Teo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 10/07/2014 BOP Nº: 130
Publicación definitiva: 29/08/2014 BOP Nº: 164
Aplicable dende: 30/08/2014

Artigo 1. Fundamento

De conformidade co previsto nos artigos 17 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar (en diante SAF).

Artigo 2. Concepto

A taxa regulada nesta ordenanza fiscal constitúe unha contraprestación pecuniaria que será aboada polas persoas que adquiran a condición de usuarias do SAF do concello de Teo de acordo coa ordenanza reguladora do servizo.

Artigo 3. Suxeitos pasivos

Están obrigadas ao pagamento da taxa regulado nesta ordenanza fiscal quen se beneficie da prestación do SAF prestado polo concello de Teo. No caso de que as persoas anteriores carezan de capacidade de obrar, a obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal.

Artigo 4. Contía

1. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do SAF a través do Sistema Galego de Atención á Dependencia (acceso directo)

a) A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia .

b) O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

2. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias do SAF prestación básica dos servizos sociais (acceso libre)

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no punto anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

b) Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

3. Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias do SAF a través do Sistema Galego de Atención á Dependencia (acceso directo)

a) No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

b) Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado, ou á que no seu caso corresponda conforme ao recollido na normativa de referencia en materia de dependencia respecto á intensidade dos servizos:

Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Até

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

c) Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

d) En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.

e) No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade

económica

(referenciada

ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos

saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións

funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de

préstamo de

axudas técnicas

Adaptacións

funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de

préstamo de

axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

4. Participación das persoas usuarias do SAF prestación básica dos servizos sociais (acceso libre)

a) Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 16 do Decreto 149/2013.

Capacidade económica (referida ao IPREM)

Participación no custe do servizo de SAF básico

≤ ao 80% do IPREM

0%

> do 80% e ≤ do 150% do IPREM

10%

> do 150% e ≤ do 200% do IPREM

20%

> do 200% ≤ do 250% do IPREM

40%

> do 250% IPREM

60%

b) Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica."

Artigo 5. Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos

De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Teo, en concepto de achega das persos usuarias para a participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

Artigo 6. Obriga de pagamento

A obriga de pago nacerá o primeiro día de cada mes natural, agás nos supostos de altas no servizo, que xurdirá o día en que se asine o acordo do servizo previsto no art. 7.4 da Ordenanza reguladora do servizo. As taxas non se prorratearán por períodos inferiores ao mes, agás nos supostos en que o servizo non se preste por causas non imputables ao usuario ou os supostos de suspensión temporal do servizo previstos na Ordenanza reguladora do servizo, en cuxo caso prorratearanse en función dos días naturais en que non se tivese prestado o servizo.

Artigo 7. Normas de xestión

O prazo de pagamento da taxa deberá aboarse nos sete primeiros días naturais do mes seguinte ó de atención.

Artigo 8. Procedemento de prema

As débedas por impago das taxas contempladas nesta Ordenanza esixiránse polo procedemento de prema de acordo co disposto nos artigos 10.1 e 46.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Disposición derogatoria

Queda derogada a Ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda no fogar (SAF) publicada no Boletín Oficial da Provincia de 23 de decembro de 2009 e modificada en 2013.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor a partir do seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.