Arzúa - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OUTORGAMENTO DE LICENCIAS URBANÍSTICAS E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS DE CONTROL
Artigo 1. FUNDAMENTO E NATURALEZA
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, este Concello establece a taxa por outorgamento de licencias urbanísticas a que se refire o art. 20.4.h) do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais; que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e as súas normas atenden ó previsto no artigo 57 do devandito texto.
Artigo 2. FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible, a actividade municipal, técnica e administrativa realizada para verificar se os actos de edificación e uso do solo e subsolo que vaian a realizarse no termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas de edificación.
Artigo 3. SUXEITO PASIVO
1.-Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas as entidades a que se refire o artigo 35.4 da LXT,que soliciten, provoquen, ou no seu interese redunden as prestacións ás que se refire a presente ordenanza.
2.-Terán a consideración de substitutos do contribuínte nas taxas establecidas polo outorgamento das licencias urbanísticas os constructores e contratistas das obras.
Artigo 4. RESPONSABLES
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5. BASE IMPOÑIBLE E COTA TRIBUTARIA
Constitúe a base impoñible desta taxa:
1.-O custo real e efectivo da obra, construción ou instalación, entendendose por tal, a estos efectos, o custo de execución material daquela ,do que non forman parte, en ningun caso, o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de caracter público local relacionados con ditas construcións, instalacións ou obras nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre estrictamente o custo do execución material.
2.- O valor que teñan asignado os terreos aos efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, cando se trate de parcelacións urbanísticas.
A cota tributaria determinarase mediante a aplicación á base impoñible do tipo de gravame do 0,75%. Para as taxas por outorgamento de licenzas de primeira ocupación será do 0,5%.
3.- Para garantizar a reposición do pavimento nas vías públicas, o peticionario da lienza terá que constituír ademais un depósito que se ingresará na Tesouraría, que será devolto unha vez que conclúan as obras e certifiquen os servizos técnicos municipais que se atopa en perfectas condicións. Para o caso das obras novas o aval devolverase cando se outorgue a licenza de primeira ocupación.
A contía do aval será determinado polos servizos técnicos municipais, á vista da documentación aportada polo interesado na solicitude e o tipo de urbanización afectada.
Determinado o importe notificaraselle ao peticionario xunto co acordo de concesión de licenza, ou logo de efectuar as actividades de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora sustituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.
Artigo 6.º NORMAS DE XESTIÓN, ADMINISTRACIÓN E COBRANZA
1.- A taxa por licenzas urbanísticas e outros servizos urbanísticos esixirase en réxime de autoliquidación.
2.-Os dereitos desta Ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamentos especiais ou por prestación de servicios distintos.
3.-Para as obras que leven consigo a obriga de colocar vallas ou andamios, esixiráse o pago dos dereitos correpondentes a este concepto, liquidándose simultáneamente á concesión da licencia de obras ou logo das actuacións de comprobación e control, según as tarifas recollidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercancías, materiais de construcción, desentullo, valados, puntais, argolas andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 7º.- DEVENGO DA TAXA E NORMAS DE XESTIÓN
1. Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da solicitude de licenza urbanística, da comunicación previa ou da declaración responsable.
Os interesados están obrigados a presentar a autoliquidación desta taxa no modelo facilitado pola administración, xunto co xustificante do seu pagamento, no momento da solicitude de licenza ou presentación de declaración responsable, ou no seu defecto, no prazo de 15 días hábiles dende a solicitude ou declaración. Non se iniciará o expediente de concesión de licenza ou as actuacións de comprobación, verificación e inspección para o suposto de comunicación previa, se non se ten presentado o xustificante de pagamento xunto co impreso de autoliquidación debidamente cuberto.
2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen obter a previa licenza, ou sen presentación de comunicación previa ou declaración responsable, a taxa devengarase ao iniciarse a actividade municipal para determinar se aquelas reúnen ou non as condicións esixibles. Neste suposto practicarase liquidación provisional pola administración municipal.
De modificarse ou ampliarse o proxecto con posterioridade á solicitude de licenza, a presentación de comunicación previa ou declaración responsable, deberá comunicarse á administración municipal aportadno o novo orzamento ou o reformado. Os interesados están obrigados a ingresar, xunto co proxecto modificado, a autoliquidación da taxa resultante pola diferencia.
Logo de rematarse as construccións, instalación ou obras, á vista da documentación aportada ou de calquera outra relativa ás construccións, instalacións ou obras, ou das efectivamente realizadas así como do seu coste real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ao suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte.
3.- A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada pola denegación da licenza solicitada nen pola declaración de ineficacia da declaración previa efectuada.
Nos demáis supostos devolverase o 80% do importe da taxa sempre que as obras non foran iniciadas e se formule renuncia expresa á licenza, ou sexa declarada a caducidade mediante resolución administrativa. Nos mesmos supostos terá dereito á devolución do ingresado logo da renuncia expresa á realización da obra nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.
Artigo 8.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estaráse ó disposto nos arts. 181 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro e demáis normativa aplicable.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
A partir da entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior reguladora da taxa por licencias urbanísticas.
Disposición derradeira
A presente ordenanza fiscal, e a súa redacción foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 26 de maio de 2014, e aplicarse dende o día seguinte ao da sús publicación no BOP permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.