Frades - Regulamento municipal de abastecemento de auga e sanemento do Concello de Frades

Publicación provisional: 11/04/2014 BOP Nº: 70
Publicación definitiva: 11/06/2014 BOP Nº: 110
Aplicable dende: 11/06/2014

CAPÍTULO I.-OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN DE CONDICIÓNS DE SERVIZO

Artigo 1.-Obxecto do Regulamento.

1. O Regulamento ten por obxecto establecer as normas de prestación dos servizos de subministro de auga potable e saneamento no municipio de FRADES, regular as relacións entre a Empresa e os usuarios, determinando as súas respectivas situacións, dereitos, deberes e obrigacións básicas, así como recoller o ámbito de aplicación de prezos e tarifas, e o réxime de infraccións e sancións.

2. A efectos de simplificación, no presente regulamento se denomina ¿abonado" ó usuario que teña contratado o Servizo de Augas e/ou Saneamento. O abonado debe ser titular do dereito de uso da finca, local ou industria.

Denominase ¿rede de distribución" ó conxunto de tuberías cos seus elemento de manobra, control e accesorios, instalados nas vías públicas a través das cales se subministra auga ás distintas zonas da poboación.

Denomínase ¿ampliación de rede de distribución" ás extensións ou prolongacións realizadas a partir desta desde un punto xa abastecido ata o lugar de ubicación doutros inmobles ós se pretende dotar de servizo de auga.

Comprende, así mesmo, este concepto aquelas modificacións que se realizan sobre unha rede existente cando a súa capacidade é notoriamente insuficiente para atender o abastecemento dunha ou varias zonas da poboación.

3. O Servizo de Abastecemento de auga Potable e Saneamento do Municipio de FRADES seguirá ostentando, en todo momento, a condición de Servizo Público Municipal do Excmo. Concello de FRADES.

4. Os servizos a que afecta este regulamento quedarán sometidos permanentemente ó control do Concello de FRADES, quen poderá revisar os traballos realizados polo prestador do servizo, en todo momento ou lugar, procurando non entorpecer a prestación dos mesmos.

Artigo 2.-Obrigacións do prestador do servizo.

Corresponde ó prestador do servizo, cos recursos ó seu alcance:

a) Planificar, proxectar, executar, conservar e explotar as obras e instalacións necesarias para captar, regular, conducir, depurar, almacenar e distribuir auga potable á poboación do municipio de FRADES, así como para recoller, conducir, separar e depurar as augas residuais para o seu vertido ós cauces públicos, con arranxo ás condicións que se fixan neste regulamento e na lexislación aplicable, utilizando ó efecto os recursos e medios actualmente dispoñibles e os que no futuro resulten das inversións que se realicen polo propio prestador do servizo, ou lle sexan asignados.

b) A tramitación e execución de acometidas de subministros de auga e saneamento a todas aquelas persoas ou entidades que o soliciten para seu uso en edificios, locais e recintos situados dentro do área da súa competencia, sempre que éstos reúnan as condicións esixidas por este regulamento e foran aprobadas pola corporación municipal.

c) Subministrar auga ós usuarios, garantindo a súa potabilidade con arranxo ás disposicións sanitarias vixentes, ata a chave de rexistro (considerada, con carácter xeral, como inicio da instalación interior do abonado), así como efectuar a recollida de augas fecais ou residuais desde a arqueta de rexistro situada no límite da propiedade do abonado co dominio público e a súa canalización ata a estación depuradora ou punto de vertido establecido polo Concello.

d) O prestador do servizo deberá cubrir, na súa condición de xestor das infraestruturas municipais, a súa eventual responsabilidade civil por danos causados a terceiros subscribindo unha póliza de seguros axeitada.

e) Dispor dun servizo permanente para recepción de avisos de avarías e para informacións urxentes e aquelas anomalías que poidan producirse relacionadas coa prestación do servizo.

f) Informar ós abonados, sempre que sexa posible e polos medios adecuados de difusión, das interrupcións ou alteracións que se produzan no subministro como resultado das súas actuacións ou de terceiros.

g) Colaborar coas autoridades e centros de educación para facilitar, sen afectar á explotación, cos abonados e público en xeral poidan coñecer o funcionamento das instalacións.

h) Contestar ás reclamacións que se lle formulen por escrito no prazo regulamentario.

i) Aplicar os prezos e cadros de tarifas correspondentes ós distintos tipos de subministro e saneamento que, en cada momento, se teñan aprobadas.

Artigo 3.-Dereitos do prestador do servizo.

Ademáis dos dereitos que ó prestador do servizo lle outorguen as disposicións legais e regulamentarias en materia de xestión do Servizo Público e das recoñecidas con carácter xeral, terá os seguintes dereitos:

a) Inspeccionar, revisar e informar das instalacións interiores do subministro que, por calquer causa, poidan interferir no funcionamiento do servizo.

b) Percibir nas súas oficinas ou ben por domiciliación bancaria a través das contas dos abonados, o importe das facturacións ou cargos que, debidamente autorizados, corresponda pagar ós abonados e usuarios polas prestacións que realizara o prestador de servizo.

Artigo 4.-Obrigacions do abonado.

Son obrigacións do abonado:

a) Todo abonado virá obrigado a abonar puntualmente os cargos que o prestador do servizo lle formule con arranxo ós prezos e tarifas aprobados, así como os que se deriven da prestación dos servizos complementarios a que fai referencia o presente regulamento.

A obrigatoriedade do pago íntegro dos consumos de auga se considerará extensiva ós casos en que os mesmos se orixinaran por fuga, avaría, ou defecto de construcción ou conservación das instalacións interiores, ou por calquer outra causa non imputable ó prestador de servizo.

b) Os abonados deberán, en interés xeral e no seu propio, comunicar así mesmo ó prestador do servizo calquer avaría ou perturbación (fugas, pérdidas de presión, vertidos incontrolados, etc.) que, ó seu xuizo, se produzan na rede de distribución pública ou nas instalacións privadas.

Análogamente, deberán comunicar ó prestador do servizo a existencia de obstruccións na rede de saneamento, que produzan ou sexan susceptibles de producir desbordamentos, olores ou calquer tipo de molestias ós ciudadáns.

Igualmente, deberán notificar ó prestador do servizo as manipulacións nas redes ou os usos indebidos de auga que poidan ser causa grave de contaminación ou perigo de accidente para persoas ou bens.

c) Facilitar o libre acceso ás instalacións ou recintos, ós empregados da empresa ou persoa autorizada para o desenvolvemento dos traballos relacionados coa realización de lecturas, inspeccións, obras e reparacións.

d) Cando o abonado desexe causar baixa no subministro, estará obrigado a comunicarllo o Concello dita baixa cunha antelación mínima de 48 horas, para poder efectuar a lectura do contador, precintado do mesmo e facturar o consumo correspondente.

e) Cando nunha mesma finca, xunto ó auga do Servizo Municipal, existira auga doutra procedencia, o abonado virá obrigado a establecer nas instalacións interiores medios axeitados para evitar a entrada desas augas na rede xeral.

O prestador do servizo non se responsabilizará da calidade das augas nas instalacións interiores, advirtíndose ós abonados da responsabilidade en que poden incurrir, de producirse, por retroceso, a alteración das condicións de potabilidade das augas da traída pública.

f) O abonado, baixo a súa exclusiva responsabilidade, non poderá:

1. Insertar nas tuberías de abastecemento, sen previa autorización do prestador do servizo, bombas ou calquer aparato que modifique ou poida afectar ás condicións da rede de distribución no seu entorno e, consecuentemente, interfiran co servizo prestado a outros abonados.

2. Revender ou ceder, incluso a título gratuito, o auga subministrada polo prestador de servizo.

3. Modificar os accesos ós contadores e aparatos de medida, sen comunicación ó prestador de servizo.

4. Utilizar o auga do servizo público para fines distintos ós contratados.

5. Manipular as instalacións interiores xerais, nin instalar elementos nelas.

6. Realizar consumos de auga que non sexan controlados polo equipo de medida ou introducir calquera alteración nas instalacións que permitise estos consumos.

7. Ocasionar voluntariamente ou por conducta neglixente fugas de auga.

8. Romper ou alterar os precintos de medida.

Artigo 5.-Dereitos dos abonados.

Serán dereito dos abonados:

a) Dispor permanentemente de subministro de auga potable, con arranxo ás condicións que figuren no seu contrato, sen outra limitación que as establecidas no presente regulamento e as demais disposicións de aplicación.

b) Ser informado de tódalas cuestións derivadas da prestación e funcionamento do servizo en relación ó seu subministro, así como recibir contestación por escrito, no prazo regulamentario previsto, ás consultas formuladas por idéntico procedemento.

Artigo 6.-Reclamacións dos abonados.

1. Toda persona física que, en nome propio ou en representación de terceiros, desexe formular reclamación contra os empregados do prestador de servizo ou contra o que considere calquer anomalía no funcionamento do mesmo, poderá facelo mediante escrito dirixido á Dirección do Servizo de Augas ou ó Concello.

2. Nas reclamacións que poidan formularse sobre o cumprimento das condicións do servizo, o reclamante deberá acreditar a condición de abonado e estar ó día no pago dos recibos correspondentes.

3. As reclamacións que se formulen por danos e prexuízos que se causen polo prestador do servizo rexeranse pola lexislación aplicable, tendo en conta a natureza das mesmas e o seu carácter contractual ou extracontractual.

4. As reclamacións faranse dentro dos 15 dias naturais despois de producirse os danos.

CAPÍTULO II.-PÓLIZA DE ABONO, SUBMINISTRO DE AUGA E CONEXIÓN DE VERTIDOS

Artigo 7.-Pólizas de abono.

Se denomina póliza de abono ó contrato subscrito entre o prestador do servizo e o abonado, que inclúe os termos e condicións pactados para o subministro de auga e a prestación do servizo de saneamento.

Para a petición do subministro:

- No caso de vivenda nova o usuario presentará.

- Licenza de primeira ocupación ou recibo de estar o corrente na contribución urbana.

- Copia da escritura notarial ou rexistral.

- DNI.

- No caso dunha obra, o peticionario presentará a licenza para a mesma, realizándose un contrato de auga de obra que se terá que dar de baixa unha vez finalizada.

- No caso dunha industria ou comercio o usuario presentará.

- IAE ou no seu defecto declaración responsable de actividade.

- DNI OU CIF.

- Outra documentación necesaria dependendo da actividade.

En ningún caso se procederá ó subministro se non están realizados os anteriores requisitos.

Farase un contrato dos servizos de abastecemento e saneamento por cada vivenda, local ou dependencia independentes, aínda que pertenzan ao mesmo dono, sexan contiguas, estén ocupadas ou vacías.

Nos casos en que esté constituida a comunidade de propietarios con contador xeral único, ésta deberá subscribir unha póliza de abono xeral, que deberá incluir unha cota fixa, e/ou un mínimo equivalente ao n.º de locais e vivendas que poidan ser utilizadas de forma independente.

Non se subscribirá contrato de subministro a aquel usuario con recibos pendentes de cobro, sexa cal fora a ubicación do novo subministro solicitado.

Baixo ningún concepto faranse concesións gratuitas, calqueira que sexa o carácter e natureza do peticionario, considerándose caducadas as que actualmente poidan existir, de tal modo que non se considerarán ¿consumos municipais", os consumos daquelas dependencias, que sendo municipais, teñan contratada a súa xestión cunha empresa privada.

Tódolos acordos anteriores quedarán en suspenso á entrada en vigor do presente regulamento.

O traslado de domicilio e ocupación do mesmo local por persona distinta á que formalizou o contrato, esixe novo contrato, ou no seu caso, a subrogación do anterior, sempre que se cumpran tódolos requisitos deste regulamento.

Non se autorizarán altas nin baixas temporais, excepto no especificado no artigo 10.º.

Artigo 8.-Solicitude de acometida. Utilización do subministro.

1. A solicitude de acometidas ás redes de distribución de auga potable e de evacuación de augas residuais deberá presentarse, de forma independente, para cada finca que legal ou físicamente constitúa unha unidade de edificación, debendo cada unha delas satisfacer por separado as condicións previstas neste regulamento.

Se considerarán unidades de edificación independentes os edificios dun só portal, ou cada un dos portais no caso de que existan varios nun mesmo edificio. No caso de que un mesmo edificio ou construcción teña máis dun acceso, o prestador de servizo poderá decidir a conveniencia de realizar, a medida que lle sexan solicitadas, máis dunha acometida.

2. Queda expresamente prohibida a utilización dun subministro de auga ou dun colector de vertidos por outra finca ou propiedade distinta daquela para a que se contratou, ainda cando pertenzan ó mesmo dono.

3. Naqueles casos nos que, a xuizo do prestador do servizo, exista causa xustificada, o titular do uso dun local comercial ou industrial de planta baixa dun inmoble, poderá contratar, a súa costa, acometidas independentes.

4. O prestador do servizo está autorizado para vixiar as condicións e forma na que os abonados utilizan os servizos de abastecemento e saneamento.

Artigo 9.-Servizo a novas edificacións e novas urbanizacións.

1. As extensións das redes de abastecemento e/ou saneamento para edificacións novas ou antiguas que non o posean serán a cargo do abonado e pasarán á rede municipal.

2. As instalacións das redes de abastecemento e saneamento propias de urbanizacións, novas rúas ou polígonos, serán executadas a cargo do promotor, con suxeción ó correspondente proxecto técnico necesariamente aprobado polo Concello, e previo informe favorable do prestador de servizo. A traza destas redes será sempre polos viais públicos.

3. O permiso de acometida de subministro e saneamento para o polígono ou urbanización, así como para os soares e inmobles ubicados nel, estará supeditado a que previamente se acredite o cumprimento das condicións seguintes:

- Os esquemas das redes interiores de distribución e saneamento, así como as demais instalacións relacionadas, deberán ter sido aprobados polo prestador do servizo e proxectados por técnico competente, debendo ser executados por conta do promotor ou propietario da urbanización ou polígono, e con cumprimento das normas técnicas do prestador do servizo ou que prevera, a tales fins, o propio Concello.

- O prestador do servizo poderá esixir, tanto durante o desenvolvemento das obras como na súa recepción ou posta en servizo, as probas hidráulicas e ensaios necesarios, co fin de garanti-la idoneidade de execución e o cumprimento das especificacións de calidade que afecten ós materiais previstos no proxecto, sendo os gastos derivados de tales probas a cargo do promotor ou propietario da urbanización.

4. En ningún caso estará facultado o promotor ou executor da urbanización para realizar as acometidas de abastecemento ou saneamento nos posibles edificios, soares ou parcelas da mesma, o cal é competencia exclusiva do prestador do servizo.

5. O enlace das redes interiores coas conduccións exteriores que forman a rede pública xestionada polo prestador do servizo, así como as modificacións ou eventuais reforzos ás mesmas que houberan de efectuarse nelas, como consecuencia das novas demandas impostas pola urbanización, quedarán perfectamente delimitadas no proxecto previo e executaranse sempre polo prestador de servizo e a cargo do promotor ou propietario da urbanización.

6. Unha vez finalizadas as instalacións, serán verificadas polo prestador do servizo, e informará ó Concello no que lle afecte para a aceptación da propiedade das instalacións, as súas servidumes de paso e usos da urbanización que pasen a dominio público, asumindo a xestión e mantemento dos servizos de abastecemento e saneamento, unha vez que lle sexa ordenado polo Concello.

7. Se poderá denegar a solicitude de acometida ou acometidas as súas redes polas causas ou circunstancias seguintes:

a) Por incumprimento do estipulado neste Regulamento no que se refiere a documentación e requisitos previos para a conexión ás redes públicas.

b) Cando a cota de vertido do inmoble para o que solicita a acometida da rede de saneamento sexa inferior á da rede de conducción xeral correspondente, salvo que o propietario instale e manteña, a súa costa, o sistema de bombeo adecuado.

c) Cando algunha parte das instalacións xerais deba discurrir por propiedade de terceiros, sen que se acredite a constitución da servidume de paso, inscrita no rexistro da Propiedade ou non se adquira a franxa de terreo afectada.

d) Cando a presión no punto de acometida de abastecemento sexa insuficiente para un correcto servizo, e non se instalarann, a cargo do abonado, o grupo de elevación e alxibe correspondentes.

O prestador do servizo poderá, se o abonado o acepta expresamente, contratar o servizo sen responsabilizarse das deficiencias producidas pola falta de presión, termo este que quedará debidamente reflectido no contrato.

e) Cando a presión no punto de acometida de abastecemento se considere excesiva para o servizo, e non se instalaran, a cargo do abonado, as medidas de reducción de presión axeitadas.

Artigo 10.-Tomas de auga provisionais e temporais.

1. Excepcionalmente, o prestador do servizo poderá conceder acometidas ou tomas de auga con carácter provisional ou temporal para obras.

2. En ningún caso se utilizará para vivendas e locais a auga subministrada para unha acometida de obra. Ó finalizar as obras, o constructor ou promotor comunicará este feito ó prestador de servizo e quedará clausurada automáticamente esta acometida, rexíndose o subministro polas condicións xerais establecidas.

3. Ata a sinatura das pólizas definitivas do servizo, se manterá en vigor a póliza do servizo provisional para obra, sendo o constructor ou solicitante autorizado o responsable de abonar toda a auga consumida, que se lle facturará á tarifa de obra, independentemente do uso que houbera tido.

Artigo 11.-Contratante e titular do contrato.

1. O contratante do subministro e saneamento será o titular ou titulares da finca, local ou industria a abastecer, ou quen o represente legalmente, a salvo das excepcións que se detallan neste artigo. Os dous servizos serán dados de alta a nome da mesma persoa.

No seu caso, o contratante poderá ser o inquilino, con autorización bastante da propiedade. Esta autorización implicará a asunción, por parte do propietario, das eventuais responsabilidades e do resarcemento de danos ó prestador de servizo, no caso de incumprimento do contrato de subministro e saneamento por parte do inquilino.

2. Non poderá ser abonado do subministro de auga e saneamento quen, habendoo sido con anterioridade para outra finca, local ou industria, fora penalizado con suspensión de subministro ou resolución do contrato por falta de pago ou medida regulamentaria, a non ser que satisfaga íntegramente as súas anteriores obrigacións, cos recargos, intereses e gastos que houbera lugar.

3. Toda acometida destinarase exclusivamente ós usos para os que houbera sido solicitada e concedida, debendo comunicar o abonado previamente aó prestador de servizo calquer modificación, solicitando a súa aprobación e a formalización dun novo contrato no que se inclúan as circunstancias modificadas.

4. Nos casos de cambio de titularidade da finca, local ou industria abastecidos, e cando sexa o propietario o abonado titular do contrato de subministro, ambos deberán comunicar fidedignamente, dentro do prazo dun mes, o cambio habido, co fin de proceder a formalizar un novo contrato de subministro a nome do novo titular.

5. Nos casos nos que os titulares do contrato de subministro foran os inquilinos, o novo inquilino deberá substituir a autorización do propietario a que se fai referencia no apartado primeiro deste artigo, por outra similar a seu nome.

Se houbera modificación de propiedade da finca, local ou industria sen cambio de titularidade do contrato de subministro e saneamento, o novo propietario se entenderá inexcusablemente subrogado nas responsabilidades asumidas polo anterior propietario en relación cos incumprimentos do contrato e resarcimento de danos que poideran causar ó prestador de servizo os inquilinos do inmoble, cando non os houberan asumido estos.

6. Nos casos en que o solicitante dos servizos sexa unha Comunidade de Propietarios, só poderá contratar os mesmos o seu representante legal, debidamente acreditado.

7. Nos casos en que se soliciten os servizos para execución de obras, o contratante deberá ser o titular da licenza municipal.

Artigo 12.-Altas e baixas no servizo.

Toda alta no servizo será obxecto de solicitude do interesado, e subscripción da correspondente póliza na que se fará constar as características do subministro e que producirá efectos económicos dentro do trimestre no que comence o disfrute do servizo e coa facturación correspondente ó trimestre completo.

No caso de contadores colectivos, cada unha das vivendas ou locais subministrados a través dese contador abonará a cota de ¿Alta de Contrato" especificada na Ordenanza Fiscal correspondente.

As baixas se solicitarán polo titular do contrato subscribindo a correspondente solicitude, e previa comprobación e pago dos recibos pendentes do trimestre no que se solicita a baixa, se pasará orden para corte de subministro e precintado da chave de paso.

Artigo 13.-Tipos de subministros.

A prestación do servizo se clasificará segundo o especificado na Ordenanza Fiscal polos tipos de tarifas, pero como norma xeral será:

1. Usos domésticos.-Son aqueles nos que a auga se utiliza exclusivamente para atender necesidades primarias da vida, preparación dos alimentos e hixiene persoal.

Se aplicará esta modalidade exclusivamente a locais destinados a vivendas, sempre que neles non se realice actividade industrial, comercial, profesional, nin de servizos de calquer tipo.

2. Usos comerciais.-Son aqueles nos que a auga se utiliza para o acondicionamento, limpeza ou hixiene en establecementos profesionais, comerciais ou de servizos.

3. Usos industriais.-Son aqueles nos que a auga constitúe un elemento directo ou indirecto dun proceso de producción.

Aplicarase esta modalidade a tódolos locais ou establecementos nos que se desempeñe unha actividade industrial, así como a centros de ensinanza, deportivos, clubes sociais e recreativos, garaxes e, en xeral, para todos aqueles non destinados a vivenda.

Terán tamén a consideración de usos industriais aqueles usos, potencialmente domésticos, para os que, como resultado das inspeccións e análisis que realizará o Servizo Municipal ou os laboratorios autorizados ó efecto, se determinará unha contaminación improcedente das augas residuais, sen prexuízo das responsabilidades nas que incurrira o actuante.

4. Usos municipais. Son aqueles que corresponden ós edificios e instalacións municipais.

O Concello instalará contadores en todos e cada un dos puntos de subministro que lle afecten, calculándose polos servizos técnicos do prestador de servizo os consumos municipais donde, polas características de ditos puntos, non poida instalarse un contador.

Non se considerarán consumos municipais, os das dependencias que sendo municipais teñan contratada a súa xestión a unha empresa privada.

5. Uso para obras. Son aqueles nos que a auga se usa na construcción.

6. Usos especiais. Se consideran subministros especiais aqueles non incluidos nas modalidades anteriores.

Artigo 14.-Causas de suspensión do subministro.

1. Para a suspensión do servizo de abastecemento a un abonado, o prestador de servizo deberá seguir o procedemento legal previsto ó efecto.

A utilización inadecuada por parte dun abonado do servizo de saneamento ocasionará a suspensión do servizo de abastecemento, como medida complementaria.

2. O prestador do servizo poderá suspender o servizo de abastecemento e/ou saneamento a un abonado nos seguintes casos:

a) Se tivese pendentes de pago un ou máis recibos correspondentes ó importe dos servizos conforme ó estipulado na ordenanza fiscal.

b) Por falta de pago, das cantidades resultantes de liquidacións en firme de fraude, ou no caso probado de reincidencia no mesmo.

c) En tódolos casos en que o abonado emplee a auga que se lle subministre, en forma ou para usos distintos dos contratados.

d) Cando o abonado estableza ou permita establecer derivacións na súa instalación para subministro de auga ou evacuación de residuais a outros locais ou vivendas diferentes á consignada na súa póliza de servizo.

e) Cando o abonado non teña instalado contador (ou se atope avariado e non proceda á substitución do mesmo a pesar da comunicación do servizo) para control do consumo de auga.

f) Cando o abonado manipule o equipo de medida falseando desa forma as medicións do consumo realizado.

g) Cando o abonado non permita a entrada no local a que afecta a póliza de servizo, en horas hábiles ou de normal relación co exterior, ó persoal que, autorizado polo prestador de servizo e provisto da súa correspondente documentación acreditativa, trate de revisar as instalacións, sendo preciso, en tal caso, que se faga constar a negativa ante testemuñas, ou en presencia dalgún axente da autoridade.

h) Por neglixencia do abonado respecto á reparación de avarías nas súas instalacións, que poidan causar danos ás redes, á vía pública ou a terceiros.

i) No caso de realizar vertidos non autorizados que poidan producir danos nas instalacións de saneamento ou depuración, aténdose o prestador do servizo á lexislación vixente.

j) No caso de que o abonado utilice a auga para rego de hortas, cultivos ou zonas verdes en terreos anexos á vivenda habitual, cando por causas excepcionales, o Alcalde prohiba os consumos para estos usos, e así o dispoña mediante bando.

3. Os gastos orixinados para o restablecemento serán por conta do abonado, que non recuperará o servizo ata que proceda ó seu pago.

Artigo 15.-Reservas de auga.

1. Concello e prestador de servizo poderán establecer as condicións e prioridades no uso de auga potable no suposto de restriccións por sequía, catástrofes ou accidentes graves nas instalacións de captación, tratamento ou distribución da auga, utilizando o seu mellor criterio para reducir o dano á poboación afectada, e comunicando as medidas adoptadas ás autoridades competentes, e a poboación a través dos medios de difusión máis axeitados

2. Os abonados que prevean utilizar a auga para alimentar aparatos ou instalacións que poidan verse danados como consecuencia dunha interrupción ou disminución de presión en subministro, en tódolos locais nos que se desenvolve calquer tipo de actividade no que a auga represente unha permanente e inexcusable necesidade para a saúde pública ou seguridade de persoas e bens, e, especialmente, en centros hospitalarios, almacéns de productos inflamables e combustibles e grandes centros comerciais deberán dispor de depósitos de reserva con capacidade suficiente, e adoptar, en xeral, as medidas necesarias para garantir a continuidade do servizo, sen prexuízo do que establezan as regulacións específicas de cada sector.

Igualmente, as industrias nas que a auga represente un elemento indispensable no proceso de producción ou conservación de productos, deberán dispor de depósitos de reserva, de forma que quede asegurado o seu autoabastecemento mínimo durante ó menos, 24 horas.

O prestador do servizo quedará exonerado de responsabilidade civil nestes casos, que polas súas características especiais deberán proveerse de medios de reserva.

3. O prestador de servizo non será responsable dos danos que poida ocasionar unha eventual falta de subministro motivada por avarías ou pola normal manipulación da rede.

Artigo 16.-Depósitos e grupos de presión particulares.

1. En tódolos edificios, nos que a presión da rede no punto de acometida poida ser insuficiente para o correcto abastecemento, estarán obrigados á instalación dun grupo elevador e depósito que garanticen o abastecemento regular a tódalas vivendas ou locais da finca.

2. Como medida de hixiene e control, recoméndase que estos depósitos dispoñan dos medios adecuados para a súa fácil e eficaz limpeza periódica. Obrigatoriamente, deberán estar provistos dun rexistro de entrada , desaugue e tubo de ventilación.

O desaugue do depósito de reserva irá conectado á rede de saneamento.

3. Os depósitos de reserva conectaranse obrigatoriamente ó tramo de acometida interior, é decir, con posterioridade ó emprazamento do contador.

Artigo 17.-Avarías en instalacións interiores.

1. Enténdese por instalación interior de abastecemento a comprendida a partir da chave de rexistro de acometida. Quedará excluido o contador como parte da instalación interior.

2. O propietario dun edificio será responsable das avarías que se produzan na instalación interior e realizará, ao seu cargo, coa maior rapidez que lle sexa posible e, en todo caso, dentro dun prazo máximo de cinco días naturais, á reparación das avarías que se presenten a partir da chave de rexistro e antes do contador. Transcorrido dito prazo sen que se reparara a avaría, o prestador de servizo procederá ó corte de subministro ata que se efectúe a reparación, e inspeccionará a instalación con posterioridade á mesma, antes de reanudar o servizo.

3. Se, a xuizo do prestador do servizo ou de técnico competente, se determinara que existe perigo grave para a seguridade das persoas por mal estado das instalacións, ou ameaza de danos graves, o prestador de servizo poderá suspender o subministro de forma inmediata, poñéndoo en coñecemento do interesado. Neste caso, como naqueles outros nos que exista necesidade de acometer a reparación con urxencia, o prestador do servizo informará ó Concello e poderá repercutir ó abonado os gastos en que se incurrira, debidamente xustificados.

Artigo 18.-Sistemas contraincendios.

1. A conexión á rede pública de abastecemento das acometidas para sistemas contraincendios esixirá a sinatura dun contrato específico entre o prestador do servizo e o abonado.

Dito contrato terá a mesma tramitación e carácter que os de subministro ordinario e estará, polo tanto, suxeito ás mesmas prescricións reguladas por aqueles. A utilización da rede contra incendios será únicamente con ese fin.

2. As redes interiores de incendio serán sempre independentes das restantes existentes na finca, e non poderá ser conectada derivación algunha para outros usos.

3. Nas instalacións contraincendios instalaranse aparatos medidores de consumo. No caso de utilizar este servizo para outro uso que non sexa o de extinción de incendios, a auga consumida facturarase de acordo coas tarifas vixentes en cada momento.

Artigo 19.-Bocas de rega contra incendios.

1. O prestador do servizo situará, a petición do Concello ou dos abonados e, con cargo ó peticionario, as bocas de rega contra incendios que lle sexan solicitadas, de acordo coas instruccións que en cada caso, sinale o Concello.

Artigo 20.-Subministro temporal para obras de urbanización e actuacións en dominio público.

1. Para a execución de obras de urbanización e daquelas instalacións que se realicen nas rúas, vías públicas ou bens de dominio público, o prestador do servizo autorizará, a petición da Entidade pública ou do contratista adxudicatario da obra, o uso da auga procedente das bocas de rega ou hidrantes.

2. Cando o solicitante sexa o contratista da obra ou o propietario da actuación, deberá constituir previamente ante o prestador do servizo para responder de eventuais danos sobre as instalacións públicas, un depósito equivalente ó dobre do valor de reposición da boca de rega ou hidrante. O depósito será devolto ó contratista, unha vez transcorrido o prazo de utilización do subministro, se non se houberan producido danos.

3. O consumo de auga a que se refire o presente artigo será abonado polo contratista, segundo o consumo rexistrado polo contador que o prestador do servizo houbera instalado a tal efecto.

4. Salvo os casos previstos nos anteriores números deste artigo, a utilización das bocas de rega ou hidrantes, só estará permitida ós servizos públicos de extinción de incendios e a outros servizos municipais, calqueira que sexa a forma de xestión, quedando exentos de pago os consumos que se produzan pola utilización daquelas.

CAPÍTULO III.-SERVIZO DE ABASTECEMENTO

1.-ACOMETIDAS

Artigo 21. Acometidas de abastecemento.

a) Denomínase rede de distribución de auga potable ó conxunto de tuberías, cos seus elementos de manobra, control e accesorios, instalado en rúas, prazas, camiños e demáis vías públicas para distribuir auga á poboación.

b) Enténdese por acometida de abastecemento, o ramal que, partindo dunha tubería de distribución, conduza o auga ó pé do edificio ou ó límite da propiedade que se desexa abastecer. Esta acometida comprende desde o collarín de toma na tubería xeral, ata a chave de rexistro situada nunha arqueta de rexistro, ó pé da edificación ou límite da propiedade. Estará formada por unha tubería única de características específicas segundo o caudal e presión de auga a subministrar.

No caso de execución de acometidas clandestinas, por parte do propietario, suspenderase o servizo ata que teña a autorización correspondente, e unha vez aprobada aboará os costes totais de execución da acometida, previamente á realización do contrato.

c) Como norma xeral, non se concederán aisladamente acometidas de subministro de auga potable nin de vertido de augas residuais, tramitándose simultáneamente ambas solicitudes. As obras correspondentes executaranse, na medida do posible, ó mesmo tempo, sempre que exista rede de auga e colectores en servizo.

Artigo 22.-Características da acometida.

A determinación das características das novas acometidas ou da ampliación do Servizo dun inmoble e a súa instalación, serán sempre competencia exclusiva do Servizo de Augas, quen realizará os traballos correspondentes a cargo do peticionario, segundo os prezos aprobados polo Concello. Así mesmo o Servizo determinará as modificacións, que na rede existente, deberán efectuarse como consecuencia da petición, e que tamén satisfará o peticionario, entendéndose que esta modificación pertence, a tódolos efectos, ó Patrimonio Municipal. Caso de non abonar o solicitante esta modificación non se procederá ó subministro.

Toda persoa que desexe acometida de abastecemento de auga potable e/ou acometida de vertido de augas residuais, fará unha solicitude ó Servizo Municipal de augas, o cal realizará un informe das condicións necesarias para a conexión que entregará no Concello para que procedan o seu estudio e aprobación, si o consideran oportuno.

A aprobación por parte do Concello será trámite indispensable para proceder á conexión á rede municipal, así como un orzamento, segundo tarifa vixente, do custo de ditas acometidas, que satisfará o solicitante antes de dar comenzo as obras.

Artigo 23.-Subministro a unha urbanización.

No caso de solicitude de subministro a unha urbanización privada, poderá facerse de dous modos distintos :

- Se os propietarios da urbanización desexan que a rede xeral interior siga sendo privada, co consentimento do Concello e do prestador do servizo instalaráselle un contador xeral no límite da rede municipal e se lle facturará a nome da comunidade o importe da lectura total do mesmo, con tantos mínimos e/ou cotas de servizo e mantemento como vivendas e puntos de consumo comunitario existan no interior da urbanización.

Neste caso, tódalas avarías que se produzan a partir do contador xeral serán por conta da comunidade.

- Se queren instalar contadores individuais de consumo, terán que ceder a rede xeral que pasará a ser de propiedade municipal, aplicándose a cada vivenda o especificado neste Regulamento, e procedéndose por parte do servizo á instalación das acometidas individuais e os contadores correspondentes, así como os dos consumos comunitarios que serán facturados á comunidade.

- Antes da recepción da rede por parte municipal, se inspeccionarán os materiais que a constitúen e se efectuarán as probas de presión e estanqueidade que o Prestador de servizo considere necesarias, con cargo ó promotor ou propietario da urbanización. Se o resultado das probas é satisfactorio procederase á recepción.

Artigo 24.-Conservación de acometidas.

Se na Ordenanza Municipal estivese prevista cota de conservación de acometidas de abastecemento, as reparacións das avarías nas acometidas, que sexan debidas o seu normal uso corresponderán ó Servizo de Augas con cargo a esta cota, sen que se produza ningún outro cargo ó abonado por este motivo.

Se a avaría fose debida a outras razóns diferentes ás do seu normal uso a reparación ou substitución será realizada polo Servizo de Augas, e se facturará ó abonado o importe da reparación.

2.-CONTADORES

Artigo 25.-Contadores.

1. Os contadores ou medidores de caudais de subministro de auga potable serán dos tipos aprobados e verificados polas Delegacións de Industria ou Organismos competentes.

2. O prestador do servizo manterá unhas existencias de contadores, adecuadas ás necesidades e caudais de subministro, para a súa venda ós abonados que o soliciten. A venda de ditos contadores realizarase de conformidade coas tarifas aprobadas polo Concello.

3. É obligación do abonado a conservación en bo estado do aparato de medida e do recinto no que se aloxa, así como do acceso ó mesmo.

4. A reparación ou substitución dos contadores avariados, ó inicio do contrato, será realizada polo prestador do servizo con cargo ós abonados, prestando o Concello o apoio legal para elo.

5. Tódolos puntos de consumo e de subministro deberán dispor de contadores para controlar os caudais tanto rexistrados como subministrados. O custo da instalación destos contadores correrá a cargo do usuario pertinente.

6. A empresa se comprometerá a efectuar a instalación do contador nun período non superior ó día laborable posterior ó de contratación.

7. O prestador do servizo deberá comprometerse a colocar no prazo de seis meses, os contadores ós usuarios que actualmente non o posúen, incluidas as dependencias municipais. Os traballos e elementos necesarios para este fin, serán de contas exclusiva dos abonados.

Artigo 26.-Colocación e conservación dos contadores.

1. As operacións de conexión e desconexión dos contadores só poderán executalas os empregados do servizo, prohibíndose a calquer outra persona facer calquer operación neles. Así mesmo queda prohibido alterar os precintos que como garantía levan colocados os contadores. Se por calquer accidente se rompera un deles, pasarase inmediatamente aviso ó servizo, quen levará a efecto a reposición o antes posible.

O custo de instalación e/ou conexión quedará determinado polo correspondente cadro de prezos.

2. No caso de existencia de cota de conservación de contadores, a substitución ou reparación dos inutilizados ou avariados polo seu normal uso ou antigüedade, corresponderá ó prestador de servizo con cargo a esta cota. De non existir esta cota os gastos correspondentes serán por conta do abonado.

3. A substitución ou reparación dos contadores inutilizados ou avariados por outras razóns diferentes ás do seu uso normal (xeadas, actos vandálicos, etc.,) será por conta do abonado, en cuxo caso se lle notificará por escrito dándolle un prazo de 7 días para persoarse nas oficinas do servizo e abonar o importe correspondente á reparación ou substitución. De non facelo así, se procederá ó corte do subministro.

4. O abonado poderá instalar, pola súa conta e para a súa propia administración, cantos contadores divisionarios de consumo estime convintes.

O prestador de servizo guiarase, para a facturación de consumos, exclusivamente polos aparatos de medida do Servizo, non vindo obrigado a aceptar as reclamacións que se apoien en lecturas dos contadores particulares non conexionados polo prestador de servizo.

En caso de rescisión de contrato ou de contadores conexionados por persoal distinto ó do Servizo Municipal de Augas, o servizo procederá a retirar o contador do abonado que quedará depositado nas oficinas do servizo, e poderá pasar a recollelo dentro dos tres meses seguintes a súa retirada.

Artigo 27.-Contadores individuais e contadores comunitarios.

1. Toda vivenda unifamiliar, piso ou local comercial (independentemente de que sexa destinado a actividades industriais, ó exercicio profesional ou á prestación de cualesquera servizos) disporá dun contador individual debidamente verificado pola Delegación de Industria. Non se autorizará a instalación de contadores comunitarios.

2. No caso de que existan comunidades de propietarios ou edificios con contador xeral instalados de antiguo, o mínimo de abono obligatorio e cotas de servizo e/ou mantemento, será o que corresponda á suma de tantos mínimos e cotas como número de vivendas ou locais constitúan a comunidade, incluidos os subministros a servizos propios da mesma. A Comunidade de Propietarios será a responsable do pago do recibo correspondente.

Neste caso se considerará un número de vivendas ou locais, a efectos de facturación, aqueles que poidan ser utilizadas de forma independente, ainda cando sexan dun mesmo propietario, estén ocupadas ou vacias.

3. Os subministros existentes, sen contador medidor de caudal ou co contador estragado, se lle establecerá un período de 7 días para a instalación de dito aparato, durante o cal se facturará o estimado polo Servizo en función das características do subministro, e ó menos o doble do mínimo marcado pola ordenanza en cada tipo de subministro. Pasado dito período se procederá ó expediente de corte de subministro en caso de que sexa abonado ó Servicio.

4. Nos casos en que nun mesmo edificio existan distintos tipos de subministro (doméstico, industrial, hosteleiro, etc.) se instalarán contadores independentes para cada un deles, pero se debido a esixencias técnicas, soamente se pode instalar un, o consumo total se tarifará con arreglo á tarifa máis alta correspondente ós englobados no contador único.

5. Non se permitirá extender unha mesma concesión a varias fincas ou edificacións, ainda no caso de estar contiguas e pertencer ó mesmo dono.

6. Os contadores estarán colocados nun lugar adecuado, de libre acceso, na planta baixa, cerca da chave de paso instalada fronte á finca de que se trate e sempre no exterior da vivenda. No caso de vivendas colectivas se situarán nun compartimento ou caixa, mediante o sistema chamado de batería ou similar, de tal forma que o empregado lector do Servizo poida libremente anotar as indicacións de tódolos contadores nun só acto.

Os contadores situados no interior das vivendas serán trasladados ó exterior ou ó límite da propiedade no prazo máis breve posible.

Artigo 28.-Lectura de contadores.

1. O abonado estará obrigado a facilitar o acceso ó contador ó personal do prestador do servizo, quenes deberán levar a oportuna identificación.

A lectura dos contadores polo prestador de servizo deberá facerse no período comprendido entre as nove e as vinte horas.

2. A lectura periódica dos contadores será realizada por empregados do prestador de servizo, debidamente acreditados. A lectura tomada determinará o consumo do abonado. A lectura e facturación de consumos farase trimestralmente.

3. Cando, por circunstancias alleas á vontade do prestador do servizo, non fose posible a lectura do contador do abonado, o empregado estará obrigado a deixar constancia da súa visita, depositando no buzón de correos do abonado ou similar, unha tarxeta na que reflictirá esa circunstancia e na que o abonado poderá reflectir a lectura efectuada por él mesmo.

O abonado deberá devolver o impreso de lectura debidamente cumprimentado antes dos seis días seguintes á data de entrega do mesmo polo lector. Os impresos de lectura recibidos polo prestador do servizo con posterioridade a este prazo poderán ser considerados nulos, realizándose a facturación como se o consumo fose cero nese período, e sen que dé lugar a descontos por esos mínimos en facturacións posteriores.

Artigo 29.-Comprobación de contaxe do contador.

1. No caso de que un abonado estime que o volume de auga consumido na súa instalación non corresponda ó rexistrado polo seu contador, poderá solicitar a súa revisión ó prestador do servizo. O abonado deberá depositar a tal efecto a fianza ou tarifa correspondente á comprobación .

2. Se se probara que o funcionamento do contador é correcto, se facturará a comprobación por importe da fianza. Se o funcionamento do contador fora incorrecto, se devolverá ó abonado a cantidade depositada como fianza, resultando os gastos de comprobación a cargo do prestador de servizo.

As tolerancias para verificación de contadores serán as que fixe, en cada caso, o Centro Nacional de Metroloxía ou Organismo equivalente.

No caso de comprobación de funcionamento incorrecto, e exclusivamente para aqueles casos nos que o propoñente sexa o abonado, o prestador de servizo procederá a refacer as liquidacións por consumo de auga, correxidas nos porcentaxes de desviación detectados, correspondentes ós tres meses anteriores ó momento da petición de verificación polo abonado.

3.-Se o abonado non estivese de acordo coa comprobación realizada polo prestador de servizo poderá solicitar da Delegación de Industria a verificación correspondente e correrán o seu cargo tódolos gastos que orixine ésta, así como os gastos de desmontaxe e montaxe do contador por personal do prestador de servizo, no caso de que a verificación dese como resultado que a medición do contador non é correcta.

CAPÍTULO IV.-SERVIZO DE SANEAMENTO

Artigo 30.-Servizos a realizar.

Se denomina rede de saneamento ó conxunto de colectores e rexistros, con tódolos elementos de bombeo, control e accesorios, instalados en rúas, prazas, camiños e demáis vías públicas, que serven para a evacuación das augas residuais ata o cauce público ou as estacións depuradoras.

a) A execución das instalacións, ampliacións, substitucións, reparacións, reformas e melloras das redes e acometidas de saneamento.

b) A limpeza da rede xeral de sumidoiros, levando os residuos ás instalacións muncipais previstas e autorizadas para tal fin.

c) De forma transitoria, a limpeza, nos casos en que sexa posible cos medios mecánicos do Servizo e sempre a costa do usuario, das fosas sépticas particulares, ata en tanto a rede pública de saneamento non cubra a totalidade do municipio.

d) O tratamento, cos medios e infraestruturas postos a disposición polo Concello ou, no seu caso, polas Entidades Públicas correspondentes, das augas residuais con anterioridade o seu vertido ós cauces públicos.

Artigo 31.-Acometidas de saneamento.

a) Enténdese por acometida de saneamento a tubería de conducción das augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se extende desde a arqueta de rexistro situada no borde da finca ou propiedade pública ou privada ata o pozo de saneamento ó que está conectado.

Nas instalacións en donde puidera faltar o pozo de rexistro, entenderase que a acometida termina, excepcionalmente, no colector xeral.

As instalacións que non se axusten a estas normas serán obrigados a adaptarse ante calquer modificación ou reparación nas acometidas. O custo correspondente será a cargo do abonado.

A efectos das obrigacións do prestador do servizo, éste deberá realizar o seu cargo exclusivamente a limpeza da rede xeral de saneamento ó que esté conectada a acometida. Os custos de mantemento, substitución e reparación da acometida de saneamento do abonado serán a cargo do mesmo.

b) As acometidas de saneamento serán realizadas exclusivamente polo prestador do servizo, e comprenden desde a arqueta de rexistro situada no límite da propiedade do abonado ata o seu entronque no pozo de saneamento ou no colector xeral.

Serán a cargo do abonado conforme ó orzamento presentado ó constructor, propietario ou abonado interesado, e segundo o cadro de prezos autorizado polo Concello.

c) As acometidas de saneamento que, pola súa antigüidade e mal estado, non cumpran correctamente as súas funcións e deban ser substituidas na súa totalidade, suporán a realización polo prestador de servizo dun orzamento que será presentado ó abonado para proceder ó cambio de acometida.

Se o abonado non se fixera cargo deste presuposto, o prestador do servizo quedará eximido de toda responsabilidade fronte ós eventuais efectos de mal funcionamento da acometida de saneamento, que serán de conta exclusiva do abonado.

d) As conexións de saneamento que non dispoñan de arqueta de rexistro, terán que instala-la de forma inmediata. En caso de non facelo, o prestador do servizo quedará eximido de toda responsabilidade fronte aos eventuais efectos do mal funcionamento da acometida, de saneamento pola imposibilidade de acceder a acometida para establecer se o problema é anterior ou posterior á arqueta de rexistro e proceder aos traballos correspondentes. Os danos ocasionados serán de conta exclusiva do subscritor.

e) Independentemente da existencia ou non de rede separativa, as novas edificacións deberán contar con acometidas separadas para fecáis e pluviais. Do mesmo xeito, no caso de edificios xa existentes, que sean obxecto de obras de reconstrucción, rehabilitación, consolidación ou gran reparación, deberán facer acometidas de fecáis e pluviais.

Artigo 32.-Execución de acometidas de saneamento.

1. A sección das conduccións, tipo de rexistros, arquetas e demáis características da acometida se rexirán, polo demais, segundo as normas municipais de aplicación e as disposicións de planificación urbanística correspondente.

2. As obras de construcción e instalación dos colectores e acometidas de saneamento axustaranse nas súas características ás condicións e prescricións técnicas establecidas nas Ordenanzas Municipales de Edificación, e ó disposto nas Normas Subsidiarias aprobadas polo Excmo. Concello. O prestador de servizo non poderá aplicar outros criterios, salvo que, debidamente cumprimentados, foran aprobados polo Concello.

3. Toda acometida da rede de sumidoiros deberá dispor dunha arqueta de rexistro no límite da propiedade do abonado.

4. A limpeza das acometidas de saneamento, será executada polo abonado; no caso de realizala o prestador do servizo, percibirá do abonado o importe debidamente facturado por dita limpeza como contraprestación.

5. Para proceder á execución da acometida de saneamento, o propietario do inmoble ou, no seu caso, o abonado deberá depositar previamente ó comezo das obras o importe íntegro do orzamento que, con arreglo ó cadro de prezos aprobado polo Concello, realizara o prestador de servizo.

Artigo 33.-Modificación de acometidas de saneamento por variación das condicións iniciais de solicitude.

1. Cando con ocasión da reforma, ampliación ou reparación dun edificio ou nave industrial, se incremente o número de vivendas, establecimentos ou locais, ou varíen as condicións de vertido, o propietario ou promotor estará obrigado a solicitar do prestador do servizo as novas acometidas, en caso necesario, e a modificación das pólizas de servizo, a que se houbera dado lugar. As novas acometidas executaranse polo prestador de servizo con cargo ó propietario ou abonado, e axustaranse ás normas e procedementos que se recollen neste regulamento.

2. No caso de que se descubrira, polos servizos técnicos do Concello ou do prestador do servizo, a realización de obras de saneamento non comunicadas ó Servizo, se levantará acta deste feito, propoñendo o prestador do servizo ó Concello a actuación que corresponda.

A execución de obras de saneamento que supoñan a utilización non autorizada dos servizos regulados neste Regulamento, tanto directa como indirectamente, e a ocultación de datos das acometidas, poderá motivar a inmediata suspensión do servizo e o cargo polo prestador do servizo ó abonado ou usuario, dun ano de utilización do servizo ás tarifas vixentes.

Artigo 34.-Conexión á rede de sumidoiros e mantemento de fosas sépticas particulares.

1. A autorización para o vertido das augas residuais será aprobada polo Concello. Está prohibido o vertido á rede pública de saneamento das augas residuais daqueles que non sexan abonados do servizo.

2. Os abonados ó servizo de augas deberán obrigatoriamente conectarse á rede de saneamento cando as súas vivendas ou instalacións se atopen a menos de CINCOENTA METROS da rede pública, e quedarán obrigatoriamente fora de servizo todas aquelas fosas sépticas que se atopen a esa distancia da rede pública de saneamento.

Para elo, solicitarán a acometida correspondente, que se realizará a costa do abonado, salvo que se prevean formas de financiación diferentes por parte do Concello.

3. Os edificios fronte ós que exista rede de colectores pública, verterán a ésta directamente as augas residuais a través da correspondente acometida, sen atravesar propiedades de terceiros.

4. Nos casos de existencia de fosas sépticas particulares, é responsabilidade dos propietarios, a execución das obras necesarias para o seu correcto funcionamiento e o seu mantemento.

Artigo 35.-Instalación interior e bombeos particulares de augas residuais.

1. As instalacións interiores de desagüe dun edificio que se localicen a cota inferior á rasante da rúa, deberán ser completamente estancas á presión de 1 kg./cm²

2. Naqueles casos nos que os desagües dun edificio se atopen a cota inferior á do colector da rúa, o propietario ou propietarios instalarán o seu cargo a infraestrutura e equipo de bombeo necesario para efectuar o verquido á rede pública, sendo pola súa conta a conservación e posterior mantemento da citada infraestrutura.

Artigo 36.-Colectores en propiedades particulares.

1. O prestador de servizo non asume responsabilidade algunha polas filtracións, inundacións, fundimentos e, en xeral, calquer tipo de dano que se produza en propiedades particulares, como consecuencia do mal funcionamiento de conduccións que discurran por terreos excluidos do viario público.

2. En caso de que os Servizos de Sanidade do Concello ou das entidades públicas que correspondan, e por existir risco grave para a saúde pública, previo informe técnico sanitario en tal sentido, decidisen a necesidade de executar obras de saneamento en terreos non públicos, ou labores de limpeza e desatascamento en dominios privados, a Corporación Municipal poderá ordear ó prestador de servizo a execución desos traballos sendo o coste dos mesmos a cargo do Concello

Artigo 37.-Conexións provisionais e temporais.

1. Nos casos en que se concedan acometidas ou tomas de auga provisionais para obras, o prestador de servizo indicará ó constructor ou solicitante, cando fora necesario, o punto autorizado para o vertido de augas residuais.

2. O constructor e os usuarios desa acometida provisional absteranse de verter materia algunha que, por si mesma ou en reacción co auga, poida provocar atascos ou danos na conducción de saneamento, sendo responsables dos danos en que poideran incurrir.

3. A autorización de vertidos, conexións provisionais á rede de sumidoiros e utilización puntual da rede de saneamento pública será solicitada ó prestador de servizo e aprobada polo Concello , consignándose os datos necesarios para identificación dos vertidos que se pretendan.

4. O prestador de servizo aplicará os prezos que correspondan, deducidos da tarifa de saneamento aprobada.

Artigo 38.-Baixas no servizo de saneamento.

As autorizacións de vertidos á rede de saneamento quedarán sen efecto nos seguintes casos:

a) A petición do usuario, de non existir finalmente ocupación da vivenda, local ou establecemento, o que suporá darse de baixa como abonado do abastecemento e, simultánea e consecuentemente, do saneamento.

b) Por decisión das autoridades, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa, a proposta ou non do prestador de servizo por infracción dos Artigos do presente Regulamento.

CAPÍTULO V.-RÉXIME ECONÓMICO

1.-FACTURACIÓN, COBRO E INFORMACIÓN

Artigo 39.-Facturación.

Como norma xeral, a determinación dos consumos que realice cada abonado se concretará pola diferencia entre as lecturas dos dous periodos consecutivos de facturación. O importe da facturación calcularase de acordo coa Ordenanza vixente en cada momento. Por este motivo, o prestador do servizo presentará antes do 30 de setembro de cada ano, as tarifas e o cadro de prezos que se vaian aplicar no ano seguinte, ao obxecto de aprobación, en tempo e forma, polo Concello, e poidan aplicarse a partires do 1 de xaneiro seguinte.

O prestador do servizo poderá modificar o tipo de tarifa a aplicar ó usuario, se éste usase o auga para fins distintos ós especificados no contrato.

1. Cando non sexa posible coñecer os consumos realmente realizados, como consecuencia de avaría no equipo de medida, a facturación do consumo se efectuará de acordo ó consumo realizado durante o mesmo período de tempo e na mesma época do ano anterior; de non existir referencia, se liquidarán as facturacións de acordo á media aritmética dos seis meses anteriores.

2. Naqueles casos nos que non existan datos históricos para obter o promedio ó que se alude no parágrafo anterior, se facturará a cota mínima trimestral.

3. A obrigatoriedade do pago se considerará extensiva ós casos no que o consumo se orixinase por fuga, avaría ou defecto de construcción ou conservación das instalacións interiores, por causas non imputables á empresa concesionaria.

Artigo 40.-Vertido de augas de orixe distinto á rede de abastecemento municipal.

1. Naqueles casos en que as vivendas, locais comerciais e edificios industriais utilicen auga doutras procedencias, exclusivamente ou xunto coa da rede pública de abastecemento, e vertan as súas augas residuais á rede pública de saneamento, o abonado instalará ó seu cargo os aparatos de medición adecuados que servirán de base para a facturación.

2. Non se poderán verter á rede de saneamento as augas non residuais que se recollan nos baixos e sotos dos edificios e provintes de manantiais ou filtracións do terreo. No caso de que fora autorizado dito vertido por non haber outra posibilidade, o responsable do mesmo virá obrigado a abonar unha cantidade mensual calculada de acordo cos gastos ocasionados en bombeo e depuración polo caudal vertido.

Artigo 41.-Precintado de contadores.

1. É obrigatorio o precinto de Industria en tódolos aparatos de medida, en canto que as súas lecturas serven de base para a liquidación das facturacións por consumo de auga. Este precinto oficial garantiza:

a) Que o contador pertence a un sistema aprobado

b) Que o seu funcionamiento no momento da instalación é correcto.

c) Que o seu mecanismo non sofreu modificación externa que puidera alterar o seu bo funcionamento.

2. O abonado nunca poderá manipular o aparato de medida, nin o seu precinto oficial, nin o precintado dos seus racores efectuado polo prestador de servizo. A súa conexión e precintado de racores será realizado sempre polo personal do servizo.

3. No caso de que o abonado non tivese insatalado o contador, ou este non rexistrase correctamente o consumo correspondente, se lle dará una prazo de 72 horas para solicitar e abonar o subministro e instalación do aparato de medida; finalizado ese prazo sen haber subsanado a deficiencia se procederá ó corte do subministro.

4. A facturación do servizo de abastecemento e saneamento dunha vivenda ou local farase nun só recibo, a nome do abonado de abastecemento e polo mesmo período de facturación para ambos servizos e co mesmo tipo de tarifa.

5. Nos casos de Comunidade de Propietarios con contador xeral colectivo, a facturación do servizo de saneamento farase no mesmo recibo de abastecemento e con cargo á Comunidade.

Artigo 42.-Abono dos recibos.

1. O abonado poderá facer efectivo os importes facturados polo prestador do servizo preferentemente polo sistema de domiciliación bancaria, con oficina aberta no termo municipal ou, no seu defecto, nas oficinas do prestador do servizo en días hábiles e en horario de oficina.

2. No caso de devolución de recibos polas entidades bancarias, por causas imputables ó abonado, será por conta do mesmo a totalidade dos gastos que se produzan por motivo de dita devolución, incluida a liquidación de intereses de demora correspondentes.

Dúas devolucións consecutivas darán lugar á anulación da domiciliación bancaria.

3. Pasado o período voluntario e con dous ou máis recibos pendentes de pago, esto será causa de iniciación do expediente de suspensión de subministro, sen prexuízo que o importe impagado quede incluido en procedemento de apremio.

4. Para os casos de morosidade no abono dos recibos, o Concello autorizará a xestión do corte de subministro. Correrán a cargo do abonado os gastos de dita xestión (elaboración de comunicados, certificado de correos, etc.) se se realizase o pago antes de efectuarse o corte, así como os de reposición de subministro, no caso de que o corte se levase a cabo.

5. No caso de rotura de precintos por parte do abonado, este feito será notificado mediante o expediente correspondente ó Concello, e o infractor será penalizado cunha sanción igual ó importe do subministro correspondente a 12 meses polo mínimo de consumo e importe da cota de servizo na tarifa contratada.

Artigo 43.-Información ó abonado sobre a facturación.

O abonado poderá obter do prestador de servizo calquer información relacionada coas lecturas, facturacións, comprobacións de contador, cobros, tarifas aplicadas e, en xeral sobre toda cuestión relacionada co subministro que se xerara nun período de dous anos anteriores á data de presentación da petición correspondente.

O prestador do servizo disporá dunha oficina de información ó público dentro do casco urbano, a efectos de información e reclamacións.

Artigo 44.-Devolución de ingresos indebidos.

1. O abonado terá dereito a reclamar a devolución de ingresos indebidos do prestador do servizo. A devolución das cantidades percibidas indebidamente deberá ser inmediata, unha vez que se comprobe o erro de facturación, de medida, ou calquer outra causa que provocara o erro.

2. Cando o abonado presente unha reclamación para a devolución de ingresos indebidos, expresará de forma clara e concisa os conceptos polos que reclama e os fundamentos de reclamación, e se acompañarán á mesma os xustificantes dos ingresos supostamente indebidos e calquer outra documentación que ó caso corresponda.

3. O prestador do servizo queda obrigado a resolver a reclamación á maior brevidade.

4. Non será atendida ningunha reclamación sobre consumo de auga que non sexa formulada polo abonado ou persoa que lle represente legalmente.

Artigo 45.-Baixa no servizo.

Cando o abonado desexe causar baixa no subministro, virá obrigado a abonar tódolos recibos pendentes e o importe total da facturación do trimestre en que cause baixa.

2.-INSPECCIÓN E SANCIÓNS

Artigo 46.-Acta de inspección.

1. A actuación dos inspectores acreditados polo prestador do servizo reflectirase nun documento que adoptará unha forma de acta, e na que quedarán reflectidos o nome e domicilio do abonado inspeccionado, día e hora da mesma, e os feitos contrastados.

Unha copia desta acta, asinada polo inspector, se lle entregará ó abonado.

2. Os inspectores ó efecto deberán invitar ó abonado, ó personal dependente do mesmo, familiar ou calquer outra persona que poida actuar de testemuña a que presencie a inspección e asine o acta, poidendo o abonado facer constar, coa súa sinatura, as manifestacións que estime pertinentes. A negativa a facelo non afectará a tramitación e conclusións que se establezan posteriormente. O abonado poderá dirixirse, posteriormente, ainda que dentro das corenta e oito horas seguintes, coas alegacións que estime oportunas, á Oficina do Servizo ou ó Concello. Non se tomarán en consideración as manifestacións que non veñan asinadas polo abonado titular ou quen acredite a súa representación.

Artigo 47.-Liquidación do fraude.

1. O prestador do servizo, en posesión do Acta, formulará a liquidación do fraude, distinguíndose, a efectos da devolución e as responsabilidades do fraude, os seguintes casos:

a) Que non exista contrato algún para o subministro de auga.

b) Que por calquer procedemento, se manipulara ou alterara o rexistro do contador ou aparato de medida.

c) Que se realizaran derivacións de caudal, permanente ou circunstancial, antes dos equipos de medida.

d) Que se utilice a auga para usos distintos dos contratos, afectando á facturación dos consumos segundo a tarifa a aplicar.

2. O prestador do servizo practicará a correspondente liquidación, segundo os casos, da seguinte forma:

Caso a.-Formularase unha liquidación por fraude, que incluirá un consumo equivalente á capacidade nominal do contador que regulamentariamente houbese correspondido ás instalacións utilizadas para a acción fraudulenta, cun tempo de oito horas diarias de utilización e durante o prazo de tres meses.

Caso b.-Se se falseasen as indicacións do contador ou aparato de medida instalado, por calquer procedemento ou dispositivo que produza un funcionamento anormal do mesmo, tomarase como base para a liquidación da contía do fraude a capacidade de medida do caudal nominal do contador, computándose o tempo a considerar en oito horas diarias e durante un período de tres meses, descontándose os consumos que durante este período de tempo foran abonados polo autor do fraude.

Caso c.-Se o fraude efectuose derivando o caudal antes do aparato do contador, se liquidará como no caso primeiro, e sen facer desconto pola auga medida polo contador.

Caso d.-Neste caso, a liquidación da contía da auga utilizada en forma indebida practicarase a favor do prestador do servizo, aplicando ó consumo a diferencia existente entre a tarifa correspondente ó uso real que se está dando á auga, e as que, en dito período, se aplicaron en base ó uso contratado. Dita liquidación farase por un período dun ano.

3. En tódolos casos, o importe do fraude deducido estará suxeito ós impostos que lle foran repercutibles.

4. As liquidacións que formule o prestador do servizo serán notificadas á Administración municipal, e contra as mesmas o abonado poderá formular as reclamacións que considere oportunas, no prazo de quince días a contar desde a notificación de dita liquidación, sen prexuízo das demáis accións en que se consideren asistidos.

Artigo 48.

Toda actuación, comportamento ou conducta que incumpra a normativa deste Regulamento, dará lugar á imposición de sancións ós infractores, conforme ó previsto neste Regulamento e na normativa sectorial aplicable, sen prexuízo e con independencia da esixencia de danos e prexuízos, e das responsabilidades de orde penal que procederan.

Disposicións finais.

1. Para o non previsto neste Regulamento, se estará ó establecido nas leis e disposicións regulamentarias de carácter xeral ditadas sobre a materia.

2. Derróganse cantas disposicións anteriores se opoñan ó preceptuado neste regulamento.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."