Zas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO MUNICIPAL DE SUBMINISTRO DOMICILIARIO DE AUGA POTABLE

Publicación provisional: 13/02/2014 BOP Nº: 30
Publicación definitiva: 28/03/2014 BOP Nº: 60
Aplicable dende: 01/04/2014

Artigo 1º. - Fundamentos e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de subministro domiciliario de auga potable e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga no término municipal do Concello de Zas, que se rexirá pola presente ordenanza fiscal e as demáis normas que resulten de aplicación.

Artigo 2º.- Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo municipal de subministro domiciliario de auga potable, así como a acometida á rede municipal de abastecemento.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades ás que se refire ó art. 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o serviZo.

2.-Terá a consideración de substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servizo.

Artigo 4º.- Responsables.

Serán responsables solidarios ou subsidarios da débeda tributaria, xunto cos deudores principais, as persoas ou entidades as que se refiren os artigos 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable.

Estará constituída por:

No subministro ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servizo, nos termos establecidos no artigo 6.

Nas acomeditas á rede xeral: o feito da conexión á rede.

Na utilización de contadores e acometidas: o custo de mantemento do contador ou da acometida.

Nos cambios de titularidade e restitución do servizo: os traballos de comprobación, precintado e desprecintado de contadores.

Artigo 6ª.- Cota.

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a establecida nas seguintes tarifas:

a.- Acometidas:

Por toda acometida inicial á rede, sempre que a distancia dende as redes de distribución ó punto de conexión sexa igual ou inferior a 25 metros para cada inmoble o importe será de TRESCENTOS EUROS CON CINCUENTA E UN CÉNTIMOS DE EURO (300,51€).Este importe inclue material, man de obra, contador e caixa do contador.

A partir de 25 metros o importe anterior incrementarase 20€/m lineal.

b.-Consumos mensuais:

Para todo tipo de usos :

Mínimo: de 0 m3 a 10 m3 .Cota fixa:2,40 €/mes

Cando o consumo exceda os 10m3 facturarase a 0,28€ cada m3 que exceda dos 10m3.

Todos estes prezos non inclúen IVE nin canon.

c.-Cota de conservación de contadores e acometidas:

Cota de conservación de contadores e acometidas: 0,33€/mes

d.-Cambio de titularidade:

Por cada solicitude de cambio de titularidade do servizo: 5€

e.-Restitución do servizo:

Restitución do servizo (desprecintado de contador, conexión á rede, etc) por mor de unha anterior solicitude de baixa ou corte do suministro por impago da débeda: 50 €

f.- En caso de carecer de contador de medición ou estar inutilizado, de xeito que as súas indicacións non poidan servir de base para unha liquidación correcta, liquidarase o consumo con arreglo ó que se producira en igual período no ano anterior. De non existir este dato, tomarase a media aritmética dos dous trimestres inmediatamente anteriores. Se non se dispón de ningún dos datos anteriores, a contía da tarifa de consumo será o dobre da mínima trimestral.

Artigo 6º.- Devengo.

1. O tributo considerarase devengado desde que naza a obriga de contribuir a tenor do establecido no art 2ª.

2. No subministro ou distribución de auga e mantemento de contadores devéngase o primeiro día de cada trimestre natural.Nos casos de alta computarase o trimestre natural completo no que aquela se producira.

3. No caso de acometida á rede xeral de abastecemento , nos cambios de titularidade e restitución do servizo: devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir no momento da solicitude.

Artigo 7ª.-Exencións e bonificacións.

De conformidad e co disposto no art. 9.7. do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou derivados da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 8º.- Normas de xestión.

1. As liquidacións polo subministro de auga potable e mantemento de contadores serán aprobadas rematado cada trimestre natural polo órgano competente do Concello, unha vez confeccionados os correspondentes padróns, tendo en conta as lecturas de contadores do devandito período. O cobramento dos recibos realizarasemediante xestión bancaria. Os padróns de cada período trimestral, cos datos dos suxeitos pasivos e a débeda tributaria resultante, serán expostos ó público por un período mínimo de quince días hábiles.

O período voluntario de cobro será de 2 meses. Transcorrido dito período sen efectuar o ingreso abrirase a vía de constrinximento de acordo co establecido na Lei Xeral Tributaria.

Tralo impago de dous recibos consecutivos procederase ao precintado e corte do subministro correspondente; para a restitución e posta en funcionamento do mesmo débese xustificar o pago da deuda adquirida.

2. A liquidación da cota tributaria no caso de acometida á rede xeral de abastecemento , nos cambios de titularidade e restitución do servizo será satisfeita no réxime de autoliquidación no momento da solicitude.

Artigo 7º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo ás infraccións tributarias, así como ás sancións que lles correspondan, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.

A imposición de sancións non suspenderá a liquidación e cobro das cotas non prescritas.

Disposición derrogatoria.

Á entrada en vigor desta ordenanza quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ou a contradigan. Automáticamente quedan derrogadas a Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo subministro de auga potable a Baio e a Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo subministro de auga potable á parroquia de O Allo

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada provisionalmente polo Pleno na sesión de 28 de xaneiro de 2014 e entrará en vigor o 1 de abril de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.