Camariñas - REGULAMENTO DO SERVIZO DE TANATORIO MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Publicación provisional: 10/02/2014 BOP Nº: 27
Publicación definitiva: 24/04/2014 BOP Nº: 77
Aplicable dende: 13/05/2014

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.

O presente regulamento ten por obxecto regular a prestación polo Concello de Camariñas do servizo funerario de tanatorio, para o que ten atribuída competencia ao abeiro do disposto nos artigos 25.2, letra ¿K", da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 80.2, letra ¿j", da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

A finalidade fundamental do servizo público de tanatorio é facilitar a familiares e achegados dos defuntos unhas condicións dignas para o depósito e vela dos cadáveres ate o momento da súa inhumación ou cremación, nas debidas condicións de salubridade e hixiénico sanitarias.

Artigo 2.

O citado servizo prestarase no inmoble do tanatorio municipal ¿Hermanas Fernández Espín", sito Travesía Muíño do Vento, núm. 11, de titularidade municipal, destinado á prestación do servizo funerario que lle é propio, nos termos establecidos no art. 3 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria e mortuoria.

As instalacións de que consta o citado inmoble son as seguintes:

PLANTA SEMISOTO (COTA -2,90)

DENOMINACIÓN

SUPERFICIE ÚTIL

SUPERFICIE CONSTRUÍDA

VESTÍBULO

9,00 M2

GARAXE

295,75 M2

TOTAL PLANTA SEMISOTO

304,75 M2

330,45 M2

PLANTA BAIXA (COTA +0,00)

DENOMINACIÓN

SUPERFICIE ÚTIL

SUPERFICIE CONSTRUIDA

ENTRADA

10,75 M2

ADMINISTRACIÓN

12,20 M2

ALMACÉN

8,05 M2

ACCESO ZONA SERVIZOS

12,85 M2

DISTRIBUIDOR ASEOS

5,35 M2

ASEO MINUSVÁLIDOS

6,40 M2

ASEO M

9,50 M2

ASEO H

3,45 M2

ESTAR PUBLICO

87,65 M2

VELORIO 1

29,15 M2

TÚMULO 1

5,90 M2

ASEO 1

6,30 M2

VELORIO 2

29,15 M2

TÚMULO 2

5,90 M2

ASEO 2

6,30 M2

PASILLO SERVIZOS

37,20 M2

CAMARA FRÍO (PREVISION)

3,95 M2

TANATOPRAXIA

16,40 M2

VESTIARIO PERSOAL

8,90 M2

ASEO PERS. HOMES

5,80 M2

ASEO PERS. MULLERES

6,85 M2

CUARTO LIMPEZA

4,70 M2

ESCALEIRA

7,65 M2

TOTAL PLANTA BAIXA

330,35 M2

370,10 M2

SOPORTAIS

SOPORTAL

110,55 M2

TOTAL SOPORTAIS

110,55 M2

RESUMEN DE SUPERFICIES

PLANTA

USO

SUPERFICIE ÚTIL

SUPERFICIE CONSTRUIDA

BAIXA

TANATORIO

330,35 M2

370,10 M2

SEMISÓTO

GARAXE

304,75 M2

331,80 M2

TOTAL TANATORIO

634,35 M2

700,55 M2

TOTAL PORCHES

110,55 M2

Tanto o inmoble como as instalacións afectas ao dito servizo teñen a consideración de bens de dominio público, afecto a un servizo público.

En cada zona das instalacións se desenvolverán as funcións propias da mesma. En razón da actividade desenvolvida en cada zona, o acceso ao público á mesma será limitado total ou parcialmente.

Artigo 3.

O servizo de tanatorio municipal é un servizo público de titularidade municipal que se xestionara de forma directa, de conformidade cos artigos 85.2 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, 295.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, e demais normativa que as complementen e desenvolvan.

O Concello asume a xestión do servizo de conformidade co disposto no presente regulamento, no Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria e demais normativa que lle sexa de aplicación.

Artigo 4.

O servizo poderá ser solicitado por todos os cidadáns ou empresas funerarias, sen que poida establecerse discriminación algunha por calquera condición ou circunstancia persoal ou social. En consecuencia serán de aplicación a todos os cidadáns ou empresas funerarias os criterios e requisitos que a lexislación vixente estableza para a prestación dos servizos.

As solicitudes de prestación do servizos serán atendidas pola orde na que se produzan. O acceso a prestación do servizo só quedará limitado pola dispoñibilidade das salas de velorio para atender a demanda.

Así mesmo o servizo respectará, en todo caso, o principio de igualdade de acceso de todas as empresas funerarias presentes e futuras ás súas instalacións.

Artigo 5.

Pola prestación dos servizos de tanatorio municipal percibiranse unha tarifas en función dos servizos prestados. As ditas tarifas deberán ser ingresadas na tesourería municipal no momento e forma que regule a ordenanza do prezo público correspondente.

As tarifas vixentes en cada momento deberán ser previamente aprobadas polo órgano competente do Concello de Camariñas, debendo permanecer expostas ao público nun lugar visible das instalacións.

En todo caso serán gratuítos os servizos a favor de persoas acollidas á beneficencia ou asistencia social pola súa carencia de recursos e aqueles outros que resulten necesarios para facer fronte a situacións de emerxencia, accidentes ou ordes de autoridades sanitarias ou xudiciais.

CAPÍTULO II. XESTIÓN DO SERVIZO

Artigo 6.

O Concello disporá do persoal necesario para a prestación do servizo garantíndose a prestación mesmo todos os días do ano e en todas as horas no que fose requirido.

Será obrigatorio o uso do tanatorio sempre que veña disposto polas autoridades sanitarias ou veña establecido nas disposicións legais.

O Concello non asume a obriga de prestar os servizos de traslado nin de preparación do cadáver, que deberán ser realizados por unha empresa funeraria.

Sen prexuízo da supervisión dos servizos polo persoal municipal, corresponderá á empresa funeraria que utilice as instalacións a prestación directa dos servizos que teña contratados e, en particular, coidar a boa orde do servizo prestado e a utilización das instalación de conformidade co sinalado no presente regulamento. A estes efectos as empresas funerarias están obrigadas a designar a un responsable/interlocutor ante o Concello que garanta a boa orde do servizo e a utilización axeitada das instalacións.

A título enunciativo, non excluínte, os servizos a prestar pola empresa funeraria na instalación con ocasión da prestación do servizo municipal de tanatorio poderán ser:

1. Informar e asesorar sobre o contido, condicións e alcance dos servizos.

2. A realización dos trámites e dilixencias necesarios para obter a confirmación médica do falecemento ou calquera outra verificación médica ou sanitaria do cadáver, o rexistro da defunción e a xestión da autorización de sepultura, así como de calquera outra autorización que sexa necesaria para o seu traslado, enterramento ou incineración, incluíndo o axenciado e despacho de tales documentos.

3. O acondicionamento sanitario e estético dos cadáveres, de conformidade ao previsto na normativa vixente.

4. A mortalla ou vestido de cadáveres e subministración de mortallas coa devandita finalidade.

5. Salas de velorio, co servizo de tanatorio público de conformidade coa normativa administrativa de aplicación.

6. Realización de trámites necesarios para a prestación do servizo de floraría, subministración de ramos, coroas, cruzamentos, etc., realizados con flores e plantas.

7. A subministración directa ou a realización dos trámites para a subministración de féretros, ataúdes, arcas, caixas urnas, etc., para ser destinados á condución, traslado e enterramento de cadáveres, restos cadavéricos ou cinzas.

8. Servizo de traslado.

9. A organización do acto social e/ou relixioso do enterro.

10. A subministración de recordatorios e similares e a prestación dos servizos de confección e colocación de necrolóxicas, a colocación de mesas e de libros de sinaturas.

11. A publicación de necrolóxicas e notas funerarias en prensa, a radiodifusión destas e en xeral a difusión do falecemento en calquera medio de comunicación.

12. En xeral, a realización de cantas actividades e servizos se consideran propios da técnica e/ou actividade funeraria e dos hábitos sociais en materia de servizos funerarios, tanto actuais como futuros, a subministración dos bens accesorios e/ou necesarios para proceder ao sepelio, inhumación ou cremación, así como todos aqueles actos, dilixencias propios da actividade funeraria ou complementarios a esta.

Queda expresamente prohibida a utilización das instalacións para outros fines distintos aos do servizo público ao que están afectas.

O Concello de Camariñas non será en caso ningún responsable do non cumprimento (ou cumprimento defectuosos) das prestacións contratadas entre os particulares e as empresas funerarias.

Artigo 7.

O Concello asumirá o coidado, limpeza xeral, acondicionamento, mantemento, conservación e vixilancia das instalacións comúns, respondendo dos danos que puidesen producirse nas mesmas pola acción do seu propio persoal ou terceiras persoas, sen prexuízo da posibilidade de repercutir os mesmos sobre as persoas responsables ou causantes destes.

A limpeza e desinfección dos túmulos e doutras instalacións solicitadas correrá a cargo da empresa funeraria solicitante, a cal deberá levar a cabo os traballos necesarios para deixalas en óptimas condicións de utilización.

Artigo 8.

As instalacións do Tanatorio deberán estar abertas e en servizo ao público dende o momento en que sexa requirido/autorizado o depósito do cadáver ata que teña lugar a inhumación, cremación ou traslado do mesmo. En particular, o servizo específico de vela de cadáveres prestarase ordinariamente en horario comprendido entre as 8:00 e as 24:00 horas; non obstante, a petición dos familiares do defunto, o dito servizo poderá prolongarse.

Para requirir a prestación do servizo os usuarios deberán poñerse en contacto coas oficinas xerais do Concello e fóra do horario de atención do persoal municipal se chamará ao teléfono que se fará público a través dos medios de difusión municipal (taboleiro de anuncios, páxina web ¿).

Cando non se preste ningún servizo o tanatorio permanecerá pechado.

Artigo 9.

O Concello de Camariñas terá a disposición dos usuarios un libro de reclamacións e suxestións debidamente dilixenciado.

Artigo 10.

O Concello levará un libro rexistro, no seu caso en soporte informático, dos servizos prestados, coas prescricións que poidan ser establecidas pola administración sanitaria e no que se conterá como mínimo os seguintes: Data do servizo, identificación do cadáver, descrición do servizo, datos do peticionario e empresa funeraria.

Artigo 11.

Os ministros ou representantes das distintas confesións relixiosas ou de entidades legalmente recoñecidas poderán dispoñer o que crean máis conveniente para a realización dos servizos relixiosos ou doutro tipo, de acordo coas normas aplicables a cada un dos casos e dentro do respecto debido aos defuntos.

CAPÍTULO III. DEREITOS E DEBERES DOS USUARIOS

Artigo 12.

Os/as usuarios/as teñen, con respecto ao Concello, os seguintes dereitos:

a) Todos aqueles derivados ou consecuencia necesaria dos dereitos e obrigas legais ou regulamentarias.

b) Acceder aos servizos descritos no presente Regulamento sen máis limitacións que as legais ou regulamentariamente establecidas.

c) Que os servizos sexan prestados en condicións de respecto á intimidade, dignidade, conviccións relixiosas, filosóficas ou culturais e sentimento das persoas afectadas.

d) Recibir o asesoramento imprescindible para garantir a prestación dos servizos funerarios ata a inhumación ou incineración do cadáver, especialmente o asesoramento e información con respecto aos trámites legais a cumprir en relación cos requisitos e prácticas sanitarias esixibles en materia de policía sanitaria.

e) Formular cantas reclamacións estimen oportunas.

Artigo 13.

Os/as usuarios/as están obrigados a observar as normas de convivencia, usos e costumes deste municipio en materia de sepelios.

Co fin de preservar o dereito á intimidade e á propia imaxe dos usuarios, non se poderán obter fotografías, debuxos e/ou pinturas das instalacións, nin vistas xerais ou parciais dos recintos, salvo autorización expresa e escrita, sempre do Concello, oídos os familiares.

Artigo 14.

Os/as usuarios/as que soliciten e obteñan a prestación do servizo de tanatorio, así como quenes accedan ás instalacións que o conforman, quedan suxeitos as seguintes obrigas:

a) Aboar a tarifa correspondente.

b) Comportarse con corrección e respecto dentro das instalación do tanatorio municipal.

c) Coidar os bens que teñan sido postos a súa disposición con motivo da prestación do servizo, evitando o seu deterioro ou extravío.

d) Non substraer bens afectos ao servizo que teñan sido postos a súa disposición ao acceder ao mesmo.

e) Actuar de boa fe na achega de datos necesarios para a correcta prestación do servizo demandado.

f) No seu caso, aboar ao Concello a indemnización que corresponda polos danos e prexuízos ocasionados aos bens postos a súa disposición.

CAPÍTULO IV. PERSOAL DO SERVIZO

Artigo 15.

O Concello disporá do persoal necesario para a prestación do servizo de tanatorio, nos termos establecidos no art. 6, 7 e 8 do presente regulamento; en todo caso garantirase a prestación do servizo todos os días do ano e en todas as horas en que fose requirido.

Prestarase especial celo ao mantemento en óptimas condicións de limpeza e hixiene de todas as dependencias.

CAPÍTULO V. INSPECCIÓN E CONTROL

Artigo 16.

O Concello pode efectuar en calquera momento os labores de inspección e control que procedan conforme á normativa aplicable.

Artigo 17.

Os servizos municipais exercerán as funcións de inspección e control da actividade obxecto deste Regulamento e en consecuencia poderán:

a) Acceder libremente ás instalacións.

b) Solicitar información verbal ou escrita respecto á actividade.

c) Realizar comprobacións e cantas actuacións sexan precisas para o desenvolvemento óptimo da actividade.

d) Levantar actas cando aprecien indicios de infracción. Os feitos que figuren nestas presumiranse certos, salvo proba en contrario.

e) En situacións de risco grave para a saúde pública poderán impartir instrucións ou adoptar medidas preventivas, dando conta inmediata ás Autoridades competentes.

CAPÍTULO VI. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 18.

As infraccións que poidan cometerse no exercicio da actividade funeraria regulada neste Regulamento cualificaranse como leves, graves e moi graves, atendendo aos criterios de risco para a saúde, alteración do servizo público, grao de intencionalidade e reincidencia.

Artigo 19.

Considéranse faltas leves:

a) Desatender as indicacións dos servizos municipais ou responsables das instalacións.

b) Falta de corrección leve cos usuarios ou cos membros dos servizos municipais que exerzan as funcións de inspección e control da actividade.

c) Ocasionar calquera molestia que interrompa o normal desenvolvemento do servizo.

d) Causar danos leves aos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles, cando o custe da súa reparación e/ou substitución estea comprendido entre 1 € e 600 €.

e) Con carácter xeral, tipifícase como infracción leve todo incumprimento do presente regulamento que non se considere infracción grave ou moi grave.

Artigo 20.

Considéranse faltas graves:

a) Falta de corrección grave cos usuarios ou cos membros dos servizos municipais que exerzan as funcións de inspección e control da actividade.

b) Obstrución ao labor de inspección ou control.

c) O incumprimento das disposicións administrativas ou sanitarias que racionalmente non merezan a cualificación de moi grave.

d) Causar danos graves aos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles, cando o custe da súa reparación e/ou substitución estea comprendido entre 601 € e 1500€.

e) Calquera perturbación relevante da convivencia na instalación, non cualificada como moi grave.

f) Non aboar a tarifa.

g) Non abandonar a instalación unha vez finalizado o tempo de utilización autorizado.

h) Non comunicar os desperfectos ocasionados nos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles.

i) A reiteración de máis de dúas faltas leves nun ano.

Artigo 21.

Considéranse faltas moi graves:

a) A negativa absoluta a prestar colaboración á actividade inspectora.

b) O incumprimento das disposicións administrativas ou sanitarias que racionalmente merezan a cualificación de moi grave.

c) A utilización das instalacións para fines distintos ao servizo.

d) Impedir o uso do servizo a outros usuarios con dereito á súa utilización.

e) Impedir ou obstruír de forma grave e relevante o normal funcionamento do servizo.

f) Calquera perturbación relevante da convivencia na instalación que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ao exercicio dos dereitos lexítimos doutras persoas, ao normal desenvolvemento do servizo conforme a normativa aplicable ou á salubridade ou ornato público.

g) Causar danos moi graves aos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles, cando o custe da súa reparación e/ou substitución sexa superior aos 1500€.

h) A reiteración de dúas faltas graves nun ano.

Artigo 22.

a) As faltas leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de ata 300,00 euros.

b) As faltas graves con multa comprendida entre 300,01 e 1.500,00 euros.

c) As faltas moi graves, con multas dende 1.500,01 a 3.000,00 euros.

As sancións serán independentes da obriga de reparar os danos causados cando así fora pertinente.

Artigo 23.

O procedemento sancionador tramitarase conforme ao previsto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, en na lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e procedemento administrativo común, e demais réxime xurídico aplicable en xeral para o Concello de Camariñas.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Facúltase á Xunta de Goberno Local para ditar cantas instrucións sexan necesarias para a aplicación e interpretación do presente Regulamento.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.