Negreira - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA ASISTENCIA A ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO DEPENDENTES DA CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS, MULLER E IGUALDADE DO CONCELLO DE NEGREIRA

Publicación provisional: 11/06/2014 BOP Nº: 110
Publicación definitiva: 30/07/2014 BOP Nº: 143
Aplicable dende: 30/07/2014

Artigo 1.-Fundamento e natureza.

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co 41 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este Concello establece o prezo público pola prestación do servicio de actividades de conciliación realizadas durante os meses de xullo e agosto que se rexerá polo disposto no referido TRLRFL e na presente ordenanza.

Artigo 2.-Concepto.

O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos de conciliación prestados polo Concello de Negreira.

Artigo 3.-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza aquelas persoas que se beneficien dos servicios de conciliación durante os meses de xullo e agosto prestados polo Concello de Negreira ós que se refire a presente ordenanza.

Artigo 4.-Contía.

A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será o fixado na seguinte tarifa:

Actividade de conciliación a realizar durante xullo e agosto: ¿CAMPAMENTO URBANO RESPIRA":

- Prezo por participación: o prezo aplicarase en función dos meses que acuda o neno/a á actividade:

Duración da actividade en xullo: todos os días laborais de luns a venres (están excluídos de prestación de servizo o día festivo local e o 25 de xullo). Cun total de 30 prazas dispoñibles.

Duración da actividade en agosto: todos os días laborais de luns a venres (está excluído o día 15 de agosto). Cun total de 15 prazas dispoñibles.

Duración diaria da actividade: 5 horas e 30 minutos, de 8:45 a 14:15 horas.

Prezo: 60 € ó mes no ano 2014.

Prezo para anos posteriores (ano 2015 e anos posteriores): 100€ ó mes por cada neno/a que asista á actividade.

Artigo 5.-Obrigación de pagamento.

A obriga de pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, nace dende o día en que se inicie a prestación do servizo ou actividade posteriormente a data de solicitude de participación na actividade de conciliación de xullo e agosto.

Cando por causas non imputables ao obrigado ó pagamento do prezo público, o servizo ou a actividade non se preste procederá a devolución do importe correspondente.

Artigo 6.- Exencións e bonificacións.

6.1 De conformidade co disposto no artigo 9 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os previstos expresamente en normas con rango de Lei, así como os establecidos nesta ordenanza.

Artigo 7.-Requisitos.

O Concello poderá establecer condicións ou requisitos que deben reuni-los participantes para asegura-los riscos inherentes a realización de actividades da desenvolver, así como, as normas de desenvolvemento das actividades aplicando a suspensión temporal ou definitiva ós participantes que as incumpran segundo a gravidade do incumprimento.

Artigo 8.-Normas de xestión.

8.1. O pagamento do referido prezo público efectuarase na conta do concello de Negreira do seguinte xeito: no momento de efectua-la inscrición aboarase a primeira mensualidade e de querer continuar asistindo farase o pago da seguinte mensualidade dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte.

8.2. No caso de existir varias solicitudes que superen o número de participantes a admitir, darase preferencia aos empadroados no Concello de Negreira e os nenos e nenas cuxos proxenitores traballen durante o mes ou meses solicitados.

8.3. As débedas polos prezos públicos desta ordenanza poderán esixirse polo procedemento de constrinximento.

8.4. Sobre as contías do prezo público establecido no artigo 4 aplicouse un IVE do 10% que rexe neste momento, pero poderá incrementarse o prezo no caso de que se incremente o IVE correspondente.