Carral - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 19/06/2014 BOP Nº: 116
Publicación definitiva: 22/08/2014 BOP Nº: 159
Aplicable dende: 09/09/2014

ARTIGO 1º. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Costitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e ao abeiro co previsto no artigo 127 en relación ao artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , do 5 de marzo , polo que se aproba o Texto Refundio da Lei Reguladora de Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar.

O servizo de axuda no fogar configúrase como un servizo público que se presta de acordo co establecido na Lei 13/2008,de servizos sociais de Galicia e ademáis normativa que a desenvolve, en especial a Orde do 22 de xaneiro de 2009,pola que se regula o servizo de axuda no fogar e o Decreto 99/2012,polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

O servizo de axuda no fogar prestarase conforme ao establecido no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar do concello de Carral e ás disposicións da presente ordenanza.

ARTIGO 2 º. Obrigados ao pagamento.

Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulado mediante a presente ordenanza as persoas usuarias do servizo municipal de axuda no fogar.

ARTIGO 3º. Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.

1.A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar,calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia ,vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2.O resultado do cálculo da capacidade econômica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar,constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso,de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependência e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

ARTIGO 4º. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivência distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade econômica farase de acordo cós seguintes criterios:

1 Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia.Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das pesoas físicas.

2.Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivência. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991,do 6 de xuño , do imposto sobre o patrimonio, com dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder.Igualmente,para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991,do 6 xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3 A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables,modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

ARTIGO 5º . Contía do prezo público.

Aos efectos previstos para a palicación das tarifas, establécese o prezo da hora de prestación do servizo efectivo en 13,00 €, revisable anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo publicado polo Instituto Nacional de Estadística.

O importe total será o resultado de multiplicar a contía do prezo público referida a unha hora de prestación do servizo polo número de horas de prestación efectiva do mesmo.

ARTIGO 6º. Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ou indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custe do servizo.

2.Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

( referenciada ao IPREM)

ata

GRADO I

GRADOII

GRADO III

< = 20 h

< = 45 h

< = 70 h

100%

0,00%

0,00%

00,0%

115%

4,52%

9,61%

14,70%

125%

5,41%

11,50%

17,58%

150%

5,55%

11,79%

18,03%

175%

5,65%

12,00%

18,35%

200%

5,72%

12,16%

18,60%

215%

5,81%

12,34%

18,87%

250%

6,03%

12,82%

19,61%

300%

6,24%

13,26%

20,29%

350%

6,42%

13,63%

20,85%

400%

6,54%

13,90%

21,25%

450%

6,63%

14,09%

21,55%

500%

6,70%

14,25%

21,79%

>500%

6,76%

14.,36%

21,97%

3.Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA,ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas en servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivamente prestadas de servizo,no caso das persoas que teñan máis horas,aplicarase a normativa en vigor.

4.En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento,poderá exceder o 90% do custo de servizo determinado en termos de prezo/hora.

5.No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido,para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias,aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

%Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañemento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañemento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañemento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100%

0,00%

12,87%

13,76%

0,00%

22,73%

24,29%

0,00%

35,51%

37,95%

115%

5,98%

13,10%

14,00%

10,56%

23,12%

24,71%

16,50%

36,13%

38,61%

125%

7,15%

13,39%

14,31%

12,63%

23,64%

25,26%

19,73%

36,94%

39,47%

150%

7,34%

13,52%

14,44%

12,95%

23,87%

25,50%

20,24%

37,29%

39,85%

175%

7,47%

13,61%

14,54%

13,18%

24,03%

25,67%

20,60%

37,54%

40,12%

200%

7,57%

13,76%

14,70%

13,36%

24,29%

25,96%

20,87%

37,96%

40,56%

215%

7,68%

13,83%

14,78%

13,56%

24,42%

26,09%

21,18%

38,16%

40,77%

250%

7,98%

13,96%

14,91%

14,09%

24,64%

26,33%

22,01%

38,50%

41,14%

300%

8,25%

14,06%

15,02%

14,57%

24,82%

26,52%

22,77%

38,78%

41,44%

350%

8,48%

14,16%

15,13%

14,98%

25,00%

26,72%

23,40%

39,07%

41,74%

400%

8,65%

14,35%

15,33%

15,27%

25,33%

27,06%

23,85%

39,57%

42,29%

400

8,77%

14,48%

15,48%

15,48%

25,57%

27,32%

24,19%

39,95%

42,69%

ARTIGO 7º.-Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento.

1.Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia,ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006,aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 16 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONOMICA

Participación no custo do servizo de SAF básico.

Inferior ao 0.80 IPREM

0%

Desde o 0.80 e menor ou igual ao 1.20 IPREM

10%

Maior ao 1.20 e menor ou igual ao 1.5 IPREM

15%

Maior ao 1.5 e menor ou igual ao 1.70 IPREM

20%

Maior ao 1.70 e menor ou igual ao 2 IPREM

30%

Maior ao 2 e menor ou igual ao 2.50 IPREM

40%

Maior ao 2.50 do IPREM

65%

2.Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar,exclusión social ou pobreza infantil ,circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social..

3. En calquera caso,establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

ARTIGO 8 º. Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos.

De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Carral, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

ARTIGO 9º. Nacemento da obriga de pagamento e período impositivo

A obriga de pagar os prezos públicos regulados neste acordo regulador, nace, en xeral, dende o día en que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

Unha vez aprobada a alta no servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria no padrón correspondente do prezo público.

A alta no padrón será notificada ao beneficiario, facéndolle constar a capacidade económica que será tida en conta, xunto co número de horas mensuais de servizo prestado efectivamente,para a fixación da cota a cobrar.

Unha vez ao ano, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias,a ctualizarase a capacidade económica das persoas usuarias do servizo utlizando os últimos datos fiscais dispoñibles relativos aos mesmos. No caso de que así sexa necesario, o departamento de Servizos Sociais do Concello requirirá ás persoas beneficiarias , para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos desa actualización da capacidade económica.

O pago dos prezos públicos realizarase mensualmente mediante domiciliación bancaria nos primeiros quince días do mes seguinte a prestación do servizo, na entidade bancaria que a persoa usuaria establecese para tal efecto.

Artigo 10º.- Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións rexeránse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza municipal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Carral publicada no BOP nº 227 do 29 de novembro de 2010 e da ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar e da súa taxa no Concello de Carral publicada no BOP nº 67 do 24 de marzo de 1999.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Esta ordenanza entrará en vigor despois súa publicación no Boletín Oficial da Coruña e do transcurso do prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, nos termos do artigo 70.2 desta.

Para o non expresamente regulado nesta ordenanza fiscal, estarase ao disposto na normativa autonómica de aplicación e no regulamento do servizo.