Bergondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Artigo primeiro.- Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da taxa pola percepción do Servizo de Axuda no Fogar Municipal, a prestación dun conxunto de atencións as persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal, familias en risco de exclusión social e nos casos de desestruturación familiar.
2. Dito feito impoñible concrétase nas seguintes prestacións:
a. Atencións de necesidades de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria.
b. Atencións de carácter básico doutras actividades da vida diaria (acompañamentos fora do fogar).
c. Atencións de carácter psico-social e educativo.
d. Atencións de carácter técnico e complementario.
Artigo segundo. Suxeito pasivo.-
Son suxeitos pasivos da presente taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas que soliciten ou resulten beneficiadas, polos servizos que constitúen o feito impoñible da taxa.
Naqueles casos que os suxeitos carezan de capacidade de obrar, o feito impoñible da taxa recaerá naqueles que exerzan a patria potestade, tutela ou sexan ou gardadores de feito do interesado.
Artigo terceiro.- Contía
1. Para a aplicación das tarifas do cadros establecidos no apartado seguinte, establécese a contía por hora de prestación do servizo en:
a) Cando a xestión é indirecta, o prezo/hora ascende a 11,50 € IVE engadido
b) Cando a xestión e directa, o prezo/hora ascende a 11,50 € IVE engadido
2. Para os efectos de aplicación das presentes tarifas tomarase como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), indicador fixado polo goberno estatal para cada exercicio económico na correspondente Lei xeral de presupostos do Estado
Artigo cuarto.- Determinación da capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido:
a) A capacidade económica das persoas dependentes valoradas que teñan recoñecido un dereito de atención mediante o servizo de axuda no fogar calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.
b) O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso e incluirá un pronunciamento expreso sobre a participación do usuario no custo do servizo de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo quinto.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia e outros servizo complementarios que impliquen copagamento.
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo sexto .- Beneficios fiscais.
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. O servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia prestarase de forma gratuita naqueles casos nos que a capacidade económica resulte igual ou inferior ao 80% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).
3. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, poderán preverse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar xustificada no correspondente informe social
Artigo sétimo.- Devengo e período impositivo
1. A taxa devengarase cando se inicie a prestación do servizo.
2. A liquidación das contías esixibles, de acordo coa tarifa, realizarase polo número de horas mensuais prestadas.
3. Os recibos para o cobro da taxa emitiranse e xiraranse nos quince primeiros días do mes seguinte á prestación do servizo.
Artigo oitavo.- Participación no financiamento das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica | Grao I | Grao II | Grao III |
<=20 h | <=45 h | <=70 h | |
100,00 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 % | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA (programa individual de atención á dependencia), ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora. En consonancia, o prezo/hora deste servizo establécese en 11,50 €/hora (IVE engadido).
5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III | ||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=15 | <=28 | <=45 | |||||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % |
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % |
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % |
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % |
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % |
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % |
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % |
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % |
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % |
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % |
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % |
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
Artigo noveno.- Determinación da participación no financiamento das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia:
1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, que é o prestado as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo quinto desta ordenanza.
CAPACIDADE ECONOMICA | Participación no custo do servizo de SAF Básico |
MENOS 80 % IPREM; | 0,00% |
>80 % e <= 110 % | 10,00% |
>110 % e <= 130% | 15,00% |
>130% e <= 150% | 20,00% |
>150% e <= 175% | 25,00% |
>175% e <= 200% | 30,00% |
>200% e <=225% | 40,00% |
>225% e <=250% | 50,00% |
>250% e <=300% | 60,00% |
>300% e <= 350% | 65,00% |
>350% e <= 400% | 70,00% |
>400% e <= 450% | 75,00% |
>450% e <= 500% | 80,00% |
>500% e <= 550% | 85,00% |
máis de 550 % | 90,00% |
2. Establécese un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40 % da súa capacidade económica e o prezo hora do Servizo de axuda no fogar por libre concorrencia establecese en 11,50 €/hora (IVE engadido).
Artigo décimo. Infraccións e sancións
En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas cualificacións, así como nas sancións que ás mesmas correspondan, en cada caso, aplicaranse as normas establecidas nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.A
Disposición Derrogatoria
A presente ordenanza fiscal deroga a ordenanza aprobada polo Pleno de 24 de xullo de 2013 e publicada no BOP nº 185, do 27/9/2013
Disposición Derradeira Primeira.
A contía do IPREM será a que se estableza nos orzamentos xerais do Estado para cada exercicio económico.
Disposición Derradeira Segunda
A presente Ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno do Concello de Bergondo, será publicada na forma legalmente establecida e entrará en vigor unha vez entre en vigor a ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa."