Vilarmaior - ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE VILARMAIOR
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira.
O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos.
En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención o Concello de Vilarmaior, de conformidade co marco normativo referenciado regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal a través da presente ordenanza.
CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.- Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello de Vilarmaior.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no Concello de Vilarmaior.
Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo
1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 4º.- Contido do servizo
1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
I. Asistencia para levantarse e deitarse.
II. Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
III. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
IV. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
V. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
VI. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
VII. Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
b. Acompañamento persoal na realización doutras actividades complementarias:
I. Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.
II. Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.
c. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
I. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
II. Compra de alimentos e outros productos de uso común.
III. Preparación dos alimentos.
IV. Lavado e coidado das pezas de vestir, así como do enxoval doméstico.
V. Apoio á unidade familiar.
VI. Coidados e mantemento básico da vivenda.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio.
d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estructuración familiar.
2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, as seguintes actuacións e servizos:
a. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b. Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restriccións na participación social das persoas.
c. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
d. Adaptacións funcionais do fogar.
e. Servizo de podoloxía.
f. Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se falicite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a. A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
b. Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.
Artigo 5º.- Persoas destinatarias
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 6.- Dereitos das persoas usuarias
As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Artigo 7º.- Deberes das persoas usuarias
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:
1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.
7. Respectar a dignidade persoal e profesioal das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
8. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.
Artigo 8º.- Causas de extinción e modificación do servizo
1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar as seguintes:
a. A renuncia da persoa usuaria.
b. O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidad co servizo de axuda no fogar.
b. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
c. Falecemento da persoa usuaria.
d. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
e. A falta reiterada de pagamento do servizo.
f. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.
Artigo 9º.- Causas de suspensión temporal do servizo
Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas usuarias que accedan ao servizo polo sistema de libre concorrencia e por un máximo de dous meses para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.
CAPÍTULO II: DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS
Artigo 10º.- Formas de prestación do servizo
O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Vilarmaior ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 11º.- Requisitos específicos
1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado/a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3. O seguemento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
4. O Concello de Vilarmaior, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
a. Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.
b. Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo III desta ordenanza.
c. Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Vilarmaior e a persoa usuaria, segundo o Anexo IV desta ordenanza.
d. Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
SECCIÓN 2ª: DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Artigo 12º.- Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento
O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:
1. O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o concello de Vilarmaior, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:
a. Presentación da solicitude, segundo o anexo I desta ordenanza, dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:
I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
II. Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
III. Certificado de empadroamento e convivencia.
IV. Fotocopia do libro de familia cando haxa menores na unidade de convivencia.
V. Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
VI. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o caso.
VII. Autorización para domiciliación bancaria.
VIII. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias; en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.
b. As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo anexo II.
c. O departamento de Servizos Sociais elaborará un Informe - proposta que será elevado ao órgano competente para dictar resolución, que se notificará á persoa solicitante. O prazo máximo para resolver será de tres meses.
No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda.
d. Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.
e. Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV desta ordenanza (anexo III da Orde de 22 de xaneiro de 2009).
f. Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpren as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.
Artigo 13º.- Desenvolvemento da prestación do servizo
1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que á persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.
2. Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requerido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.
Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.
4. Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV desta ordenanza.
5. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo III desta ordenanza (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009), que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.
6. Farase entrega á persoa usuaria dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.
7. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
8. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
Artigo 14º.- Intensidade na prestación do servizo
1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.
2. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.
3. Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do concello, cos seguintes límites nos casos de libre concurrencia:
a) O servizo de axuda no fogar de libre concorrencia, prestarase de luns a venres, cun máximo de dúas horas diarias de atención, cun horario comprendido entre as 8:00 e as 20:00 horas.
b) A prestación do servizo, estará supeditada á dispoñibilidade orzamentaria existente en cada caso.
Artigo 15º.- Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos
No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do concello ou entidade local.
Artigo 16º. - Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar aprobada polo pleno o dia 02 de agosto de 2013 e publicada no BOP nº 151 de 9 de agosto de 2013, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP e transcorrido o prazo sinalado no artigo 65.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, e manterá a súa vixencia ata que se aprobe a súa modificación ou derrogación expresas.
ANEXOS
ANEXO I
Concello de Vilarmaior - Departamento de Servizos Sociais
SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (S.A.F.)
1. DATOS DO/A BENEFICIARIO/A
Nome e apelidos:__________________________________________________________________________________
D.N.I: ____________________ Data de nacemento ______________________ Estado Civil:____________________
Domicilio:_________________________________________________________________________________________
C.P.:_____________________ Nº de Afiliación á Seguridade Social: _________________________________
Teléfono: ________________ / ________________________
2. DATOS DO REPRESENTANTE LEGAL (EN CASO DE MENORES DE IDADE E INCAPACITADOS/AS)
Nome e apelidos:__________________________________________________________________________________
D.N.I: ____________________ Data de nacemento ____________________ Estado Civil:______________________
Domicilio:________________________________________________________________________________________
C.P.:_____________________ Relación có/coa beneficiario/a: ___________________________________________
Teléfono: ________________ / ________________________
3. TIPO DE TAREFAS QUE SOLICITA:
4. MOTIVOS POLOS QUE SOLICITA O SERVIZO:
DECLARO:
- Que toda a información que figura nesta solicitude e nos documentos que se xuntan é verdadeira.
- Que non percibo outros servizos ou prestacións de análogo contenido ou finalidade.
- Que quedo/a enterado/a da obriga de comunicar ós Servizos Sociais do Concello de Pontedeume calquera variación nos datos declarados que poidan producirse no sucesivo.
- Que autorizo ós Servizos Sociais para que realicen as consultas necesarias nos ficheiros públicos có único fin de acreditar e comprobar a veracidade dos datos.
- Que acepto a posibilidade de contribuir económicamente, se así resultase da aplicación da Ordenanza Municipal vixente.
Vilarmaior, a _____ de __________ de 201_
Asdo.: ¿¿¿¿¿¿¿¿...........¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑA Á SOLICITUDE
I.- Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
II.- Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
III.- Certificado de empadroamento e convivencia.
IV.- Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
V.- Fotocopia do libro de familia cando haxa menores na unidade de convivencia.
VI.- Calquera outro documento que xustifique a concurrencia de circunstancias familiares específicas (sentencia de separación, divorcio¿)
VII.- Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.
VIII.- Autorización para domiciliación bancaria.
IX.- Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, selle informa de que os seus datos persoais serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade do Excmo. Concello de Vilarmaior. Poderán ser empregados polo titular do ficheiro para o exercicio das funcións que lle son propias no ámbito das súas competencias. Igualmente, informase que poderán ser cedidos de conformidade coa lexislación vixente. Vostede pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso, oposición, mediante escrito dirixido ó Excmo.
Vilarmaior, ____ de ___________ de 201__
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE VILARMAIOR.
ANEXO II
BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA
(modalidade de prestación básica de servizos sociais de atención primaria)
FACTOR-1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)
O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.
As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.
A asignación de valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo coa seguinte táboa:
TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL | |||||||||
De 33% a 64% de discapacidade | De 65% a 74% de discapacidade | 75% - 100% | 81% - 87 % | 88% - 93% | 94% -100% | Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD | |||
75%-100% discapacidade e ata 14 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 15-29 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 30-44 pts ATP | 75%-100% discapacidade e 45-72 pts ATP | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. ATP RD 1971/1999 | |||||
75% discapacidade e ata 24 pts BVD | 25-39 pts BVD | 40-49 pts BVD | 50-64 pts BVD | 65-74 pts BVD | 75-89 pts BVD | 90-100 pts BVD | Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa. Puntuación BVD(RD. 504/2007) | ||
Grao I, Nivel 1 | Grao I, Nivel 2 | Grao II, Nivel 1 | Grao II, Nivel 2 | Grao III, Nivel 1 | Grao III, Nivel 2 | Situación de dependencia. Decreto 176/2007 | |||
5pts | 10 pts | 14 pts | 20 pts | 24 pts | 30 pts | 32 pts | 38 pts | 40 pts | PUNTUACIÓN Nivel de Autonomía persoal |
Puntos______
Total puntos autonomía persoal_______________________________________________________________ ______
FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)
Puntos
A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos)_____ | ||
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos)_ | ||
A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos): | ||
Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos)______________________________ | ||
Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos)________________ | ||
Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos)___________________________ |
Con incapacidade para organizarse (3 puntos)___________________________ | ||
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos) _________ | ||
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km (5 puntos)_______________________________________________ | ||
Está ben atendido (0 puntos)_______________________________________________ |
Puntos ______
Total puntos apoio social________________________________________________________________________ ______
FACTOR - 3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES
(máximo total 20 puntos)
3.1. Conflito (máximo total 4 puntos) Puntos
Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto)______________________ | |
Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos)_________________________ | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos)_____________ | |
Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos)_________________ |
3.2. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores (2 puntos)__________________________________________________________ | |
3.3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores (2 puntos)_______________________________________ | |
3.4. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos) Puntos
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos)_____________________________________________ | |
3.5. Número de menores (máximo total 10 puntos) Puntos
Un menor (3 puntos)_____________________________________________________ | |
Dous menores (5 puntos)_________________________________________________ | |
Tres menores (7 puntos)__________________________________________________ | |
Catro ou máis menores (10 puntos)__________________________________________ |
Puntos _____
Total puntos situación familiar/socialización menores______________________________________________ _____
FACTOR - 4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 20 puntos)
4.1. Vivenda (total 10 puntos) Puntos
Non hai luz eléctrica (1 punto)__________________________________________________________________________________________ | |
Non hai auga corrente (1 punto)________________________________________________________________________________________ | |
Non posúe WC (1 punto)______________________________________________________________________________________________ | |
Non posúe cuarto de baño completo (1 punto)______________________________________________________________________________ | |
Non ten neveira (1 punto)_____________________________________________________________________________________________ | |
Non ten quentador (1 punto)___________________________________________________________________________________________ | |
Non ten lavadora (1 punto)____________________________________________________________________________________________ | |
Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade (1 punto)______________________________________________________________ | |
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto)________________________________________________________________ | |
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto)________________________________________________________________ |
4.2. Integración no contorno (total 10 puntos)
Puntos
Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos)________________________________________________________________________________ | |
Ausencia de relacións sociais (6 puntos)__________________________________________________________________________________________ | |
Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos)__________________________________________________________________________ | |
Integración axeitada no contorno (0 puntos)________________________________________________________________________________________ |
Puntos _____
Total puntos outros aspectos sociais_____________________________________ _____
Puntos _____
TOTAL XERAL___________________________________________________________________________________ _____
ANEXO III
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Proxecto de Intervención
1.- Datos de Identificación do Expediente
Expediente [1] | Intervención nº [2] | Data de solicitude | Data de Inicio |
Sector de Referencia [3] | Ámbito de Atención 3 | Nº Total de Usuarios |
Nome e Apelidos | Data de Nacemento | DNI | Sexo | Estado Civil |
Proxecto | Data do Proxecto | Data Fin de Proxecto |
Antecedentes relevantes:
2.- Atención a prestar
Días da semana
L | M | X | J | V | S | D | Nº de horas semanais | Horario | ||
Tipo de servizo a prestar [4]
Perfil dos/as profesionais
Outros servizos:
3.- Existencia doutros Servizos/Apoios prestados a Domicilio
Existencia:
Servizos/apoios:
Nº de horas semanais:
4.- Obxectivos Específicos e Tarefas que se propoñen
Obxectivos do servizo proposto:
Tarefas a realizar:
5.- Periodicidade do Seguimento (mínimo bimensual)
Técnico responsable:
Asdo.:
ANEXO IV
SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Acordo de Servizo
Reunidos en ...................................................... o día ...................... dunha parte don/dona ..¿¿¿¿¿¿¿¿ con DNI:¿¿¿¿¿¿.......
E doutra ............................................................................, en calidade de Técnico responsable do servizo de axuda no fogar de ...................¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
ACORDAN:
1. Que o Concello de _______________ /a entidade prestadora ................................., prestará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día _______ do _________ de 201__.
2. Que a prestación do Servizo de Axuda no Fogar se realizará para as persoas usuarias de dependencia con carácter indefinido e para as persoas que acceden ao servizo polo sistema de libre concorrencia por un prazo de ___________________________, con posibilidade de prórroga segundo valoración técnica do departamento de Servizos Sociais/da Entidade prestadora acreditada
3. Que o SAF se levará a cabo por un total de ¿¿¿. horas/mensuais, distribuidas semanalmente nos seguintes días ..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
4. Que atendendo ao Decreto 99/2012, do 16 de marzo, ao Decreto 149/2013, do 5 de setembro, á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar, a Ordenanza Fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria conta cunha capacidade económica de ........... euros, polo que lle corresponde unha porcentaxe de ...........% sobre a súa capacidade económica. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo, comprométese a achegar a cantidade de ............. euros, polo total de horas prestadas.
Que atendendo ao Decreto 99/2012, do 16 de marzo, á Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar, a Ordenanza Fiscal municipal que regula as taxas do SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria conta cunha capacidade económica de ........... euros, polo que lle corresponde unha porcentaxe de ...........% sobre o custo do servizo. En base ao anterior e tendo en conta a intensidade do servizo, comprométese a achegar a cantidade de ............. euros, polo total de horas prestadas.
5. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o abono da taxa do SAF establecido no punto 4º, na entidade bancaria da súa elección, no número de conta autorizada para tal efecto.
6. Que, de acordo co proxecto de intervención establecido para o caso, as actividades que se fixan inicialmente para o desenvolvemento do SAF son as seguintes:
Atencións de carácter persoal
Atencións de carácter persoal doutras actividades da vida diaria (acompañamentos fora do fogar)
Atencións de carácter apoio psicossocial e educativo
Atencións de carácter doméstico e da vivenda
Atencións de carácter técnico e complementario
----------------------------------------------------------------
7. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste acordo, deberán ser recollidas nun documento novo asinado pola persoa usuaria e a persoa responsable do SAF, sendo anexadas ao acordo orixinal.
8. Que o servicio se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do ___ de ____________ que regula o Servizo de Axuda no Fogar e na ordenanza municipal sobre o SAF, onde están recollidas os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción.
9. Que nas dependencias do concello está a disposición das persoas usuarias un libro de queixas e reclamacións.
10. Que co presente acordo se lle entrega á persoa usuaria unha copia da ordenanza reguladora debidamente visada.
Ambas partes dan a súa conformidade ó presente acordo de prestación do SAF, e o asinan
En ¿¿¿¿¿¿¿¿¿ a ¿¿ de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.de 201¿..
A persoa usuaria Auxiliar O técnico responsable
ANEXO V
Renuncia ao servizo de axuda no fogar
D/Dna_______________________________________________________________ con DNI nº_________________
e con domicilio en ______________________________________________________
Expón:
Que renuncio ao servizo de axuda no fogar que me presta a auxiliar Dna. _______________________________________ os seguintes dias e horarario_________________________________________________________
Vilarmaior _____ de________________ de 201__
Asdo.
SR.ALCALDE DO CONCELLO DE VILARMAIOR
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós días hábiles seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."