Dumbría - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PUBLICO POR PRESTACION DE ACTIVIDADE DEPORTIVA DE PIRAGÜISMO EN EZARO

Publicación provisional: 09/07/2014 BOP Nº: 129
Publicación definitiva: 03/09/2014 BOP Nº: 167
Aplicable dende: 20/09/2014

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

De acordo co previsto no artigo 41 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este concello procede á regulación do prezo público por actividades reguladas pola presente ordenanza.

Artigo 2º. Concepto.

Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten a actividade deportiva de piragüísmo organizada polo Concello de Dumbría no Ezaro, sempre que a mesma non sexa de solicitude ou recepción obrigatoria polos usuarios e non estean reservadas á entidade local.

Artigo 3º. Obrigados ao pagamento.

Están obligados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, quenes se beneficien da actividade de piragüísmo no Ezaro prestada por este concello a que se refiere o artigo anterior.

Artigo 4º. Contía.

A contía do precio público regulado nesta ordenanza será a de 7 euros por ruta á cascada e ensenada do Ezaro (máximo media hora) por piragüísta individual e nas piraguas dobres serán o prezo por persoa e dicir 14 euros por piragua, de acordo cos artigos 47 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril poderanse fixar tarifas que non cubran o custe do servicio ou actividade prestado, dado que nestes casos concurren razóns sociais, culturais ou de interés público que así o aconsellan, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato establecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á educación física, ao deporte, á adecuada utilización do ocio (artigos 43 e 44).

As tarifas serán expostas no Taboleiro de Anuncios do concello a efectos da súa publicidade.

Artigo 5º.-Normas de xestión.

A obligación do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben poderase esixir o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e durará ata a formalización da baixa ou finalización da actividade.

Medios de pago: sendo o procedemento ordinario polas propias características da actividade o de pago en metálico mediante a expedición de Tikets de actividade.

O desistimento ou falta de asistencia do usuario á actividade non suporá reducción nin exención da obriga de pagamento mentres non se formalice a baixa correspondente, non procedendo a devolución do ingresado con anterioridade á data de comunicación da baixa.

No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederáse á devolución do ingresado na parte proporcional ás prestacións efectivamente efectúadas.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente, publicada no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días que sinala o artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.