Cabana de Bergantiños - ORDENANZA NON FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA ORGANIZACIÓN DE CURSOS, OBRADOIROS, PROGRAMAS, ACTIVIDADES E SERVIZOS DEPORTIVOS, SOCIAIS, FESTIVOS, CULTURAIS E TURÍSTICOS POLO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

Publicación provisional: 17/07/2014 BOP Nº: 135
Publicación definitiva: 26/09/2014 BOP Nº: 184
Aplicable dende: 27/09/2014

Artigo 1.º.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, e dentro das competencias recoñecidas ós concellos, artigos 4 e 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bBases de réxime Local, establécese o prezo público pola organización de cursos, obradoiros, programas, actividades e servizos deportivos, sociais, festivas, culturais e turísticos que se rexerán pola presente Ordenanza.

Artigo 2.º.-Obxecto.

Constitúen o obxecto do prezo público que se está a regular a asistencia a cursos e obradoiros e a participación en actividades e programas, así como a recepción de actividades ou servizos turísticos (comprendendo entre outras excursións, cursos e actividades deportivas, visitas a centros ou institucións de interese cultural, turistico ou medioambiental, viaxes, aloxametnos, comidas convivenciais ou actuacións musicais) que sexan aprobados como tales pola Xunta de Goberno Local e organizadas polo Concello de Cabana de Bergantiños dentro do ámbito das súas competencias.

Artigo 3.º.-Obrigados ó pago.

Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado na presente Ordenanza, os solicitantes do servizo ou actividade, se son maiores de idade ou menores emancipados e, noutro caso, os pais ou representantes legais.

Artigo 4.º.-Contía.

A contía do prezo público deberá cubrir como mínimo o custo da actividade realizada. Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, a entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nestes casos deberase consignar nos orzamentos do Concello as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante que houbera.

Conforme ó previsto no artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004 e o artigo 23.2.b) da Lei 7/1985, delégase na Xunta de Goberno Local o establecemento individualizado e exacto e, no seu caso a periodicidade do devengo, do prezo público de cada un dos cursos, obradoiros, programas ou actividades que se pretenda realizar, á vista das propostas debidamente formuladas polos departamentos correspondentes que necesariamente deberán incluír o informe do responsable do departamento no que se faga constar o custo real do curso, obradoiro, servizo, programa ou actividade a realizar debidamente detallado e desglosado. No importe das tarifas entenderase incluído o IVE que, no seu caso, proceda aboar.

Artigo 5.º.-Xestión e cobro.

A obrigación de pago do prezo público regulado nesta Ordenanza, nace desde que se realiza a solicitude ou inscrición nos cursos, obradoiros, actividades, programas e/ou servizos.

Unicamente se considerará anulada unha inscrición ou matrícula, e polo tanto procederase á devolución do prezo público:

- Por anulación do curso, obradoiro, servizo, programa ou actividade por causa imputable á Administración.

- Cando o interesado notifique por escrito ó Concello a anulación da súa inscrición con anterioridade o remate do prazo establecido para a inscrición na correspondente actividade e/ou servizo no acordo de aprobación da mesma.

O pago efectuarase da seguinte forma:

1. Como regra xeral, cando se trate de actividades e/ou servizos de devengo único, o pago do prezo público efectuarase ó formular a solicitude ou inscrición nas entidades bancarias colaboradoras establecidas ó efecto. Xunto coa presentación da solicitude acreditarase ter aboado a autoliquidación comprensiva do importe total a pagar por inscrición.

2. Cando se trate de actividades e/ou servizos de devengo periódico, unha vez aboada a autoliquidación correspondente á primeira cota, confeccionaranse as correspondentes listas cobratorias pola área de xestión tributaria ou entidade coa que se concerte este servizo sobre a base do informe do responsable da actividade no que se fará constar:

- Identificación da actividade que se trata.

- Nome, apelidos e N.I.F. do participante ou, no caso de menores, do pai/nai ou representante legal obrigado ó pago.

- Importe da cota con copia do acordo da Xunta de Goberno Local que a estableza.

- Relación das altas, baixas ou variacións que se produzan en cada período de devengo.

3. O cobro do prezo público de devengo periódico regulado nesta Ordenanza efectuarase mediante recibo estendido polo Concello dentro dos quince primeiros días de cada período, establecéndose como norma xeral a domiciliación bancaria.

4. As débedas por cotas devengadas e non satisfeitas nos prazos establecidos recadaranse conforme os procedementos xerais do Regulamento Xeral de Recadación e disposicións concordantes.

5. A Xunta de Goberno Local poderá acordar, a proposta do departamento responsable de cada actividade e/ou servizo, a expulsión do usuario do servizo no caso de impago de dúas cotas así como no suposto de reincidencia no impago das mesmas.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza entrará en vigor e será de aplicación a partir do día seguinte a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, manténdose en vigor en tanto non sexa derrogada ou modificada expresamente.