Sada - REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE SADA

Publicación provisional: 07/03/2014 BOP Nº: 45
Publicación definitiva: 05/06/2014 BOP Nº: 106
Aplicable dende: 23/06/2014

ÍNDICE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.º.-Obxecto

Artigo 2.º.-Ámbito de aplicación

Artigo 3.º.-Natureza, definición e obxectivos do servizo

Artigo 4.º.-Contido do servizo

Artigo 5.º.-Persoas destinatarias

Artigo 6.º.-Dereitos das persoas usuarias

Artigo 7.º.-Deberes das persoas usuarias

Artigo 8.º.-Causas de extinción e modificación do servizo

Artigo 9.º.-Causas de suspensión temporal do servizo

CAPÍTULO II.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

SECCIÓN 1.ª.-DISPOSICIÓNS COMÚNS

Artigo 10.º.-Formas de prestación do servizo

Artigo 11.º.-Requisitos Específicos

SECCIÓN 2.ª.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO POLO CONCELLO DE SADA

Artigo 12.º.-Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento

Artigo 13.º.-Desenvolvemento da prestación do servizo

Artigo 14.º.-Intensidade na prestación do servizo

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

DISPOSICIÓN FINAL

ANEXOS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, e posibilitar que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española no seu artigo 9.3.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (BOE n.º 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei no seu artigo 11.1.f) atribúe como unha das funcións dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.

Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedimentais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal. Naquel momento a dita orde obrigaba ás entidades locais a reaxustar as súas respectivas ordenanzas reguladoras.

O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, establece novas regras de cálculo para o copagamento dos servizos e na súa disposición final primeira que as corporacións locais disporán dun prazo de dezaoito meses, contados dende o día seguinte ao da súa publicación, para a adaptación das súas ordenanzas municipais ao disposto no mesmo.

En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, require a adaptación do regulamento en vigor, publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 20, do 1 de febreiro de 2010, e a súa modificación, publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 145, do 2 de agosto de 2010, requiren dunha adaptación para axustalos á nova realidade social e lexislativa.

CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.º.-Obxecto.

O obxecto deste regulamento é establecer a regulación xeral do servizo de axuda no fogar (en adiante SAF) desenvolvido no Concello de Sada, como prestación básica de servizos sociais comunitarios, inserto no sistema integrado de Servizos Sociais.

Este servizo poderá prestarse de forma indirecta por entidade debidamente autorizada, ou ben directamente polo propio Concello.

Artigo 2.º.-Ámbito de aplicación.

O establecido neste regulamento é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no municipio de Sada.

Artigo 3.º.-Natureza, definición e obxectivos do servizo.

1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, con carácter preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, que se presta a través de persoal especializado para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual. O servizo referido non exime á familia das súas responsabilidades. A súa planificación, coordinación e control correspóndelle aos Servizos Sociais do concello.

2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse, a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.

c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.

f) Retardar ou evitar a institucionalización.

g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Artigo 4.º.-Contido do servizo.

1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos Servizos Sociais, no marco do servizo de axuda no fogar se poderán prestar os seguintes tipos de atención de carácter básico:

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio, tales como:

- Asistencia para levantarse e deitarse.

- Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse

- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.

- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.

- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

- Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.

b) Acompañamento persoal na realización doutras actividade complementarias:

- Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.

- Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.

Como norma xeral, para as actividades de acompañamento fóra do fogar, as saídas fóra do domicilio, realizaranse cos medios propios do usuario/a, facendo a auxiliar, funcións de acompañamento e non de traslado.

c) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:

- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.

- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.

- Preparación dos alimentos.

- Lavado e coidado das pezas de vestir, así como do enxoval doméstico.

- Apoio a unidade familiar.

- Coidados e mantemento básico da vivenda.

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, de ser o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio.

d) Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

2. Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros , as seguintes actuacións e servizos:

a) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

b) Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.

c) Adaptacións funcionais do fogar.

d) Servizo de podoloxía.

e) Servizo de fisioterapia.

f) Servizo de empréstito de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Entendendo por axuda técnica a estes efectos calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restricións na participación social das persoas.

3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.

4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.

5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso, ser realizadas por persoal facultativo.

Artigo 5.º.-Persoas destinatarias.

1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.

De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.

Ás adxudicacións do servizo aplicaráselle o límite que necesariamente se desprenda de criterios de dispoñibilidade orzamentaria no referido ás persoas usuarias que acceden ao servizo por libre concorrencia.

Artigo 6.º.-Dereitos das persoas usuarias.

As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:

1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.

2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.

3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.

4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.

5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.

6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

8. A coñeceren a situación do seu expediente.

9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora dos servizos sociais comunitarios.

11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

Artigo 7.º.-Deberes das persoas usuarias.

As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:

1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.

2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.

6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.

7. Respetar a dignidade persoal e profesioal das persoas que lles presten o servizo, así como respetar os límites das súas obrigas laborais.

8. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.

9. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

Artigo 8.º.-Causas de extinción e modificación do servizo.

1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar, as seguintes:

A renuncia da persoa usuaria.

O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.

Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.

Falecemento da persoa usuaria.

Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.

A falta reiterada de pagamento do servizo.

Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, modificada nalgunhas das súas disposicións pola Orde de 19 de abril de 2013; de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificárselle, en todo caso, ao órgano competente para ditar a resolución de Programa Individual de Atención.

Artigo 9.º.-Causas de suspensión temporal do servizo.

Son causa de suspensión temporal do servizo, logo da tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:

1. O servizo de axuda no fogar a persoas con dereito recoñecido de atención, exercido dentro do sistema da autonomía e atención á dependencia, suspenderase temporalmente durante o internamento da persoa beneficiaria nunha institución sanitaria, durante a súa estadía temporal nun centro de atención residencial ou no suposto de ausencia temporal do domicilio, nos que se poderá suspender por un período máximo de dous meses. No suposto de ausencia temporal do domicilio a persoa en situación de dependencia deberá de acreditar e comunicar as causas que motivan a súa ausencia segundo o disposto na correspondente normativa reguladora. Nos supostos de internamento da persoa beneficiaria nunha institución sanitaria ou de estadía temporal nun centro residencial, a suspensión será polo tempo que dure o internamento ou a devandita estadía en centro residencial.

2. Ausencia temporal do domicilio de persoas beneficiarias do servizo con aceso por libre concorrencia: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

3. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

CAPÍTULO II.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

SECCIÓN 1.ª.-DISPOSICIÓNS COMÚNS

Artigo 10.º.-Formas de prestación do servizo.

O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Sada ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.

Artigo 11.º.-Requisitos específicos.

1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:

Número de persoas usuarias

Persoal técnico mínimo

50 a 99

1 técnico/a titulado/a xornada completa

100 a 199

2 técnicos/as titulados/as a xornada completa

200 a 399

3 técnicos/as titulados/as a xornada completa

Incrementos sucesivos

Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa

2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.

3. O seguemento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimensual. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

4. O Concello de Sada, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

a) Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.

b) Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo III deste regulamento.

c) Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Sada e a persoa usuaria, segundo o Anexo IV deste regulamento.

d) Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

SECCIÓN 2.ª.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

Artigo 12.º.-Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento.

O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:

1. O acceso será prioritario e directo para as persoas ás que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o concello de Sada, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.

2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:

a) Presentación da solicitude, segundo o anexo I deste regulamento, dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:

I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.

II. Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

III. Certificado de convivencia.

IV. Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.

V. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.

VI. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:

1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.

2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.

3. Impreso de domiciliación bancaria.

4. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

5. Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo común.

b) As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo o anexo II. Para aqueles casos que non teñan recoñecemento oficial de minusvalía, nin situación de dependencia valorada, utilizarase ademáis o baremo para a valoración do grao de autonomía, segundo o anexo IIa.

c) O departamento de servizos sociais elaborará un Informe - proposta que será elevado ao órgano competente para ditar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.

No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.

d) Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.

e) Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV deste regulamento (anexo III da Orde de 22 de xaneiro de 2009).

f) Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.

Artigo 13.º.-Desenvolvemento da prestación do servizo.

1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, sempre que exista dispoñibilidade horaria, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.

2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.

3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requirido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.

Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible.

Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.

4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV deste regulamento.

5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo III deste regulamento (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009), que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimensual.

6. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia do regulamento municipal de axuda no fogar, debidamente visado polo órgano competente.

7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.

8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

9. O departamento de servizos sociais do Concello abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

Un informe de avaliación inicial, asinado polo técnico competente, responsable da coordinación do servizo de axuda no fogar.

Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o anexo III deste regulamento (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009).

Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Sada e a persoa usuaria, segundo o anexo IV deste regulamento.

Informes de seguemento da prestación nos domicilios das persoas usuarias, que terán, como mínimo, un carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

Artigo 14.º.-Intensidade na prestación do servizo.

1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.

2. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1.º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana, en horario de 8.00 a 22.00 horas excluído horario nocturno.

3. No caso de acceso por libre concorrencia, a intensidade do servizo virá determinada na prescrición efectuada pola traballadora social. Como norma xeral o número de horas máximo ao més será de 33 horas e os días de atención serán de luns a venres, exceptuando festivos.

Artigo 15.º.-Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos.

No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello ou entidade local.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Queda derrogado o Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar aprobado polo Pleno do Concello en sesión de 24 de setembro de 2009, e modificado por acordo plenario de 27 de maio de 2010, modificación publicada no BOP A Coruña núm. 145, do 2 de agosto de 2010..

DISPOSICIÓN FINAL.

Este regulamento entrará en vigor logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local".-

ANEXOS

ANEXO I

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

SOLICITUDE

Don/a ______________________________________________________________, con D.N.I. __________________, enderezo __________________________________________

___________________________________________________

Teléfono _____________________

SOLICITA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR do Concello de Sada

¿Ten solicitado valoración de grao e nivel de NO  SI  dependencia?

SI  NO  ¿Ten recoñecemento da situación de dependencia?

Data da resolución de recoñecemento da situación de dependencia __________________________________________

Grao ____________________ Nivel ____________________ Puntos ___________________________________

Permanente  Provisional 

A cubrir só en caso de que a persoa ou persoas beneficiarias non sexan o solicitante

1.º beneficiario: nome e apelidos: __________________________________________, con D.N.I. _________________, enderezo Sada (A Coruña) ______________________________

__________________________________________________

Teléfono ________________________

Comprométense a cumpri-las normas de funcionamento de dito servizo, así como a aboa-la contía que lle puidera corresponder segundo a ordenanza municipal, nas contas bancarias que este concello ten destinado para tal efecto.

Sada, ____ de _____________________ de _____

O solicitante 1.º beneficiario 2.º beneficiario

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE SADA

DOCUMENTACION A APORTAR POR PARTE DA PERSOA USUARIA

Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.

Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

Certificado de convivencia.

Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.

Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.

Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia: fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.

Impreso de domiciliación bancaria.

Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

Calquera outra documentación que sexa requerida para a valoración do seu expediente.

ANEXO II

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

BAREMO II PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA

(modalidade de prestación básica de servizos sociais de atención primaria)

FACTOR-1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)

O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.

As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.

A asignación de valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo coa seguinte táboa:

TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL

Do 33%

ao 64%

de discapacidade

Do 65%

ao 74%

de discapacidade

75%-100%

81%-87%

88%-93%

94%-100%

Grao de discapacida

de en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD

75%-100% discapa-

cidade e ata 14 pts ATP

75%-100% disca-

pacidade

e 15-29 pts ATP

75%-100% disca

pacidade

e 30-44 pts ATP

75%-100% disca

pacida

de

e 45-72 pts ATP

Grao de discapacidade + Axuda Terceira Persoa.

ATP

RD 1971/1999

75% discapacidade e ata 24 pts BVD

25-39 pts

BVD

40-49 pts

BVD

50-64 pts

BVD

65-74 pts

BVD

75-89 pts

BVD

90-100 pts

BVD

Grao de discapacidade + Axuda Terceira persoa.

Puntuación BVD

(RD. 504/2007)

Grao I, nivel 1

Grao I, nivel 2

Grao II, Nivel 1

Grao II, nivel 2

Grao III, Nivel 1

Grao III, Nivel 2

Situación de dependencia. Decreto 176/2007

5 pts

10 pts

14

pts

20 pts

24 pts

30 pts

32 pts

38 pts

40 pts

PUNTUACIÓN

Nivel de autonomía persoal

Puntos

Total puntos autonomía persoal

FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)

Puntos

A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos)

A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos)

A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos):

Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos)

Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos)

Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos)

Con incapacidade para organizarse (3 puntos)

Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos)

Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km (5 puntos)

Está ben atendido (0 puntos)

Puntos

Total puntos apoio social

FACTOR-3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo total 20 puntos)

3.1. Conflito (máximo total 4 puntos)

Puntos

Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto)

Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos)

Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos)

Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos)

3.2. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos)

Puntos

Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores (2 puntos)

3.3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos)

Puntos

Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores (2 puntos)

3.4. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos)

Puntos

Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos)

3.5. Número de menores (máximo total 10 puntos)

Puntos

Un menor (3 puntos)

Dous menores (5 puntos)

Tres menores (7 puntos)

Catro ou máis menores (10 puntos)

Puntos

Total puntos situación familiar/socialización menores

FACTOR-4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 20 puntos)

4.1. Vivenda (total 10 puntos)

Puntos

Non hai luz eléctrica (1 punto)

Non hai auga corrente (1 punto)

Non posúe WC (1 punto)

Non posúe cuarto de baño completo (1 punto)

Non ten neveira (1 punto)

Non ten quentador (1 punto)

Non ten lavadora (1 punto)

Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto)

4.2. Integración no contorno (total 10 puntos)

Puntos

Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos)

Ausencia de relacións sociais (6 puntos)

Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos)

Integración axeitada no contorno (0 puntos)

Puntos

Total puntos outros aspectos sociais

Puntos

TOTAL XERAL

ANEXO II a

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

1.-BAREMO DE ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA

Parámetro

Situación da persoa usuaria

Puntuación

COMIDAS

- Tortalmente independente

- Precisa axuda para elabora-las comidas, pero independente para comer

- Necesita axuda para cort-la carne, o pan .....

- Dependente

0

1

2

3

LAVARSE

- Independente: entra e sae só do baño

- Precisa apoios para entrar e sair do baño

- Dependente

0

1

2

VESTIRSE

- Independente:capaz de poñerse e de quita-la roupa, abotonarse, atarse os zapatos

- Necesita axuda

- Dependente

0

1

2

ARREGLARSE

- Independente para lavarse a cara, as máns, peitearse, afeitarse

- Precisa apoios/ supervisión para arreglarse

- Dependente

0

1

2

DEPOSICIONS

(Valorarase a semana previa)

- Continencia normal

- Incontinente

0

1

MICCIÓN

(Valorarase a semana previa)

- Continencia normal

- Un episodio diario como máximo de incontinencia, ou necesita axuda para coida-la sonda

- Incontinencia

0

1

2

USA-LO BAÑO

- Independente para ir ao cuarto de aseo, quitar e poñerse a roupa

- Necesita axuda para ir ao aseo, pero se limpa só

- Dependente

- Non pode usa-lo aseo

0

1

2

3

TRASLADARSE

- Independente para ir do sillón a cama

- Mínima axuda física ou supervisión para face-lo

- Necesita gran axuda, pero é capaz de manterse sentado só

- Dependente

0

1

2

3

DEAMBULAR

- Independente, camiña só 50 metros

- Necesita axuda física ou supervisión para caminar 50 metros

- Independente na cadeira de rodas sen axuda

- Dependente

0

1

2

3

ESCALONS

- Independente para baixar e subir as escaleiras

- Necesita axuda física ou supervisión para facelo

- Dependente

0

1

2

TOTAL PUNTOS

2.-ACTIVIDADES INSTRUMENTAIS DA VIDA DIARIA (MÁXIMO 8 PUNTOS)

Parámetro

Situación da persoa

Puntuación

Capacidade para usar o teléfono:

- Usa o teléfono por iniciativa propia

- É capaz de marcar ben algúns números familiares

- É capaz de contestar ao teléfono, pero non de marcar

- Non é capaz de usar o teléfono

0

0

0

1

Facer compras:

- Realiza todas as compras necesarias independentemente

- Realiza independentemente pequenas compras

- Necesita ir acompañado para facer calquera compra

- Totalmente incapaz de mercar

0

1

1

1

Preparación da comida:

- Organiza, prepara e sirve as comidas por sí só axeitadamente

- Prepara axeitadamente as comidas se se lle proporcionan os ingredentes

- Prepara, quenta e sirve as comidas, pero non segue unha dieta axeitada

- Necesita que lle preparen e sirvan as comidas

0

1

1

1

Coidado da casa:

- Mantén a casa só ou con axuda ocasional (para traballos pesados)

- Realiza tarefas lixeiras, como lavar a louza ou facer as camas

- Realiza tarefas lixeiras, pero non pode manter un axeitado nivel de limpeza

- Necesita axuda en todas as labores da casa

- Non participa en ningunha labor da casa

0

0

0

0

1

Lavado da roupa:

- Lava por sí só toda a súa roupa

- Lava por sí só pequenas prendas

- Todo o lavado da roupa debe ser realizado por outro

0

0

1

Uso de medios de transporte:

- Viaxa só en transporte público ou conduce o seu propio coche

- É capaz de coller un taxi, pero non usa outro medio de transporte

- Viaxa en transporte público cando vai acompañado por outra persoa

- Só utiliza o taxi ou o coche con axuda doutros

- Non viaxa

0

0

0

1

1

Responsabilidade respecto á súa medicación:

- É capaz de tomar a súa medicación á hora e coa dose axeitada

- Toma a súa medicación se lle preparan a dose previamente

- Non é capaz de administrarse a súa medicación

0

1

1

Manexo de asuntos económicos:

- Encárgase dos seus asuntos económicos por sí só

- Realiza as compras do día, pero precisa axuda nas grandes compras, bancos...

- Incapaz de manexar diñeiro

0

0

1

Puntuación total:

ANEXO III

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

PROXECTO DE INTERVENCIÓN

SAF LIBRE ≤ SAF SAAD ≤ CONCORRENCIA

N.º expte. SIUSS

Intervención n.º

Data de solicitude

Data de inicio

Sector de referencia

Ambito de atención

N.º total de usuarios

Nome e apelidos

DNI

Sexo

data nacemento

E.C.

Datos do proxecto

Data inicio proxecto

Código

Data do proxecto

Data fin proxecto

Resolución dependencia

Resolución PIA

Horas asignadas

Horas mes SS.ATT. persoal

Horas mes SS.ATT. doméstica

ATENCIÓNS:

L

M

M

X

V

S

D

Días

N.º horas semanais

Horario

Servizos prestados

Atencións domésticas

Actividades de acompañamento

Servizos e coidados de atención persoal

Acondicionamento vivenda

Apoio social ou educativo

Apoio á estructuración familiar

Apoios de carácter sociocomunitario

Apoio para a elaboración do xantar

Axuda para comer

Eliminación de barreiras

Perfil profesional

Observacións

OBXECTIVO do servizo

TAREFAS:

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OU OUTROS:

Xantar na casa

Teleasistencia

Transporte adaptado

Outros(especificar):

PERIODICIDADE SEGUEMENTO

Asdo.: técnico responsable/traballadora social

ANEXO IV

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

ACORDO DO SERVIZO

Reunidos en Sada, o día .... de .... de 20...., dunha parte don/dona ...., con DNI...., e doutra o Concello de Sada, na súa representación ...., en calidade de técnica responsable do servizo de sxuda no fogar.

ACORDAN

PRIMEIRO.-Que o Concello de Sada prestará o servizo de axuda no fogar (S.A.F.) á persoa arriba citada, dende o día ....de .... de 20.....

SEGUNDO.-Que o S.A.F. se levará a cabo os días da semana ambos inclusive, en horario de ; por un total de horas mensuais, das que horas corresponden a servizos de atención persoal e horas corresponden a servizos domésticos ou do fogar.

TERCEIRO. Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o servizo de axuda no fogar, ao Regulamento do SAF do Concello de Sada, á Ordenanza fiscal municipal que regula o prezo público do SAF e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a achegar o % do servizo, como contribución ao custo do mesmo.

CUARTO.-Que a persoa usuaria acepta domiciliar o aboamento da taxa do SAF establecido no punto 3.º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.

QUINTO.-Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:

 Atencións de carácter persoal.

 Atencións de carácter de apoio psicosocial.

 Atención de carácter doméstico.

 Atencións de carácter socioeducativo.

 Atencións de carácter complementario.

SEXTO.-Que as tarefas que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF, e que serán levadas a cabo polo persoal auxiliar do servizo serán as seguintes:

 As tarefas de carácter persoal terán prioridade sobre as de carácter doméstico.

SÉTIMO.-Que, así mesmo, a persoa usuaria, a súa familia ou persoas achegadas se comprometen a levar a cabo as seguintes tarefas:

 Proporcionar os apoios necesarios para manter a hixiene da persoa usuaria e da vivenda, fóra do horario do SAF.

OITAVO.-Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.

NOVENO.-Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o servizo de axuda no fogar, e no regulamento municipal sobre o SAF, onde están recollidos os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.

Ambas partes dan a súa conformidade a este acordo de prestación do SAF e asinan en

Sada, .... de .... de 20.....

A persoa usuaria ou representante, A técnica responsable,

ANEXO V

AXUDA NO FOGAR

BAIXA TEMPORAL DO SERVIZO

D./D.ª ______________________________________, con DNI n.º ___________, veciño/a deste termo municipal, con domicilio en ______________________________________________________________, teléfono _________________,

A cubrir só no caso de que a petición non sexa presentada polo solicitante / destinatario do servizo.

Nome e apelidos __________________________________________________________, DNI n.º ___________________

Enderezo ________________________________________________________________, teléfono _________________________

Relación co beneficiario ________________________________

SOLICITA A BAIXA TEMPORAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR PRESTADA POLO CONCELLO DE SADA.

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR ACESO POR LIBRE CONCORRENCIA.

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR A TRAVÉS DO SISTEMA PARA A AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

_______________________________________________________________________________________________________

MOTIVO DA BAIXA:

 Petición do interesado

 Traslado de domicilio propio

 Traslado tempora para convivir con familiares ou amigos

 Ingreso hospitalario

 Ingreso nun centro residencial

 Enfermidade

 Vacacións ou viaxes

 Outros

PERÍODO DE BAIXA SOLICITADO:

_______________________________________________________________________________________________________

Sada, _______ de ___________________ de _________

Asdo.: ________________________________________

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE SADA