Vimianzo - ORDENANZA FISCAL Nº 27, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE VIMIANZO

Publicación provisional: 09/04/2014 BOP Nº: 68
Publicación definitiva: 09/06/2014 BOP Nº: 108
Aplicable dende: 26/06/2014

ARTIGO 1.- CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no capítulo VI, do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece o prezo público polo servizo de axuda no fogar, tanto para persoas valoradas en situación de dependencia como persoas que acceden ao servizo a través da modalidade de libre concorrencia.

ARTIGO 2.- OBRIGADOS/AS O PAGAMENTO:

Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulado na presente ordenanza os seguintes:

A) Persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

B) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

Se o/a beneficiario/a carecera de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

ARTIGO 3.- CONTIA DO PREZO PÚBLICO:

1.- Contía a pagar

A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes, tendo en conta que o prezo/hora só lle afecta aos usuarios de libre concorrencia.

Para os usuarios de dependencia aplicaremos a porcentaxe que fixa o Decreto 149/2013 sobre a capacidade económica da persoa usuaria. Tan só utilizaremos o prezo hora para calcular o máximo que o usuario vai pagar, que é o 90% do custo do servizo, e que se determinarán do seguinte xeito:

Aos efectos previstos para aplicación das tarifas do presente artigo, establécese o prexo hora por prestación do servizo en 12 euros.

2.- Ao abeiro do establecido no artigo 47.1 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a modificación dos ditos importes en función das variacións no custo do servizo.

ARTIGO 4.- PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO FINANCIAMENTO DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO (LIBRE CONCORRENCIA)

Para o caso da prestación do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan o recoñecemento da condición de dependencia, ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006 de 14 de Decembro de Promoción da Autonomía Persoal e Atención a persoas en situación de dependencia, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custe do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 15.2 da ordenanza municipal do Concello de Vimianzo.

CAPACIDADE ECONÓMICA

PARTICIPACIÓN NO CUSTE DO SERVIZO DO SAF BÁSICO

Menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

20%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

40%

Máis do 2,5 IPREM

60%

1.- En calquera caso establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

2.- Sen perxuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copago nos casos nos que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, debendo esta circunstancia estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

Poderá preveerse a gratuidade do servizo en determinados casos en que a problemática principal atendida sexa a desestructuración familiar e/ou se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión social, segundo criteiro do técnico responsable do servizo e resolución motivada de Alcaldía, órgano competente para ordenar a concesión do servizo, debendo quedar constancia no correspondente expediente.

Para o cálculo da aportación mensual do usuario será de aplicación o seguinte criterio:

A cantidade a pagar en libre concorrencia resulta de aplicar o % que se debe establecer para cada nivel de renda, entre os topes propostos ao custo do servizo.

ARTIGO 5.- PARTICIPACIÓN NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO DAS PERSOAS DEPENDENTES CON DEREITO DE ATENCIÓN RECOÑECIDO COMO USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2.- Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

3.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á disminución das horas efectivas de servizo.

4.- En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

5.- No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no curso do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

ARTIGO 6. Determinación da capacidade económica da persoa usuaria do servizo.

1.- Sistema de atención a persoa usuarias da dependencia

A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñececido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II, do título III do decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de Servizos Sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custe, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia , o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

2.- Persoas usuarias do SAF por libre concorrencia (doutros servizos que impliquen copagamento)

Para o caso do servizo de axuda no fogar prestado a persoas usuarias diferentes das anteriores seguiranse os seguintes criterios:

a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

b) Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que forman parte da unidade de convivencia.

ARTIGO 7. AFECTACIÓN DOS INGRESOS MUNICIPAIS POLO COPAGAMENTO DOS SERVIZOS

De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Vimianzo, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

ARTIGO 8.- OBRIGA DE PAGAMENTO

1.-A obriga de pagamento dos prezos públicos comeza dende que se inicie a prestación do servizo.

2.-As liquidacións levaranse a cabo por meses naturais, e deberán ser aboadas polos/as beneficiarios/as nos primeiros 20 días hábiles do mes seguinte, mediante cargo na conta corrente que o/a usuario indicará no contrato do servizo. Nos supostos de alta e baixa no servizo , a liquidación mensual practicarase atendendo o número efectivo de horas prestadas no correspondente mes.

As horas aboadas son as efectivamente prestadas, polo que se non se presta o servizo, ausencias da traballadora, ingreso hospitalario, suspensión do servizo por visita médica usuario, e sempre que se preavise coa antelación sinalada na ordenanza reguladora, non está obrigado a pagalo.

3.-Os suxeitos pasivos estarán obrigados a comunicar calquera alteración que se produza nos seus ingresos ao longo do período impositivo, así como a renovar, anualmente, os datos para a estimación das súas rendas.

4.- O terse en conta as circunstancias económicas na fixación dos prezos non se establece ningún outro sistema de exención ou bonificación, agás nos supostos reflectidos no artigo 4.

5.- O usuario ten dereito a solicitar a suspensión do servizo con 10 días de antelación para causas previsibles. No caso de libre concorrencia a suspensión pode ser de ata 3 meses. No caso de dependencia o prazo máximo é de 2 meses.

5.-As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.

6.-A falta reiterada de pagamento é unha causa de extinción do servizo.

ARTIGO 9.- NORMAS DE XESTIÓN:

1.- Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varien as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Asemade rexerase polas normas contidas no Regulamento específico do servizo.

2.- Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, (en dependencia as actualizacións e modificacións réxense polo establecido no artigo 18 do decreto 149/2013) se lles requerirá, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a determinación da súa capacidade económica e o prezo público a aboar.

3.- Unha vez iniciada a prestación do servizo, e dacordo co contido no regulamento municipal para persoas en situación de dependencia valorada, procederase á súa inclusión nos padróns ou matrículas deste prezo público. O pagamento da contía que corresponda aboar a cada persoa beneficiaria farase efectivo en recibos mensuais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.

4.- Dende a área de Benestar Social dentro dos 5 primeiros días de cada mes, elaborarase o listado de liquidacións do período correspondente ao mes anterior, que serán elevadas ao órgano competente para a súa xestión.

Disposición derrogatoria

Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar publicada no BOP nº 236 de 12 de decembro de 2013 e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contrata á mesma.

Disposicion derradeira

O presente acordo entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorroido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 de 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.