Ponteceso - ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE PONTECESO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, establece a necesidade de adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao citado decreto, coa fin de dar cumprimento ao establecido na súa disposición derradeira primeira.
O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.
En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Ponteceso de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza.
CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.- Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo concello de Ponteceso.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no concello de Ponteceso.
Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo
1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse, a calquera persoa ou unidade de convivenica, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 4º.- Contido do servizo
a. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
b. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
I. Asistencia para levantarse e deitarse.
II. Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
III. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
IV. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
V. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
VI. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
VII. Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
c. Acompañamento persoal na realización doutras actividades ocmplementarias:
I. Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.
II. Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.
d) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
I. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
II. Compra de alimentos e outros productos de uso común.
III. Preparación dos alimentos.
IV. Lavado e coidado das pezas de vestir, así como do enxoval doméstico.
V. Coidados e mantemento básico da vivenda.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería ou alimentación a domicilio.
e. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estructuración familiar.
2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outras, as seguintes actuacións e servizos:
a. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b. Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou disponible no mercado para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restriccións na participación social das persoas.
c. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
d. Adaptacións funcionais do fogar.
e. Servizo de podoloxía.
f. Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se falicite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a. A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
b. Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso, ser realizadas por persoal facultativo.
Artigo 5º.- Persoas destinatarias
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 6.- Dereitos das persoas usuarias
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, maneira clara e precisa, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Artigo 7º.- Deberes das persoas usuarias
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:
1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
6. Facilitar e cooperar no seguemento, avaliación e inspección do servizo.
7. Respectar a dignidade persoal e profesioal das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
8. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puídese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.
Artigo 8º.- Causas de extinción e modificación do servizo
1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:
a. A renuncia da persoa usuaria.
b. cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidad e co servizo de axuda no fogar.
b. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
c. Falecemento da persoa usuaria.
d. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
e. A falta reiterada de pagamento do servizo.
f. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.
Artigo 9º.- Causas de suspensión temporal do servizo
Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses por libre concurrencia e para os usuarios de dependencia o prazo máximo de suspensión é de dous meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circusntancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
CAPÍTULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS
Artigo 10º.- Formas de prestación do servizo
O servizo público de axuda no fogar será prestado polo concello de Ponteceso ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 11º.- Requisitos específicos
1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado/a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas en situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011,do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3. O seguemento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
4. O Concello de Ponteceso, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
a. Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.
b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo II desta ordenanza.
c. Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Ponteceso e a persoa usuaria, segundo o AnexoIII desta ordenanza.
d. Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
SECCIÓN 2ª. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Artigo 12º.- Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento
O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:
1. O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o concello de Pontecso, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:
a. Presentación da solicitude, segundo o anexo II desta ordenanza, dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:
I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
II. Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
III. Certificado de Convivencia
IV. Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
V. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o caso.
VI. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente, en materia de protección de datos de carácter persoal.
As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.
b. As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo anexo I.
O departamento de Servizos Sociais abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
- Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.(anexo III)
- Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o anexo IV desta ordenanza.
Un acordo de servizo asinado entre o concello de Ponteceso e a persoa usuaria, segundo o anexo V desta ordenanza.
- Informe de seguemento periódicos, que terán un carácter bimensual, ou extraordinario, cando as circunstancias así o aconsellen.
c. O departamento de Servizos Sociais elaborará un Informe - proposta que será elevado ao órgano competente para dictar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.
No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.
O acordo do órgano competente incluirá, no caso de ser favorable, indicación expresa do número de horas que se prestarán, relación de tarefas que se levarán a cabo e a porcentaje de financiación da persoa usuaria sobre o custo total do servizo. No caso de ser desfavorable, o acordo deberá de motivar as razóns de denegación.
d. Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.
e. Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo V desta ordenanza .
f. Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.
Artigo 13º.- Desenvolvemento da prestación do servizo
1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.
2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ó perfil requerido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.
Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de espera ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.
O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo IV desta Ordenanza, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.
Farase entrega á persoa usuaria dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.
Asimesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
4. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
Artigo 14º.- Intensidade na prestación do servizo
1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.
2. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.
3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do concello.
Artigo 15º.- Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observaranse as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competentes en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 16º.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 17º.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar
1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2.- Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III |
<=20 h | <=45 h | <=70 h | |
100,00 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 % | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
3.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4.- En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
5.- No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III | ||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=15 | <=28 | <=45 | |||||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % |
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % |
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % |
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % |
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % |
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % |
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % |
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % |
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % |
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % |
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % |
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
Artigo 18.- Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento
1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 16 desta ordenanza.
CAPACIDADE ECONÓMICA | Participación no custe do servizo de SAF básico |
Menor de 0,80 IPREM | 0% |
Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM | 10 % |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM | 20% |
Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM | 40% |
Maior de 2,50 IPREM | 60% |
2. Sen prexuizo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
Artigo 19º.- Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos
De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello de Ponteceso, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
Artigo 20º.- Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos
No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello ou entidade local.
Artigo 21º.- Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, as persoas físicas usuarias do servizo de axuda no fogar prestado por este Concello.
Artigo 22º. -Nacemento da obriga de pago
O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.
A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prstación do servizo e con carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.
2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
Artigo 23º. - Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN DERROGATORIA.
Esta ordenanza deroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda a domicilio publicada no BOP nº 223 do 16 de outubro de 2009 e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña e transcurrido o prazo que indica.
ANEXOS
ANEXO I
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
BAREMO SOCIAL E ECONÓMICO
1. NÚCLEO DE CONVIVENCIA FAMILAR
1.1 UNIDADE DE CONVIVENCIA FORMADA POR: sinalar a persoa coidadora principal, se é o caso
-A persoa maior vive soa (12 puntos)
-Cónxuxe, persoa a que estivera unido en análoga relación de afectividade e fillos (2 puntos)
-Cónxuxe ou persoa a que estivera unido en análoga relación de afectividade (5 puntos)
-Filos/as (4 puntos)
-Convive con familia extensa, 2º grao de afinidade ou consanguinidade (7 puntos)
-Convive con outras persoas (9 puntos)
-Rotación da persoa maior (10 puntos)
1.2 OUTROS MEMBROS DA REDE INFORMAL DE APOIO: sinalar a relación de parentesco coa persoa en situación de dependencia
-Fillos/as (1 puntos)
-Familia extensa (3 puntos)
-Persoas da veciñanza (4 puntos)
-Ausencia de relación (5 puntos)
1.3 ANÁLISE DO NÚCLEO DE CONVIVENCIA
-Non existe unidade de convivencia ou núcleo de convivencia non normalizado (15 puntos)
-Unidade de convivencia normalizada (4 puntos)
-Persoa maior institucionalizada (13 puntos)
-Núcleo de convivencia con cargas laborais e/ou menores a cargo (6 puntos)
-Núcleo de convivencia con discapacidade, minusvalía e/ou dependencia (10 puntos)
-Núcleo de convivencia onde viven outras persoas maiores (8 puntos)
2. SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR
2.1 DINÁMICA RELACIONAL E FUNCIONAMENTO DA REDE INFORMAL
-Relacións normalizadas ( 1 punto)
-Relacións escasas (2 puntos)
-Relacións conflictivas (5 puntos)
-Ausencia de relacións (4 puntos)
-Persoa institucionalizada (3 puntos)
2.2 CARACTERÍSTICAS DA PERSOA COIDADORA
-A persoa coidadora é maior de 65 anos (8 puntos)
-Ausencia de persoa coidadora (5 puntos)
-Persoa coidadora con discapacidade que dificulta o coidado da persoa con dependencia (15 puntos)
-Persoa coidadora sen adecuadas habilidades/capacidades para o coidado (13 puntos)
-Persoa coidadora con cargas laborais, menores a cargo, outras persoas en sitaución de dependencia (6 puntos)
-Persoa coidadora que non convive coa persoa con dependencia (4 puntos)
-Persoa coidadora en condicións adecuadas (2 puntos)
2.3 INTENSIDADE DOS COIDADOS
-1-2 h/día (1 puntos)
-2-4 h/día (3 puntos)
-4-8 h/día (4 puntos)
-Continua (5 puntos)
3. RECURSOS E SERVIZOS FORMAIS
-Si está recibindo apoio, pero non é suficiente (3 puntos)
-Non recibe ningún tipo de recurso ou servizo (5 puntos)
4. VIVENDA
4.1 TIPO DE VIVENDA
-Piso, apartamento, vivenda unifamiliar (0 puntos)
-Sen vivenda, en situación de desafiuzamento, albergue (3 puntos)
-Habitación realugada, pensión, vivenda colectiva (1 punto)
-Chabola, caravana, prefabricado (2 puntos)
4.2 RÉXIME DE TENZA
-Propia ou dalgún membro da unidade familiar (0 puntos)
-Alugada, realugada (2 puntos)
-Vivenda cedida ou facilitada (1 punto)
-Centro residencial (3 puntos)
4.3 CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DA VIVENDA
-Adecuadas (0 puntos)
-Amoreamento (2 puntos)
-Insalubridade/inhabitabilidade (4 puntos)
-Deficientes condicións de habitabilidade e/ou carede dalgún servizo básico, existencia de dispositivos de risco (3 puntos)
4.4 ACCESIBILIDADE DA VIVENDA
-Sen barreiras arquitectónicas (0 puntos)
-Con adaptacións funcionais (1 punto)
-Con barreiras no acceso á vivenda (2 puntos)
-Con barreiras no interior da vivenda (ou no interior e exterior) (3 puntos)
4.5 LOCALIZACIÓN DA VIVENDA
-Zona urbana (0 puntos)
-Zona semiurbana/semirural (1 puntos)
-Zona rural (2 puntos)
-Zona rural illada (3 puntos)
4.6 ACCESO A EQUIPAMENTOS SOCIOSANITARIOS
-Boas comunicacións e accesos (0 puntos)
-Comunicacións deficientes (2 puntos)
5. BAREMO ECONÓMICO
-Ata 400 € (15 puntos)
-De 401 a 600 € (10 puntos)
-De 601 a 900 € (5 puntos )
-De 901 a 1200 € (2 puntos)
-Máis de 1201 € (0 puntos)
ANEXO II
SOLICITUDE
D./D.ª....................................................................DNI:....................., data de nacemento .............., Domicilio en .............................Teléfono ............
EXPÓN:
Motivos que fundamentan a solicitude:
Ponteceso, de do 201
ANEXO III
INFORME SOCIAL (S.A.F.)
Institución:
Informe emitido por: Nº colexiado/a
Data:
Dirixido a:
Motivo do informe:
DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA PERSOA USUARIA
Apelidos e Nome:
Data de Nacemento: Teléfono: DNI ou nº pasapte:
Enderezo:
PERSOA QUE SOLICITA O SERVIZO:
Persoa usuaria
Familia / persoa achegada
Persoa veciña
Outra/o profesional
Outras _____________________
CARACTERÍSTICAS DO GRUPO DE CONVIVENCIA:
Apelidos Nome | Parentesco ou relación coa persoa usuaria | Idade | Estado Civil | Profesión |
Persoa usuaria | ||||
Familiares ou persoas achegadas que non conviven
Apelidos Nome | Parentesco ou relación ca persoa usuaria | Enderezo | Teléfono |
Relacións familiares: (implicación, colaboración, reparto de responsabilidades da familia ou persoas achegadas, qué necesidades están cubertas, cal é a persoa familiar ou achegada que asume o ro de coidadora principal¿)
Relacións co entorno: (¿Con amizades, con persoas veciñais, nivel de participación social, utilización de recursos/servizos, se existe illamento ou rexeitamento social¿)
SITUACIÓN DA VIVENDA:
Ubicación da vivenda:
Urbán
Rural
Vivenda illada
Réximen de tenencia:
Importe alugueiro/hipoteca por mes:
Barreiras arquitectónicas:
Si. Sinalar _______________________________
Non
Habitabilidade:
Soleada Si Non
Ventilación Si Non
Humidade Si Non
Estado de deterioro:
Goteiras Si Non
Fendas Si Non
Ameaza ruina Si Non
Comunicación (medios de transporte):
SITUACIÓN ECONÓMICA/LABORAL DA UNIDADE DE CONVIVENCIA:
(ingresos familiares e a súa procedencia, situación de desemprego, prestacións económicas, gastos fixos e extraordinarios que inflúan na situación económica¿)
SITUACIÓN DA SAÚDE DA PERSOA/FAMILIA USUARIA DO SAF
Situación saúde física e psíquica (diagnóstico, tratamento, e asistencia médica que recibe a persoa¿)
Situación funcional (autonomía persoal para realizar actividades da vida diaria, situación de discapacidade grao¿)
Datos saúde (física, psíquica e funcional) do resto do grupo de convivencia:
Persoa coidadora habitual das persoas en situación de dependencia:
OUTROS DATOS DE INTERESE: (información relevante para determinar a concesión do SAF como por exemplo, si a persoa acepta ou non o servizo¿)
VALORACIÓN PROFESIONAL: (relacionar e interpreta as variables anteriores para sintetizar a situación - problema¿)
PROPOSTA DE INTERVENCIÓN: (recolle a idoneidade ou non do SAF, a necesidade doutros recursos complementarios¿)
ANEXO IV
Proxecto de intervención
1.- Datos de Identificación do Expediente
Expediente1 | Intervención nº2 | Data de solicitude | Data d eInicio |
Sector de Referencia3 | Ámbito de Atención3 | Nº Total de Usuarios |
Nome e Apelidos | Data de Nacemento | DNI | Sexo | Estado Civil |
Proxecto | Data do Proxecto | Data Fin de Proxecto |
Antecedentes relevantes:
Días da semana
L | M | X | J | V | S | D | Nº horas semanais | Horario |
Tipo de servizo a prestar
Perfil dos/as profesionais
Outros servizos:
3.- Existencia doutros Servizos/Apoios prestados a Domicilio
4.- Obxectivos Específicos e Tarefas que se proponen
5.- Periodicidade do Seguimento (mínimo bimensual)
Técnico responsable:
Asdo.:
ANEXO V
Acordo de Servizo
Reunidos en Ponteceso o día ____________, dunha parte D/dona ______________________________________ con DNI ________________ e doutra Dª.____________________________________________, en calidade de Técnico responsable do servizo de axuda no fogar de Concello de Ponteceso.
ACORDAN:
1. Que o Concello de Ponteceso entidade prestadora do servizo, prestará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o ____________ Que a prestación do Servizo de Axuda no Fogar se realizará por un prazo de _____________, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do departamento de Servizos Sociais da entidade prestadora acreditada.
Que o SAF se levará a cabo por un total de¿.¿... horas/mes, distribuidas semanalmente nos seguintes días ¿¿¿¿¿¿¿¿..
2. Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro do 2009, que regula o servizo de axuda no fogar, ó Decreto 99/2012, de 16 de marzo e á Ordenanza fiscal municipal que regula as taxas do SAF, a persoa usuaria conta cunha capacidade económica de -------------------euros/mes, polo que lle corresponde unha porcentaxe de ------------------------, sobre a súa capacidade económica. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo comprométese a achegar ¿¿¿¿¿¿.€ polo total de horas prestadas.
En canto ó mesmo Decreto 99/2012 , de 16 de marzo e á Ordenanza fiscal municipal que regula as taxas do SAF, a persoa usuaria que recibe o servizo de axuda a domicilio por libre concurrencia conta cunha capacidade económica¿¿¿¿¿.euros/mes, polo que lle corresponde unha porcentaxe de¿¿¿¿¿¿¿sobre o prezo da hora.
3. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:
. Atención de carácter persoal:
. Atencións de carácter persoal doutras actividades da vida diaria (acompañamentos fóra do fogar):
. Atencións de carácter apoio psicosocial e educativo:
. Atencións de carácter doméstico e da vivenda:
. Atencións de carácter técnico e complementario:
. ________________________
4.Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.
5.Que o servicio se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneito do 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar e nesta ordenanza municipal sobre o SAF, onde están recollidos os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.
6. Ponse a disposición dos usuarios do servizo de axuda no fogar un libro de quiexas e reclamacións.
Ambas partes dan a súa conformidade ó presente acordo de prestación do SAF, e o asinan
Ponteceso, _________________________________
A persoa usuaria O técnico responsable
ANEXO VI
Informe de seguimento
Data | |
Usuario | |
Condición | |
Motivo do informe |
Modificacións na situación personal: SI NON
Observacións:
Existe necesidade de ampliación ou redución de horas | SI | |
NON |
Valoración Final:
Data e selo
ANEXO VII
Compromiso de cumprimento dos principios éticos da profesión de axuda no fogar
D./Dna. .................................................................como Auxiliar de Axuda no Fogar do Departamento de Servicios Sociais de Atención Primaria deste Concello, comprométome a cumprir os seguintes presupostos:
* Na relación co usuario:
1. Gardar do Segredo Profesional sobre todo aquilo que coñeza no exercicio do traballo, agás no referente ó seguemento do Servizo polo Departamento de Servizos Sociais.
2. O trato será sempre de respecto, sen permitir que a confianza ou diferenzas co beneficiario/a e/ou coa súa familia poida interferir na calidade do servizo.
3. Fomentar a independencia e autonomía dos usuarios, implicándoos, na medida do posible, na realización das tarefas e respectando sempre a súa autodeterminación.
4. Establer unha relación profesional, polo que non debe: facer participes ós usuarios da súa vida persoal, permanecer no domicilio sen a presencia do usuario, nin percibir obsequios ou regalos do usuario.
5. Manter unha actitude de discreción e imparcialidade, evitando comentarios sobre os os diferentes usuarios e situacións.
6. Non debe facer traballos a outros membros da familia distintos dos beneficiarios, aínda que convivan na mesma vivenda. De tratarse de persoas maiores ou discapacitadas, estudiaríase o caso dende o Departamento de Servicios Sociais.
7. Non realizar actividades correspondentes ós servizos sanitarios, agás os coñecementos de primeiros auxilios, ata recibir asistencia médica.
8. Utiliza-lo material necesario para a realización das tarefas (batas, luvas).
9. Respetar íntegramente o horario establecido.
* Na relación co Departamento de Servicios Sociais, as súas obrigas serán:
1. Realizar cursos de formación-reciclaxe profesional.
2. Segui-lo Plan de Traballo deseñado para cada novo usuario e/ou familia, cumprindo as directrices do Traballador Social responsable do Servizo
3. Colaborar co Departamento de Servicios Sociais do Concello no seguemento do servizo informando periódicamente, nas reunións programadas, da evolución de cada caso e de tódolas incidencias ou cambios que se produzan e participar na confección e modificación de plans de traballo alternativos ou xa existentes.
4. Expresa-las queixas e/ou incidentes que teñan os usuarios.
Ponteceso, ........ de ¿¿¿¿¿¿.......... do 20......
A/o traballadora social A/o auxiliar
ANEXO VIII
Autorización bancaria
A favor de:
CONCELLO DE PONTECESO |
En concepto de:
COTAS MENSUAIS DE AXUDA NO FOGAR |
Datos da persoa beneficiaria:
DNI | NOME E APELIDOS |
Entidade bancaria:
Oficina:
Titular da conta:
Código conta cliente (20 díxitos)
ENTIDADE | OFICINA | D.C | NÚMERO DE CONTA |
__________________________, _____ de _______________ de_________
O/a interesado/a
(Selo da entidade bancaria)
ANEXO IX
Solicitude de baixa temporal do servizo de axuda no fogar
Eu_______________________________________________________________ con DNI________________ beneficiario/a do servizo de axuda no fogar, dende a data____________.
Solicito:
A baixa temporal do servizo de AXUDA NO FOGAR a partires do día _______________ ata o día ______________ polo seguinte motivo:
______________________, _________ de ______________ de_________
ANEXO X
Solicitude de baixa definitiva do servizo de axuda no fogar
Eu_______________________________________________________________ con DNI________________ beneficiario/a do servizo de axuda no fogar, dende a data____________.
Solicito:
A baixa voluntaria a tódolos efectos do servizo de AXUDA NO FOGAR a partires do día _______________ .
_______________________, _________ de ________________ de_________
ANEXO XI
Baixa definitiva do servizo de axuda no fogar
Eu_______________________________________________________________ con DNI________________ en represen-tación do departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso.
Debido a_____________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________ dase de baixa a tódolos efectos do servizo de AXUDA NO FOGAR a partires do día _______________ a _________________________________________ beneficiario/a do servizo.
______________________, _________ de ______________ de________"
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicada no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."