Cariño - Ordenanza fiscal núm. 4, reguladora do imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras

Publicación provisional: 14/10/1994 BOP Nº: 235
Publicación definitiva: 14/10/1994 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 29/09/2014

Fundamento Legal

Artigo 1

De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, e segundo o disposto nos artigos 15 e seguintes da mesma Lei, O Concello de Cariño establece o Imposto sobre Construcción, Instalación e Obras.

Artigo 2

O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras e un tributo indirecto

Artigo 3

1.-Constitúe o feito impoñible, do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras a realización no termino municipal de Cariño, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obte-la correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non dita licencia, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou actividade de control corresponda ao Concello de Cariño.

1) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta.

2) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

3) Obras de Modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

4) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

5) Obras que modificquen a disposición interior dos edificios.

6) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán demolerse cando o acorde o Concello, se dereito a indemnización.

7) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicicos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licnecia outorgada.

8) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruina inminente.

9) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.

10) As obras de construcción de infraestructura civil, (entre elas as urbanizacións de vías) agás que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun plan especial ou  nun instrumentos de ordenación territorial, sen presuixo do disposto na lexislación sectorial aplicable. Agás as de mantemento das obras públicas.

11) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuizodo dispodot na lexislación sectorial aplicable.

12) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanente, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para dita finalidade.

13) As cortas e os abatementeos das árbores que constitúan masa arbórea, espacio boscoso, arboredo ou parque, haxa ou non planeamento aprbado, agás as (de saneamento) autorizadas en solo rústico (agrario e/ou forestal) por órganos competentes en materia agraria e/ou forestal.

14) A instalación de invernadoiros.

15) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

16) Os cerramentos e valados de predios.

17) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústivo, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.

18) As instalacións e construccións de carácter temporal destinadas a espectáculos e actividades recreativas.

19) Aliñacións e rasantes.

20) Obras de fontanería e sumidoiros.

21) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, transformadores, liñas aéreas ou subterráneas, xeradores eólicos etc..., de subministro e xeración de enerxía, e de telefonía móvil, trnasmisións e similares, sobre parcelas e inmobles.

22) Obras nos cemiterios.

23) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística ou de instalación, segundo o previsto na lexislación e normativa vixente sobre o solo sectorial ou de desenvovemento.

2.- Os actos suxeitos a licenza e comunicación previa ou declaración responsable son os que se regulan na Ordenanza reguladora das comunicacións previas en obras e actividades no Concello de Cariño, e na legislación aplicable en cada caso.

Exencións

Artigo 4

Exímese do pagamento do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas,  ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a xestión se leve a cabo por organismos autónomos.tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.

Previa apreciación, polo voto favorable da maioría simple dos membros do Pleno Municipal, da concurrencia de circunstancias sociais que xustifiquen o especial interese ou utilidade municipal, bonificarase nun 95% a cota do imposto de construcións, instalación ou obras, previa solicitude do interesado.

Suxeitos pasivos

Artigo 5

1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a titulo de contribuínte:

1)  As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o ártigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Os efectos previstos no parágrafo anterior terná a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.

2) No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou realicen as construccións, instalacións ou obras.,

O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita.

Obriga de contribuir, base impoñible, gravamente e cota

Obriga de contribuír. base impoñible, gravame e cota

Artigo 6.

A obriga de contribuir nace no momento de iniciarse a obra, mesmo nos casos en que comece sen a licencia pertinente; ou no momento en que se presente a declaración responsable ou comunicación previa.

Artigo 7

1. A base impoñible deste imposto está constituída polo custe real e efectivo da construcción,  instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custe de execución material de aquela.

Non forman parte de base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais, o beneficio empresarial do contratista nen calque outro concepto que non integre estrictamente o custe de execución material.

2) A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.

O tipo de gravame queda fixado nas seguintes porcentaxes:

- Construccións, instalacións e obras en calquera tipo de solo: 2,50 por 100.

Xestión

Artigo 8

1. Concedida a licencia ou comprobado o cumprimento dos requisitos nos casos de declaración responsable ou comunicación previa, farase unha liquidación provisional tomando como base impoñible o presuposto de execución material.

O presuposto de execución material será o que figure no correspondente proxecto, en caso de obras maiores, ou presuposto (para declaracións responsables ou comunicación previas de obras) presentado polo interesado, e como mínimo será o determinado polos Servizos Técnicos Municipais tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación, para obras de nova pranta, reforma, rehabilitación ou grande reparación) para obras maiores, e o Anexo II para as restantes construccións, instalacións ou obras, ou declaracións responsables ou comunicación previas de obras.

Anualmente, actualizarase o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza mediante a aplicación do índice de prezos ó consumo do ano anterior. O mesmo sucederá cos módulos de valoración das declaracións responsables ou comunicacións previas de obras contidos no Anexo II.

2. A vista da obra realizada e o seu custo, o Concello, previa comprobación administrativa, modificará, se é o caso, a base impoñible provisional, facendo a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que corresponda.

Inspección e Recadación

Artigo 9

Realizarase de acordo con previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 10

1. As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas por vía de constriximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.

2. As liquidacións notificaranse ós suxeitos pasivos, con expresión dos requisitos previstos no artigo 101 da Lei Xeral Tributaria.

Partidas erradas

Artigo 11

Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables aquelas cotas que non se puideran facer efectivas polo procedemento de constrinximento, e para a súa declaración formalizarase o oportuno expediente, de acordo con previsto no vixente Regulamento Xeral de Recadación

Infraccións e sancións

Artigo 12

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas lle correspondan en cada caso, aplicaráse o réxime regulado na Lei Xeral Tributaría e nas disposicións que a complementan e desenvolven de acordo co artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais.

Disposición Adicional Única.

As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou por calesquera outra Lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal.

Disposición Final

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO I: ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS ORZAMENTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL PARA OBRAS MAIORES, COMUNICACIÓNS PREVIAS OU DECLARACIÓNS RESPONSABLES

O presente método de estimación aplicarase para o cálculo do orzamento das obras maiores, comunicacións previas ou declaracións responsables, así como das obras menores, comunicacións previas ou declaracións responsables pouco definidas ás que sexa técnicamente factible a súa aplicación, baséase no método que inclúe o ¿Manual para a estimación simplificada de orzamentos de execución material da edificación" do colexio de Arquitectos de Galicia, e que se concreta nos puntos seguintes.

Para o Concello de Cariño, tendo en conta a súa situación, o módulo básico constructivo a aplicar será o aprobado con carácter anual, polo Colexio oficial de Arquitectos de Galicia.

1.-Normas xerais. Criterios de valoración.

1.1.-Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponde de acordo co destino predominante da superficie, incluíndose ou non naquel, a criterio do técnico que realiza a valoración, as superficies destinadas a usos minoritarios.

1.2.-A superficie total construída é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos de medianeiras compartidas no seu caso.

Nos edificios de vivendas, as superficies abufardadas accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de ser destinadas a vivenda, incluiranse no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,5 mts. e valoraranse co uso de vivenda.

1.3.-Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o módulo base Mb vixente no momento da solicitude de licencia de cada unha delas. Os proxectos de execución poderanse tramitar coa valoración do Básico se non transcorreron seis meses desde a tramitación deste.

1.4.-Nos proxectos de execución incluiranse medicións e orzamentos de execución material, con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos. Orzamento que se poderá estimar por calquera método de cálculo.

2.-Estimación simplificada dos orzamentos de execución material da edificación.

2.1.-Definicións.

Mb.-Módulo Básico.

Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.

S.-Superficie total construída, en m2.

Si.-Superficie construída por uso de acordo co destino predominante da mesma.

Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.

Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.

Cg.-Coeficiente xeográfico.

Cc.-Coeficiente de calidade da edificación.

OMb.-Orzamento de execución material según módulos básicos.

OEM.-Orzamento de execución material do proxecto.

2.2.-Valores de aplicación.

2.2.1.-Módulo básico: Mb.

Establece un precio en €/m2 de edificación medio do ano en que se aplica.

Para o Concello de Cariño, tendo en conta a súa situación, resulta un módulo básico a aplicar na presente ordenanza para 2011 de:

MbC = 497,016 €/m2

2.2.2. Superficie construída por uso: si.

Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1

2.2.3.-Coeficiente de tipoloxías: Ct.

Ct=Tipoloxía da edificación.

1.-En edificacións de nova planta e adicións.

¿1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3.º.

¿1,10 Agrupación en ringleira. Sótano 1.º e 2.º.

¿1,00 Edificio en manzana pechada. Edificación aberta vivenda colectiva.

2.-En Obras de reforma e rehabilitación

¿ 1,20. Rehabilitación total incluíndo desmontaxe de fachadas.

¿ 1,00. Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.

¿ 0,65. Rehabilitación de instalacións e acabados, conservando a estructura existente.

¿ 0,50. Reformas que afecten só a elementos estructurais.

¿ 0,35. Rehabilitación de fachadas e substitución de carpintería e cerramentos (aplicada á superficie de fachada).

¿ 0,30. Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).

¿ 0,02. Demolicións e derrubos (aplicada á superficie a demoler) (*).

(*) Coeficiente de uso Cu = 1.

2.2.4.-Coeficiente de usos: cu.

1.-Edificación:

Cu=Usos da edificación.

¿ 1,60. Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.

¿ 1,50. Hospitais. Laboratorios. Igrexas.

¿ 1,40. Bibliotecas. Facultades e escolas universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais marítimas e aéreas.

¿ 1,30. C!ubes sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis 3* Salas de festas. Discotecas. Cafés especiais: teatros, cantantes, pubs. Colexios con residencia.

¿ 1,20. Casas da Cultura. Casas consistoriais. Locales bancarios. Consultorios. Residencias 3..ª idade. Aparthoteles. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.

¿ 1,10. Vivenda. Hoteis 2*. Residencias universitarias e moteis.

¿ 1,00. Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. Hostais-residencias. Restaurantes. Salóns de beleza e saúde, Fisioterapia. Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas cubertas.

¿ 0,90. Cafés-Bares. Mercados.

¿ 0,80. Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos de camping.

¿ 0,65. Edificios de aparcamentos. Locais comerciais. Establecementos comerciais. Industria escaparate.

¿ 0,50. Piscinas descubertas. Cemiterios.

¿ 0,40. Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Garaxes e aparcamentos. Estacións de servizo. Marquesiñas e Cubertas.

¿ 0,35. Trasteiros. Porches e terrazas abertas.

¿ 0,30. Armacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).

¿ 0,10. proxectos de urbanización, adscritos á edificación (sobre superficie bruta incluíndo viais, beirarrúas e estacionamentos). Parcelas Campings (**).

¿ 0,05. Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos (**)

(*) Coeficiente de uso Cu = 1 (**) Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1

2.2.5.-Coeficiente de calidade: cc.

¿ 1,00. Calidade básica.

¿ 1,50. Calidade normal.

¿ 2,00. Calidade alta.

¿ 2.50. Calidade elevada.

Poderanse aplicar coeficientes intermedios para valorar calidades intermedias. En principio para o cálculo aplicarase o coeficiente de calidade normal, agás de que no proxecto o Concello comprobe unha calidade superior, ou que ésta se declare polo particular. No intre da inspección da edificiación avaliarase a calidade da edificación.

2.3.-Obtención do orzamento de execución material segundo módulos básicos: OMb.

O valor obtenido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, a utilizar coma valor de referencia, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.

O custe da execución material, de todo tipo de proxectos e traballos de edificación, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construída para cada uso, con arreglo ás seguintes fórmulas:

2.3.1.-Módulo de construcción:

Mc = MbC x Ct x Cu x Cc

Nos casos en que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplica-la media entre os que máis lle somellen.

2.3.2.-Orzamento de execución material segundo módulos básicos:

OMb = S(McixSi)

Onde:

OMb.-Orzamento de execución material segundo módulos básicos

S = Sumatorio.

Mci = Módulo de construcción que corresponda, de acordo co destino predominante da superficie.

Si = Superficie construída que corresponda, de acordo co destino predominante da mesma.

(Nos edificios con usos diferentes recoméndase calcula-lo OMb para cada uso).

Este orzamento así obtido será o mínimo orzamento de execución material (OEM) do proxecto, agás que se xustifique, con prezos da base de datos da construcción de Galicia, outro inferior, e servirá como base de cálculo das ordenanzas fiscais que se baseen no OEM das obras a executar. En caso de que no proxecto presentado figure un orzamento superior ao calculado, segundo os módulos básicos, tomarase como base para calcular o icio e as taxas de tramitación o presentado polo solicitante.

ANEXO II: PREZOS UNITARIOS DAS OBRAS MENORES, COMUNICACIÓNS PREVIAS OU DECLARACIÓNS RESPONSABLES

Os prezos da táboa seguinte obtivéronse a partir da actualización dos prezos da Base da Construcción de Galicia. Debido a imposibilidade de ter en conta todas as circunstancias particulares que imón o mercado e rodean unha obra, aquelas unidades de obra que non figuren na tábua estimaranse igualmente cos medios da zona tomando como base a base de datos de prezos da construcción e obras públicas de Galicia e de non existir a base de datos do IGVS. Estes prezos tamén servirán para complementar o cálculo do orzamento das obras maiores, comunicacións previas ou declaracións responsables cando o sistema do módulo básico non podan reflexar o orzamento da obra na súa totalidade ou non se contemple o uso ou tipo de obra. Asimesmo servirán para a realización dos orzamentos das obras de urbanización.

Ref

Concepto

Ud.

€/Ud.

A0

DEMOLICIÓNS

A01

Apeo estrutura

m2

20,69

A02

Demolición de lousa

m2

34,94

A03

Demolición de forxados

m2

11,56

A04

Demolición armadura cuberta madeira

m2

25,63

A05

Demolición armadura cuberta metálica

m2

36,51

A06

Desmontaxe cuberta fibrocemento manual

m2

8,96

A07

Desmontaxe cuberta tella manual

m2

9,88

A08

Desmontaxe cuberta lousa manual

m2

8,09

A09

Demolición de muro de peche

m2

22,32

A10

Demolición de tabique oco dobre

m2

5,36

A11

Demolición de tabique oco sinxelo

m2

3,57

A12

Demolición de tabique ¿ pé

m2

8,93

A13

Demolición de solados

m2

13,56

A14

Demolición de alicatados e revestimentos

m2

9,16

A15

Demolición completa de edificación aislada

m2

1.360,67

A16

Demolición completa de edificación 1 medianeira

m2

2.779,6

A17

Demolición completa de edificación 2 ou mais medianeiras

m2

2.873,06

B0

MOVEMENTOS DE TERRAS

B01

Desbroce e limpeza

m2

0,94

B02

Desbroce e limpeza con arbustos

m2

1,97

B03

Excavación mecánica ceo aberto

m3

3,77

B04

Excavación de zanxa

m3

21,02

B05

Excavación de pozos

m3

15,87

B05

Excavación de baleirado

m3

7,33

B07

Terraplenado

m3

10,83

B08

Recheo de gabias

m3

6,27

B09

Recheo de base para pavimento

m3

25,8

B10

Transporte de terra a vertedoiro

m3

4,79

C0

CIMENTACIÓN

C01

Formigón de limpeza

m3

116,29

C02

Lousa HA-25 central plática 20

m3

192,98

C03

Aceiro montado en lousa B-500S

kg

5,08

C04

Formigón HA-25 en foxos, zapatas e riostras de cimentación

m3

192,91

C05

Aceiro B-500S en cimentación

kg

0,94

C06

Formigón en recrecidos

m3

101,37

C07

Reforzo HNE-25 en conducións saneamento

m3

103,18

C08

Soleira HNE-150 10 cm lixeira

m2

20,24

C09

Soleira HNE-200 15 cm semipesada

m2

27,62

D0

ESTRUTURA

Aceiro

D01

Estrutura metálica electrosoldada vivenda

m2

47,4

D02

Estrutura metálica electrosoldada naves

m2

45,05

D03

Aceiro en soporte c/ perfiles ocos

kg

2,25

D04

Aceiro S275JR en soporte simple

kg

1,86

D05

Aceiro S275JR xáceas e viguetas

kg

1,44

D06

Aceiro en escaleira

kg

2,45

Encofrados

D07

Encofrado cartón soporte 30x30

m

47,8

D08

Encofrado cartón soporte circular 30

m

20,62

D09

Encofrado cartón soporte medianeiro 30x30

m

52,25

D10

Encofrado madeira zapatas-encepados-riostras

m2

25,77

D11

Encofrado muro 1 cara

m2

36,63

D12

Encofrado muro 2 caras

m2

62,23

D13

Encofrado madeira soporte

m2

39,49

D14

Encofrado madeira -encepados-riostras

m2

18,96

D15

Encofrado metálico muro 50x100 muro 1 cara

m2

21,02

D16

Encofrado metálico soporte 30x30

m2

19,25

Fábricas

D17

Fábrica bloque formigón 40x20x30 armar

m2

76,08

D18

Fábrica bloque formigón oco 40x20x15 c/arm. vertical

m2

93,68

D19

Fábrica de ladrillo oco dobre 25x12x8 un pe c/ armado

m2

73,86

D20

Fábrica de ladrillo oco dobre 25x12x8 ¿ pe c/armado

m2

51,66

D21

Estrutura de perpiaño

m2

116,81

D22

Silleria granito 40x15 abuxardado

m2

333,08

Formigón armado

D23

Estrutura formigón s/soporte HA-25/P/20 25+5 bovedilla cerámica

m2

87,97

D24

Estrutura formigón completa HA-25/P/20 25+5 bovedilla cerámica

m2

95,05

D25

Forxado formigón reticular 25+5, casetón poliestireno, luz 5x5 m

m2

97,7

D26

Forxado formigón reticular 25+5, casetón recuperable, luz 5x5 m

m2

88,69

D27

Forxado unidireccional semiviguetas bovedilla cerámica 25+5

m2

49,52

D28

Lousa inclinada HA-25/P/20 15 cm

m2

83,4

D29

Lousa horizontal HA-25/P/20 25 cm

m2

161,6

D30

Soporte cuadrado HA-25 encofrado metálico

m3

473,22

D31

Soporte cuadrado HA-25 encofrado madeira

m3

633,44

Formigón pretensado

D32

Forxado unidireccional vigueta pretensada

m2

54,42

D33

Lousa pretensada 15+5 HA-25

m2

55,26

Madeira

D34

Forxado horizontal madeira 15x20

m2

127,32

D35

Forxado inclinado madeira 15x20

m2

141,97

D36

Estrutura madeira laminada cuberta plana

m2

62,06

D37

Estrutura madeira laminada cuberta 1 auga

m2

56,68

D38

Estrutura madeira laminada cuberta 2 augas

m2

58,08

D39

Soporte madeira castiñeiro 20x20

ud

236,37

E0

ALBANELERÍA

Acristalamento

E01

Vidro dobre illante 6/6/6 incoloro

m2

37,26

E02

Vidro armado 3/4

m2

31,72

Fachadas

E03

Fachada 1 folla LP ¿ pe+ca vent ext+EPS

m2

115,15

E04

Fachada 1 folla bloque termoarcilla + rev ext continuo

m2

86,54

E05

Fachada 1 folla bloque formigón oco + rev continuo

m2

47,59

E06

Fachada 1 folla bloque formigón + ladrillo oco dobre

m2

63,62

E07

Fachada 2 follas Sillar pedra + ladrillo oco dobre

m2

228,93

Fábricas

E08

Fábrica interior ladrillo oco sinxelo 25x12x4 tabique

m2

14,05

E09

Fábrica interior ladrillo oco dobre 25x12x8 tabique

m2

15,87

E10

Fábrica interior ladrillo oco dobre 25x12x8 medio pe

m2

23,16

E11

Fábrica interior ladrillo oco dobre 25x12x8 un pe

m2

46,27

E12

Fábrica interior bloque formigón oco revestir

m2

25,95

E13

Zuncho H revestir formigón 20x20x20

m

28,81

E14

Muro de pedra en taco xunta seca

m2

194,92

E13

Muro de pedra en taco c/morteiro

m2

179,84

E16

Mampostería careada granito 1 cara vista

m3

231,24

E17

Fábrica armada vidrio moldeado

m2

83,01

E18

Apertura de rozas manual ladrillo oco

m

4,64

E19

Cargadeiro vigueta formigón pretensado

m

10,79

Prefabricadas

E20

Muro cortina perfilería aluminio

m2

226,23

E21

Fachada panel sandwich

m2

102,82

E22

Fachada panel formigón prefabricado

m2

74,36

E23

Fachada ventilada granito

m2

134,7

Particións

E24

Tabique cerámico ladrillo oco dobre

m2

22,41

E25

Partición vertical 1 folla ladrillo perforada

m2

56,25

E26

Partición vertical 2 follas ladrillo oco dobre

m2

57,45

E27

Trasdosado placa de xeso laminado

m2

19,06

F0

CUBERTAS

F01

Formación de pendiente cuberta fibrocemento viguetas

m2

8,85

F02

Formación de pendiente cuberta taboleiro cerámica

m2

43,16

F03

Azotea no transitable, lámina betume elastomerico, grave

m2

43,16

F04

Azotea no transitable autoprotegida

m2

54,18

F05

Azotea no transitable pavimento baldosa 40x40

m2

82,26

F06

Azotea no transitable c/lamn PVC

m2

84,56

F07

Pavimento flotante terrazo 40x40

m2

25,35

F08

Cuberta fibrocemento onda grande

m2

18,88

F09

Cuberta fibrocemento onda pequena

m2

23,19

F10

Cuberta lousa 40x20 recta

m2

31,2

F11

Cuberta placa poliester onda grande

m2

28,65

F12

Cuberta placa poliester onda pequena

m2

30,15

F13

Cuberta tella curva 40x15x12 vermello morteiro

m2

32,94

F16

Cuberta tella curva 40x15x12 vermello ganchos

m2

33,94

F17

Cuberta tella plana 43x26 vermello morteiro

m2

25,56

F18

Cuberta tella plana 43x26 vermello puntas

m2

24,29

F19

Cuberta tella mixta 43x26 vermello morteiro

m2

20,96

F20

Cuberta tella mixta 43x26 vermello puntas

m2

28,47

F21

Claraboia polimetacrilato 116x116

ud

470,61

F22

Canle PVC 185 mm branca

m

23,63

F23

Canle PVC recto 26 cm

m

14,06

F24

Canle aluminio recto 300 mm

m

31,04

F25

Cuberta fibrocemento onda grande s/correas ganchos + illantes

m2

38,06

F26

Cuberta plana aceiro relacado 0,75 mm

m2

37,35

F27

Entaboado de madeira

m2

46,38

F28

Estrutura de listóns piñeiro

m2

9,7

F29

Reparación da cuberta de tella vella, achegando 40% das pezas

m2

22,94

F30

Baixante de chapa de aceiro ou aluminio prelacado

m

16,68

F31

Baixante de zinc-cobre e titanio

m

30,81

F32

Gardacanos de fundición de ata 2m de altura

m

138,86

G0

CERRADOS E PECHES

G01

Cerrado de estacas e arame

ml

4,45

G02

Cerrado de tea metálica con postes

ml

13,8

G03

Cerrado de tea metálica revestida con postes

ml

16,03

G04

Cancela

m2

137,14

H0

CARPINTERÍA

H01

Ventá de formigón 75x100 cm rectángulos

ud

32,04

H02

Ventá formigón 100x100 cadrados

ud

36,72

H03

Ventá proxectante-esvarante 80x100 cm aluminio lacado branco

ud

360,61

H04

Ventá proxectante-esvarante 80x100 cm aluminio brando monoblock

ud

387,58

H05

Ventá proxectante-esvarante 80x100 cm aluminio lacado cor

ud

392,03

H06

Ventá madeira 1 folla abatible

ud

187,54

H07

Ventá madeira 1 folla abatible + pano fixo inferior

ud

253,56

H08

Ventá fixa perfil recto PVC 800x1000

ud

256,01

H09

Porta metálica chapa aceiro 1 folla

ud

89,82

H10

Porta metálica chapa aceiro 2 follas

ud

1.883,92

H10

Porta acceso aluminio lacado branco 1 folla

ud

1.651,22

H11

Porta balconeira aluminio branco 1 folla

ud

960,49

H12

Porta balconeira aluminio lacado branco 2 follas

ud

868,92

H13

Porta cega madeira 725x2030x35 para pintar

ud

179,54

H14

Porta cega madeira 725x2030x35 para vernizar

ud

266,92

H15

Porta perfil recto PVC 1 folla 700x2100

ud

290,92

H16

Porta de entrada de madeira maciza

ud

694,27

H17

Porta de entrada de PVC

ud

647,98

H18

Porta balconeira de madeira con contraventá

ud

283,43

H19

Porta balconeira de PVC ou aluminio

ud

221,65

H20

Peche de balcóns e terrazas con galería de madeira

m2

218,45

H21

Ventá xiratoria de madeira para vertente de cuberta

m2

311,41

H22

Revestimento sobre carpintería de madeira

m2

55,69

H23

Revestimento sobre carpintería exterior de aceiro

m2

12,31

H24

Reixa de seguridade

m2

77,7

H25

Porta de chapa de aceiro

m2

1.624,54

I0

PINTURA E REMATES DE FACHADA

I01

Encintaxe de fábrica de pedra

m2

10,18

I02

Raxadura, maestreada e fratasado

m2

24,96

I03

Limpeza en fábrica de pedra

m2

9,25

I04

Picado e raxadura de argamasa

m2

9,25

I05

Revocadura mortero monocapa

m2

23,14

I06

Revestimento pintura exteriores

m2

11,11

I07

Revestimento alicatado exterior

m2

60,07

I08

Aplacado planchas granito e=2 cm

m2

102,19

I09

Sollado ou banzos de madeira en escaleira

m2

56,17

I10

Pavimento ou banzos de baldosas de gres porcelánico en escaleira

m2

47,45

I11

Pavimento ou banzos de baldosas de terrazo en escaleira

m2

39,06

I12

Falso teito de madeira

m2

55,69

I13

Falso teito de escaiola

m2

11,49

I14

Alicatado de parámetros interiores

m2

24,04

I15

Pavimento granito pulido

m2

63,76

I16

Enfoscado, maestrado e fratasado morteiro cemento

m2

18,19

I17

Pintura plástica lisa vertical

m2

5,38

I18

Pintura plástica lisa horizontal

m2

6,73

I19

Revestimento de estuco

m2

38,58

I20

Recrecido piso morteiro de cemento

m2

6,53

I21

Formación de chanzo LHD 25x12x8

m

14,47

I28

Falso teito escaiola lisa

m2

311,79

I29

Falso teito modular rexistable

m2

18,71

K0

INSTALACIÓNS

Audiovisuais e telecomunicacións

K01

Equipo de captación RTV altura 3m

ud

364,23

Depósitos

K02

Depósito de auga pechado 500 l

ud

278,95

Electricidade

K03

Condución eléctrica Cu

m

1,54

K04

Cable BT subterraneo

ml

17,97

K05

Caixa protección monofásica

ud

54,99

K06

Caixa protección e medida monofásica

ud

300,79

K07

Interruptor control potencia 1P+N, 45 A

ud

82,39

K08

Punto de luz sinxelo

ud

53,09

K09

Punto de luz conmutado

ud

83,06

K10

Punto de luz cruzamento

ud

113,25

K11

Luminaria de emerxen cia

ud

139,98

K12

Pica posta a terra electrodos s/solo blando

ud

26,07

K13

Instalación eléctrica cociña mec/estándar

ud

617,01

K14

Instalación eléctrica salón mec/estándar

ud

488,42

K15

Instalación eléctrica dormitorio dobre mec/estándar

ud

378,58

K16

Instalación eléctrica dormitorio sinxelo mec/estándar

ud

295,74

K17

Instalación eléctrica baño mec/estándar

ud

224,8

K18

Instalación eléctrica aseo mec/estándar

ud

114,71

K19

Instalación eléctrica pasillo mec/estándar

ud

347,67

K20

Instalación eléctrica vivenda básica 3 dormitorios calidade est

ud

4.396,45

Fontanería

K21

Acometida PE ent 75 mm

m

256,38

K22

Tubería alimentación

m

6,85

K23

Bomba somerxida achique 0,38 Kw

ud

324,14

K24

Quentador instantáneo de auga

ud

388,84

K25

Termo eléctrico

ud

523,84

K26

Fontanería e saneamento en aseo

ud

198,18

K27

Fontanería e saneamento en baño

ud

252,27

K28

Fontanería e saneamento en cociña

ud

216,2

K29

Instalación de desaugadoiro

ud

38,02

K30

Lavado con billas monomando

ud

212,56

K31

Bidé con billas monomando

ud

167,14

K32

Inodoro totalmente instalado

ud

212,56

K33

Instalación de auga fría e quente en vivenda

ud

1.481,13

K34

Instalación de auga fría e quente en vivenda

ud

1.073,81

K35

Instalación de gas en vivenda

ud

323,97

Salubridade

K36

Pozo artesán

ud

1.016,76

K37

Pozo de barrena

ud

1.532,74

K38

Canalización de saneamento en PVC

ml

21,3

K39

Arqueta de saneamento

ud

64,78

K40

Foxa séptica formigón 5 usuarios

ud

606,91

K41

Foxa séptica prefabricada 5 usuarios

ud

982,83

K42

Inodoro tanque baixo calidade estandar 665x350

ud

166,56

K43

Desaugadoiro inodoro saída vertical rede sanitaria

ud

27,6

K44

Desaugadoiro vertedoiro

ud

7,34

Calefacción

K45

Instalación completa de calefacción en vivenda (ata 100 m2)

ud

7.406,26

K46

Instalación completa de calefacción en vivenda (a partir 100 m2)

m2

18,57

K47

Adaptación de instalación eléctrica calefacción tarifa nocturna

ud

740,01

K48

Acumulador calefacción

ud

740,01

L0

ILLAMENTO TÉRMICO E DE ESTANQUEIDADE

L01

Illamento la mineral 40 mm 0.035W/mK fachadas

m2

10,08

L02

Illamento pranchas poliestireno expandido

m2

14,9

L03

Illamento espuma PUR 40/45 prox 25/30 mm

m2

10,43

L04

Illamento mediante espuma de poliuretano

m2

8,33

M0

URBANIZACIÓN

M01

Estrutura de gavións

m3

34,86

M02

Muro de contención formigón armado encofrado unha cara

m3

363,92

M03

Muro de contención formigón armado encofrado dos caras

m3

715,98

M04

Carga de terra sobre camión con retro

m3

3,81

M05

Carga cascallo sobre camión con pa cargadora

m3

4,05

M06

Transporte de terras con camión 14 m3 a 5 km

m3

1,2

M07

Corta e destocoado de árbores 15-35 cm diámetro

ud

26,26

M08

Limpeza terreos medios mecánicos

m2

0,93

M09

Retirada terra medios mecánicos

m3

2,82

M10

Desmonte terreo frouxo retroexcavadora

m3

1,54

M11

Desmonte terreo compacto retroexcavadora

m3

2,53

M12

Recheo, extendido e compactado pozos

m3

44,63

M13

Baleirado terreo frouxo profundidade > 3 m

m3

6,03

M14

Baleirado terreo compacto profundidade > 3 m

m3

7,24

M15

Drenaxe de grava profundidade 120 cm

m

14,51

M16

Drenaxe tubo PVC rañurado

m

11,97

M17

Drenaxe tubo formigón

m

23,25

M18

Carga de refugallos pala cargadora

m3

2,34

M19

Arqueta acometida domiciliaria rede xeral

ud

103,84

M20

Canalización de abastecemento fundición DN 150

m

97,1

M21

Canalización de abastecemento poliester reforzado DN 150

m

48,18

M22

Canalización rede de sumidoiro

m

171,2

M23

Foxa séptica formigón 5 usuarios

ud

605,36

M24

Base pavimento peonil HM-25

m2

16,89

M25

Pavimento continuo formigón impreso

m2

47,46

M26

Pavimento de garavanciño

m2

8,13

M27

Beirarrúa lousa hidraulica 40x40

m2

23,93

M28

Beirarrúa lousa terrazo 40x40

m2

25,25

M29

Beirarrúa lousa granito 60x40

m2

125,49

M30

Base de formigón compactado

m3

74,49

M31

Base macadam M2

m3

24,96

M32

Bordo recto granito silvestre abuxardado

m

49,35

M33

Bordo curvo granito silvestre abuxardado

m

95,16

M34

Bordo recto formigón prefabricado

m

22,16

M35

Firme flexible pavimento calzada tráfico lixeiro

m2

17,63

M36

Firme flexible pavimento calzada tráfico pesado

m2

38,1

M37

Pavimento aglomerado asfáltico

tn

44,76

M38

Pavimento zahorra artificial

m3

35,18

M39

Pavimento formigón

m3

106,54

M40

Subbase granular zahorra artificial

m3

34,19

M41

Subbase cemento CEM II/A-S 32,5N

m3

26,75

M42

Tratamento superficial dobre emulsión bituminosa

m2

2,39

M43

Cimentación p/báculo 10 m

ud

97,42

M46

Cimentación p/columna

ud

42,69

M47

Báculo aceiro altura 5 m espesor 3

ud

306,03

M48

Pozo de registro

ud

630,56

M49

Pto. luz VSAP 70 w en poste

ud

617,38

M50

Pto. luz VSAP 70 w en fachada

ud

272,37

M51

Pto. luz VSAP 150 w en báculo 8-10 m

ud

913,66

M52

Sumidoiro sifónico

ud

108,95

N0

VARIOS

N01

Piscina completa (ata 150 m2)

ud

12.101,32

N02

Piscina completa (a partir de 150 m2)

m2

403,36

N03

Piscina deportiva descuberta

m2

80,67

N04

Galpón de madeira

m2

100,85