Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL N.º 8, REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANISTICAS E OUTROS SERVIZOS URBANÍSTICOS

Publicación provisional: 22/05/2014 BOP Nº: 96
Publicación definitiva: 08/07/2014 BOP Nº: 128
Aplicable dende: 08/07/2014

ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Malpica a establece a taxa polo outorgamento de licenzas e outros servizos urbanísticos, a que se refire o artigo 20.4 h) do propio real decreto lexislativo, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do citado real decreto lexislativo.

ARTIGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal tanto técnica como administrativa tendente a verificar se todos os actos de transformación ou utilización do chan ou subsolo, de edificación, de construción ou de derribo de obras derivada do establecido na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e demais normas de aplicación, tanto de ámbito autonómico, estatal ou local, son conformes coas previsións da lexislación e o planeamento vixentes.

b) A actividade municipal tanto técnica como administrativa de control, comprobación posterior e inspección que se preste en relación a obras sometidas ao réxime de comunicación previa, e en xeral os servizos relacionados coa inspección, xestión.

c) A actividade municipal tanto técnica como administrativa de xestión e intervención urbanística.

d) Calquera outra actividade municipal prevista nos plans, normas ou ordenanzas.

2.-A título enunciativo serán obxecto da exacción os servizos administrativos prestados en relación a:

a ) Obras de nova pranta ou reconstrución de vivendas unifamiliares ou ampliacións (incluso prefabricadas) e de vivendas plurifamiliares.

b) Reformas, rehabilitación, modificación de vivendas ou locais e locais comerciais ou usos distintos ó residencial en edificios exclusivos.

c) Instalacións agropecuarias, hortícolas, serradoiros e edificación ou construción de naves industriais e muros de contención e demolición de construcións movementos de terras e talas de masas arbóreas.

d) Parcelacións e segregacións urbanísticas división de predios, desenvolvementos urbanísticos.

e) Licenzas de primeira ocupación de vivendas.

f) Comunicacións previas para realización de obras.

ARTIGO 3.-OBRIGADOS TRIBUTARIOS.

1.-Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 36 de Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións ou instalacións ou se executen as obras, ou que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas os servizos ou actividades de que se trate.

2.-Entenderase que a actividade administrativa ou servizo afecta ou se refire ao suxeito pasivo cando fose motivado directa ou indirectamente polo mesmo en razón de que as súas actuacións ou omisións obriguen ó Concello a realizar de oficio actividades ou a prestar servizos por razóns de seguridade, de salubridade, ou de orde urbanística, ou calquera outras da súa competencia.

3.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras.

4.-Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

5.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 4.

A cota tributaria dos diferentes servizos a prestar (licenzas e comunicacións previas ) resultará de aplicar as seguintes tarifas:

TARIFAS POLOS SERVIZOS DE EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS E COMUNICACIÓNS PREVIAS NO ÁMBITO URBANÍSTICO

ESCALA DE GRAVAME

COTA

VIVENDAS UNIFAMILIARES O AMPLIACIONS (INCLUSO PREFABRICADAS)

Por vivenda ou ampliación

320

VIVENDAS PLURIFAMILIARES

Por cada vivenda, local comercial ou baixo libre.

150

Por cada praza de garaxe

30

Por cada trasteiro

30

REFORMAS, REHABILITACIÓN, MODIFICACIÓN DE VIVENDAS OU LOCAIS

Con superficie edificada de 0 a 200 m2

160

Con superficie edificada de 201 a 500 m2

320

Con superficie edificada a partir de 501 m2

500

LOCAIS COMERCIAIS OU USOS DISTINTOS Ó RESIDENCIAL EN EDIFICIOS EXCLUSIVOS

Con superficie edificada de 0 a 200 m2

384

Con superficie edificada de 201 a 500 m2

720

Con superficie edificada a partir de 501 m2

960

INSTALACIONS AGROPECUARIAS, HORTÍCOLAS, ASERRADOIROS.

Con superficie edificada de 0 a 800 m2

320

Con superficie edificada de 801 a 2000 m2

600

Con superficie edificada a partir de 2001 m2

800

NAVES INDUSTRIAIS

Con superficie edificada de 0 a 800 m2

384

Con superficie edificada de 801 a 2000 m2

720

Con superficie edificada a partir de 2001 m2

960

DEMOLICIÓNS (de construcións, movementos de terras e tala de masas arbóreas)

Por cada demolición, movemento ou tala

150

MUROS DE CONTENCIÓN

Por cada muro

150

PARCELACIÓNS, SEGREGACIÓNS, DIVISIÓN DE PREDIOS, PARCELACIÓNS URBANÍSTICAS

Por cada parcela resultante da división

110

Por cada parcela incorporada a agregación

110

Redistribucións (agregación e parcelación eu unidade de acto con resultado de mesmas parecelas incorporadas e obtidas)

220

DESENVOLVEMENTOS URBANÍSTICOS (proxectos de equidistribución, procesos de urbanización, reforma interior, renovación urbana, obtención de dotacións urbanísticas¿)

Con superficie de actuación menor a 10.000 m2

600

Con superficie de actuación maior de 10.000 m2

1000

LICENZAS DE PRIMERA OCUPACIÓN VIVIENDAS UNIFAMILIARES

Con superficie construída de 0 a 200 m2

150

Con superficie construída de 201 a 500 m2

250

Con superficie edificada a partir de 501 m2

400

LICENZAS DE PRIMERA OCUPACIÓN VIVIENDAS PLURIFAMILIARES

Por cada vivenda, local comercial ou baixo libre.

60

Por cada praza de garaxe

30

Por cada trasteiro

30

COMUNICACIÓN PREVIA PARA REALIZACIÓN DE OBRAS

Con orzamento inferior a 3000 €

60

Con orzamento de 3000 € a 6000 €

160

Con orzamento superior a 6000 €

260

ARTIGO 5.-BENEFICIOS FISCAIS.

Non serán aplicables outros beneficios fiscais máis cós expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

ARTIGO 6.-XERACIÓN DA TAXA.

1.-Se devenga a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servizo ou a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita prestación do servizo ou actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se efectúe a comunicación previa ou de prestación do servizo ou actividade ou no seu caso cando a Administración actúe de oficio.

2.-Cando as obras ou outras actuacións se inicien ou executen sen obter a oportuna licenza, ou sen presentar a correspondente comunicación previa, a taxa se devengará cando se inicie efectivamente a prestación do servizo ou a actividade administrativa conducente a determinar se a obra ou actuación en cuestión é ou non autorizable ou conforme ao ordenamento xurídico.

3.-Cando as obras se inicien ou executen en virtude dunha orde de execución municipal, a taxa se devengará cando se inicie efectivamente a prestación do servizo ou actividade municipal de oficio ou a instancia de terceiro interesado.

4.-A obriga de contribuír, unha vez dada, non se verá afectada de ningún xeito pola concesión da licenza condicionada á modificación do proxecto presentado.

ARTIGO 7.-DEPÓSITO PREVIO E AUTOLIQUIDACIÓN.

1. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e a teor da facultade que confire o artigo 26 do Real decreto lexislativo 2/2004, esixirase o depósito previo do importe da taxa regulada nesta ordenanza, e para este fin o solicitante da licenza procederá a liquidar o seu importe e ingresar a cantidade resultante. O depósito será aplicado á satisfacción da cota tributaria no momento de outorgarse a licenza, e efectuarase a correspondente liquidación provisional, con reintegro do seu importe ao interesado se por causas non imputables a el non chegase a prestarse o servizo.

Se da liquidación practicada resultase unha cota superior ou inferior ao depósito constituído, procederase a requirir o ingreso da diferenza antes de expedir a licenza, no primeiro caso, e á devolución do exceso, no segundo. Xuntamente co depósito previo ingresarase o importe estimado dos anuncios que sexa necesario publicar e outros gastos análogos que sexan por conta do interesado.

2. Nos supostos de presentación de comunicación previa os obrigados tributarios virán obrigados a presentar ante o Concello autoliquidación segundo o modelo determinado pola Administración municipal e simultaneamente procederá a ingresar na Tesourería Municipal a cota que resulte. No referido o documento o declarante fará constar todos os elementos da relación tributaria que sexan necesarios para efectuar a liquidación e realizará a mesma.

3. Quedan excluídas da obriga de constituír depósito previo e no seu caso presentar autoliquidación, aquelas entidades públicas que, en virtude de lei, están exceptuadas da presentación de fianzas ou depósitos. Este beneficio non supoñerá a exención do tributo, que deberá ser aboado como requisito previo ao despacho da licenza.

ARTIGO 8.-NORMAS DE XESTIÓN.

1. Previamente ao outorgamento da licenza efectuarase a liquidación provisional dos dereitos ou taxas que procedesen. As liquidacións así efectuadas terán carácter provisional ata que, unha vez rematadas as obras, sexa comprobado pola Administración Municipal o efectivamente realizado, requiríndolles para iso aos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais elementos ou datos que se consideren oportunos. Á vista do resultado da comprobación efectuarase a liquidación definitiva.

2. Nos casos en que as obras se realicen previa presentación de comunicación previa o Servizo de Urbanismo comunicará ós servizos de Recadación os supostos nos que a autoliquidación inicial non alcanza a totalidade da cota, procedéndose por parte de Concello a aprobar a liquidación complementaria que corresponda.

3. Ós Servizos Económicos e Recadación remitiráselle unha copia dos actos de presentación de comunicación previa ou declaración responsable así como de concesión da licenza, co fin de que se comprobe o estrito cumprimento das previsións consignadas neles en canto teña transcendencia de carácter fiscal. Todos os expedientes que se tramiten, de oficio ou por instancia de parte, e que supoñan a revisión ou revogación das liquidacións efectuadas ou a devolución de ingresos, serán informados polos Servizos Ecónomicos, Recadación e fiscalizadas pola Intervención.

4. As licenzas e comunicacións previas, e as cartas de pagamento ou fotocopias compulsadas dunhas e outras figurarán no lugar das obras mentres duren estas, para poder ser exhibidas por requirimento dos axentes da Autoridade Municipal.

ARTIGO 9.-OUTORGAMENTO DE BENEFICIOS FISCAIS.

As persoas que pretendan a realización de obras non suxeitas ao pagamento da taxa conforme ao establecido no artigo 5 e quen pretenda ter dereito ao goce de calquera beneficio fiscal, instarano do Concello de Malpica ao tempo de solicitar a correspondente licenza, ou no seu caso de presentación de comunicación previa ou declaración responsable, acreditando suficientemente as circunstancias que amparan ou seu dereito.

ARTIGO 10.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a elas corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL.

1. A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

2. A presente ordenanza, que consta de doce artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 13 de maio de 2014.

3. A súa entrada en vigor suporá a derrogación da ordenanza fiscal vixente.