Camariñas - ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos de procedemento e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. B) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira.
O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.
En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Camariñas, de conformidade co marco normativo de referencia que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza.
CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.º.-Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello de Camariñas.
Artigo 2.º.-Ámbito de aplicación.
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no Concello de Camariñas.
Artigo 3.º.-Natureza, definición e obxectivos do servizo.
1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. Este servizo poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade ou nos casos de desestructuración familiar, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
- Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
- Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
- Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
- Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
- Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
- Retardar ou evitar a institucionalización.
- Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
- Apoiar e complementar a labor da familia en situación de sobrecarga derivada da atención de persoas dependentes ou de crise familiar
Artigo 4.º.-Contido do servizo e normas xerais.
1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
Asistencia para levantarse e deitarse.
Apoio no coidade e hixiene persoal, así como para vestirse.
Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:
Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
Apoio na realización de xestións necesarias e urxentes.
c) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
Preparación dos alimentos.
Lavado e coidado das prendas de vestir.
Apoio á unidade familiar.
Algunha destas atencións poderá ser facilitada por programas específicos de lavandería ou alimentación a domicilio.
d) Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, poderanse incorporar, entre outros, os seguintes servizos e atencións:
a. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia, detectores de movemento e similares.
c. Servizo de préstamo de axudas técnicas para as persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal.
d. Adaptacións funcionais do fogar.
e. Servizo de podoloxía.
f. Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
4. As atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.
5. Non poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a. A realización de actividades domésticas, que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
b. Actuacións que, polo seu carácter sanitaria, deban ser realizadas por persoal facultativo.
Artigo 5.º.-Persoas destinatarias.
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 6.-Dereitos das persoas usuarias.
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable nos servizos sociais e sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, de xeito craro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Artigo 7.º.-Deberes das persoas usuarias e do persoal do SAF.
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:
1. Residir efectivamente e, no acceso por libre concorrencia, estar empadroado no Concello de Camariñas.
2. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
3. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
4. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
5. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
6. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
7. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.
8. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como os límites das súas obrigas laborais.
9. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que se prestasen no seu domicilio.
10. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.
Deberes do persoal do SAF
1. Observar un trato respectuoso cara ó usuario, evitando que a confianza con este e a súa familia interfira no traballo.
2. Respectar a intimidade do usuario e gardar a debida confidencialidade.
3. Respectar integramente o horario e as tarefas establecidas e non realizar cambio ningún sen previa autorización do/a técnico/a responsable.
4. Avisar ao/á técnico/a responsable do servizo cando as persoas usuarias non estean no domicilio, ou de calquera incidencia que supoña unha alteración do horario ou das tarefas a desenvolver.
5. Avisar ós usuarios das súas ausencias coa debida antelación, trala comunicación ao/á técnico/a responsable do servizo e a autorización do xefe de persoal.
6. Non acudir ó lugar de traballo acompañados de persoas alleas ó servizo.
7. Non recibir en custodia, en ningún caso, diñeiro, xoias nin obxecto algún.
8. Non recibir ningún tipo de prestación, regalo ou gratificación por parte do usuario.
9. Non dispoñer das chaves de ningún domicilio, agás cando as condicións do caso así o esixan a demanda do usuario e sempre co consentimento do/a técnico/a responsable do servizo.
Artigo 8.º.-Extinción e modificación do servizo.
Son causas de extinción as seguintes:
a) A renuncia da persoa usuaria.
b) O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
c) Traslado definitivo da súa residencia a outro concello e/ou baixa no padrón de habitantes.
d) Falecemento da persoa usuaria.
e) Incumprimento das normas, deberes e obrigas establecidas para a prestación do servizo.
f) A falta reiterada de pagamento do servizo a razón de tres mensualidade no período anual.
g) Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
h) Falsear ou ocultar os datos que se achegaron ao expediente.
Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
As persoas usuarias que accederan ao servizo de axuda no fogar polo sistema de libre concurrencia e fosen valoradas con posterioridade por dependencia correspondéndolles a efectividade do dereito, poderán ver modificadas as condicións da prestacón do servizo consorte ao establecido no programa individual de atención e a normativa de aplicación.
As modificacións tamén poderán producirse por pedimento da persoa interesada, mediante solicitude subscrita por ela coa valoración do/a traballador/a social responsable do expediente, á vista dos posibles cambios da situación que motivou a concesión.
Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.
Artigo 9.º.-Causas de suspensión temporal do servizo.
Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas usuarias de libre concorrencia e dous para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar as causas que motivan a súa ausencia.
2. Por modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
CAPITULO II. DA PRESTACION DO SERVIZO
SECCIÓN 1.ª.-DISPOSICIÓNS COMÚNS
Artigo 10.º.-Formas de prestación do servizo.
O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Camariñas, ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 11.º.-Requisitos específicos.
1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado/a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención socio sanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3. O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
4. O Concello e/ou a entidade que preste o servizo abrirán un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia no cal constará, cando menos:
a) Un informe social asinado por un traballador ou traballadora social do Concello de Camariñas.
b) Un proxecto de intervención asinado polo técnico responsable.
c) Un acordo de servizo asinado entre o Concello e a persoa usuaria.
d) Informes de seguimento periódicos, ou extraordinarios cando as circunstancias así o aconsellen.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
SECCIÓN 2.ª.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Artigo 12.º.-Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento.
O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:
1. Acceso por dependencia:
O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención (PIA) (consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos).
Para estes efectos, o Concello, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
Deberán achegar a documentación precisa para completar o expediente e actualizar os datos persoais e familiares así como a forma de co pagamento do servizo. O procedemento para actualizar a capacidade económica seguirá o establecido na normativa correspondente.
Nesta modalidade a temporalidade do servizo é indefinida mentres non se produza algunha das causas de extinción.
2. Acceso por libre concorrencia.
Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou téndoa non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos segundo o calendario de implantación, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia, resolverase en réxime de libre concorrencia.
No acceso por libre concorrencia valoraranse, ademais dos posibles déficits de autonomía, outros factores de carácter persoal e sociofamiliar, grado apoio social, situación da vivenda e outros que dificulten obxectivamente a súa normalización e a calidade de vida.
As persoas con déficit de autonomía ou discapacidade terán un prazo máximo de 3 meses para solicitar a valoración de dependencia e, se fose o caso, continuar o procedemento oportuno.
Inclúese nesta modalidade o acceso por urxencia sobrevida que, tras a correspondente valoración técnica, permitirá proceder a unha alta provisional no SAF nun prazo non superior a 2 días laborais. De calquera xeito, a maior brevidade posible, a persoa usuaria, representante legal ou gardador de feito, debe facilitar a información e achegar a documentación precisa, así como aceptar o aboamento dos prezos públicos que correspondesen, se fose o caso, para manter o servizo.
A temporalidade no servizo por libre concorrencia, é definida e suxeita a revisión. A intensidade establecerase en función das tarefas asignadas; tendo como referencia un máximo de 22 horas ao mes para tarefas de carácter persoal e 10 para atencións de carácter doméstico. En circunstancias moi excepcionais e limitadas no tempo podería aumentarse segundo a valoración técnica.
A extensión da prestación, dentro desta modalidade, virá condicionada polas posibilidades orzamentarias do programa, podendo complementarse coas achegas doutras administracións e coas achegas das persoas usuarias en función da súa capacidade económica.
O procedemento de acceso por libre concorrencia, iniciarase mediante a presentación da solicitude dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
- Copia do libro de familia.
- Certificado de convivencia/volante de empadronamento colectivo
- Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde segundo o modelo que se proporcionará no departamento de servizos sociais.
- Certificados de discapacidade e/ou do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.
- Impreso de domiciliación bancaria.
- Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan, certificados de bens mobles ou inmobles.
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para emendar deficiencias e, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.
As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias recollidas no baremo establecido para estes fin.
O Departamento de Servizos Sociais elaborará un Informe - proposta que será elevado ao órgano competente para ditar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.
A resolución favorable terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade a solicitude pasará a integrarse nunha lista de agarda, sendo a orde de prioridade a determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.
Cando concorran circunstancias de especial gravidade que aconsellen a efectividade inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social que conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadéante e a desaparición desta levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.
Anualmente farase unha revisión das circunstancias dos usuarios de libre concorrencia, co fin de comprobar que se manteñen as condicións para a continuidade do mesmo. As persoas beneficiarias deberán presentar a documentación relativa a situación económica familiar para actualizar e establecer o co pago do servizo.
Artigo 13.-Causas de denegación no pocedemento por libre concurrencia.
A denegación procederá por algunha das seguintes causas:
1. Que a persoa usuaria poida satisfacer axeitamente as súas necesidades por si mesmo/a e/ou co apoio dos seus familiares.
2. Que a necesidade alegada non sexa obxecto de cobertura polo servizo de axuda no fogar.
3. Que non se acepten as condicións do servizo municipal en canto a prestacións e á obriga de particiapar no pagamento dos servizos nos supostos que se establezan nesta ordenanza.
4. Que persistan as circunstancias que motivaron a extinción do servizo a través dun expediente sancionador.
5. Que a persoa usuaria ou a persoa que a represente se negue a asinar o acordo de prestación do servizo.
6. Calquera outra causa, debidamente motivada.
Artigo 14.º.-Desenvolvemento da prestación do servizo.
1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.
2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requirido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación á persoa usuaria.
Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle nome outro/a auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.
4. Na proposta de alta no servizo por vía de urxencia deberá establecerse o tempo de duración do mesmo e as condicións necesarias para a prórroga ou extinción.
5. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo.
6. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario.
7. Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.
8. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
9. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición,. No caso de poñer unha queixa ou reclamación, facilitarase unha copia á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
10. A actuación do persoal de atención directa deberá axustarse ao proxecto de intervención establecido e acordado coa persoa beneficiaria do servizo.
Artigo 15.º.-Intensidade na prestación do servizo.
A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.
A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1.º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.
Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do Concello, tendo en conta o sinalado no artigo 12 máximo de 22 horas ao mes para tarefas de carácter persoal e 10 para atencións de carácter doméstico.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA.
Esta ordenanza derroga expresamente o Regulamento di servizo municipal de axuda no fogar do Concello de Camariñas, publicado no BOP n.º 17, de data 27 de xaneiro de 2010, e calquera outra disposición e igual ou inferior rango que sexa contraria a ela.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local.
ANEXOS
ANEXO I
BAREMOS PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA
FACTOR 1.-BAREMO DE AUTONOMÍA PERSOAL (máximo 46 puntos)
A avaliación da autonomía/dependencia é global, é dicir, avalía a autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, da persoa para a realización das actividades básicas da vida diaria.
Para avaliar axeitadamente o grao de autonomía/dependencia utilizaremos 4 graos distintos que van en función da necesitade de apoio doutra persoa para a realización das tarefas:
A - Autónomo/a: cando a persoa é totalmente independente para facer a tarefa, non necesita de ninguén. Puntúase con 0 puntos.
NS - Necesita supervisión: cando a persoa só necesita que outra lle prepare os elementos necesarios para realizar a actividade/tarefa e/ou lle faga indicacións ou estímulos, sen contacto físico, para realizar a actividade/tarefa correctamente e/ou evitar que represente un perigo. Puntúase con 0,25 puntos.
AFP - Asistencia física parcial: cando a persoa require que outra colabore fisicamente na realización da actividade/tarefas. Puntúase con 0,75 puntos.
D - Dependente: Cando a persoa avaliada require que doutra que lle substitúa na realización física da actividade/tarefa. Puntúase con 1 punto.
As persoas que soliciten o servizo por libre concorrencia deberán acadar un mínimo de 4 puntos no baremo de autonomía para poder acceder a este.
ACTIVIDADES/TAREAS | A | NS | AFP | D |
COMER/BEBER: Levar a cabo tarefas e accións coordinadas relacionadas con comer os alimentos servidos e con beber de maneira axeitada. | ||||
Cortar ou partir a carne en anacos | ||||
Usar cubertos para levar a comida á boca | ||||
Suxeitar o recipiente de bebida | ||||
Acercarse o recipiente de bebida á boca | ||||
Sorber as bebidas | ||||
REGULACIÓN DA MICCIÓN/DEFECACIÓN: Indicar a necesidade, adoptar a postura axeitada, elixir e acudir a un lugar axeitado, manipular a roupa antes e despois e limparse. | ||||
Acudir a un lugar axeitado | ||||
Manipular a roupa | ||||
Adoptar e abandonar a postura axeitada | ||||
Limparse | ||||
Contén a micción | ||||
Contén a defecación | ||||
LAVARSE: Lavarse e secarse todo o corpo, ou partes do corpo, utilizando auga e materiais ou métodos apropiados de lavado e secado, como bañarse, ducharse, lavarse as más e os pés, a cara e secarse cunha toalla. | ||||
Lavarse ás mans | ||||
Lavarse a cara | ||||
Lavarse a parte inferior do corpo | ||||
Lavarse a parte superior do corpo | ||||
OUTROS COIDADOS CORPORAIS: Coidado de partes do corpo que requiren un nivel de coidado maior que o simple feito de lavarse e secarse. | ||||
Peitearse | ||||
Cortarse as unllas | ||||
Lavarse o pelo | ||||
Lavarse os dentes | ||||
ACTIVIDADES/TAREAS | A | NS | AFP | D |
VESTIRSE/DESVESTIRSE Levar a cabo as accións e tarefas coordinadas precisas para poñerse e quitarse roupa e calzado na orde correcta e consonte ás condicións climáticas e sociais, tales como poñerse, abrocharse e quitarse camisas, saias, blusas, pantalóns, roupa interior,¿., zapatos, botas, sandalias e zapatillas. | ||||
Calzarse | ||||
Abrochar e desabrochar os botóns | ||||
Vestirse e quitarse prendas da parte inferior do corpo | ||||
Vestirse e quitarse prendas da parte superior do corpo | ||||
MANTEMENTO DA SAÚDE: Coidar dun mesmo sendo consciente das propias necesidades e facendo o necesario para coidar da propia saúde, buscar asistencia médica; seguir consellos médicos e doutros profesionais da saúde. | ||||
Aplicarse medidas terapéuticas recomendadas (toma de medicamentos) | ||||
Pedir axuda ante unha urxencia (uso do teléfono) | ||||
TRANSFERENCIAS CORPORAIS: | ||||
Sentarse: Adoptar e abandonar a posición de sentado e cambiar a posición de estar sentado a calquera outra como levantarse ou deitarse. | ||||
Deitarse: Adoptar e abandonar a posición de deitado e cambiar a posición de estar deitado a calquera outra como sentarse o poñerse de pé. | ||||
Poñerse de pé: Adoptar e abandonar a posición de estar de pé ou cambiar a posición corporal de estar de pé a outra como deitado ou sentado. | ||||
DESPRAZAMENTOS DENTRO DO FOGAR | ||||
Desprazamentos vinculados ao autocoidado | ||||
Desprazamentos non vinculados ao autocoidado | ||||
Accede a todos os elementos comúns das habitacións | ||||
Accede a todas as estancias comúns da vivenda na que reside | ||||
DESPRAZAMENTOS FÓRA DO FOGAR | ||||
Accede ao exterior | ||||
Desprázase ao redor da vivenda | ||||
Desprázase a lugares achegados | ||||
Desprázase a lugares afastados | ||||
Utiliza os medios de transporte (públicos ou privados) | ||||
REALIZAR AS TAREFAS DOMÉSTICAS | ||||
Preparar comidas: Idear, organizar, cociñar e servir comidas frías e quentes para un mesmo. | ||||
Facer a compra: Seleccionar os alimentos, bebidas, productos de limpeza, artigos para a casa ou roupa; comparar a calidade e prezo dos productos necesarios, negociar e pagar polos bens ou servizos seleccionados e transportalos. | ||||
Limpar e coidar a vivenda: Ordenar e quitar o pó, varrer e fregar o chan, limpar cuartos de baño, limpar mobles, lavar os utensilios de cociña, limpar mesa e chan ao redor de onde se come e cociña, facer a cama | ||||
Lavar e coidar a roupa: Lavado (man ou máquina), secado, pasar o ferro e gardado. | ||||
Tender a roupa | ||||
REALIZAR XESTIÓNS e MANEXO DE CARTOS | ||||
Pedir citas ao médico | ||||
Solucionar trámites sinxelos (ir a cobrar ao banco, ter ao día os pagos de luz, auga,¿) | ||||
Solucionar trámites complicados (realizar xestións no banco, nos distintos servizos públicos ou privados¿) | ||||
Control-Manexo dos cartos (levar as contas da casa, manexar os cartos) | ||||
PUNTUACIÓN TOTAL ACADADA |
FACTOR 2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio | 20 puntos | |
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes | 18 puntos | |
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo: | Ata 12 puntos | |
Cunha persoa maior de 70 anos | 3 puntos | |
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia | 3 puntos | |
Cunha persoa que carece de tempo | 3 puntos | |
Con incapacidade para organizarse | 3 puntos | |
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos) | 8 puntos | |
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km | 5 puntos | |
Está ben atendido | 0 puntos | |
TOTAL PUNTOS APOIO SOCIAL |
FACTOR 3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo 20 puntos)
3.1. Conflito (máximo total 4 puntos)
Cun membro xerador de conflito de nivel moderado | 1 punto | |
Cun membro xerador de conflito de nivel grave | 2 puntos | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado | 3 puntos | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave | 4 puntos |
3.2. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos)
Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores | 2 puntos |
3.3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos)
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada¿) non poidan atender aos menores | 2 puntos |
3.4. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos)
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización¿) | 2 puntos |
3.5. Número de menores (máximo total 10 puntos)
Un menor | 3 puntos | |
Dous menores | 5 puntos | |
Tres menores | 7 puntos | |
Catro ou máis menores | 10 puntos | |
TOTAL PUNTOS SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES |
FACTOR 4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo 20 puntos)
4.1. Vivenda (total 10 puntos)
Non hai luz eléctrica | 1 punto | |
Non hai auga corrente | 1 punto | |
Non posúe WC | 1 punto | |
Non posúe cuarto de baño completo | 1 punto | |
Non ten neveira | 1 punto | |
Non ten quentador | 1 punto | |
Non ten lavadora | 1 punto | |
Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade | 1 punto | |
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda | 1 punto | |
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda | 1 punto | |
TOTAL PUNTOS VIVENDA |
4.2. Integración no contorno (total 10 puntos)
Situación de illamento ou de rexeitamento | 10 puntos | |
Ausencia de relacións sociais | 6 puntos | |
Existen escasas relacións coas persoas do contorno | 4 puntos | |
Integración axeitada no contorno | 0 puntos | |
TOTAL PUNTOS OUTROS ASPECTOS SOCIAIS |
FACTOR 5.-BAREMO SITUACIÓN ECONÓMICA (máximo 20 puntos)
Ingresos < 60% do IPREM | 20 |
Ingresos entre o 60 e o 80 % do IPREM | 19 |
Ingresos entre o 80 e o 100 % do IPREM | 18 |
Ingresos entre o 100 e o 120 % do IPREM | 16 |
Ingresos entre o 120 e o 140 % do IPREM | 14 |
Ingresos entre o 140 e o 160 % do IPREM | 12 |
Ingresos entre o 160 e o 180 % do IPREM | 10 |
Ingresos entre o 180 e o 200 % do IPREM | 8 |
Ingresos entre o 200 e o 220 % do IPREM | 6 |
Ingresos entre o 220 e o 240 % do IPEM | 4 |
Ingresos entre o 240 e o 260 % do IPREM | 3 |
Ingresos entre o 260 e o 280 % do IPREM | 2 |
Ingresos entre o 280 e o 300 % do IPREM | 1 |
Ingresos > o 300% do IPREM | 0 |
FACTOR 6: VALORACIÓN TECNICA
ANEXO II
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS (opcional)
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL | |||||||||
33%-64% Discapacidade | 65%-74% discapacidade | 75%-100% | 25-39 pts BVD | 81%-87% | 50-64 pts BVD | 88%-93% | 75-89 pts BVD | 94%-100% | Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD |
discapacidade e ata 14 pts ATP | discapacidade e 15-29 pts ATP | discapacidade e 30-44 pts ATP | Discapacidade e 45-72 pts ATP | Grao de discapacidade + Axuda terceira persoa. ATP RD 1971/1999 | |||||
75% de discapacidade ata 24 pts BVD | 40-49 pts BVD | 65-74 pts BVD | 90-100 pts BVD | Grao de discapacidade + Axuda terceira persoa. Puntuación BVD (RD. 504/2007) | |||||
Grao I, nivel 1 | Grao I, nivel 2 | Grao II, nivel 1 | Grao II, nivel 2 | Grao III, nivel 1 | Grao III, nivel 2 | Situación de dependencia. Decreto 176/2007 | |||
5 ptos | 10 ptos | 15 ptos | 20 ptos | 25 pts | 30 pts | 35 pts | 40 pts | 46 pts | PUNTUACIÓN Nivel de autonomía persoal |
Total puntos autonomía persoal | 46 |
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.