Boimorto - ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BOIMORTO

Publicación provisional: 31/01/2014 BOP Nº: 21
Publicación definitiva: 19/03/2014 BOP Nº: 53
Aplicable dende: 06/05/2014

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.

Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.

O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

Co Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira.

O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.

En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Boimorto, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal a través da presente ordenanza.

CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º.- Obxecto

É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo concello de Boimorto.

Artigo 2º.- Ámbito de aplicación

O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no concello de Boimorto.

Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo

O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

O servizo de axuda no fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

- Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

- Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.

- Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

- Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

- Previr situacións de dependencia ou exclusión social

- Retardar ou evitar a institucionalización.

- Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Artigo 4º.- Contido do servizo

1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:

a-Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:

- Asistencia para levantarse e deitarse.

- Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.

- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.

- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.

- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

- Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.

1b- Acompañamento persoal na realización doutras actividades complementarias:

- Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.

- Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.

c- Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:

- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.

- Compra de alimentos e outros productos de uso común.

- Preparación dos alimentos.

- Lavado e coidado das pezas de vestir, así como do enxoval doméstico.

- Apoio á unidade familiar.

- Coidados e mantemento básico da vivenda.

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio.

d- Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estructuración familiar.

2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, as seguintes actuacións e servizos:

- Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

- Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restriccións na participación social das persoas.

- Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.

- Adaptacións funcionais do fogar.

- Servizo de podoloxía.

- Servizo de fisioterapia.

13. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.

-2404. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se falicite e promova a súa autonomía.

5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

- A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

- Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.

Artigo 5º.- Persoas destinatarias

1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.

Artigo 6.- Dereitos das persoas usuarias

As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:

- A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.

- A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.

- A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.

- A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.

- A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.

- A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

- Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

- A coñeceren a situación do seu expediente.

- A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

- Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.

- Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

Artigo 7º.- Deberes das persoas usuarias

As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:

- Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.

- Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

- Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

- Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

- Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.

- Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.

- Respectar a dignidade persoal e profesioal das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

- A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

Artigo 8º.- Causas de extinción e modificación do servizo

1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar as seguintes:

- A renuncia da persoa usuaria.

- Cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidad co servizo de axuda no fogar.

- Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.

- Falecemento da persoa usuaria.

- Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.

- A falta reiterada de pagamento do servizo.

- Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.

Artigo 9º.- Causas de suspensión temporal do servizo

Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:

- Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas usuarias que accedan ao servizo polo sistema de libre concorrencia e por un máximo de dous meses para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

- Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circusntancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

CAPÍTULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS

Artigo 10º.- Formas de prestación do servizo

O servizo público de axuda no fogar será prestado polo concello de Boimorto ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.

Artigo 11º.- Requisitos específicos

a- Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:

1Número de persoas usuarias

Persoal técnico mínimo

150 a 99

1 técnico/a titulado/a xornada completa

100 a 199

2 técnicos/as titulados/as a xornada completa

200 a 399

3 técnicos/as titulados/as a xornada completa

Incrementos sucesivos

Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa

b- O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.

c- O seguemento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

d- O Concello de Boimorto, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

- Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.

- Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo V desta ordenanza.

- Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Boimorto e a persoa usuaria, segundo o Anexo VI desta ordenanza.

- Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

SECCIÓN 2ª. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

Artigo 12º.- Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento

O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:

a- O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o concello de Boimorto, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.

b- Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:

a- Presentación da solicitude, segundo o anexo I desta ordenanza, dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

- Certificado de convivencia.

- Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.

- Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o caso.

- Fotocopia do libro de familia no caso de que haxa menores na unidade de convivencia

- Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:

- Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.

- Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan

- Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

- Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias; en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.

b- As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo os anexos II, III e IV desta ordenanza

c- O departamento de Servizos Sociais elaborará un Informe - proposta que será elevado ao órgano competente para dictar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.

No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.

d- Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.

e- Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo V desta ordenanza (anexo III da Orde de 22 de xaneiro de 2009).

f- Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.

Artigo 13º.- Desenvolvemento da prestación do servizo

- O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.

- Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.

- A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requerido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.

- Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible.

- Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.

- Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo VI desta ordenanza.

- O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo V desta ordenanza (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009), que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.

- Farase entrega á persoa usuaria dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.

- Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.

- Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

Artigo 14º.- Intensidade na prestación do servizo

- A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.

- A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.

- Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescripción efectuada polo departamento de servizos sociais do concello non superando en ningún caso un máximo de 10 horas semanais

Artigo 15º.- Protocolos de actuación en caso de urxencias e incidencias no servizo de axuda a domicilio

A) Urxencias

Definimos unha "urxencia" dentro do Servicio de Axuda a Domicilio como aquela situación ou circunstancia relacionada con persoas susceptibles de ser usuarios/as do servizo, ou que xa están integradas nel, na que é imprescindible unha actuación inmediata para solucionar ou paliar un problema que podería ter graves consecuencias de non actuar con rapidez.

En función do anterior, diferenciamos dous tipos de urxencias:

a) As que pode presentar un/unha potencial usuario/a do servizo de axuda a domicilio. previamente ao proceso de tramitación do servizo, situación que queda recollida no artigo 12, punto d) deste regulamento

O protocolo de actuación será:

1.- Coñecemento da situación de necesidade ou recepción da demanda urxente.

2.- Realización dunha visita domiciliaria para valorar a necesidade e tipo de atención que precisa.

3.- Asignación dun horario e dunha/dun auxiliar de axuda no fogar cun plan de traballo concreto.

4.- Inicio do servicio.

b) As que pode presentar un/unha usuario/a que xa está integrado no servizo municipal nalgún momento no que esté recibindo a atención domiciliaria. Estas situacións de ¿urxencia" ou ¿emerxencias" soen ten que ver con agravamentos ou crises no estado de saúde das persoas usuarias, tanto a nivel físico, psicolóxico ou emocional ou con accidentesdomésticos.

O protocolo de actuación será:

1.- O/a auxiliar de axuda no fogar chamará aos servizos de urxencia se valora que a situación é moi grave. Despois chamará aos Servizos Sociais.

2.- Se non hai perigo de vida ou morte, avisará aos servizos sociais para notificar a situación. O técnico responsable do SAF avisará á familia da persoa usuaria se fose o caso ou movilizará outros recursos que se consideren adecuados para atender debidamente a ¿urxencia".

3.- O/a auxiliar de axuda no fogar permanecerá no domicilio do/a usuario/a ata que chegue a familia, os servizos de urgencia ou calquera outro que sexa preciso, procurando seguir as instrucións que poidan darlle desde os distintos servizos cos que se contacte se fose necesario.

4.- Cando a persoa usuaria quede debidamente atendida, o/a auxiliar de axuda no fogar poderá abandoar o domicilio.

5.- Desde os servizos sociais se rexistrará no expediente individual do/a usuario/a esta circunstancia acaecida e as actuacións levadas a cabo.

6.- Seguemento da situación a través do/a auxiliar de axuda no fogar e de contactos directos co/a usuario/a e/ou a súa familia.

B) Incidencias

Definiremos unha ¿incidencia" como calquera acontecemento ou circunstancia que sobrevén e interrompe o transcurso cotidiano e habitual da atención domiciliara que se lle presta a unha persoa usuaria e que pode influir nela ou ten outro tipo de consecuencias.

As causas que orixinen incidencias poden ser moitas e variadas. As incidencias non teñen por qué ser problemáticas en sí mesmas nin ter un matiz negativo, pero sí son importantes porque poden influir na rutina diaria da atención domiciliaria ou na cotidianidade da vida da persoa usuaria.

O protocolo de actuación será:

1.- Notificación, por parte do/a auxiliar de axuda no fogar, ao técnico responsable do SAF. da incidencia.

2.- Valoración, desde os servizos sociais, da necesidade de realizar unha visita domiciliaria á persoa usuaria.

3.- Movilización dos recursos axeitados á situación que se prantexe, ben prestando unha atención directa á persoa usuaria, poñéndose en contacto coa familia e/ou outros profesionais, realización de xestións, derivación do caso, etc.

4.- Resolución da incidencia e seguemento da situación resultante.

5.- Rexistro no expediente individual do/a usuario/a da incidencia acaecida, as actuacións levadas a cabo e a resolución.

Artigo 16º.- Normas xerais do Servizo de axuda no fogar

A) En canto o/a auxiliar de axuda no fogar

- A/o auxiliar de axuda no fogar, como norma xeral, non traballará no domicilio en ausencia da persoa usuaria.

- A actuación do/a auxiliar de axuda no fogar, axustarase estritamente ao plan de traballo técnicamente establecido.

- Calquera variación deste será responsabilidade do persoal de servizos sociais ou da persoa responsable da empresa adxudicataria, e non do/a auxiliar de axuda no fogar nin da persoa beneficiaria.

- O/a auxiliar de axuda no fogar terá en consideración as opinións, valores, crenzas e costumes das persoas beneficiarias sempre que non interfiran cos principios do servizo de axuda no fogar ou co plan de traballo establecido. Calquera dificultade neste senso, deberá ser consultada cos servizos sociais.

- Calquera queixa ou suxestión que os prestadores do servizo reciban do/a usuario/a deberán poñela en coñecemento do/a técnico/a responsable.

- A atención establecida non pode interferir nin limitar o dereito do/a beneficiario/a á súa intimidade. En consecuencia, o/a auxiliar de axuda no fogar non poderá acompañarse de ningunha persoa allea ao servizo cando acceda ao seu traballo, e gardará en todo momento o respecto e sixilo profesional sobre os casos asignados.

- Ao/á auxiliar de axuda no fogar non lle está permitido recibir en custodia diñeiro, xoias nin obxecto ningún. Así mesmo deberá rexeitar calquera doazón (ben sexa en diñeiro ben calquera outra) efectuada polo/a usuario/a ou persoa achegada.

- Só en casos moi xustificados, e co consentimento da persoa usuaria ou da súa familia, o/a auxiliar de axuda no fogar poderá custodiar cartos se esta tarefa responde a un obxectivo da intervención. Esta circunstancia quedará rexistrada por escrito co consentimento asinado das persoas implicadas.

- Mentres a persoa beneficiaria este incluída no Servizo de Axuda no fogar, ningún/ningunha auxiliar de axuda no fogar contratado/a polo concello poderá prestarlle atención, a título particular, recibindo ou non remuneración por ilo.

- O/a auxiliar de axuda no fogar no dispoñerá das chaves de ningún domicilio, excepto cando as condicións do caso así o esixan e sempre co consentimento do responsable técnico directo do servizo e, por suposto, a demanda da persoa usuaria ou da súa familia.

- Cando o/a usuario/a non se atope no domicilio no horario fixado para a súa atención, o/a auxiliar de axuda no fogar esperará, como máximo, dez minutos, transcurridos os cales, deberá comunicar aos servizos sociais esta circunstancia e seguir co seu horario de traballo. Se isto fose algo habitual, valorarase o caso e tomaranse as decisións oportunas.

- O/a auxiliar de axuda no fogar non fará partícipe o/a usuario/a dos seus propios problemas, separando en todo momento a súa vida privada do seu traballo.

- Terá a obriga de informar aos servizos sociais de todos os cambios significativos que ocorran na familia que atende, ben nas sesións de supervisión programadas ou en calquera momento no que xurdan.

- Terá a obriga de acudir ás sesións de supervisión co técnico responsable do programa.

- Non chegarán a ¿acordos" coas persoas beneficiarias do servizo distintos do plan de traballo establecido.

- Deberán avisar o técnico que as supervise das ausencias ao traballo coa suficiente antelación, aportando os justificantes pertinentes.

- Non poderán negarse a atender a un/unha usuario/a sen un motivo suficientemente xustificado, circunstancia que será valorada polos servizos sociais.

B) En canto as persoas usuarias do servizo:

- Serán por conta do/a usuario/a todos os gastos de útiles e produtos de limpeza, comida, aseo, ..., podendo valorarse, non obstante, a xestión dunha axuda económica por tales conceptos en casos especiais, axuda que se levará a cabo a través doutros programas sociais xestionados polos servizos sociais do Concello de Boimorto (emerxencia social ou outros), non tendo en ningún caso a consideración de prestación do servizo de axuda no fogar.

- Como norma xeral, se a persoa usuaria non está na casa, o/a auxiliar de axuda no fogar tampouco se quedará nela.

- Ningunha persoa usuaria poderá esixir que se lle presten atencións que non estén estipuladas no seu contrato co servizo.

- O/a usuario/a deberá tratar, en todo momento, de obra e de palabra, co debido respecto ao/á traballador/a. Se ten calquera problema con el/ela, o comunicará aos servizos sociais.

C) Outras normas xerais

- Se fose preciso realizar, por causas xustificadas ou por necesidades do servizo, calquera variación nos horarios, días de atención, auxiliares de axuda no fogar designados a cada caso, etc, poderase realizar consensuando coa persoa usuaria, continuando vixente igualmente o contrato asinado.

- A norma xeral é que a cada domicilio acuda só un/unha traballador/a familiar. Queda a criterio do persoal técnico do Servizo de axuda no fogar o reforzar con persoal de apoio, debendo xustificalo adecuadamente no caso de ser imprescindible.

Artigo 17º.- Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos.

De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Boimorto, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar publicada no BOP nº 2 de Setembro de 2009 e modificacións do Pleno celebrado con data 26 de abril de 2012, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Esta ordenanza entrará en vigor segundo o disposto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 de 2 de abril o día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia.

ANEXOS

ANEXO I

Excmo. Concello de Boimorto - Departamento de Servizos Sociais

SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (S.A.F.)

1. DATOS DO/A BENEFICIARIO/A

Nome e apelidos:__________________________________________________________________________________

D.N.I: __________________________ Data de nacemento___________________ Estado Civil:__________________

Domicilio:_________________________________________________________________________________________

C.P.:________________________ Nº de Afiliación á Seguridade Social: _____________________________________

Teléfono: ________________ / ________________________

2. DATOS DO REPRESENTANTE LEGAL (EN CASO DE MENORES DE IDADE E INCAPACITADOS/AS)

Nome e apelidos:__________________________________________________________________________________

D.N.I: _______________________ Data de nacemento____________________ Estado Civil:____________________

Domicilio:_________________________________________________________________________________________

C.P.:__________________________ Relación có/coa beneficiario/a:________________________________________

Teléfono: ________________ / ________________________

3. COMPOSICIÓN E DECLARACIÓN DE DATOS DAS PERSOAS COAS QUE CONVIVE:

(Nome e Apelidos / Parentesco / DNI / Idade/ Situación Laboral / Ingresos mensuais)

4. TIPO DE TAREFAS QUE SOLICITA:

5. MOTIVOS POLOS QUE SOLICITA O SERVIZO:

DECLARO:

- Que toda a información que figura nesta solicitude e nos documentos que se xuntan é verdadeira.

- Que non percibo outros servizos ou prestacións de análogo contenido ou finalidade.

- Que quedo/a enterado/a da obriga de comunicar ós Servizos Sociais do Concello de Pontedeume calquera variación nos datos declarados que poidan producirse no sucesivo.

- Que autorizo ós Servizos Sociais para que realicen as consultas necesarias nos ficheiros públicos có único fin de acreditar e comprobar a veracidade dos datos.

- Que acepto a posibilidade de contribuir económicamente, se así resultase da aplicación da Ordenanza Municipal vixente.

Boimorto, a ¿¿¿¿de¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...de ¿¿¿¿..

Asdo.: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

ILMO. SR. ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DE BOIMORTO

Rua Vilanova, 1 - 15817 Boimorto

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑA Á SOLICITUDE

I.- Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.

-276II.- Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

III.- Certificado de empadroamento e convivencia.

IV.- Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.

V.- Fotocopia do libro de familia cando haxa menores na unidade de convivencia.

VI.- Calquera outro documento que xustifique a concurrencia de circunstancias familiares específicas (sentencia de separación, divorcio¿)

VII.- Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.

VIII.- Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:

1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.

2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.

3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

4. Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, selle informa de que os seus datos persoais serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade do Excmo. Concello de Boimorto. Poderán ser empregados polo titular do ficheiro para o exercicio das funcións que lle son propias no ámbito das súas competencias. Igualmente, informase que poderán ser cedidos de conformidade coa lexislación vixente. Vostede pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso, oposición, mediante escrito dirixido ó Excmo. Concello de Boimorto, rúa Vilanova, nº 1, 15817, Boimorto, A Coruña

ANEXO II

BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVICIO DE AXUDA A DOMICILIO EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA.

(Modalidade de prestación básica de servizos sociais de atención primaria)

Factor 1: autonomía persoal

O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia

As persoas dependentes valoradas que, polo calendario oficial de implantación, teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar) non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.

A asignación de valor en función do factor autonomía persoal realizarase de acordo coa seguinte táboa.

Táboa de equivalencia para a valoración do nivel de autonomía persoal

De 33% a 64% de discapacidade

De 65% a 74%

de discapacidade

75%-100%

81%-87%

88%-93%

94%-100%

Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD

75%-100%

discapacidade de ata 14 pts. ATP

75%-100%

discapacidade

e 15-29 pts.

ATP

75%-100%

discapacidade

e 30-44 pts.

ATP

75%-100%

discapacidade

e 45-72 pts.

ATP

Grao de discapacidade + axuda terceira persoa.

ATP

(R.D. 1071/1999)

75% discapacidade e ata 2pts.

BVD

25-39 pts.

BVD

40-49 pts.

BVD

50-64 pts.

BVD

65-74 pts.

BVD

75-89 pts.

BVD

90-100 pts.

BVD

Grao de discapacidade + axuda terceira persoa.

Puntuación BVD

(R.D. 504/2007

Grao I,

Nivel I

Grao I,

Nivel 2

Grao II,

Nivel I

Grao II,

Nivel 2

Grao III

Nivel 1

Grao III

Nivel 2

Situación de

dependencia (Decreto 176/2007)

5 pts.

10 pts.

14 pts.

20 pts

24 pts.

30 pts.

32 pts.

38 pts.

40 pts.

Puntuación Nivel de

autonomía persoal

Total puntos autonomía persoal

Factor 3: situación familiar/socialización menores (máximo total 20 puntos)

3.1 Conflicto (máximo total 4 puntos)

PUNTOS

Cun membro xerador de conflicto de nivel moderado (1 punto)

Cun membro xerador de conflicto de nivel grave (2 puntos)

Con máis dun membro carador de conflicto de nivel moderado (3 puntos)

Con máis dun membro carador de conflicto de nivel grave (4 puntos)

3.2 Limitacións de rol (máximo total 2 puntos)

PUNTOS

Familias en que ambos os progenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atención os menores (2 puntos)

3.3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos)

PUNTOS

Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada¿) non poidan atender aos menores (2 puntos)

3.4 Habilidades parentais (máximo total 2 puntos)

PUNTOS

Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administración do orzamento, ausencia de roles, organización¿..) (2 puntos)

3.5. Número de menores (máximo total 10 puntos)

PUNTOS

Un menor (3 puntos)

Dous menores (5 puntos)

Tres menores (7 puntos)

Catro ou máis menores (10 puntos)

PUNTOS

Total puntos situación familiar/socialización menores

Factor 4: outros aspectos sociais (máximo total 20 puntos)

4.1. Vivenda (total 10 puntos)

PUNTOS

Non hai luz eléctrica (1 punto)

Non hai auga corrente (1 punto)

Non posue WC (1 punto)

Non posúe cuarto de baño completo (1 punto)

Non ten neveira (1 punto)

Non ten quentador (1 punto)

Non ten lavadora (1 punto)

Non reúne condicións mínimas de higiene/habitabilidade (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto)

4.2. Integración do contorno (total 10 puntos)

PUNTOS

Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos)

Ausencia de relacións sociais (6 puntos)

Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos)

Integración axeitada no contorno (0 puntos)

PUNTOS

Total puntos outros aspectos sociais

PUNTOS

TOTAL XERAL

ANEXO III

INDICE DE KATZ DE ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA

Nome:________________________________________________________

0Idade:_________________________ Data:_________________________

Parámetro

Situación d@ usuari@

Baño (tanto ducha como baño)

0 Non recibe axuda no baño

1 Recibe axuda nunha parte do corpo.

2 Recibe axuda para máis de unha parte corporal

Vestido (colle-la roupa do armario e caixóns, inclúe roupa interior, prendas exteriores)

0 Colle a roupa e vístese sen axuda.

1 Colle a roupa e vístese sen axuda excepto para ata-los cordóns.

2 Recibe axuda para colle-la roupa e vestirse ou queda en parte desvestido.

Ir ó servicio (ir ó aseo para a eliminación de ouriños ou feces, limparse e coloca-las roupas)

0 Vai ó aseo, límpase só/a e coloca as súas roupas sen axuda

(pode usar apoios como bastón, ou cadeira de rodas e pode manexar cuñas ou orinal)

1 Recibe axuda para ir ó servicio o una limpeza ou en colocarse as roupas despois da

eliminación ou no uso do orinal ou cuña.

2 Non vai ó servicio para a eliminación ou feces

Traslado

0 Entra e sae da cama igual que da cadeira de rodas sen axuda

(pode usar axudas como o bastón)

1 Entra e sae da cama con axuda.

2 Non sae da cama.

Continencia

0 Controla os esfínteres por completo.

1 Ten accidentes de xeito ocasional.

2 A supervisión lle axuda a controlar. Usa catéter ou é incontinente.

Alimentación

0 Aliméntase só/a, sen axuda.

1 Aliméntase só/a, excepto nalgunhas cousas como corta-la carne.

2 Recibe axuda na alimentación ou é alimentado parcial ou totalmente

por tubos ou intravenosamente.

PUNTUACIÓN TOTAL

ANEXO IV

ESCALA DE LAWTON E BRODY DE ACTIVIDADES INSTRUMENTAIS DA VIDA DIARIA

Nome:________________________________________________________

Idade:_________________________ Data:__________________________

Parámetro

Situación do/a usuari@

Puntuación

1.- Capacidade para usa-lo teléfono

* Utiliza o teléfono a iniciativa propia, busca e marca números¿

* Marca uns cantos números ben coñecidos.

* Contesta ó teléfono, pero non marca.

* Non é capaz de usa-lo teléfono.

0

-2400

0

1

2.- Facer compras

* Realiza tódalas compras necesarias independentemente.

* Compra con independencia pequenas cousas.

* Necesita ir acompañad@ para facer calquera compra.

* Completamente incapaz de ir de compras.

0

1

1

1

3.- Preparación da comida

* Planea, prepara e serve as comidas adecuadas con independencia.

* Prepara as comidas adecuadas si se lle dan os ingredientes.

* Quenta, serve e prepara as comidas, pero non segue unha dieta adecuada.

* Necesita que lle preparen e sirvan a comida.

0

1

1

1

4.- Coidado da casa

* Coida da casa so/a ou con axuda ocasional (para traballos pesados e duros)

* Realiza tarefas lixeiras, como frega-los pratos ou face-las camas.

* Realiza tarefas lixeiras, pero non pode manter un nivel de limpeza aceptable.

* Necesita axuda con tódalas tarefas da casa.

* Non participa en nengunha tarefa doméstica.

00

0

0

0

1

5.- Lavado da roupa

* Realiza por si so/a o lavado de toda a roupa.

* Lava por si so/a pequenas prendas.

* Todo o lavado da roupa debe ser realizado por outra persoa.

0

0

1

6.- Uso de medios de transporte

* Viaxa con independencia en transportes públicos ou conduce

-240o seu propio coche.

* É capaz de coller un taxi, pero non usa outro medio de transporte.

* Viaxa en transporte público cando vai acompañado/a por outra persoa.

* Só viaxa en taxi ou automóvil con axuda de outros.

* Non viaxa.

0

0

0

1

1

7.- Responsabilidade sobre a medicación

* É responsable da toma da medicación nas dosis correctas e nas horas

correctas.

* Toma responsablemente a medicación si se lle prepara con anticipación

en dosis separadas.

* Non é capaz de responsabilizarse da súa propia medicación.

0

1

1

8.- Capacidade para utiliza-los cartos.

* Encárgase dos seus asuntos económicos por sí so/a.

* Manexa os gastos cotidianos, pero necesita axuda para ir ó banco, grandes

compras, etc.

* Incapaz de manexar os cartos.

0

0

1

PUNTUACIÓN TOTAL

ANEXO V

Servizo de axuda a domicilio

Proxecto de Intervención

1. Datos de identificación do expediente

Expediente 1 :

Data da solicitude :

Intervención nº:

Data de inicio :

Sector de referencia 3 :

Nº total de usuarios :

Ámbito de atención 3 :

Estado Civil

Nome:

Apelidos:

Data de nacemento :

Sexo :

DNI :

Proxecto:

Data do proxecto:

Data fin do proxecto:

Antecedentes relevantes:

2. Atención que se prestará

Días da semana

L

M

ME

X

V

S

D

Nº de horas semanais

Horario

1Identificación do expediente en SIUSS.

3Tipoloxía SIUSS.

2Número de orde desta intervención en relación co total realizadas neste expediente.

4Pódese empreñar a tipoloxía SIUSS.

Tipo de servizo a prestar

Perfil do/as profesionais.

Outros servizos:

3.- Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio.

Existencia:

Servizos/apoios:

Nº de horas semanais:

4.- Obxectivos específicos e tarefas que se propoñen.

Obxectivos do servizo proposto:

Tarefas que se realizarán:

5.- Periodicidade do seguimento (mínimo bimensual).

Técnico responsable:

Asdo.:

ANEXO VI

Servizo de axuda no fogar

Acordo de servizo

Reunidos en ____________ con data _______ dunha parte don/dona _________________con DNI:____________

E doutra _____________________________ en calidade de técnico responsable do servizo de axuda no fogar de __________________________________

ACORDAN:

1. Que o Concello de _______________ /a entidade prestadora _________________________, prestará o servizo de axuda no fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día _______ do _________ de 20 __.

2. Que a prestación do servizo de axuda no fogar, para os/as usuarios/as de dependencia, realizarase con carácter indefinido. No caso de que a persoa usuaria acceda ao servizo polo procedemento de libre concorrencia, a duración da dita prestación será por un prazo dun ano, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do Departamento de Servizos Sociais.

3. Que o SAF se prestará por un total de ____horas/mes, distribuídas semanalmente nos seguintes días: _______________________________________________________

4. Que atendendo á Orde do 22 de xaneiro do 2009, que regula o servizo de axuda no fogar, ao Decreto 99/2012 do16 de marzo, ó Decreto 149/2013 do 5 de setembro polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e á Ordenanza fiscal municipal que regula as taxas do SAF, a persoa usuaria do SAF de dependencia conta cunha capacidade económica de _____euros/mes, polo que lle corresponde unha porcentaxe de _______, sobre a súa capacidade económica. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo, comprométese a achegar a cantidade de _________ euros/mes polo total de horas prestadas.

A persoa usuaria do SAF de libre concorrencia conta cunha capacidade económica per capita de ______ euros/mes, polo que lle corresponde unha porcentaxe de _________ na participación no custe do servizo. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo, comprométese a achegar a cantidade de _____euros/mes polo total de horas prestadas.

5. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o aboamento da taxa do SAF establecido no punto 4º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.

6. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:

- Atencións de carácter persoal

- Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida (acompañamentos fóra do fogar)

- Atencións de carácter doméstico e da vivenda

- Atencións de carácter psicosocial e educativo

- Atencións de carácter complementario

7. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAD, sendo anexadas ao acordo orixinal.TÍN OFIDA PROVINCIA

8. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións estipuladas no Decreto 99/2012 do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo Decreto 149/2013 do 5 de setembro polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e segundo o Regulamento e Ordenanza fiscal do Concello de Boimorto

9. O Concello de Boimorto pon a disposición dos/das usuarios/as do SAF un libro de follas de queixas e reclamacións,que estará disponible nas dependencias do propio Concello.

10. Co presente acordo faise entrega á persoa usuaria dunha copia da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar debidamente visada así como do proxecto de intervención debidamente asinado polas partes.

Ambas as partes dan a súa conformidade a este acordo de prestación do SAF e o asinan.

¿¿¿¿¿¿¿¿¿ ¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. de 20 ¿..

Ténico responsable: Usuario:

Asdo.: Asdo.:

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ó día seguinte a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."