Camariñas - Prezo público polo servizo de axuda no fogar
Artigo 1.-Fundamentos e natureza.
1.1. De conformidade co disposto no artigo 41 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Camariñas establece o prezo público pola prestación do servizo público municipal de axuda no fogar.
1.2. O servizo público de axuda no fogar configúrase como unha prestación do sistema público de benestar social establecida na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e de atención as persoas en situación de dependencia e demais normativa estatal de desenvolvemento, Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia e demais normativa de carácter autonómico que desenvolve a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma.
1.3. As atencións que se prestan son as reflectidas no Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar no Concello de Camariñas.
Artigo 2.-Concepto.
O Prezo Público regulado neste acordo constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará pola prestación efectiva do servizo de axuda no fogar (SAF) de libre concorrencia e do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e que no Programa Individualizado de Atención de recursos teñan o SAF como recurso asignado ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación.
Artigo 3.-Obrigados ao pagamento.
Son obrigados ao pagamento do prezo público regulados no presente acordo os seguintes:
1. As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e posterior normativa estatal e autonómica aplicable, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo e sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
2. As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
3. Se a persoa beneficiaria carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.
Artigo 4.-Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observaranse as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 5.-Determinación da capacidade económica das persoas usuarias que acceden por libre concorrencia.
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 6.-Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar. Contía do prezo público.
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica ata En relación ao IPREM | GRAO I | GRAO II | GRAO III |
<=20 horas | <=45 horas | <=70 horas | |
100,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% |
115,00% | 4,52% | 9,61% | 14,70% |
125,00% | 5,41% | 11,50% | 17,58% |
150,00% | 5,55% | 11,79% | 18,03% |
175,00% | 5,65% | 12,00% | 18,35% |
200,00% | 5,72% | 12,16% | 18,60% |
215,00% | 5,81% | 12,34% | 18,87% |
250,00% | 6,03% | 12,82% | 19,61% |
300,00% | 6,24% | 13,26% | 20,29% |
350,00% | 6,42% | 13,63% | 20,85% |
400,00% | 6,54% | 13,90% | 21,25% |
450,00% | 6,63% | 14,09% | 21,55% |
500,00% | 6,70% | 14,25% | 21,79% |
>500% | 6,76% | 14,36% | 21,97% |
3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4. En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
5. No caso de servizos complementarios do nivel básico do SAF, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado.
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | GRAO I | GRAO II | GRAO III | ||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamto, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañmte, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | |
<=15 | <=28 | <=45 | |||||||
100,00% | 0,00% | 12,87% | 13,76% | 0,00% | 22,73% | 24,29% | 0,00% | 35,51% | 37,95% |
115,00% | 5,98% | 13,10% | 14,00% | 10,56% | 23,12% | 24,71% | 16,50% | 36,13% | 38,61% |
125,00% | 7,15% | 13,39% | 14,31% | 12,63% | 23,64% | 25,26% | 19,73% | 36,94% | 39,47% |
150,00% | 7,34% | 13,52% | 14,44% | 12,95% | 23,87% | 25,50% | 20,24% | 37,29% | 39,85% |
175,00% | 7,47% | 13,61% | 14,54% | 13,18% | 24,03% | 25,67% | 20,60% | 37,54% | 40,12% |
200,00% | 7,57% | 13,76% | 14,70% | 13,36% | 24,29% | 25,96% | 20,87% | 37,96% | 40,56% |
215,00% | 7,68% | 13,83% | 14,78% | 13,56% | 24,42% | 26,09% | 21,18% | 38,16% | 40,77% |
250,00% | 7,98% | 13,96% | 14,91% | 14,09% | 24,64% | 26,33% | 22,01% | 38,50% | 41,14% |
300,00% | 8,25% | 14,06% | 15,02% | 14,57% | 24,82% | 26,52% | 22,77% | 38,78% | 41,44% |
350,00% | 8,48% | 14,16% | 15,13% | 14,98% | 25,00% | 26,72% | 23,40% | 39,07% | 41,74% |
400,00% | 8,65% | 14,35% | 15,33% | 15,27% | 25,33% | 27,06% | 23,85% | 39,57% | 42,29% |
>400,00% | 8,77% | 14,48% | 15,48% | 15,48% | 25,57% | 27,32% | 24,19% | 39,95% | 42,69% |
Artigo 6.-Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias por libre concorrencia. Contía do prezo público.
1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita dos usuarios.
CAPACIDADE ECONÓMICA | Participación no custe do servizo SAF BÁSICO |
Menor de 0,80 IPREM | 0% |
Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM | 10% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM | 20% |
Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM | 40% |
Maior de 2,50 IPREM | 60% |
2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
Artigo 7.-Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos.
De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
Artigo 8.-Nacemento da obriga de pago.
A obriga de pagar os prezos públicos nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo durante a primeira quincena do mes seguinte.
2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
Artigo 9.-Prezo da hora de prestación do servizo.
O prezo da hora do servizo de axuda no fogar virá determinado polo custo que para o Concello supoña en cada momento a hora ordinaria de servizo prestado. Establécese en 12,00 €/hora.
Artigo 10.-Normas de xestión.
1.As normas de altas, modificacións e baixas na prestación do servizo están recollidas no regulamento municipal do servizo de axuda no fogar.
2. O Concello de Camariñas revisará anualmente os prezos base do servizo, e adaptará as porcentaxes correspondentes ás achegas das persoas usuarias segundo as modificacións que ponderan emanar dos órganos autonómicos correspondentes. En ambos casos, de darse modificacións, comunicarase ás persoas usuarias.
3. Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requirirá por parte do departamento de servizos sociais do Concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar as súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a abonar, tal e como se recolle no regulamento do servizo de axuda no fogar.
4. A modificación do prezo público corresponderá á Xunta de Goberno Local, por delegación do Pleno da Corporación, de acordo co establecido no artigo 47 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
O presente acordo regulador será eficaz dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.