Betanzos - ORDENANZA MUNICIPAL DE EMERXENCIA SOCIAL

Publicación provisional: 11/12/2008 BOP Nº: 284
Publicación definitiva: 16/02/2009 BOP Nº: 38
Aplicable dende: 27/05/2014

Artigo 9.- Documentación.

1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade dos membros da unidade familiar que o posúan. No caso de estranxeiros, tarxeta de residente, de asilo ou refuxio, pasaporte. 2. Fotocopia do Libro de Familia ou calquera outro documento que acredite convivencia. 3. Acreditación dos ingresos económicos de todos os membros da unidade familiar a través de: a) Fotocpias de nóminas, recibos, xustificantes de pensións, certificados do INEM ou calquera outro documento que acredite os ingresos da persoa ou unidade familiar. b) Declaración responsable do interesado na que se faga constar, se é o caso, a carencia absoluta de rendas familiares. c) Declaración de non estar incurso en ningunha das causas de prohibición para obter a condición de beneficiario da axuda. 4. Autorización de datos da conta bancaria, se procedese. 5. Documentos acreditativos da situación de necesidade determinantes da solicitude, que teñen que ser orixinais e se precisan devolución, indicar nestes que se concedeu a axuda para o seu pago, así como xustificante do seu custe ou presuposto.

Artigo 11.- Indicadores.

Para a concesión da axuda de emerxencia social teranse en conta os seguintes indicadores:
- Situacións de risco e/ou exclusión social
Valoraranse as situacións de desatención ou problemas conductuais nos menores que integran a unidade familiar; situacións carenciais ou de conduta desadaptada que afectan ós proxenitores ou outros adultos integrantes da unidade familiar; situacións de violencia de xénero e outras circunstancias de risco non recollidas nos apartados anteriores.

Artigo 13.- Aboamento da axuda.

A xestión orzamentaria das axudas recollidas na presente ordenanza facerase desde a Intervención municipal, emitindo a correspondente orde de pago e transferencia con cargo á partida destinada a este fin e co límite dos créditos consignados na mesma; facerase efectiva a través do sistema de pago a xustificar e/ou anticipo de caixa fixa de conformidade co establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; o R.D. 500/1990; e as bases de execución do orzamento xeral municipal deste Concello.

Artigo 10.- Procedemento para a concesión das axudas.

a) Solicitude en modelo oficial dirixido á Ilma. Sra. Alcaldesa e presentada no Rexistro Municipal por calquera dos medios previstos no art. 38 da Lei 30/1992, do 2 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Asi mesmo poderase iniciar de oficio mediante informe emitido polos técnicos municipais de servizos sociais, que iniciará o expediente a todos os efectos.
b) Estudo e valoración da petición, ou da situación no caso de terse iniciado de oficio, e das circunstancias familiares, por parte dos técnicos municipais de servizos sociais que cando así se valore, incluirá o deseño dun proxecto de intervención social personalizado.
c) A proposta de concesión ou denegación da axuda será asinada polos técnicos municipais de servizos sociais.
d) A proposta de concesión terá que axustarse necesariamente ás características destas axudas e á existencia de crédito adecuado e suficiente.
e) Debido ás características destas axudas, a proposta de concesión terá que resolverse no prazo máximo de 10 días desde a data de presentación da solicitude ou iniciación de oficio.

Artigo 12.- Contía da axuda.

A contía da axuda, que non poderá adquirir un carácter periódico, será a que designen os técnicos e técnicas municipais, sempre en función da situación socio-económica do ou da solicitante e tendo en conta as limitacións orzamentarias.

Artigo 14.- Xustificación do gasto.

A xustificación do gasto acreditarase mediante as facturas dos pagos e gastos realizados que deberán cumprir cos requisitos regulamentarios establecidos, ou mediante outros documentos de valor probatorio semellante con validez no tráfico xurídico mercantil.
Procurarase, na medida en que sexa posible, realizar o pago ao acredor do servizo en función das características da emerxencia. Si esto non fose posible ou dificulta a tarefa administrativa realizarase o pago ao peticionario que disporá dun prazo máximo de 8 días para xustificar –mediante factura- o importe da axuda.
Con carácter excepcional, e debidamente xustificado no expediente administrativo por parte dos técnicos municipais de servizos sociais e ante determinadas situacións extremas, ó perceptor da axuda non se lle requirirá a xustificación do gasto polos medios establecidos con carácter xeral e sinalados no primeiro parágrafo deste artigo, se non mediante calquera medio admisible en dereito ou, se é o caso, mediante o informe correspondente dos servizos sociais, sobre a base da concorrencia dunha determinada situación extrema de necesidade (artigo 30.7 da Lei xeral de subvencións)

TITULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Réxime Xurídico.

A concesión das prestacións municipais co nome de emerxencia social, rexeranse polo disposto na presente Ordenanza e nas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento.

TITULO II.- BENEFICIARIOS DAS AXUDAS

Artigo 2.- Obxecto.

Constitúe o obxecto desta ordenanza o outorgamento dunha prestación non periódica de carácter económico destinada a facer fronte a gastos específicos de carácter extraordinario, necesarios para previr, evitar ou paliar situacións carenciais, urxencias sociais ou situacións de marxinación social. Están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que non teñan medios e nas que concorran factores de risco, sendo sempre un apoio á intervención social.

Artigo 7.- Tipos de beneficiarios.

Poderán seren beneficiarios desta axuda as persoas físicas para si ou a súa unidade familiar que reúnan os requisitos que se sinalan no apartado seguinte. Entendese por unidade familiar a formada por máis dunha persoa, cuxos membros convivan no mesmo domicilio.

TITULO III.- XESTION E PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS

Artigo 3.- Criterios xerais para a concesión das axudas.

Para a concesión das axudas económicas teranse que cumprir os seguintes criterios xerais:
a) Situacións acreditadas de necesidade.
b) Que a necesidade obxecto da axuda estea valorada por un técnico de servizos sociais e integrada nun proceso de intervención social.
c) O pago da axuda será sempre feito ó solicitante e excepcionalmente á entidade ou profesional prestador do servizo, en casos moi xustificados e debidamente reseñados no expediente.

Artigo 8.- Requisitos dos beneficiarios:

1. Ser maior de idade ou menor emancipado.
2. Estar empadroado no concello de Betanzos de forma ininterrompida polo menos con un ano de antigüidade. Excepcionalmente poderán seren beneficiarios, previo informe dos técnicos municipais de servizos sociais, os inmigrantes ou inmigranter retornados que non tendo a antigüidade teñan o seu domicilio en Betanzos e a súa situación de urxencia social fagan necesaria esta axuda.
3. Acreditar a situación de necesidade.
4. Aportar a documentación requirida en cada caso.
5. Aceptación expresa, por parte do usuario, cando así o valoren os técnicos dos servizos sociais, da súa inclusión nun proxecto de intervención social.
6. Acreditar mediante documento de declaración responsable de estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, así como declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos, e para a mesma finalidade, a axuda solicitada.

TITULO IV.- CRITERIOS DE VALORACION

Artigo 4.- Incompatibilidade das axudas.

Será incompatible a concesión da axuda económica co disfrute gratuíto de servizos que cubran as mesmas necesidades. Asi mesmo non poderán outorgarse axudas polo mesmo concepto que concedesen outras Administracións ou organismo público. Exceptuarase este último requisito se a axuda concedida non solventase a necesidade, podendo neste caso complementarse desde esta Administración sen que en ningún caso poida superar o custe total do obxecto da axuda.

TITULO V.- XESTION ORZAMENTARIA E XUSTIFICACIÓN

Artigo 5.- Clasificación das prestacións.

a) Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección:
• Cobertura de necesidades básicas con carácter xeral: alimentos, vestiario, aloxamento e demais indispensables para o desenvolvemento da vida diaria.
• Gastos sanitarios: próteses oculares, próteses e arranxos dentais e gastos farmacéuticos e outros de semellante natureza.
b) Axudas de uso e mantemento da vivenda:
• Fianzas para alugueres de vivendas
• Importes pendentes en evitación de desafiuzamento
• Pequenos arranxos na vivenda habitual cando estes teñan a consideración de imprescindibles para a permanencia no domicilio.
• Limpezas e desescombros en vivendas
c) Outros gastos excepcionais, valorados polos técnicos municipais de servizos sociais como indispensables para previr a marxinación e favorecer a normalización de individuos e familias.

Disposición final única

A presente ordenanza entrará en vigor ós quince días da publicación no Boletín Oficial da Provincia do acordo de aprobación definitiva.

Artigo 6.- Criterios de Valoración.

Os criterios a valorar para a concesión destas axudas son os recollidos no artigo 11 desta Ordenanza.