes derivados da organización interna do propio servizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen servizo á hora de aboar a cota mensual. As horas que se cobran son as efectivamente prestadas.

ARTIGO 7. OBRIGA DE PAGAMENTO

Unha vez iniciada a prestación do servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas deste prezo público. O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a farase efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.

ARTIGO 8. NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGAMENTO

O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.

A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.

2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.

3. O procedemento para a actualización ou modificación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de dependencia regúlase no artigo 18 do Decreto 149/2013 (DOG nº 182-24/09/2013).

Polo que respecta ao servizo de axuda no fogar de libre concorrencia, a finais do mes de febreiro de cada ano, ou antes se se producen cambios na situación das persos beneficiarias do servizo, se lles requerirá, por parte dos servizos sociais, para que xustifiquen documentalmene a situación socioeconómica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagamentos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Coa entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada expresamente a ordenanza relativa ao prezo público do servizo de axuda no fogar ata agora vixente no Concello de Pontedeume:

- Ordenanza nº 36 reguladora do prezo público do servizo de axuda a domicilio do Concello de Pontedeume (BOP nº 180-20/09/2013).

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Esta ordenanza, unha vez aprobada polo pleno do Concello de Pontedeume, será publicada na forma legal establecida e entrará en vigor conforme ao previsto no artigo 70.2 e concordantes da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.