Frades - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO INICIO OU MODIFICACIÓN DE ACTIVIDADE

Publicación provisional: 11/04/2014 BOP Nº: 70
Publicación definitiva: 17/07/2014 BOP Nº: 135
Aplicable dende: 17/07/2014

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa polo inicio ou modificación de actividade", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal que conleva para o Concello a comunicación previa do inicio da actividade de apertura ou funcionamento para a instalación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial; dentro do ámbito de aplicación da Lei 9/2013 de 19 de decembro ou calquera outra Lei ou Disposicicón referida a este feito impoñible.

Constitúe tamén feito impoñible o cambio de titularidade da actividade.

2. Para tal efecto, terá a consideración de apertura:

a) A instalación por vez primeira dun establecemento para dar comezo ás súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que sexa levada a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.

d) Os traslados de locais.

Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretendan desenvolver ou, se é o caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.

Artigo 4.º.-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.-Base impoñible.

Constitúe a base impoñible da taxa o valor do metro cadrado do local a ocupar coa actividade ou o cambio de titularide.

Artigo 6.º.-Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase multiplicando a superficie do local, en metros cadrados, polas seguintes tarifas:

- Con carácter xeral 3,30 €/m².

- No caso de actividades agrogandeiras, dada a gran superficie necesaria para exercer a actividade, así como o seu escaso rendemento por m², a tarifa a aplicar será, a de de 0,17 €/m².

2. A cota tributaria esixirase por unidade de local.

A efectos de determinar a superficie computable do local aplicaranse as regras do anexo II do Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, polo que se aproban as tarifas e a instrución do imposto de actividades económicas.

3. No caso de cambio de titularidade aplicarase unha taxa única de 100 €.

Artigo 7.º.-Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa, salvo os expresamente previstos por normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Artigo 8.º.-Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta, ou no momento de presentación da correspondente comunicación previa ou declaración responsable.

2. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, de ningún xeito, nin pola denegación, nin por renuncia ou modificación das condicións do establecemento.

Artigo 9.º.-Declaración.

1.-As persoas interesadas na obtención dunha autorización para apertura de establecemento ou recoñecemento da actividade presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, acompañada da declaración de superficie do local.

2.-Se despois de formulada a solicitude se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento, ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións deberán de poñerse en coñecemento da administración municipal co mesmo detalle e alcance esixidos na declaración prevista no número anterior

Artigo 10.º.-Liquidación e ingreso.

Finalizada a actividade municipal, e unha vez ditada a resolución municipal que proceda sobre a autorización de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola taxa, que será notificada ao suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala a Lei xeral tributaria.

Artigo 11.º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e imposición de sancións correspondentes rexerá o disposto no artigo 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.