Negreira - ORDENANZA REGULADORA DAS PLANTACIÓNS E CORTAS DE ÁRBORES
Artigo 1.
1.-É obxecto da presente Ordenanza a regulación das plantacións forestais que se fagan con posterioridade á súa entrada en vigor.
En todo caso, non terán a consideración de plantacións os cerramentos vexetais, que estarán sometidos á normativa urbanística e cando non sexan medianeiros deberán cumprir o establecido no art. 591 do Código Civil.
2.-Para os efectos de aplicación desta ordenanza considérase:
- Como repoboación ou plantación forestal: plantar ou sementar con especies forestais arbóreas, que poden ser monoespecíficas (monocultivos: unha soa especie arbórea) ou poliespecíficas (policultivos: dúas ou máis especies arbóreas), efectuadas co fin de obter un rendemento económico e sempre que non sexan características de cultivo agrícola ou fosen obxecto deste.
3.-O ámbito de aplicación desta ordenanza no relativo ao desenvolvemento da Lei 3/2007 non comprende os terreos clasificados como solo urbano e de núcleo rural segundo o PXOM, en consonancia coa Lei 9/2002 do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia
Artigo 2.
1.-Con carácter xeral as repoboacións forestais situaranse segundo as diferentes especies e respectando as distancias marcadas pola Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e demais normativa sectorial aplicable.
En todo caso, deberanse respectar as seguintes distancias mínimas:
- A que marque a normativa urbanística do concello respecto das vías públicas, pavimentadas ou non, sendo a distancia a elas medida dende a arista exterior da súa explanación. As faixas de terreo resultantes da salvagarda das distancias mínimas indicadas manterase limpa de maleza, restos e rebrotes de árbores
2.-As distancias mediranse dende o límite exterior da repoboación, entendendo por tal o pé do exemplar dela máis próximo ó linde da finca. Se existisen gabias ou estrutura similar, a distancia medirase a partir do bordo destas máis próximo á plantación.
3.-O voo das plantacións forestais non poderá invadi-lo espazo dos viais, determinado pola proxección vertical dos seus bordos máis externos e, no caso de facelo, poñeranse as árbores de xeito que deixen unha altura de gálibo de 5 metros como mínimo.
Artigo 3.
1.-Establécense as seguintes prohibicións en materia de repoboación forestal, non entendendo por tal a plantación de árbores illadas:
a) En solo urbano e núcleos rurais.
b) En zonas dedicadas ou que deban dedicarse a labradío, cultivo, prado ou pastos, de acordo coa súa cualificación urbanística.
2.-En todo caso, poderán plantarse en calquera clase de terreo, aquelas árbores que cumpran funcións ornamentais ou se atopen illadas e non supoñan un risco para a propagación de incendios forestais.
Artigo 4.
1.-Para garantir a preservación do medio ambiente e a conservación dos camiños e pistas rurais, e sen prexuízo da necesaria obtención doutros permisos ou autorizacións establécese a obrigatoriedade da comunicación previa da corta de plantacións forestais sempre que superen as 5TM e a operación non esté comprendida no artigo 194.2 i) da LOUGA, en cuxo caso procederá a suxeición a licenza municipal. A comunicación da corta será efectuada pola persoa física ou xurídica responsable desta, debendo constar nela o seguinte:
- Identificación do propietario e madeireiro. Especie de madeira obxecto da tala, así como as toneladas a extraer. Identificación da parcela afectada e a súa situación. Lugar de depósito e vías a empregar para o transporte da madeira. Copia do seguro de responsabilidade civil. Documento xustificativo de merca da madeira e autorización para proceder á extracción.
2.-A persoa ou empresa encargada da corta será responsable directa dos danos ocasionados nas vías públicas municipais como consecuencia do depósito, carga e transporte de madeira, quedando obrigado á reparación destes, incluso coa limpeza e retirada de residuos. En todo caso estarán suxeitos ó disposto nos artigos 5 e ss da presente ordenanza.
Artigo 5.
1.-As tarefas de extracción de madeira, en particular a realización de operacións de depósito, carga e transporte en vehículos con peso máximo autorizado superior a 5 Tm de madeira procedente da corta estará sometidas a licenza que terá carácter bianual, e facultará ao titular para a realización dos traballos durante o seu período de vixencia. A licenza deberá ser renovada antes de que remate o período de vixencia e non excluirá do deber de levar a cabo unha comunicación previa mediante escrito no rexistro xeral do concello on de se indique o lugar onde se levarán a cabo os traballos, tm do vehículo a empregar e duración.
2.-Independentemente da taxa que se fixe por tramitación da comunicación previa correspondente na ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, os beneficiarios da licenza deberán presentar xustificantes de ter presentada fianza, por calquera dos procedementos establecidos pola lexislación vixente, polos importes que se indican nos parágrafos seguintes, para responder do amaño dos deterioros que puideran producir nos viais, e a limpeza dos restos das operacións de carga e depósito de madeira. No caso de que nas operacións de transporte interveñan vehículos de empresas distintas á que se encarga da tala estarán obrigados a subrogalos a súa fianza, ou ben á que deposite a propia empresa de transporte.
Establécense dúas categorías a efectos de fixación de fianzas:
a) Vehículos con peso máximo autorizado inferior a 16Tm, 1.600 € ou o correspondente seguro de responsabilidade civil por unha contía non inferior a 50.000,00 €.
b) Vehículos con peso máximo autorizado igual ou maior de 16 Tm, 3.100 € ou o correspondente seguro de responsabilidade civil por unha contía non inferior a 75.000,00 €.
3.-O presentador unha comunicación previa para depósito, carga e transporte de madeira estará obrigado á reparación inmediata dos deterioros producidos nos viais, ou nas infraestruturas anexas, así como á retirada dos restos procedentes das operacións de carga e almacenamento.
4.-Na comunicación previa de corta farase consta-la obriga e conformidade por parte do/a titular da actividade, de retirar da zona de extracción e depositar no vertedoiro controlado tódolos lixos que puidesen depositarse (latas, recipientes de bebidas, etc.).
5.-Igualmente, na comunicación previa de corta farase consta-la obriga e a conformidade por parte do/a titular da actividade de recoller e retirar ás zonas de depósito establecidas os restos derivados desta (pólas, cortizas e follaxe).
6.-En todo caso, prohíbense as seguintes:
I. O almacenamento de madeira nas vías públicas.
II. Os depósitos de rolla, pólas ou podalla, non poderán invadir a zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas, nin menoscabar a funcionalidade das gabias, tajeas, canalizacións, pontes ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa os viais, nin supoñer risco para os usuarios da vía.
III. O vertido dos residuos procedentes das operacións reguladas na presente ordenanza en lugares non autorizados expresamente para iso.
7.-A comunicación previa non ampara as tarefas de carga e almacenamento sobre os viais e estructuras anexas.
8.-As vías públicas non poderán empregarse para almacén de madeira, aínda que se autorizarán as operacións imprescindibles para a súa carga; aínda así, as gabias deberán quedar sempre limpas e en bo estado de uso. Os técnicos municipais serán os encargados de sinalar as zonas de carga e descarga.
Artigo 6.
Transcorrido un prazo de dez días dende que se produzan os danos, a infracción ou a acumulación de restos, o Concello, poderá realizar con cargo á fianza depositada, as operacións de amaño, corrección e/ou retirada de restos, sen prexuízo da sanción que proceda, e de exercer as accións oportunas para resarcirse dos custos, se non foran totalmente cubertos pola fianza.
Artigo 7.
O exercicio das actividades de corta, depósito, carga e transporte de madeira, sen posuir a correspondente licenza, orixinará o correspondente expediente sancionador e enténdese sen prexuízo de solicitar da Garda Civil a inmobilización inmediata do vehículo ata a conclusión do expediente, ou a presentación de fianzas polas cantidades máximas que puideran derivarse da súa instrución.
Artigo 8.
En todo caso, o incumprimento reiterado ou a falla de pagamento das cantidades endebedadas en concepto de sanción, unha vez exista resolución firme, suporá a anulación dos efectos da comunicación previa e, polo tanto, a baixa automática de tódolos vehículos amparados por ela, o decaemento de tódolos dereitos derivados e, a prohibición expresa do exercicio das actividades regulamentadas na ordenanza no ámbito do territorio do Concello de Negreira
Artigo 9.
1.-Para os efectos da presente Ordenanza, será infracción administrativa o incumprimento das obrigas, das prohibicións e dos requisitos establecidos nela, así como das condicións impostas nas autorizacións administrativas outorgadas ó seu abeiro.
2.-As infraccións á presente ordenanza clasificaranse como leves e graves:
Son infraccións graves:
- Levar a cabo as actividades de corta, depósito, carga e transporte de madeira sen efectuar a comunicación previa correspondente.
- Ter sido condenado por unha infracción leve e ser reincidente. Entenderase que existe reincidencia cando se cometan dúas faltas leves no prazo dun ano, contado dende a data na que adquiriu firmeza a resolución sancionadora.
- Causar deterioros ou desperfectos nos camiños públicos municipais e non proceder ao seu arranxo nos prazos marcados pola presente ordenanza.
- Non respectar a distancia da vía pública marcada pola normativa urbanística do concello no caso das repoboacións forestais.
Son infraccións leves:
- Con carácter xeral, calquera outro incumprimento do contido da presente ordenanza non considerado como infracción grave.
2.-As infraccións á presente ordenanza serán sancionadas do seguinte xeito:
I. As leves, con multa de 300,00 ata 750,00 €.
I. As graves, con multa de 750,00 € a 1.500,00 €
3.-Para a gradación das multas atenderase á súa repercusión, a súa trascendencia polo que respecta ao prexuizo causado, ó ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido na comisión da infracción.
4.-O exercicio da potestade sancionadora prevista nesta ordenanza requirirá a incoación e instrución do correspondente expediente administrativo de conformidade co disposto na Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Real Decreto 1398/1983, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Disposición adicional primeira
As plantacións existentes deberán adecuarse ao disposto nesta ordenanza trala primeira corta efectuada a partir da entrada en vigor desta.
Quedan excluídas do anterior aquelas plantacións que pola súa singularidade (árbores monumentais; especies singulares, etc.) sexan obxecto doutro tratamento. Para isto será preceptivo contar co informe favorable dos servizos técnicos municipais.
Disposición derrogatoria
Queda derrogada a ordenanza reguladora da corta forestal do Concello de Negreira publicada no BOP da Coruña nº 147, de data 5 de agosto de 2013.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."