Carballo - ORDENANZA REGULADORA DO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E DOS PREZOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE CARBALLO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2.k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto.
O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.
En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Carballo, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal a través da presente ordenanza
CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.- Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Carballo, como programa básico de actuación dos servizos sociais comunitarios básicos de carácter municipal, así como a súa adaptación á normativa vixente.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ó servizo de axuda no fogar que se desenvolve no concello de Carballo.
Artigo 3.- Natureza, definición e obxectivos do servizo
1. O Servizo de Axuda no Fogar (en adiante SAF) é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións, ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. O SAF poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
3. O SAF ten por obxecto perstar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadota, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solicidariedade e potenciar o voluntariado social.
h) Apoiar e complementar a labor da familia en situacións de sobrecarga derivadas da atención de persoas dependentes ou de crise familiar.
i) Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e o respiro familiar.
l) Potenciar a utilización de recursos comunitarios.
Artigo 4.- Contido do servizo
1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
I. Asistencia para levantarse e deitarse.
II. Apoio no coidade e hixiene persoal, así como para vestirse.
III. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
IV. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
V. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
VI. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
VII. Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
b. Acompañamento persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:
I. Seguimento das intervencións realizadas polo sitema sanitario.
II. Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xuficial e similares.
c. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
I. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
II. Compra de alimentos e outros productos de uso común.
III. Preparación dos alimentos.
IV. Lavado e coidado das prendas de vestir, así como do enxoval doméstico.
V. Apoio á unidade familiar.
VI. Coidados e mantemento básico da vivenda.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio.
d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estructuración familiar.
2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:
a. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b. Servizo de préstamo de axudas técnias para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal.
c. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
d. Adaptacións funcionais do fogar.
e. Servizo de podoloxía.
f. Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se falicite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a. A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e/ou no acordo de servizo.
b. Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso, ser realizadas por persoal facultativo.
Artigo 5.- Persoas destinatarias
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 6.- Dereitos das persoas usuarias
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
7. Ao tratamento confidencial do seus datos, de acordo coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, de xeito claro e preciso,sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. A calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Artigo 7.- Deberes das persoas usuarias.
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:
1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.
7. Respectar a dignidade persoal e profesioal das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
8. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puídese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.
9. Obter os medios axeitados para realizar os desprazamentos, no caso que se realicen acompañamentos fóra do domicilio para xestións adecuadamente valoradas polos servizos sociais, sendo tarefa do/a auxliar de axuda no fogar unicamente acompañar a dita persoa.
10. Participar no pagamento do servizo de axuda no fogar, se fose o caso, nos termos que figuren na resolución da concesión do servizo, debendo aboar o prezo público correspondente segundo a normativa aplicable.
11. Informar ao persoal que presta o servizo de SAF aspectos relativos á súa saúde para mellorar a atención, e permitir adoptar as medidas preventivas que se requiran.
Artigo 8.- Deberes dos/as auxiliares de axuda no fogar.
1. Respectar a intimidade da persoa usuaria e gardar a debida confidencialidade.
2. Non permitir que sexa a persoa usuaria quen oriente o servizo, e manter unha relación de equilibrio afectivo. O trato será sempre de respecto, evitando que a confianza coa persoa usuaria e coa súa familia interfira no traballo.
3. Respectar os horarios e as tarefas establecidas no proxecto de intervención, e non facer cambios sen a previa autorización do/a profesional de refencia
4. Non custodiar diñeiro, xoias, nin obxecto algún da persoa usuaria.
5. Non recibir ningún tipo de prestación/bonificación por parte da persoa usuaria (cartos, regalos, etc.)
6. Non dispoñer de chaves de ningún domicilio, agás cando as condicións da situación concreta así o esixan, sempre con consentimento formal da persoa usuaria e a aceptación do/a profesional de referencia
7. Non acudir ao lugar de traballo en compaña de persoas alleas ao servizo.
Artigo 9.- Causas de extinción e modificación do servizo.
1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:
a. A renuncia ou desestimento da persoa usuaria.
b. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de internvención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
c. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
d. Falecemento da persoa usuaria
e. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
f. A falta reiterada de pagamento do servizo.
g. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
h. Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegaron ao expediente.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
As persoas usuarias que accederan ao serizo de axuda no fogar polo sistema de libre concurrencia e fosen valoradas con posterioridade por dependencia correspondéndolles a efectividade do dereito, poderán ver modificadas as condicións da prestacón do servizo consorte ao establecido no programa individual de atención e a normativa de aplicación.
As modificacións tamén poderán producirse por pedimento da persoa interesa, mediante solicitude subscrita por ela coa valoración do/a traballador/a social responsable do expediente, á vista dos posibles cambios da situación que motivou a concesión.
3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.
Artigo 10.- Causas de suspensión temporal do servizo
Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas usuarias que accedan ao servizo polo sitema de libre concurrencia por un máximo dous meses para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circusntancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
CAPÍTULO II.- DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
SECCIÓN 1ª .- DISPOSICIÓNS COMÚNS
Artigo 11.- Formas de prestación do servizo.
1. O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Carballo ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contaración da xestión de servizos públicos, regulados na normativa viexente sobre contraos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 12.- Requisitos específicos da organización
1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnico/a titulado/a a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnico/a titulado/a a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención socisanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, ou o recoñecido pola lexislación vixente.
3. O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
4. O Concello de Carballo abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
a. Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social do Concello de Carballo.
b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable,
c. Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Carballo e a persoa usuaria.
d. Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimenstral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
SECCIÓN 2ª.- DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Artigo 13.- Modalidades de acceso ao servizo e organización.
O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase a través dos servizos sociais comunitarios básicos de carácter municipal, do xeito que segue:
1.- Acceso por dependencia:
O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondende resolución do programa individual de atención (PIA), e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos (PAR) establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos.
Para estos efectos, o Concello de Carballo, cando sexa o caso, procederá a dar de alta ás persoas en agarda de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa de atención individual de atención determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
A temporalidade do servizo é indefinida mentres non se produza algunha das causas de extinción do servizo recollidas no artigo 9 da presente ordenanza.
O horario de prestación do SAF de Dependencia será, con carácter xeral, de 8 a 22 horas ininterrompidamente en dous turnos de 7 horas cada un, de luns a domingo, todos os días do ano. O Concello de Carballo poderá modificar o horario de prestación coa finalidade de optimizar o funcionamento do SAF.
O Concello de Carballo poderá asignar unha ou máis auxiliares de axuda no fogar a cada caso en función do proxecto de intervención individual e da organización xeral do SAF.
O Concello de Carballo consignará nos seus orzamentos as cantidades necesarias para garantir a viabilidade dos servizos da súa competencia, podendo complementarse coas achegas doutras administracións e coas achegas das persoas usuarias en función da súa capacidade económica.
2.- Acceso por libre concurrencia.
Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia, resolverase en réxime de libre concurrencia.
Estas persoas terán un prazo máximo de 3 meses para solicitar a administración competente a valoración de dependencia, se fose o caso, e continuar o procedemento oportuno.
A temporalidade é definida e suxeita a revisión. A intensidade de atención definirase tras a correspondente valoración técnica, cun máximo de 5 horas semanais en función das tarefas designadas. En circunstancias excepcionais e limitadas no tempo podería elevarse segundo a valoración técnica.
No acceso por libre concorrencia empregarase un baremo determinado (anexo I) no que, ademais dos posibles déficits de autonomía da persoa, se valoren factores de carácter persoal e sociofamiliar, apoio social, situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a súa normalización e a calidade de vida.
Dentro da modalidade de acceso por Libre Concorrencia, o acceso por urxencia sobrevida, permitirá iniciar a prestación do servizo de axuda no fogar nun prazo non superior a 2 días laborais, establecéndose unha alta provisional, tras a correspondente valoración técnica. Á maior brevidade posible a persoa usuaria, representante legal ou gardador de feito, debe facilitar a información e achegar a documentación precisa, así como aceptar o aboamento dos prezos públicos que correspondesen se fose o caso para manter o servizo.
A extensión da prestación, para as persoas usuarias cuxa vía de acceso ó servizo de axuda no fogar é por libre concorrencia, incluído o acceso por urxencia sobrevida dentro desta modalidade, virá condicionada polas posibilidades orzamentarias do programa consignadas polo Concello de Carballo, podendo complementarse coas achegas doutras administracións e coas achegas das persoas usuarias en función da súa capacidade económica.
Artigo 14.- Procedemento: solicitudes e documentación
1. Para o acceso por dependencia
As persoas que teñen recoñecida unha situación de dependencia, que se lles asiganara o servizo de axuda no fogar no PIA e no PAR, achegarán, se fose o caso, a documentación precisa para actualizar os datos persoais e familares
2. Para o acceso por libre concorrencia
O procedemento iniciarase mediante a presentación da solicitude, en modelo normalizado, dirixida ao Alcalde no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/92 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, acompañada da seguinte documentación:
1. Fotocopia de DNI / NIE da persoa interesada
2. No caso en que a persoa solicitante actúe a través de representante deberá presentar copia compulsada da sentencia de incapacidatación legal e nomeamento de titor/representante legal; se é o caso, fotocopia compulsada do DNI/NIE/ pasaporte da persoa que teña a representación.
3. Focopia compulsada de libro de familia no caso de seren menores de idade.
4. Fotocpia da tarxeta sanitaria da persoa interesada.
5. Informe de condicións de saúde da persoa interesada.
6. Certificado de discapacidade e/ou certificado de recoñecemento de situación de dependencia.
7. Certificado de padrón de todos os membros da unidade de convivencia
8. Xustificante de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan tódalas persoas residentes na mesma unidade de convivencia por medio dalgunha da seguinte documentación:
- certificado de pensión ou prestacións percibidas do organismo competente
- fotocopia da última declaración da renda, ou no esu caso certificado negativo de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
- certificado de bens mobles e/ou inmobles, xustificando rendementos, ganancias e perdas.
9. Declaración de patrimonio, de ser o caso, certificado da Consellería de Economía e Facenda
10. Xustificante de gastos: aluguer, hipoteca, servizos de carácter público e/ou privado de coidados de atención persoal
11. Autorización ao Concello de Carballo para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria información de naturaza tributaria.
12. Impreso de domiciliación bancaria, de ser o caso.
3. Para o acceso por emerxencia sobrevida
Poderá iniciarse o servizo de axuda no fogar só coa solicitude presentada no Rexistro Xeral do Concello, sempre que así o valore o/a traballador/a social responsable do servizo a través do informe correspondente. E no prazo de 10 días hábiles, requirirase a quen asinara a solicitude para que, achegue a documentación esixida no artigo 14.2.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
En calquera dos casos, con independencia da documentación que se sinala, o Concello poderá esixir os documentos complementarios que durante a tramitación do expediente considere oportunos en relación coa prestación solicitada.
O persoal de servizos sociais recabará de oficio, por si mesma, a través doutros departamentos municpais ou extramunicipais, información relativa ao cumplimento dos requisitos de empadroamento e daqueloutros indispensables que non se acreditaran suficientemente, sen prexuízo da obtención da correspondente autorización por parte da persoa interesada consorte a normativa vixente en materia de protección de datos.
O Concello resérvase as actividades inspectoras que considere convenientes sobre os datos achegados e relacionados co servizo que se solicita.
As solicitudesincompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias; en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal e como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.
As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunsntacias de necesidade e a aplicación do baremo establecido para tal fin, segundo o anexo I.
O Departamento de Servizos Sociais elaborará un informe - proposta que será elevada á Alcaldía, ou ben ao Concelleiro ou Concelleira por delegación para ditar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.
No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non esistir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrase nunha lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda. En todo caso, na resolución farase constar, cando menos:
¿ aprobación ou denegación do servizo.
¿ dispoñibilidade de alta efectiva ou pasa á lista de agarda
¿ as condicións de carácter económico en que se prestará o servizo, onde conste o prezo público que satisfará a persoa usuaria así como como o que satisfará o Concello de Carballo.
A resolución de aprobación que se dite notificarase á persoa interesada ou ao seu representante legal e ao Departamento de Servizos Sociais.
En caso de denegación, faranse constar as causas que motivan a resolución, que será notificada á persoa interesada ou ao seu representante legal dentro do prazo de dez días a partir da data en que o acto fose ditado e deberá conter o texto íntegro da resolución, con indicación de se é ou non definitiva na vía administrativa, dos recursos que procedan, do órgano ante o que se poden presentar e do prazo para interpoñelos, sen prexuízo dos cales os interesados poidan exercitar, se é o caso, calquera outro que consideren conveniente. Desta resolución darase conta ao Departamento de Servizos Sociais (consorte ao artigo 58 da Lei 30/92).
Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe - proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía da urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación que o desencadeou. A desaparición desta levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.
Para o inicio da prestación do servizo será requisito previa asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido.
Anualmente farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida neste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual. No caso das persoas usuarias polo acceso de dependencia deberán acreditar a actualización dos datos económicos se fose o caso.
Artigo 15.- Causas de denegación no pocedemento por libre concurrencia.
A denegación da solicitude procederá por algunha das seguintes causas:
1. Que a persoa usuaria poida satisfacer axeitamente as súas necesidades por si mesmo/a e/ou co apoio dos seus familiares.
2. Que a necesidade alegada non sexa obxecto de cobertura polo servizo de axuda no fogar.
3. Que non se acepten as condicións do servizo municipal en canto a prestacións e á obriga de particiapar no pagamento dos servizos naqueles supostos concretos que se establezan nesta ordenanza.
4. Que persistan as circunstancias que motivaron a extinción do servizo a través dun expediente sancionador.
5. Que a vivenda non reúna as mínimas condicións de habitabilidade, careza de auga, luz, ¿, sexa unha infravivenda, chabola ou similar, segundo establece a lexislación vixente.
6. Que a persoa usuaria ou a persoa que a represente se negue a facilitar os medios oportunos e condicións para que sexa levado a cabo o servizo.
7. Que a persoa usuaria ou a persoa que a represente se negue a asinar o acordo de prestación do servizo.
8. Calquera outra causa, debidamente motivada.
Artigo 16.- Desenvolvemento da prestación do servizo.
1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.
2. Antes do inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requerido para cada caso concreto.
Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.
4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo.
5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.
6. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.
7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
Artigo 17.- Intensidade da prestación do servizo
1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.
2. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.
3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do concello.
Artigo 18.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias que acceden por dependencia.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 19.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias que acceden por libre concurrencia.
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 20.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.
1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2.- Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III |
<=20 h | <=45 h | <=70 h | |
100,00 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 % | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
3.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4.- En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.
5.- No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III | ||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=15 | <=28 | <=45 | |||||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % |
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % |
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % |
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % |
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % |
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % |
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % |
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % |
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % |
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % |
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % |
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
Artigo 21.- Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias de SAF por libre concurrencia
1. Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concurrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 20 desta ordenanza.
Capacidade económica | Participación no custe do servizo de SAD básico |
Menor do 0,80 do IPREM | 0% |
Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,15 IPREM | 10% |
Maior do 1,15 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM | 20% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM | 30 % |
Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM | 40 % |
Maior de 2,50 IPREM | 60 % |
2. Sen prexuizo do anterior, poderán establecerse excepción saos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
Artigo 22.- Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos.
De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello de Carballo, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
Artigo 23.- Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos
No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello.
Artigo 24. - Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
SECCIÓN 3ª.- FINANCIAMENTO E PREZOS PÚBLICOS POLA PRESTACIÓN DO SAF
Artigo 25.- Natureza e fundamento
De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no capítulo VI do título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Carballo establece o prezo público polo servicio de axuda no fogar tanto para persoas que acceden ao servizo por libre concorrencia, como para persoas valoradas como dependentes segundo a Lei 39/2006 de 14 de decembro de promoción da autonomía persoal a atención ás persoas en situación de dependencia e a Orde que regula o servizo de axuda no fogar na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 26.- Concepto
O prezo público regulado neste acordo constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polas persoas usuarias que voluntariamente soliciten a prestación do servicio de axuda no fogar.
Artigo 27.- Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, as persoas usuarias beneficiarias do servizo prestado por este Concello ás que se refire o artigo 5.
Artigo 28. -Nacemento da obriga de pago
A obriga de pagar os prezos públicos, consorte coa ordenanza fiscal reguladora do prezo para a prestación deste servizo no Concello de Carballo, nace desde que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, realizarase bimestralmente a través de domiciliación bancaria que autorizará a persoa usuaria ou o seu representante legal ou gardador de feito por escrito ou mediante ingreso na conta conrrente que o Concello sinale no momento de subscribir o acordo de prestación de servizo.
2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no bimestre anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficaira, para que se efectúe o pagamento.
3. As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.
Artigo 29.- Contía do prezo público
1.- A contía do prezo público regulado no presente acordo será o fixado nas tarifas contidas nos apartados seguintes referida a unha hora de prestación do servizo, e que se determinará do seguinte xeito:
Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do presente artigo, o importe do prezo público será de 12 €/hora
Ao abeiro do establecido no artigo 47.1 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a modificación de ditos importes en función das variacións no custe do servizo.
2.- A participación das persoas usuarias no financiamento do servizo de axuda no fogar por dependencia establecerase en función do regulado no artigo 18, 20 e 21 deste Ordenanza e a participación das persoas usuarias por libre concurrencia establecerase en función dos artigos 19 e 22 desta Ordenanza.
Artigo 30.- Normas de xestión
1.- As liquidacións practicaranse bimestralmente nos primeiros vinte días de cada mes mediante a aprobación de padróns ou matrículas deste prezo público, de conformidade co informe facilitado polo servizo en relación ao mes inmediato anterior.
2.- O impago excepcional dunha mensualidade suporá, en caso de xustificación motivada ao departamento de Servizos Sociais polo usuario do servizo, a acumulación da mensualidade a pagar no mes seguinte. Se a mensualidade acumulada fose obxecto de impago novamente procederase á extinción do servizo.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
PRIMEIRA.- No caso de que por necesidades do servizo se precisase complementariamente a contratación duna empresa ou entidade para a prestación do SAF, farase segundo o prego de condicións técnicas e administrativas proposto en cada momento.
Ademais terase en conta o disposto nesta Ordenanza e na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar (publicada no DOG do 02/02/2009).
SEGUNDA.- As subvencións que de organismos, tanto públicos como privados, sexan concedidas ao concello polo concepto de servizo de axuda no fogar, redundarán integramente neste servizo, a fin de lograr unha axeitada atención.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar deste Concello de Carballo aprobada no Pleno do día 26/10/2009 e publicada no BOP Nº 268 do dia 22/12/2009, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.
DISPOSICIÓN FINAL
Facúltase a Alcaldía para ditar cantas disposicións internas sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta norma, sempre que non supoña a súa modificación, dándose conta á comisión informativa correspondente.
Esta Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio da súa aprobación definitiva no B.O.P.
ANEXOS
ANEXO I - BAREMO ACCESO Ó SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR LIBRE CONCORRENCIA
FACTOR 1- BAREMO DE AUTONOMÍA PERSOAL
A avaliación do grao de autonomía/dependencia basearase en 4 graos distintos en función da necesidade de apoio doutra persoa para a realización das tarefas:
A- Autónomo/a: cando a persoa é totalmente independente para facer a tarefa, non necesita de ninguén. Puntúase con 0 puntos.
NS- Necesita supervisión: cando a persoa só necesita que outra lle prepare os elementos necesarios para realizar a actividade/tarefa e/ou lle faga indicacións ou estímulos, sen contacto físico, para realizar a actividade/tarefa correctamente e/ou evitar que represente un perigo. Puntúase con 0,25 puntos.
AFP- Asistencia física parcial: cando a persoa require que outra colabore fisicamente na realización da actividade/tarefas. Puntúase con 0,75 puntos.
D- Dependente: Cando a persoa avaliada require que doutra que lle substitúa na realización física da actividade/tarefa. Puntúase con 1 punto.
As persoas que soliciten o servizo por libre concorrencia e deberán acadar un mínimo de 4 puntos para poder acceder ó mesmo.
ACTIVIDADES / TAREFAS | A | NS | AFP | D |
COMER/BEBER: Levar a cabo tarefas e accións coordinadas relacionadas con comer os alimentos servidos e con beber de maneira axeitada. | ||||
Cortar ou partir a carne en anacos | ||||
Usar cubertos para levar a comida á boca | ||||
Suxeitar e acercarse o recipiente de bebida | ||||
Sorber as bebidas | ||||
REGULACIÓN DA MICCIÓN/DEFECACIÓN: Indicar a necesidade, adoptar a postura axeitada, elixir e acudir a un lugar axeitado, manipular a roupa antes e despois e limparse. | ||||
Acudir a un lugar axeitado | ||||
Manipular a roupa | ||||
Adoptar e abandonar a postura axeitada | ||||
Limparse | ||||
Contén a micción | ||||
Contén a defecación | ||||
LAVARSE: Lavarse e secarse todo o corpo, ou partes do corpo, utilizando auga e materiais ou métodos apropiados de lavado e secado, como bañarse, ducharse, lavarse as más e os pés, a cara e secarse cunha toalla. | ||||
Lavarse ás mans | ||||
Lavarse a cara | ||||
Lavarse a parte inferior do corpo | ||||
Lavarse a parte superior do corpo | ||||
OUTROS COIDADOS CORPORAIS: Coidado de partes do corpo que requiren un nivel de coidado maior que o simple feito de lavarse e secarse. | ||||
Peitearse | ||||
Cortarse as unllas | ||||
Lavarse o pelo | ||||
Lavarse os dentes | ||||
VESTIRSE/DESVESTIRSE Levar a cabo as accións e tarefas coordinadas precisas para poñerse e quitarse roupa e calzado na orde correcta e consonte ás condicións climáticas e sociais, tales como poñerse, abrocharse e quitarse camisas, saias, blusas, pantalóns, roupa interior,...., zapatos, botas, sandalias e zapatillas. | ||||
Calzarse | ||||
Abrochar e desabrochar os botóns | ||||
Vestirse e quitarse prendas da parte inferior do corpo | ||||
Vestirse e quitarse prendas da parte superior do corpo | ||||
MANTEMENTO DA SAÚDE: Coidar dun mesmo sendo consciente das propias necesidades e facendo o necesario para coidar da propia saúde, buscar asistencia médica; seguir consellos médicos e doutros profesionais da saúde. | ||||
Aplicarse medidas terapéuticas recomendadas ( toma de medicamentos) | ||||
Pedir axuda ante unha urxencia (uso do teléfono) | ||||
TRANSFERENCIAS CORPORAIS: | ||||
Sentarse: Adoptar e abandonar a posición de sentado e cambiar a posición de estar sentado a calquera outra como levantarse ou deitarse. | ||||
Deitarse: Adoptar e abandonar a posición de deitado e cambiar a posición de estar deitado a calquera outra como sentarse o poñerse de pé. | ||||
Poñerse de pé: Adoptar e abandonar a posición de estar de pé ou cambiar a posición corporal de estar de pé a outra como deitado ou sentado. | ||||
DESPRAZAMENTOS DENTRO DO FOGAR | ||||
Desprazamentos vinculados ao autocoidado | ||||
Desprazamentos non vinculados ao autocoidado | ||||
Accede a todos os elementos comúns da vivenda na que reside | ||||
DESPRAZAMENTOS FÓRA DO FOGAR | ||||
Accede ao exterior | ||||
Desprázase ao redor da vivenda | ||||
Desprázase a lugares achegados | ||||
Desprázase a lugares afastados | ||||
Utiliza os medios de transporte (públicos ou privados) | ||||
REALIZAR AS TAREFAS DOMÉSTICAS | ||||
Preparar comidas: Idear, organizar, cociñar e servir comidas frías e quentes para un mesmo. | ||||
Facer a compra: Seleccionar os alimentos, bebidas, produtos de limpeza, artigos para a casa ou roupa; comparar a calidade e prezo dos produtos necesarios, negociar e pagar polos bens ou servizos seleccionados e transportalos. | ||||
Limpar e coidar a vivenda: Ordenar e quitar o pó, varrer e fregar o chan, limpar cuartos de baño, limpar mobles, lavar os utensilios de cociña, limpar mesa e chan ao redor de onde se come e cociña, facer a cama | ||||
Lavar, tender e coidar a roupa: Lavado (man ou máquina), secado, pasar o ferro e gardado | ||||
REALIZAR XESTIÓNS e MANEXO DE CARTOS | ||||
Pedir citas ao médico | ||||
Solucionar trámites sinxelos (ir a cobrar ao banco, ter ao día os pagos de luz, auga,...) | ||||
Solucionar trámites complicados (realizar xestións no banco, nos distintos servizos públicos ou privados,...) | ||||
Control-Manexo dos cartos (levar as contas da casa, manexar os cartos) | ||||
PUNTUACIÓN TOTAL ACADADA |
FACTOR-2: APOIO SOCIAL
(máximo 20 puntos)
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio | 20 Puntos | |
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes | 18 Puntos | |
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo: | Máximo 12 ptos | |
Cunha persoa maior de 70 anos | 12 Puntos | |
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia | 3 Puntos | |
Cunha persoa que carece de tempo | 3 Puntos | |
Con incapacidade para organizarse | 3 Puntos | |
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades | 8 Puntos | |
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km | 5 Puntos | |
Está ben atendido | 0 Puntos | |
TOTAL PUNTOS APOIO SOCIAL |
FACTOR-3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo 20 puntos)
3.1. imitacións de rol (máximo total 2 puntos)
Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores | 2 Puntos |
3.2. Monoparentalidade
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores | 2 Puntos |
3.3. Habilidades parentais
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) | 2 Puntos |
3.4. Número de menores (máximo total 10 puntos)
Un menor | 3 Puntos | |
Dous menores | 5 Puntos | |
Tres menores | 7 Puntos | |
Catro ou máis menores | 10 Puntos | |
TOTAL PUNTOS SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES |
FACTOR-4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS
4.1. Vivenda (total 10 puntos)
Non hai luz eléctrica | 1 Punto | |
Non hai auga corrente | 1 Punto | |
Non posúe WC | 1 Punto | |
Non posúe cuarto de baño completo | 1 Punto | |
Non ten neveira | 1 Punto | |
Non ten quentador | 1 Punto | |
Non ten lavadora | 1 Punto | |
Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade | 1 Punto | |
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda | 1 Punto | |
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda | 1 Punto | |
TOTAL PUNTOS VIVENDA |
4.2. Integración no contorno (total 10 puntos)
Situación de illamento ou de rexeitamento | 10 Puntos | |
Ausencia de relacións sociais | 6 Puntos | |
Existen escasas relacións coas persoas do contorno | 4 Puntos | |
Integración axeitada no contorno | 0 Puntos | |
TOTAL PUNTOS OUTROS ASPECTOS SOCIAIS |
FACTOR 5.- BAREMO SITUACIÓN ECONÓMICA (máximo 20 puntos)
Ingresos < 60% do IPREM | 20 |
Ingresos entre o 60 e o 80 % do IPREM | 19 |
Ingresos entre o 80 e o 100 % do IPREM | 18 |
Ingresos entre o 100 e o 120 % do IPREM | 16 |
Ingresos entre o 120 e o 140 % do IPREM | 14 |
Ingresos entre o 140 e o 160 % do IPREM | 12 |
Ingresos entre o 160 e o 180 % do IPREM | 10 |
Ingresos entre o 180 e o 200 % do IPREM | 8 |
Ingresos entre o 200 e o 220 % do IPREM | 6 |
Ingresos entre o 220 e o 240 % do IPEM | 4 |
Ingresos entre o 240 e o 260 % do IPREM | 3 |
Ingresos entre o 260 e o 280 % do IPREM | 2 |
Ingresos entre o 280 e o 300 % do IPREM | 1 |
Ingresos > o 300% do IPREM | 0 |
FACTOR 6.- BAREMO OUTROS FACTORES
Neste apartado incluiranse, exclusivamente, aquelas situacións non recollidas en ningún dos apartados anteriores que agraven a situación de necesidade. Inclúe variables que determinan, dalgunha maneira, certo grao de necesidade do solicitante. (2 puntos por cada item)
Situacións xerais marxinantes: Baixo nivel cultural, inhabilidade social, desemprego, rexeitamento social, etc. | |
Existencia de gastos regulares de relevancia relacionados coa cobertura de necesidades básicas: alugueiros, hipotecas, alugueiro de axudas técnicas, préstamos para eliminación de barreiras arquitectónicas ou mellorar as condicións de habitabilidade, etc. | |
Familias con graves cargas que necesitan alivio na súa dedicación ao familiar asistido. | |
Domicilio no que conviven, co interesado, outras persoas na súa situación de discapacidade. | |
Outras circunstancias especiais que levan ao solicitante a un estado de necesidade. |