Vedra - Ordenanza fiscal nº 7, reguladora da taxa pola expedición de licencias urbanísticas
Artigo 1. Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, polo artigo 106 de da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Vedra establece a Taxa pola expedición de Licencias Urbanísticas, a que se refire o artigo 20.4 h) do Texto Refundido aprobado polo RDLex. 2/2004, que se rexirá pla presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no artigo 58 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 2.Feito imponible
Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a verificar se os actos de ocupación, construcción, edificación e uso do solo e do subsolo que vaian realizarse no termo municipal, axústanse ao ordenamento urbanístico vixente e se reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade, todo elo de conformidade có establecido no artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e a sua normativa de desenrolo.
Artigo 3. Supostos de non suxeición
Non estarán suxeitos ao pagamento da taxa, pero si da obriga de solicita-la oportuna licenza, ou comunicación previa ou declaración responsable nos casos que proceda:
a) As obras que deban efectua-los particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.
b) O branqueo, pintado ou revestimento das fachadas e muros.
c) As derrubas ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruína inminente e que fosen ordenados polo Concello.
d) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación e fosen ordenadas por este último.
e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso de ela.
Artigo 4. Suxeito pasivo
a) Sexan solicitantes dunha licenza ou que presenten comunicación previa ou declaración responsable nos casos que proceda.
b) Que executen as instalacións, obras ou construcións sen ter obtido a preceptiva licenza ou sen presentar a comunicación previa ou declaración responsable cando proceda.
Artigo 5. Responsables solidarios e subsidiarios
1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refieren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das perosas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades i entidades en xeral, nos supostos e coa extensión que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artículo 6.-Cota tributaria
1. A cota tributaria determinarase por unha cota fixa á que, segundo a natureza do expediente a tramitar, se lle sumará outra cantidade en función da superficie, lonxitude ou unidade, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. Para determinar a superficie das obras e instalacións terase en conta a totalidade das súas plantas e espacios construídos.
3.- Para garantir a reposición do pavimento nas vías públicas, o peticionario da licenza terá que constituír ademais un depósito que se ingresará na Tesourería, que será devolto unha vez que conclúan as obras e certifiquen os servizos técnicos municipais que se atopa en perfectas condicións. Para o caso das obras novas o aval devolverase cando se outorgue a licenza de primeira ocupación.
A contía do aval será determinada polos servizos técnicos municipais, á vista da documentación achegada polo interesado na solicitude e o tipo de urbanización afectada.
Determinado o importe notificaráselle ao peticionario xunto co acordo de concesión de licenza, ou logo de efectuar as actividades de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.
Artículo 7.-Tarifa
1. Licencias de autorización para a segregación de parcelas urbanas, por cada parcela resultante: 60,00 euros.
2. Licencias de primeira ocupación de vivendas unifamiliares:
a) vivendas de ata 200 m2 de superficie construida: 60,00 euros.
b) vivendas de 2001 m2 a 400 m2 de superficie construida: 90,00 euros.
c) vivendas de mais de 400 m2 de superficie construida: 120,00 euros.
3. Licencias de primeira ocupación de vivendas colectivas:
a) cota fixa por inmoble: 90,00 euros.
b) por cada unidade de vivenda e por cada 100m2 ou fracción comercial ou industrial: 15,00 euros.
c) por cada 100 m2 ou fracción de garaxes, trasteiros e demais dependencias auxiliares: 10,00 euros.
4. Licencias de primeira ocupación de naves e instalacións industriais e comerciais:
a) cota fixa por unidade: 90,00 euros.
b) por cada 200m2 ou fracción: 12,00 euros.
5. Instalación de tanques, depósitos de almacenamento de auga, piscinas, etc., así como outros depósitos de almacenamento de gas, petróleos, gasóleos e similares: 60,00 euros.
6. Instalación de quioscos en vía pública:
a) cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b) por cada metro cadrado: 30,00 euros.
7. Instalación de carteis publicitarios:
a) cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b) por cada metro cadrado: 30,00 euros.
8. Fixación de liñas e rasantes de edificacións:
a) Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b) por cada metro: 1,50 euros.
9. Construcción de edificacións:
a) Os primeiros 200 metros cadrados construidos: 0,30 euros por metro cadrado.
b) Dos 200 aos 1.000 metros cadrados construidos: 1,50 euros por cada metro cadrado deste tramo.
c) A partir de 1.000 metros cadrados construidos: 2,16 por cada metro cadrado deste tramo.
d) Cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de 60,00 euros.
10. Demolición de edificacións:
a) Os primeiros 1.000 metros cadrados: 0,15 euros por metro cadrado.
b) A partir de 1.000 metros cadrados: 0,30 euros por metro cadrado deste tramo.
c) cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de 60,00 euros.
11.No caso de obras mayores: expedición e subministro do cartel de obra normalizado segundo o modelo establecido na normativa urbanística: 150,00 euros.
12.Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito imponible desta ordenanza en no apareza especificada nos epígrafes destas tarifas, esixirase unha taxa mínima de 60,00 euros.
13.No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán do 25% e en todo caso de 25 euros.
Artículo 8.-Devengo
1. Remunérase a taxa e xorde a obriga de contribuír cando se comece a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase comezada a devandita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licenza urbanística ou comunicación previa ou declaración responsable, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a oportuna licenza ou presentado a comunicación previa ou declaración responsable, a taxa abonarase cando se comece a actividade municipal que conduce a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable ou conforme coa normativa aplicable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para tal efecto ou a súa demolición se non foran conformes á normativa aplicable.
3. A obriga de contribuír, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza ou comunicación previa ou declaración responsable nos casos que proceda logo de comprobar que non se axusta á normativa aplicable, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante logo de concedida a licenza ou autorizada/comprobada a comunicación previa.
Artículo 9.-Beneficios Fiscais
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.
Artículo 10.-Normas de Xestión
1.- Os interesados na obtención dunha licenza de obras ou urbanística virán obrigados a presentar no Rexistro Xeral do Concello a oportuna solicitude de licenza ou comunicación previa ou declaración responsable, acompañando, cando proceda, proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da obra, lugar de emprazamento, importe estimado da mesma, medicións e destino.
2.-Cando se trate de actos nos que, de conformidade coa normativa estatal, autonómica e local aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude de licenza ou comunicación previa ou declaración responsable un presuposto das obras a realizar así como unha descrición precisa da superficie afectada, materiais a empregar, e en xeral, das características da obra ou acto, dos cales os seus datos permitan comprobar o seu custe.
3.-Se despois de formulada a solicitude de licenza ou comunicación previa ou declaración responsable se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artículo 11.-Liquidación, Notificación e Ingreso
1.-Á vista da documentación presentada polos interesados, previo estudio e valoración da mesma pola oficina técnica municipal, practicarase liquidación provisional tomando como base imponible para esta liquidación o presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial corrrespondente cando elo constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base imponible será determinada pola oficina técnica municipal en función do presuposto, memoria ou datos suministrados polo suxeito pasivo, si elo fora posible, ou en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.
2.- Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do coste real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base imponible a que se refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a correspondente liquidación definitiva, i esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3.-O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 12.Caducidade e duración das licencias
1.-Consideranse caducadas as licencias si despois de ser concedidas transcorren mais de seis meses sen dar comenzo ás obras, ou cando, unha vez comenzadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licencia antes de que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concedente.
2.-Transcorrido o prazo de caducidade, quedará sen valor nin efecto algunho a autorización obtida, salvo que anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licencia orixinaria.
Artígo 13. Infraccións e sancións
En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo dispón o artículo 11 do RDLexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a regulación contida nos artigos 178 e seguientes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenrolen.
Disposición Final
1.A presente ordenanza fiscal comenzará a aplicarse a partires do día 1 de xaneiro do 2005, mantenendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derogación expresas.