Arzúa - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: BOP Nº: 30/08/2013
Publicación definitiva: 08/05/2014 BOP Nº: 86
Aplicable dende: 08/05/2014

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

1.1.-En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, o Concello de Arzúa establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar atendendo ao establecido nos artigos 20.4 e 57 do citado Real decreto lexislativo polo que se aproba a texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

1.2.-O servizo público de axuda no fogar configurase como unha prestación do Sistema público de Benestar Social establecida na Lei 39/2006 do 14 de decembro de Promoción da Autonomía persoal e de Atención as persoas en situación de dependencia e demais normativa estatal de desenvolvemento, Lei 13/2008 de Servizos Socias de Galicia e demais na normativa de carácter autonómico que desenvolve a Autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma, Orde do 22 de xaneiro do 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG n.º 22, do 2/02/ 2009) e Decreto 99/2012 do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comuniarios e o seu finanzamento.

1.3.-As atencións que se prestan son as reflectidas no Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar no Concello de Arzúa.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible a prestación efectiva do servizo de axuda no fogar, nos termos e condicións de intensidade regulada polo Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas que soliciten ou resulten directamente beneficiadas pola prestación do servizo, xa sexa con carácter estable ou temporal.

Artigo 4.º.-Responsables.

4.1.-Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades as que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

4.2.-Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades as que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5.º.-Cota tributaria.

A cota tributaria é a cantidade que en concepto de achega deberán satisfacer os usuarios do servizo, e calcularase conforme ás seguintes normas:

5.1.-Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, usuarias do servizo de axuda no fogar.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica
(referenciada ao IPREM)
Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

<=20 horas

<=45 horas

<=70 horas

100,00%

0,00%

0,00%

0,00%

115,00%

4,52%

9,61%

14,70%

125,00%

5,41%

11,50%

17,58%

150,00%

5,55%

11,79%

18,03%

175,00%

5,65%

12,00%

18,35%

200,00%

5,72%

12,16%

18,60%

215,00%

5,81%

12,34%

18,87%

250,00%

6,03%

12,82%

19,61%

300,00%

6,24%

13,26%

20,29%

350,00%

6,42%

13,63%

20,85%

400,00%

6,54%

13,90%

21,25%

450,00%

6,63%

14,09%

21,55%

500,00%

6,70%

14,25%

21,79%

>500%

6,76%

14,36%

21,97%

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 65% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00%

0,00%

12,87%

13,76%

0,00%

22,73%

24,29%

0,00%

35,51%

37,95%

115,00%

5,98%

13,10%

14,00%

10,56%

23,12%

24,71%

16,50%

36,13%

38,61%

125,00%

7,15%

13,39%

14,31%

12,63%

23,64%

25,26%

19,73%

36,94%

39,47%

150,00%

7,34%

13,52%

14,44%

12,95%

23,87%

25,50%

20,24%

37,29%

39,85%

175,00%

7,47%

13,61%

14,54%

13,18%

24,03%

25,67%

20,60%

37,54%

40,12%

200,00%

7,57%

13,76%

14,70%

13,36%

24,29%

25,96%

20,87%

37,96%

40,56%

215,00%

7,68%

13,83%

14,78%

13,56%

24,42%

26,09%

21,18%

38,16%

40,77%

250,00%

7,98%

13,96%

14,91%

14,09%

24,64%

26,33%

22,01%

38,50%

41,14%

300,00%

8,25%

14,06%

15,02%

14,57%

24,82%

26,52%

22,77%

38,78%

41,44%

350,00%

8,48%

14,16%

15,13%

14,98%

25,00%

26,72%

23,40%

39,07%

41,74%

400,00%

8,65%

14,35%

15,33%

15,27%

25,33%

27,06%

23,85%

39,57%

42,29%

>400,00%

8,77%

14,48%

15,48%

15,48%

25,57%

27,32%

24,19%

39,95%

42,69%

5.2.-Participación das persoas usuarias no financiamento no finanzamento do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia.

1. Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, a corporación local establecerá unha regulación progresiva de participación económica no custo do servizo que terá en conta a estrutura de rendas no concello e o cálculo da capacidade económica per cápita de acordo co establecido no artigo 60 deste decreto. Para estes efectos adaptará, mediante a ordenanza reguladora do correspondente servizo, a seguinte táboa:

Capacidade económica

Porcentaxe

Menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

20%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

40%

Maior de 2,5

60%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

4. O custo da hora do servizo no servizo de axuda no fogar de libre concorrencia é de 12 €/hora.

Artigo 6.º.-Determinación da capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido usuarias do servizo de axuda no fogar.

1. A capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito recoñecido de atención mediante o servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, a renda e patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas conviventes economicamente dependentes. Para o cálculo da citada capacidade económica observaranse as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2. O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar constará na resolución do plan individualizado de atención que se resolva en cada caso de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Artigo 7.º.-Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos en que se aplique o copagamento.

1. No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o concello regulará o cómputo da capacidade económica de acordo cos seguintes criterios:

a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Artigo 8.º.-Beneficios fiscais.

Non se outorgarán beneficios salvo os expresamente previstos en normas con rango de lei e os derivados dos tratados internacionais.

Artigo 9.º.-Obriga de contribuír.

A taxa devengarase e nace a obriga de contribuír no momento de iniciarse a prestación do servizo.

Artigo 10.º.-Normas de xestión.

10.1.-As normas de altas, modificacións e baixas na prestación do servizo son as recollidas no Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar.

10.2.-As liquidacións practicaranse con carácter posterior á prestación do servizo, por meses naturais. A taxa xestionarase mediante padrón fiscal, que será aprobado mensualmente, e notificado colectivamente a través da publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de edictos do Concello de Arzúa.

10.3.-O pagamento efectuarase durante a primeira quincena do mes seguinte ao da prestación do servizo

mediante cargo na conta corrente ou libreta de aforros que a persoa solicitante ou usuaria do servizo de axuda no fogar deberá indicar no modelo oficial que lle será facilitado polo Concello.

10.4.-O Concello de Arzúa revisará anualmente, cando proceda, os prezos base do servizo, e adaptará as porcentaxes correspondentes ás aportacións das persoas usuarias segundo as modificacións que ponderan emanar dos órganos autonómicos correspondentes. En ambos casos, de darse modificacións, comunicarase por escrito ás persoas usuarias.

Disposición derrogatoria.

A presente ordenanza deroga a anterior ordenanza fiscal da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar aprobada polo Pleno da Corporación, cuxa aprobación definitiva foi publicada no BOP o 29/11/2010.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación e entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.