Lousame - ORDENANZA REGULADORA DAS OPERACIÓNS FORESTAÍS DE TALA, SACA, DÉPOSITO E TRANSPORTE DE MADEIRA NO CONCELLO DE LOUSAME

Publicación provisional: 13/01/2017 BOP Nº: 7
Publicación definitiva: 21/04/2014 BOP Nº: 74
Aplicable dende: 21/05/2014

Artigo 1.-Obxecto da Ordenanza.

Consonte ao disposto nos artigos 77 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba el Regulamento de Bens das Entidades Locais e os artigos 25, 28 e 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, o Concello de Lousame estabelece a presente ordenanza reguladora das actividades de corta e saca de madeira no ámbito do termo municipal de Lousame, co fin de facela compatible coa preservación das vías públicas, seguridade vial, bens municipais e medio natural do Concello.

As actividades afectadas pola ordenanza son todas aquelas operacións que se desenvolvan para a obtención da madeira e o seu transporte, incluíndo tanto as operacións previas ou preparatorias á corta, como poden ser o desprazamento de vehículos e maquinaria ou os accesos ao terreo; como as posteriores destinadas ao depósito da madeira, a carga e o seu transporte.

A ordenanza establece a figura do permiso municipal obrigatorio para a realización dos traballos referidos e as normas para a súa tramitación, a imposición dunha fianza e os mecanismos sancionadores establecidos para garantir o seu cumprimento.

Artigo 2.-Autorizacións para as actividades de corta e saca.

Establécese a obrigatoriedade da obtención de autorización municipal previa para a realización de cada operación de corta ou tala forestal e transporte de madeira dentro do termo municipal do Concello de Lousame.

Esta autorización deberá ser solicitada nas dependencias municipais no modelo oficial facilitado para o efecto.

Exceptúanse desta obriga, sen menoscabo da responsabilidade dos efectos que produza a actividade, aquelas operacións de natureza non industrial nin comercial destinadas ao abastecemento doméstico de leña realizadas por particulares con vehículos agrícolas.

Artigo 3.-Solicitudes.

Para a obtención de autorización municipal para realizar traballos de corta e saca de madeira, as persoas físicas ou xurídicas que o soliciten deberán entregar nas dependencias municipais o impreso formal e debidamente cuberto no que figuren os seguintes datos e documentos xuntos requiridos:

- NIF, nome completo e domicilio fiscal da persoa ou entidade, e domicilio a efectos de notificación de ser diferente.

- No caso de ser persoa xurídica: documento auténtico onde consten as identidades dos administradores e do representante legal da entidade.

- Referencia e plano catastral das parcelas onde se van desenvolver os labores.

- Lugares, días e horarios no que se van desenvolver os traballos de corta, almacenaxe e transporte da carga.

- Copia da autorización da autoridade forestal para a realización da corta ou, de non ser precisa, declaración responsable do cumprimento da normativa forestal vixente.

- Copia dos permisos de circulación do vehículo ou conxunto de vehículos cos que se van desenvolver os labores ou documento oficial no que conste a súa masa máxima autorizada.

- Xustificante de depósito de fianza nos termos recollidos na presente ordenanza.

As solicitudes de autorización entregaranse como mínimo un mes antes do inicio dos traballos.

A súa concesión poderá estar suxeita ás restricións temporais ou condicións técnicas motivadas que decida o Concello.

Non poderán solicitar esta autorización aquelas persoas físicas ou xurídicas que como consecuencia de traballos anteriores cometesen infraccións contra a presente ordenanza e teñan danos pendentes de reparar ou de resarcimento ao concello; aqueles que teñan pendente o pago dalgunha sanción contemplada na presente ordenanza ou aquelas empresas que participasen nos traballos e sexan susceptibles de ser responsables do pagamento dos danos.

A falta de resolución expresa por parte do Concello nese prazo suporá que se entenda denegada a autorización.

Artigo 4.-Deber de fianza.

Os solicitantes de cada autorización de corte e saca de madeira deberán presentar coa solicitude o xustificante de presentación dunha fianza a favor do Concello de Lousame, por calquera dos procedementos establecidos pola lexislación vixente, co fin de responder do amaño dos danos que puideran producir nas vías ou a súa limpeza.

Establécense dúas contías atendendo ao peso máximo autorizado do maior dos vehículos ou conxunto de vehículos empregados. Se o seu peso máximo autorizado non supera as 16 Tm. fíxase unha fianza de mil cincocentos € (1.500,00 €) e se algún vehículo supera esta masa máxima autorizada, entón ascende a tres mil €. (3.000,00 €).

A fianza será reintegrada e/ou cancelada previo informe favorable dos servizos técnicos municipais, unha vez finalizada a corta forestal, no prazo de dous meses, sen prexuízo de que, de non obter dito informe favorable, se produza a incautación definitiva da mesma, e a aplicación do réxime sancionador e demais consecuencias legais esixibles

A dita fianza poderá ser sustituida pola presentación de póliza de seguro de responsabilidade civil do empresario ou empresa que realice os actos regulamentados, acreditando a vixencia e cobertura da mesma para os traballos a realizar durante todo o período que duren as operacións que inclúa os danos a terceiros derivados da actividade da empresa ou empresario.

Para o caso de que a empresa ou empresario subcontrate os traballos ou parte de eles a outra empresa, deberá presentarse tamén, póliza de seguro de responsabilidade civil do empresario ou empresa subcontratada que realice os actos regulamentados, acreditando a vixencia e cobertura da mesma para os traballos a realizar durante todo o período que duren as operacións que inclúa os danos a terceiros derivados da actividade da empresa ou empresario."

Artigo 5.-Normas e obrigas para a realización dos traballos.

- Prohíbese a ocupación das vías públicas e do seu dominio con depósitos de madeira, pólas ou ramaxe; así como das canalizacións, gabias, pasos ou todo lugar que dificulte o paso ou acceso a propiedades ou vías.

- Preservarase o estado das vías públicas empregadas para a realización dos traballos de corta, almacenaxe, carga ou transporte; correspondendo ao responsable da corta o deber de comunicar ao concello calquera dano producido e a obriga de proceder á reparación dos desperfeitos producidos no firme, gabias, canalizacións ou outros elementos.

- Prohíbese a realización de desprazamentos de terras que polas súas características teñan a consideración de movementos de terra a efectos da normativa urbanística.

- Os traballos ocuparán só o espazo indispensable da vía pública, permitindo sempre a circulación e cumprindo as disposicións normativas vixentes que regulan o tráfico, circulación e seguridade vial, especialmente as referidas a sinalización de traballos na calzada, corte de carrís ou desviacións na vía.

- O responsable da corta deberá retirar da vía pública nun prazo máximo de 48 horas calquera refugallo ou sucidade resultado da corta, depósito ou transporte da madeira.

Artigo 6.-Responsabilidade.

Serán responsables, a efectos do cumprimento de todas as obrigas e responsabilidades recollidas nesta ordenanza, por esta orde:

- A persoa ou entidade solicitante da autorización municipal para realizar o traballo.

- A persoa ou persoas titulares da empresa ou establecemento mercantil que realice os labores.

Artigo 7.-Infraccións e procedemento sancionador.

Contra o previsto nesta ordenanza, establécese o seguinte cadro de accións consideradas como infraccións moi graves, graves e leves.

Constitúen infraccións moi graves:

- A realización de traballos de corta e saca de madeira sen a preceptiva autorización municipal.

- Causar danos nas pistas municipais por valor superior a 3.000 €.

- O depósito de madeira na vía pública.

- Calquera actuación que supoña unha situación de risco para a seguridade vial.

- A comisión, nun prazo dun ano, de dúas faltas graves firmes na vía administrativa.

Constitúen infraccións graves:

- Deixar as vías municipais en deficiente estado de limpeza, segundo o informe municipal.

- Causar danos nas pistas municipais por valor inferior a 3.000 €.

- Non repor ao seu estado orixinal as gabias e dominio público empregado para o acceso aos terreos.

- A comisión, nun prazo dun ano, de dúas faltas leves.

Consideraranse infraccións leves:

- Calquera outro incumprimento desta ordenanza que non estea cualificado como moi grave ou grave e cuxa sanción corresponda ao Concello.

As infraccións desta ordenanza serán sancionadas coas seguintes multas:

- Infraccións leves: multa de ata 300,00 €.

- Infraccións graves: multa de contía comprendida entre 300,01 € e 1.500,00 €.

- Faltas moi graves: multa de contía comprendida entre 1.500,01 € e 3.000,00 €.

Sen prexuízo das sancións que correspondan, cando o Concello teña coñecemento de calquera feito contrario ao recollido na presente ordenanza ordenará a paralización da actividade e comunicará aos responsables das cortas a obriga de restituír calquera dano provocado establecendo un prazo de quince días para proceden á súa reparación.

Estas sancións poderán ser reiterativas por cada semana sen cumprimento do esixido ou manténdose na situación de infracción tipificada, podendo dar lugar a multa coercitiva ao abeiro do disposto no artigo 9 e 199 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia 9/2002 do 30 de decembro, ou a normativa que legalmente a substitúa en termos similares.

A resolución do expediente sancionador corresponde á Alcaldía.

- Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual ao valor dos bens destruídos ou ao importe do deterioro dos danos.

- O procedemento sancionador será o establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, en desenvolvemento da Lei 30/1992, e cos criterios expostos no título XI da Lei 7/1985, modificada pola Lei 57/2003, de modernización do goberno local.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza, que foi aprobada definitivamente polo Pleno do Concello o día 27 de marzo de 2014, entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, quedando derrogadas cantas outras disposicións do mesmo rango normativo, en canto se opoñan ou contradigan o disposto na presente. Se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

ANEXO

Ó CONCELLO DE LOUSAME:

SOLICITUDE DE: autorización municipal para OPERACIÓNS FORESTAÍS DE TALA, SACA, DÉPOSITO E TRANSPORTE DE MADEIRA

1.-NIF: __________________________________________________________

2.-Nome: ________________________________________________________

3.-Domicilio fiscal da persoa ou entidade, e domicilio a efectos de notificación de ser diferente que solicita a autorización: ___________________________________

- No caso de ser persoa xurídica deberá acompañarse documento auténtico onde consten as identidades dos administradores e do representante legal da entidade.

4.-Referencia e plano catastral que se adxunta como documento n.º 1 das parcelas onde se van desenvolver os labores.

5.-Lugares, días e horarios no que se van desenvolver os traballos de corta, almacenaxe e transporte da carga.

6.-Copia da autorización da autoridade forestal para a realización da corta ou, de non ser precisa, declaración responsable do cumprimento da normativa forestal vixente. Adxúntase como documento n.º 2.

7.-Copia dos permisos de circulación do vehículo ou conxunto de vehículos cos que se van desenvolver os labores ou documento oficial no que conste a súa masa máxima autorizada. Adxúntase como documento n.º 3, ___, ___, ____, ____, ___,___

8.-Xustificante de depósito de fianza nos termos recollidos na presente ordenanza. Adxúntase como documento n.º ___.

Polo exposto, a persoa cuxos datos constan nos números 1,2 e tres,

SOLICITAN: Que se lles conceda autorización para todas aquelas operacións que se desenvolvan para a obtención dá madeira e ou seu transporte, incluíndo tanto ás operacións previas ou preparatorias á curta, como poden ser ou desprazamento de vehículos e maquinaria ou vos accesos ao terreo; como ás posteriores destinadas ao depósito dá madeira, a carga e ou seu transporte.

En Lousame, a __ de _______ de 2_______.