Pontedeume - REGULAMENTO MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE PONTEDEUME
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (BOE n.º 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das comunicades autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución española.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
Co Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira.
O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.
En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Pontedeume, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal a través da presente ordenanza.
CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.º.-Obxecto.
É obxecto deste regulamento a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello de Pontedeume.
Artigo 2.º.-Ámbito de aplicación.
O establecido neste regulamento é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no Concello de Pontedeume.
Artigo 3.º.-Natureza, definición e obxectivos do servizo.
1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse, a calquera persoa ou unidade de convivenica, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 4.º.-Contido do servizo.
1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
I. Asistencia para levantarse e deitarse.
II. Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
III. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
IV. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
V. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
VI. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
VII. Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
b) Acompañamento persoal na realización doutras actividades complementarias:
I. Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.
II. Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.
c) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
I. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
II. Compra de alimentos e outros productos de uso común.
III. Preparación dos alimentos.
IV. Lavado e coidado das prendas de vestir así como do enxoval doméstico.
V. Apoio á unidade familiar.
VI. Coidados e mantemento básico da vivenda.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería ou alimentación a domicilio.
d) Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, as seguintes actuacións e servizos:
a) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b) Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restriccións na participación social das persoas.
c) Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
d) Adaptacións funcionais do fogar.
e) Servizo de podoloxía.
f) Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se falicite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a) A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
b) Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso, ser realizadas por persoal facultativo.
Artigo 5.º.-Persoas destinatarias.
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 6.º.-Dereitos das persoas usuarias.
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que
sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, de xeito craro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Artigo 7.º.-Deberes das persoas usuarias.
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:
1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilizacón dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.
7. Respectar a dignidade persoal e profesioal das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
8. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puídese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.
Artigo 8.º.-Causas de extinción e modificación do servizo.
1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:
a) A renuncia da persoa usuaria.
b) O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidad e co servizo de axuda no fogar.
c) Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
d) Falecemento da persoa usuaria.
e) Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
f) A falta reiterada de pagamento do servizo.
g) Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de programa individual de atención, consonte ao establecido na Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de programa individual de atención.
Artigo 9.º.-Causas de suspensión temporal do servizo.
Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas usuarias que accedan ao servizo polo sistema de libre concorrencia e por un máximo de dous meses para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circusntancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
CAPÍTULO II.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
SECCIÓN 1.ª.-DISPOSICIÓNS COMÚNS
Artigo 10.º.-Formas de prestación do servizo.
O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Pontedeume, ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 11.º.-Requisitos específicos.
1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado/a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia ou equivalente, regulado no Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3. O seguemento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
4. O Concello de Pontedeume, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
a) Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.
b) Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o anexo V deste regulamento.
c) Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Pontedeume e a persoa usuaria, segundo o anexo VI deste regulamento.
d) Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
SECCIÓN 2.ª.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Artigo 12.º.-Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento.
O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:
1. O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o Concello de Pontedeume, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:
a) Presentación da solicitude, segundo o anexo I deste regulamento, dirixida ao alcalde no rexistro municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:
I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
II. Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
III. Certificado de empadroamento e convivencia.
IV. Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
V. Fotocopia do libro de familia cando haxa menores na unidade de convivencia.
VI. Calquera outro documento que xustifique a concorrencia de circunstancias familiares específicas (sentencia de separación, divorcio¿)
VII. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.
VIII. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente, en materia de protección de datos de carácter persoal.
As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.
b) As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo os anexos II, III e IV.
c) O departamento de Servizos Sociais elaborará un informe-proposta que será elevado ao órgano competente: o alcalde ou persoa en quen delegue. Deberá ditar unha resolución, mediante decreto, que se notificará á persoa solicitante. O prazo máximo para resolver será de tres meses.
No caso de que sexa favorable, esta resolución terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na listaxe de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.
d) Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.
e) Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo VI deste regulamento (anexo III da Orde do 22 de xaneiro de 2009).
f) Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.
Artigo 13.º.-Desenvolvemento da prestación do servizo.
1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o programa de asignación de recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.
2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requerido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.
Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á listaxe de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.
4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo VI deste regulamento.
5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo V deste regulamento (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009), que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.
6. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia do regulamento municipal de axuda no fogar, debidamente visado polo órgano competente.
7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
9. O departamento de servizos sociais do Concello abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
Un informe de avaliación inicial, asinado polo técnico competente, responsable da coordinación do servizo de axuda no fogar.
Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o anexo V deste regulamento (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009).
Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Pontedeume e a persoa usuaria, segundo o anexo VI deste regulamento.
Informes de seguemento da prestación nos domicilios das persoas usuarias, que terán, como mínimo, un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
Artigo 14.º.-Intensidade na prestación do servizo.
1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.
2. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1.º a) da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.
3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do Concello.
Artigo 15.º.-Límites para a prestación do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia.
1. O servizo de axuda no fogar de libre concorrencia prestarase de luns a venres, cun máximo de dúas horas diarias de atención, no horario comprendido entre as 9.00 e as 18.30 horas.
2. A duración da prestación, de non estar expresamente limitada no tempo no acordo de servizo, entenderase concedida por un período de 1 ano, contado a partir do día da ¿alta" da persoa beneficiaria . Transcorrido o dito prazo, prorrogarase por anualidades, previa comprobación polos servizos sociais, de que non se produciron cambios nas circunstancias que motivaron a súa concesión.
3. A prestación do servizo estará supeditada á dispoñibilidade orzamentaria existente en cada caso.
Artigo 16.º.-Protocolos de actuación en caso de urxencias e incidencias no servizo de axuda no fogar.
A) Urxencias.
Definimos unha "urxencia" dentro do servicio de axuda no fogar como aquela situación ou circunstancia relacionada con persoas susceptibles de ser usuarios/as do servizo, ou que xa están integradas nel, na que é imprescindible unha actuación inmediata para solucionar ou paliar un problema que podería ter graves consecuencias de non actuar con rapidez.
En función do anterior, diferenciamos dous tipos de urxencias:
a) As que pode presentar un/unha potencial usuario/a do servizo de axuda no fogar. previamente ao proceso de tramitación do servizo, situación que queda recollida no artigo 12, punto d) deste regulamento
O protocolo de actuación será:
1.-Coñecemento da situación de necesidade ou recepción da demanda urxente.
2.-Realización dunha visita domiciliaria para valorar a necesidade e tipo de atención que precisa.
3.-Asignación dun horario e unha/un auxiliar do fogar cun plan de traballo concreto.
4.-Inicio do servicio.
b) As que pode presentar un/unha usuario/a que xa está integrado no servizo municipal nalgún momento no que esté recibindo a atención domiciliaria. Estas situacións de ¿urxencia" ou ¿emerxencias" soen ten que ver con agravamentos ou crises no estado de saúde das persoas usuarias, tanto a nivel físico, psicolóxico ou emocional ou con accidentes domésticos.
O protocolo de actuación será:
1.-O/a auxiliar do fogar chamará aos servizos de urxencia se valora que a situación é moi grave. Despois chamará aos servizos sociais.
2.-Se non hai perigo de vida ou morte, avisará aos servizos sociais para notificar a situación. O técnico responsable do SAF (servizo de axuda no fogar). avisará á familia da persoa usuaria se fose o caso ou movilizará outros recursos que se consideren adecuados para atender debidamente a ¿urxencia".
3.-O/a auxiliar do fogar permanecerá no domicilio do/a usuario/a ata que chegue a familia, os servizos de urxencia ou calquera outro que sexa preciso, procurando seguir as instrucións que poidan darlle desde os distintos servizos cos que se contacte se fose necesario.
4.-Cando a persoa usuaria quede debidamente atendida, o/a auxiliar do fogar poderá abandoar o domicilio.
5.-Desde os servizos sociais se rexistrará no expediente individual do/a usuario/a esta circunstancia acaecida e as actuacións levadas a cabo.
6.-Seguemento da situación a través do/a auxiliar do fogar e de contactos directos co/a usuario/a e/ou a súa familia.
B) Incidencias.
Definiremos unha ¿incidencia" como calquera acontecemento ou circunstancia que sobrevén e interrompe o transcurso cotidiano e habitual da atención domiciliara que se lle presta a unha persoa usuaria e que pode influir nela ou ten outro tipo de consecuencias.
As causas que orixinen incidencias poden ser moitas e variadas. As incidencias non teñen por qué ser problemáticas en sí mesmas nin ter un matiz negativo, pero sí son importantes porque poden influir na rutina diaria da atención domiciliaria ou na cotidianidade da vida da persoa usuaria.
O protocolo de actuación será:
1.-Notificación, por parte do/a auxiliar do fogar, ao técnico responsable do SAF. da incidencia.
2.-Valoración, desde os servizos sociais, da necesidade de realizar unha visita domiciliaria a persoa usuaria.
3.-Movilización dos recursos axeitados á situación que se prantexe, ben prestando unha atención directa a persoa usuaria, poñéndose en contacto coa familia e/ou outros profesionais, realización de xestións, derivación do caso, etc.
4.-Resolución da incidencia e seguemento da situación resultante.
5.-Rexistro no expediente individual do/a usuario/a da incidencia acaecida, as actuacións levadas a cabo e a resolución.
Artigo 17.º.-Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 18.º.-Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento.
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1 .Para os efectos deste artigo considérase persoa usuaria aquela para a que se solicite o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria a un dos membros da unidade de convivencia responsables dos menores que forman parte dela.
2. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas: ingresos netos que se perciban procedentes de rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.
3. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
4. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 19.º.-Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos.
De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Pontedeume, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
Artigo 20.º.-Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos.
No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello ou entidade local.
Artigo 21.º.-Normas xerais do servizo de axuda no fogar.
A) En canto o/a auxiliar do fogar.
A/o auxiliar do fogar, como norma xeral, non traballará no domicilio en ausencia da persoa usuaria.
As tarefas do/a auxiliar do fogar serán as recollidas no proxecto de intervención, tendo en conta ademáis que deberán servir de apoio á unidade familiar. Calquera variación deste será responsabilidade do persoal de servizos sociais ou da persoa responsable da empresa adxudicataria, e non do/a auxiliar do fogar nin da persoa beneficiaria.
O/a auxiliar do fogar terá en consideración as opinións, valores, crenzas e costumes das persoas beneficiarias sempre que non interfiran cos principios do servizo de axuda no fogar ou co plan de traballo establecido. Calquera dificultade neste senso, deberá ser consultada cos servizos sociais.
Calquera queixa ou suxestión que os prestadores do servizo reciban do/a usuario/a deberán poñela en coñecemento do/a técnico/a responsable.
A atención establecida non pode interferir nin limitar o dereito do/a beneficiario/a á súa intimidade. En consecuencia, o/a auxiliar do fogar non poderá acompañarse de ningunha persoa allea ao servizo cando acceda ao seu traballo, e gardará en todo momento o respecto e sixilo profesional sobre os casos asignados.
Ao/á auxiliar do fogar non lle está permitido recibir en custodia diñeiro, xoias nin obxecto ningún. Así mesmo deberá rexeitar calquera doazón (ben sexa en diñeiro ben calquera outra) efectuada polo/a usuario/a ou persoa achegada. Só en casos moi xustificados, e co consentimento da persoa usuaria ou da súa familia, o/a auxiliar do fogar poderá custodiar cartos se esta tarefa responde a un obxectivo da intervención. Esta circunstancia quedará rexistrada por escrito co consentimento asinado das persoas implicadas.
Mentres a persoa beneficiaria este incluída no servizo de axuda fogar, ningún/unha auxiliar do fogar contratado polo Concello poderá prestarlle atención, a título particular, recibindo ou non remuneración por iso.
O/a auxiliar do fogar no dispoñerá das chaves de ningún domicilio, excepto cando as condicións do caso así o esixan e sempre co consentimento do responsable técnico directo do servizo e, por suposto, a demanda da persoa usuaria ou da súa familia.
Cando o/a usuario/a non se atope no domicilio no horario fixado para a súa atención, o/a auxiliar do fogar esperará, como máximo, dez minutos, transcurridos os cales, deberá comunicar aos servizos sociais esta circunstancia e seguir co seu horario de traballo. Se isto fose algo habitual, valorarase o caso e tomaranse as decisións oportunas.
O/a auxiliar do fogar non fará partícipe o/a usuario/a dos seus propios problemas, separando en todo momento a súa vida privada do seu traballo.
Terá a obriga de informar aos servzios sociais de todos os cambios significativos que ocorran na familia que atende, ben nas sesións de supervisión programadas ou en calquera momento no que xurdan.
Terá a obriga de acudir ás sesións de supervisión co técnico responsable do programa.
Non chegarán a ¿acordos" coas persoas beneficiarias do servizo distintos do plan de traballo establecido.
Deberán avisar o técnico que as supervise das ausencias ao traballo coa suficiente antelación, aportando os xustificantes pertinentes.
Non poderán negarse a atender a un/unha usuario/a sen un motivo suficientemente xustificado, circunstancia que será valorada polos servizos sociais.
B) En canto as persoas usuarias do servizo.
Serán por conta do/a usuario/a todos os gastos de útiles e produtos de limpeza, comida, aseo, ..., podendo valorarse, non obstante, a xestión dunha axuda económica por tales conceptos en casos especiais, axuda que se levará a cabo a través doutros programas sociais xestionados polos servizos sociais do Concello de Pontedeume (emerxencia social ou outros), non tendo en ningún caso a consideración de prestación do servizo de axuda no fogar.
Como norma xeral, se a persoa usuaria non está na casa, o/a auxiliar do fogar tampouco se quedará nela.
Ningunha persoa usuaria poderá esixir que se lle presten atencións que non estén estipuladas no seu contrato co servizo.
O/a usuario/a deberá tratar, en todo momento, de obra e de palabra, co debido respecto ao/á auxiliar do fogar. Se ten calquera problema con el/ela, o comunicará aos servizos sociais.
C) Outras normas xerais.
Se fose preciso realizar, por causas xustificadas ou por necesidades do servizo, calquera variación nos horarios, días de atención, auxiliares designados/as a cada caso, etc, poderá facerse consensuando coa persoa usuaria e a súa familia estes cambios, seguindo en vigor o acordo asinado inicialmente.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA.
Este regulamento derroga expresamente o regulamento do servizo de axuda a domicilio do Concello de Pontedeume publicado no BOP n.º 180, do 20 de setembro de 2013, así como calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria ao mesmo.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
Este regulamento entrará en vigor e producirá efectos unha vez que transcorran 15 días desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, ao abeiro no disposto nos artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
ANEXOS
ANEXO I
Excmo. Concello de Pontedeume
Departamento de Servizos Sociais
SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (S.A.F.)
1. DATOS DO/A BENEFICIARIO/A
Nome e apelidos ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿ |
D.N.I. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ Data de nacemento ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿. Estado civil ¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ |
Domicilio ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. |
C.P. ¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. N.º de afiliación á Seguridade Social ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. |
Teléfono ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. |
2. DATOS DO REPRESENTANTE LEGAL (EN CASO DE MENORES DE IDADE E INCAPACITADOS/AS)
Nome e apelidos ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿ |
D.N.I. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ Data de nacemento ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿. Estado civil ¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ |
Domicilio ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. |
C.P. ¿¿¿¿¿.¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. Relación co/coa beneficiario/a ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. |
Teléfono ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. |
3. COMPOSICIÓN E DECLARACIÓN DE DATOS DAS PERSOAS COAS QUE CONVIVE
Parentesco | Nome e apelidos | D.N.I. | Idade | Situación laboral | Ingresos mensuais |
4. TIPO DE TAREFAS QUE SOLICITA
5. MOTIVOS POLOS QUE SOLICITA O SERVIZO
DECLARO:
- Que toda a información que figura nesta solicitude e nos documentos que se xuntan é verdadeira.
- Que non percibo outros servizos ou prestacións de análogo contenido ou finalidade.
- Que quedo/a enterado/a da obriga de comunicar ós Servizos Sociais do Concello de Pontedeume calquera variación nos datos declarados que poidan producirse no sucesivo.
- Que autorizo ós Servizos Sociais para que realicen as consultas necesarias nos ficheiros públicos có único fin de acreditar e comprobar a veracidade dos datos.
- Que acepto a posibilidade de contribuir económicamente, se así resultase da aplicación da Ordenanza Municipal vixente.
Pontedeume, a ¿¿¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ de ¿¿¿¿.
Asdo.: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
ILMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PONTEDEUME
DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑA Á SOLICITUDE
I.-Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
II.-Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
III.-Certificado de empadroamento e convivencia.
IV.-Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
V.-Fotocopia do libro de familia cando haxa menores na unidade de convivencia.
VI.-Calquera outro documento que xustifique a concorrencia de circunstancias familiares específicas (sentencia de separación, divorcio¿)
VII.-Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.
VIII.-Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, se lle informa de que os seus datos persoais serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade do Excmo. Concello de Pontedeume. Poderán ser empregados polo titular do ficheiro para o exercicio das funcións que lle son propias no ámbito das súas competencias. Igualmente, informase que poderán ser cedidos de conformidade coa lexislación vixente. Vostede pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso, oposición, mediante escrito dirixido ó Excmo. Concello de Pontedeume, rúa Real, n.º 13 (C.P 15600).
ANEXO II
BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA
(Modalidade de prestación básica de servizos sociais de atención primaria)
Factor 1: autonomía persoal
O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia
As persoas dependentes valoradas que, polo calendario oficial de implantación, teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar) non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.
A asignación de valor en función do factor autonomía persoal realizarase de acordo coa seguinte táboa.
TÁBOA DE EQUIVALENCIA PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL | |||||||||
Do 33% ao 64% de discapacidade | Do 65% ao 74% de discapacidade | 75%-100% | 81%-87% | 88%-93% | 94%-100% | Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD | |||
75%-100% discapacidade de ata 14 pts. ATP | 75%-100% discapacidade e 15-20 pts. | 75%-100% discapacidade e 30-44 pts. ATP | 75%-100% discapacidade e 45-72 pts. ATP | Grao de discapacidade + axuda terceira persoa. ATP (R.D. 504/07) | |||||
75% discapacidade e ata 2pts. BVD | 25-39 pts. | 40-49 pts. BVD | 50-64 pts. BVD | 65-74 pts. BVD | 75-89 pts. BVD | 90-100 pts. BVD | Grao de discapacidade + axuda terceira persoa. Puntuación BVD (R.D. 504/07 | ||
Grao I, Nivel I | Grao I, Nivel 2 | Grao II, Nivel I | Grao II, Nivel 2 | Grao III Nivel 1 | Grao III Nivel 2 | Situación de dependencia (Decreto 176/07) | |||
5 pts. | 10 pts. | 14 pts. | 20 pts | 24 pts. | 30 pts. | 32 pts. | 38 pts. | 40 pts. | Puntuación Nivel de autonomía persoal |
Puntos
Total puntos autonomía persoal |
Factor 2: apoio social (máximo total 20 puntos)
Puntos
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos) | |||
A persoa vive soa, carece de familiares e so ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos) | |||
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos) | |||
Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos) | |||
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos) | |||
Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos) | |||
Con incapacidade para organizarse (3 puntos) | |||
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos) | |||
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km (5 puntos) | |||
Está ben atendido (0 puntos) |
Puntos
Total puntos apoio social |
Factor 3: situación familiar/socialización menores (máximo total 20 puntos)
Puntos
3.1 Conflicto (máximo total 4 puntos) | ||
Cun membro xerador de conflicto de nivel moderado (1 punto) | ||
Cun membro xerador de conflicto de nivel grave (2 puntos) | ||
Con máis dun membro carador de conflicto de nivel moderado (3 puntos) | ||
Con máis dun membro carador de conflicto de nivel grave (4 puntos) | ||
3.2 Limitacións de rol (máximo total 2 puntos) | Puntos | |
Familias en que ambos os progenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atención os menores (2 puntos) | ||
3.3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos) | Puntos | |
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada¿) non poidan atender aos menores (2 puntos) | ||
3.4 Habilidades parentais (máximo total 2 puntos) | Puntos | |
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administración do orzamento, ausencia de roles, organización¿..) (2 puntos) | ||
3.5. Número de menores (máximo total 10 puntos) | Puntos | |
Un menor (3 puntos) | ||
Dous menores (5 puntos) | ||
Tres menores (7 puntos) | ||
Catro ou máis menores (10 puntos) | ||
Puntos | ||
Total puntos situación familiar/socialización menores |
Factor 4: outros aspectos sociais (máximo total 20 puntos)
4.1. Vivenda (total 10 puntos) | Puntos | |
Non hai luz eléctrica (1 punto) | ||
Non hai auga corrente (1 punto) | ||
Non posue WC (1 punto) | ||
Non posúe cuarto de baño completo (1 punto) | ||
Non ten neveira (1 punto) | ||
Non ten quentador (1 punto) | ||
Non ten lavadora (1 punto) | ||
Non reúne condicións mínimas de higiene/habitabilidade (1 punto) | ||
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto) | ||
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto) |
Puntos | ||
4.2. Integración do contorno (total 10 puntos) | ||
Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos) | ||
Ausencia de relacións sociais (6 puntos) | ||
Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos) | ||
Integración axeitada no contorno (0 puntos) | ||
Puntos | ||
Total puntos outros aspectos sociais | ||
Puntos | ||
Total xeral |
ANEXO III
ÍNDICE DE KATZ DE ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA
Nome:
Idade:
Data:
Parámetro | Situación do/a usuario/a |
Baño (tanto ducha como baño) | 0 Non recibe axuda no baño 1 Recibe axuda nunha parte do corpo 2 Recibe axuda para máis dunha parte corporal |
Vestido (colle-la roupa do armario e caixóns, inclúe roupa interior, prendas exteriores) | 0 Colle a roupa e vístese sen axuda 1 Colle a roupa e vístese sen axuda excepto para atalos cordóns 2 Recibe axuda para colle-la roupa e vestirse ou queda en parte desvestido |
Ir ó servicio (ir ó aseo para a eliminación de ouriños ou feces, limparse e coloca-las roupas) | 0 Vai ó aseo, límpase só/a e coloca as súas roupas sen axuda (pode usar apoios como bastón, ou cadeira de rodas e pode manexar cuñas ou orinal) 1 Recibe axuda para ir ó servicio o una limpeza ou en colocarse as roupas despois da eliminación ou no uso do orinal ou cuña 2 Non vai ó servicio para a eliminación ou feces |
Traslado | 0 Entra e sae da cama igual que da cadeira de rodas sen axuda (pode usar axudas como o bastón) 1 Entra e sae da cama con axuda. 2 Non sae da cama. |
Continencia | 0 Controla os esfínteres por completo 1 Ten accidentes de xeito ocasional 2 A supervisión lle axuda a controlar. Usa catéter ou é incontinente |
Alimentación | 0 Aliméntase só/a, sen axuda 1 Aliméntase só/a, excepto nalgunhas cousas como corta-la carne 2 Recibe axuda na alimentación ou é alimentado parcial ou totalmente por tubos ou intravenosamente |
PUNTUACIÓN TOTAL |
ANEXO IV
ESCALA DE LAWTON E BRODY DE ACTIVIDADES
INSTRUMENTAIS DA VIDA DIARIA
Nome:
Idade:
Data:
Parámetro | Situación do/a usuario/a | Puntuación |
1.-Capacidade para usa-lo teléfono | * Utiliza o teléfono a iniciativa propia, busca e marca números¿ * Marca uns cantos números ben coñecidos * Contesta ó teléfono, pero non marca * Non é capaz de usa-lo teléfono | 0 0 0 1 |
2.-Facer compras | * Realiza tódalas compras necesarias independentemente * Compra con independencia pequenas cousas * Necesita ir acompañad@ para facer calquera compra * Completamente incapaz de ir de compras. | 0 1 1 1 |
3.-Preparación da comida | * Planea, prepara e serve as comidas adecuadas con independencia * Prepara as comidas adecuadas si se lle dan os ingredientes * Quenta, serve e prepara as comidas, pero non segue unha dieta adecuada * Necesita que lle preparen e sirvan a comida | 0 1 1 1 |
4.-Coidado da casa | * Coida da casa so/a ou con axuda ocasional (para traballos pesados e duros) * Realiza tarefas lixeiras, como frega-los pratos ou face-las camas * Realiza tarefas lixeiras, pero non pode manter un nivel de limpeza aceptable * Necesita axuda con tódalas tarefas da casa * Non participa en nengunha tarefa doméstica | 0 0 0 0 1 |
5.-Lavado da roupa | * Realiza por si so/a o lavado de toda a roupa * Lava por si so/a pequenas prendas * Todo o lavado da roupa debe ser realizado por outra persoa | 0 0 1 |
6.-Uso de medios de transporte | * Viaxa con independencia en transportes públicos ou conduce o seu propio coche * É capaz de coller un taxi, pero non usa outro medio de transporte * Viaxa en transporte público cando vai acompañado/a por outra persoa * Só viaxa en taxi ou automóvil con axuda de outros * Non viaxa. | 0 0 0 1 1 |
7.-Responsabilidade sobre a medicación | * É responsable da toma da medicación nas dosis correctas e nas horas correctas * Toma responsablemente a medicación si se lle prepara con anticipación en dosis separadas * Non é capaz de responsabilizarse da súa propia medicación | 0 1 1 |
8.-Capacidade para utiliza-los cartos. | * Encárgase dos seus asuntos económicos por sí so/a * Manexa os gastos cotidianos, pero necesita axuda para ir ó banco, grandes compras, etc. * Incapaz de manexar os cartos. | 0 0 1 |
PUNTUACIÓN TOTAL |
ANEXO V
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Proxecto de intervención
1. Datos de identificación do expediente | ||||
Expediente 1 | Intervención n.º | Data da solicitude | Data de inicio | |
Sector de referencia 3 | Ámbito de atención 3 | N.º total de usuarios | ||
Nome e apelidos | Data de nacemento | DNI | Sexo | Estado civil |
Proxecto | Data do proxecto | Data fin do proxecto | ||
Antecedentes relevantes:
2. Atención que se prestará | ||||||||||
Días da semana | ||||||||||
L | M | X | J | V | S | D | N.º de horas semanais | Horario | ||
1. Identificación do expediente en SIUSS.
2. Número de orde desta intervención en relación co total realizadas neste expediente.
3. Tipoloxía SIUS
4. Pódese empreñar a tipoloxía SIUSS.
Tipo de servizo a prestar |
Perfil do/as profesionais. |
Outros servizos: |
3.-Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio. |
Existencia: |
Servizos/apoios: |
N.º de horas semanais: |
4.-Obxectivos específicos e tarefas que se propoñen. |
Obxectivos do servizo proposto: |
Tarefas que se realizarán: |
5.-Periodicidade do seguimento (mínimo bimensual) |
Técnico responsable:
Asdo.:
ANEXO VI
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Acordo de servizo
Reunidos en ......................................... o día ............... ......................., dunha parte don/dona ..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿., con DNI ¿¿¿¿¿¿¿¿.......
E doutra ............................................................................, en calidade de técnico responsable do servizo de axuda no fogar de ...................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
ACORDAN:
1. Que o Concello de _______________ /a entidade prestadora ................................., prestará o servizo de axuda no fogar (SAF), á persoa arriba citada, desde o día _______ do _________ de 20 __.
2. Que a prestación do servizo de axuda no fogar, para os/as usuarios/as de dependencia, realizarase con carácter indefinido. No caso de que a persoa usuaria acceda ao servizo polo procedemento de libre concorrencia, a duración da dita prestación será por un prazo dun ano, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do Departamento de Servizos Sociais.
3. Que o SAF se prestará por un total de------------- horas/mes, distribuídas semanalmente nos seguintes días: -------------------------------------------------------------
4. Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro do 2009, que regula o servizo de axuda no fogar, ao Decreto 99/2012 do 16 de marzo e á Ordenanza fiscal municipal que regula as taxas do SAF, a persoa usuaria do SAF de dependencia conta cunha capacidade económica de --------------------------------- euros/mes, polo que lle corresponde unha porcentaxe de --------------, sobre a súa capacidade económica. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo, comprométese a achegar ------------------- euros/mes polo total de horas prestadas.
A persoa usuaria do SAF de libre concorrencia conta cunha capacidade económica per capita de----------------------- euros/mes, polo que lle corresponde unha porcentaxe de ----------------- na participación no custe do servizo. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo, comprométese a achegar--------------------- euros/mes polo total de horas prestadas.
5. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o aboamento da taxa do SAF establecido no punto 4.º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.
6. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:
Atencións de carácter persoal
Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida (acompañamentos fóra do fogar)
Atencións de carácter doméstico e da vivenda
Atencións de carácter psicosocial e educativo
Atencións de carácter complementario
7. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.
8. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións estipuladas no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, que define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo e segundo o Regulamento e Ordenanza reguladora do prezo público do Servizo de axuda no fogar do Concello de Pontedeume.
9. O Concello de Pontedeume pon a disposición dos/das usuarios/as do SAF un libro de follas de queixas e reclamacións, que estará disponible nas dependencias do propio Concello.
Ambas as partes dan a súa conformidade a este acordo de prestación do SAF e o asinan.
¿¿¿¿¿¿¿¿¿ ¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.de 20 ¿..
A persoa usuaria O técnico responsable
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor ós 15 días seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."