Monfero - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE MONFERO
Artigo 1.- Obxecto
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41.b do Texto Refundido da Lei de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece o prezo público pola utilización do servizo de axuda no fogar (SAF), tanto para persoas valoradas como dependentes coma para as que acceden por libre concorrencia.
Artigo 2.- Obrigados/as ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado mediante a presente Ordenanza, as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar segundo o establecido no Regulamento do servizo de axuda no fogar do Concello de Monfero e o Decreto 99/2012 polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
Considérase persoa usuaria aquela para a cal se solicita o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria titular un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que poidan forman parte dela ao marxe que respondan solidariamente do pago do prezo público todos os adultos que formen parte da mencionada unidade familiar.
Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou ostente a condición de gardador.
Artigo 3.- Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 4.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 5.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar
1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2.- Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (referida ó IPREM) | GRAO I | GRAO II | GRAO III |
<= 20 h. | <= 45 h. | <= 70 h. | |
Ata o 100% do IPREM | 0,00% | 0,00% | 0,00% |
Ata o 115,00% do IPREM | 4,52% | 9,61 | 14,70 |
Ata o 125,00 % do IPREM | 5,41% | 11,50 | 17,58 |
Ata o 150,00% do IPREM | 5,55% | 11,79 | 18,03 |
Ata o 175,00% do IPREM | 5,65% | 12,00 | 18,35 |
Ata o 200,00% do IPREM | 5,72% | 12,16 | 18,60 |
Ata o 215,00% do IPREM | 5,81% | 12,34 | 18,87 |
Ata o 250,00% do IPREM | 6,03% | 12,82 | 19,61 |
Ata o 300,00% do IPREM | 6,24% | 13,26 | 20,29 |
Ata o 350,00% do IPREM | 6,42% | 13,63 | 20,85 |
Ata o 400,00% do IPREM | 6,54% | 13,90 | 21,25 |
Ata o 450,00% do IPREM | 6,63% | 14,09 | 21,55 |
Ata o 500,00% do IPREM | 6,70% | 14,25 | 21,79 |
Superior ó 500% do IPREM | 6,76% | 14,36 | 21,97 |
3.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4.- En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
5. No caso de que a entidade local asuma tamén a prestación de atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados a persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III | |||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | ||
<=15 | <=28 | <=45 | ||||||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % | |
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % | |
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % | |
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % | |
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % | |
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % | |
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % | |
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % | |
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % | |
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % | |
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % | |
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
Artigo 6.- Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento
1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita.
CAPACIDADE ECONÓMICA | Participación no custe do servizo de SAF básico (libre concorrencia) |
Menor de 0,80 IPREM | 0% |
Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM | 10% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM | 20% |
Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM | 40% |
Maior de 2,50 IPREM | 60% |
2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
A porcentaxe de copago revisarase anualmente, para o que a persoa usuaria achegará a documentación que lle sexa requirida oportunamente.
Artigo 7.- Custo do servizo
Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas dos artigos 5 e 6, establécese o prezo da hora da prestación do servizo en 12,06€.
Artigo 8.- Obriga de pagamento
A obriga do pagamento do prezo público pola prestación do servizo regulado nesta ordenanza, nace desde que se inicia a prestación do servizo de axuda no fogar ou servizos complementarios.
As liquidacións de prezos practicaranse mediante recibo das horas asignadas, por meses naturais vencidos, pagándose cada un nos primeiros vinte días naturais do mes seguinte ao da prestación do servizo. O cobro das horas mensuais axustarase en función das horas efectivas. O pago efectuarase mediante cargo na conta corrente ou cartilla de aforros do/a solicitante, que deberá indicar no modelo que se lle facilitará no momento de realizar a solicitude.
Artigo 9.- Normativa subsidiaria
Para o non previsto na presente Ordenanza, se estará ao establecido no Decreto 99/2012, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, así como a demais normativa aplicable.
Disposición derrogatoria.
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar publicada no BOP nº 182 do 24 de setembro de 2013, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.
Disposición derradeira
Esta ordenanza entrará en vigor unha vez que transcorra o prazo de quince días ao que se refire o artigo 65.2 da Lei de Bases do Réxime Local a contar dende a súa publicación no BOP.