Lousame - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PUBLICO POLA PRESTACION DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE LOUSAME
Artigo 1.º.-Fundamentos e natureza.
1.1. En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade coo disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia. O Concello de Lousame establece o prezo público pola prestación do Servizo Público Municipal de Axuda no fogar atendendo ao establecido nos artigos 20.4 e 57 do citado Real Decreto lexislativo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
1.2. O servizo público de axuda no fogar configúrase como unha prestación do sistema público de benestar social establecida na lei 39/2006, doo 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e de Atención as persoas en situación de dependencia e demais normativa estatal de desenvolvemento, Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia e demais normativa de carácter autonómico que desenvolve a autonomía e atención á dependencia na comunidade autónoma, e en especial a orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG .º 22, do 2/02/2009).
1.3. De acordo co establecido no Decreto 99/2012, do 16 de Marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento modificado polo decreto 149/2013 do 5 de setembro que define a carteira de servizos sociais para a promoción para a autonomía persoal e á atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.
1.4. As atencións que se prestan son as reflectidas no Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar no Concello de Lousame.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible do prezo público, a prestación efectiva do servizo de axuda no fogar (SAF) de libre concorrencia e do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e que no Programa Individualizado de Atención de recursos teñan o SAF como recurso asignado, ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación.
Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos do prezo público regulados na presente ordenanza os seguintes:
1. As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e posterior normativa estatal e autonómica aplicable, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo e sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
2. As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
Se a persoa beneficiaria carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.
Artigo 4.º.-Base impoñible.
4.1. O prezo da hora do servizo de axuda no fogar establecese en 12,50 € para os días laborais e 13,00 € para domingos e días festivos, variando anualmente, segundo a modificación dos índices económicos de aplicación ou, de ser o caso, pola publicación de normativas de rango superior que sexan de aplicación, entrando en vigor a modificación, entrando en vigor a modificación ao mes seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Artigo 5.º.-Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar a través do Sistema Galego de Dependencia.
De acordo ao establecido no artigo 59 do Decreto 99/12 do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. (Modificado polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencias e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo).
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar calcularase en atención á súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, a renda e patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas convivintes, economicamente dependentes. Para o cálculo da citada capacidade económica, observaranse as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestación do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Capacidade económica (referenciada ao IPREM) | GRAO I | GRAO II | GRAO III |
<=20 horas | <=45 horas | <=70 horas | |
100,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% |
115,00% | 4,52% | 9,61% | 14,70% |
125,00% | 5,41% | 11,50% | 17,58% |
150,00% | 5,55% | 11,79% | 18,03% |
175,00% | 5,65% | 12,00% | 18,35% |
200,00% | 5,72% | 12,16% | 18,60% |
215,00% | 5,81% | 12,34% | 18,87% |
250,00% | 6,03% | 12,82% | 19,61% |
300,00% | 6,24% | 13,26% | 20,29% |
350,00% | 6,42% | 13,63% | 20,85% |
400,00% | 6,54% | 13,90% | 21,25% |
450,00% | 6,63% | 14,09% | 21,55% |
500,00% | 6,70% | 14,25% | 21,79% |
>500% | 6,76% | 14,36% | 21,97% |
Artigo 6.º.-Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.
De acordo ao establecido no artigo 61 do Decreto 99/12 do 16 de marzo (modificado polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencias e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo), polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento:
1.-No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2.-Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado.
O acrónimo IPREM significa ¿indicador de rendas de efectos múltiples".
3.-Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada por proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo prestado.
4.-En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
5.-No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | GRAO I | GRAO II | GRAO III | ||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=15 | <=28 | <=45 | |||||||
100,00% | 0,00% | 12,87% | 13,76% | 0,00% | 22,73% | 24,29% | 0,00% | 35,51% | 37,95% |
115,00% | 5,98% | 13,10% | 14,00% | 10,56% | 23,12% | 24,71% | 16,50% | 36,13% | 38,61% |
125,00% | 7,15% | 13,39% | 14,31% | 12,63% | 23,64% | 25,26% | 19,73% | 36,94% | 39,47% |
150,00% | 7,34% | 13,52% | 14,44% | 12,95% | 23,87% | 25,50% | 20,24% | 37,29% | 39,85% |
175,00% | 7,47% | 13,61% | 14,54% | 13,18% | 24,03% | 25,67% | 20,60% | 37,54% | 40,12% |
200,00% | 7,57% | 13,76% | 14,70% | 13,36% | 24,29% | 25,96% | 20,87% | 37,96% | 40,56% |
215,00% | 7,68% | 13,83% | 14,78% | 13,56% | 24,42% | 26,09% | 21,18% | 38,16% | 40,77% |
250,00% | 7,98% | 13,96% | 14,91% | 14,09% | 24,64% | 26,33% | 22,01% | 38,50% | 41,14% |
300,00% | 8,25% | 14,06% | 15,02% | 14,57% | 24,82% | 26,52% | 22,77% | 38,78% | 41,44% |
350,00% | 8,48% | 14,16% | 15,13% | 14,98% | 25,00% | 26,72% | 23,40% | 39,07% | 41,74% |
400,00% | 8,65% | 14,35% | 15,33% | 15,27% | 25,33% | 27,06% | 23,85% | 39,57% | 42,29% |
>400,00% | 8,77% | 14,48% | 15,48% | 15,48% | 25,57% | 27,32% | 24,19% | 39,95% | 42,69% |
Artigo 7.º.-Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento.
De acordo ao establecido no artigo 60 do Decreto 99/12 do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, o servizo de axuda no fogar prestado a persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o cómputo da capacidade económica farase, de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, entendese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 8.º.-Participación das persoas usuarias no financiamento do servizo de axuda no fogar por libre concorrencia.
De acordo ao establecido no artigo 62 do Decreto 99/12 de 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
1. Para o servizo de axuda no fogar,en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de a cordo co establecido no artigo 7 desta ordenanza.
CAPACIDADE ECONÓMICA | PARTICIPACIÓN NO CUSTO DE SAF BÁSICO |
Menor do 80% do IPREM | 0% |
Maior do 80% e menor ou igual ao 150% do IPREM | 10% |
Maior do 150% e menor ou igual ao 200% do IPREM | 20% |
Maior do 200% e menor ou igual ao 250% do IPREM | 40% |
Maior do 250% do IPREM | 70% |
(O acrónimo IPREM significa ¿indicado rde rendas de efectos múltiples".
2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, e exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
Artigo 9.º.-Obriga de contribuír.
O prezo público devengarase e nace a obriga de contribuír no momento de iniciarse a prestación do servizo.
Artigo 10.º.-Normas de xestión.
10-1. As normas de altas, modificacións e baixas na prestación do servizo están recollidas no regulamento municipal do servizo de axuda no fogar.
10.2. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, durante a primeira quincena do mes seguinte:
O aboamento destes prezos será a través dun recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria para que así se efectúe o pagamento.
10.3. O concello de Lousame revisará anualmente os prezos base do servizo, e adaptará as porcentaxes correspondentes ás aportacións das persoas usuarias segundo as modificacións que ponderan emanar dos órganos autonómicos correspondentes. En ambos casos, de darse modificacións, comunicarase por escrito ás persoas usuarias.
10.4. Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requirirá por parte do departamento de servizos sociais do concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar as súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a abonar, tal e como se recolle no regulamento do Servizo de axuda no fogar.
Disposición derrogatoria.
Queda derogada a actual ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda no fogar aprobada polo Pleno do Concello o 18 de xullo de 2013, publicada no BOP n.º 187, do 1 de outubro de 2013.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao mes seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa derogación ou modificación expresa.