Fisterra - ORDENZANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

Publicación provisional: 09/06/2014 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 21/07/2014 BOP Nº: 137
Aplicable dende: 21/07/2014

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

No uso de facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4 r) do RDL 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Fisterra establece a nova taxa polo servizo de saneamento e depuración de augas residuais que se rexerá pola presente ordenanza fiscal nos termos do artigo 57 da citada norma legal.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos públicos municipais de recepción obrigatoria, que de seguido se enumeran, prestados polo Concello de Fisterra, en réxime de xestión directa ou indirecta:

a) Tramitación administrativa da alta na rede de sumidoiros.

b) Dispoñibilidade do servizo.

c) Utilización das redes de sumidoiros e os servizos para o saneamento de augas residuais.

d) A prestación do servizo de depuración de augas residuais.

2.-Non están suxeitas á taxa os inmobles derruidos ou declarados en estado de ruína, ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3.º.-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria que resulten beneficiarias do servizo, entendéndose como tales as que sexan ocupantes ou usuarios de vivendas ou locais beneficiarios da prestación dos servizos que constitúen o feito impoñible, calquera que sexa o seu título: propietario, usufructuario, habitacionista, arrendatario, precario ou análogos.

2.-En todo caso terán a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario do inmoble, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 4.º.-Responsables.

1. Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigo 41 e seguintes da Lei xeral tributaria.

2. - Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 de Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.-Tarifas.

Se determinan as seguintes contías que constituen a taxa obxeto da prestación do servizo:

TAXA FIXA ANUAL

DENOMINACIÓN

IMPORTE / ANUAL

Vivendas e locais valeiros

20,00 €

Perruquerias, comercios, oficinas bancarias e semellantes

30,00 €

Tabernas, bares, cafeterias, pubs, restaurantes, hoteis e hospedaxes ata 10 habitacions, albergues, panaderias e establecementos semellantes

40,00 €

Talleresde vehiculos e barcos, estacions de servizos, tinturerias, lavanderias, hoteis e hospedaxes de mais de 10 habitacions e semellantes

50,00 €

Industrias

100,00 €

Sen abastecemento

20,00 €

UTILIZACIÓN DO SERVIZO SEGUNDO LECTURA DE CONTADOR

Saneamento e depuración

0,24232511 € / m3/mes

DEREITOS DE ACOMETIDA DA REDE XERAL

30,05 €

Artigo 6.º.-Exencións e bonificacións.

De conformidade co disposto no artigo 9.1 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, non se recoñece outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Artigo 7.º.-Devengo e período impositivo.

1. A taxa devéngase o primeiro día de cada semestre natural e o período impositivo comprenderá o ano natural.

2. Nos casos de altas no servizo a taxa devéngase cando o órgano municipal competente conceda a autorización para a acometida á rede de saneamento municipal ou, no seu defecto, cando teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento.

3. Nos casos de altas ou baixas no servizo, a cota tributaria prorratease por meses, incluído aquel no que se inicie ou cese a efectiva prestación do servizo.

4. Os dereitos de acometida na rede xeral de sumidoiros deberán ser ingresados nas arcas municipais no momento de efectuar a oportuna solicitide de licenza urbanística.

Artigo 8.º.-Declaración, liquidación e ingreso.

1. Os donos dos edificios e vivendas ou, se é o casos, os usuarios do servizo estarán obrigados a presentar nas oficinas municipais as oportunas declaracións de alta no servizo, baixa, cambio de titularidade do inmoble ou modificacións físicas ou xurídicas con trascendencia tributaria na xestión da taxa.

As ditas declaracións se deberán presentar no propio mes en que se produzan os feitos obxecto delas.

2. A taxa se liquidará semestralmente por medio da aprobación das correspondentes listas de contribuíntes.

Estas liquidacións se notificarán colectivamente por medio de anuncio no Boletín oficial da provincia e no taboleiro de edictos da Corporación consonte o artigo 124.3 da Lei 53/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cuantificación das infraccións tributarias así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición derradeira

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo Pleno da Corporación, entrará en vigor, logo da súa publicación integra no Boletin Oficial da provincia, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.