Muros - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS ACTIVIDADES

Publicación provisional: 04/07/2014 BOP Nº: 126
Publicación definitiva: 03/10/2014 BOP Nº: 189
Aplicable dende: 04/10/2014

ÍNDICE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º. Obxecto.

Artigo 2º. Ámbito de aplicación.

Artigo 3º. Intervención nas actividades.

Artigo 4º. Definicións.

Artigo 5º. Actividades sometidas a comunicación previa.

Artigo 6º. Actividades sometidas a licenza polo procedemento simplificado.

Artigo 7º. Actividades sometidas a licenza polo procedemento ordinario.

Artigo 8º. Criterios interpretativos no sometemento aos procedementos anteriores.

Artigo 9º. Tratamento de erros nas cualificacións dos procedementos.

Artigo 10º. Responsabilidades.

TÍTULO II. TIPOS DE PROCEDEMENTO

CAPITULO I.- DISPOSICIÓNS COMÚNS A TODOS OS PROCEDEMENTOS

Artigo 11º. Normativa.

Artigo 12º. Clases de procedementos.

Artigo 13º. Dereitos dos solicitantes.

Artigo 14º. Deberes dos solicitantes.

Artigo 15º. Presentación da documentación.

Artigo 16º. Exercicio das actividades.

CAPÍTULO II.- DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS NA TRAMITACIÓN DE COMUNICACIÓNS PREVIAS E DECLARACIÓNS RESPONSABLES

Artigo 17º. Regulación do procedemento.

Artigo 18º. Tramitación da Comunicación previa e Declaración responsable

Artigo 19º. Cambios de titularidade nas licenzas.

Artigo 20º. Cambios de actividade.

Artigo 21º. Efectos das Comunicacións previas e Declaración responsable.

CAPÍTULO III.- DISPOSICIÓNS ESPECIFICAS NA TRAMITACIÓN DE LICENZAS DE ACTIVIDADE POLOS PROCEDEMENTOS SIMPLIFICADO E ORDINARIO

Artigo 22º. Procedemento.

Artigo 23º. Autorizacións sectoriais.

Artigo 24º. Simultaneidade de obras e actividade.

Artigo 25º. Subrogación.

Artigo 26º. Suspensión do procedemento.

Artigo 27º. Resolución do procedemento.

Artigo 28º. Vixencia das licenzas.

Artigo 29º. Licenzas para instalacións provisionais.

Artigo 30º. Extinción das licenzas.

TÍTULO III. CONTROL POSTERIOR

CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 31º. Ámbito de aplicación.

Artigo 32º. Informe de comprobación.

CAPÍTULO II.- RÉXIME SANCIONADOR

SECCIÓN 1ª.- INFRACCIÓNS, TIPIFICACIÓN E PERSOAS RESPONSABLES

Artigo 33º. Infraccións.

Artigo 34º. Persoas responsables.

Artigo 35º. Tipos de Infraccións.

SECCIÓN 2ª. PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Artigo 36º. Procedemento sancionador.

Artigo 37º. Medidas provisionais.

Artigo 38º. Sancións.

Artigo 39º. Outras medidas.

Artigo 40º. Reincidencia e reiteración.

Artigo 41º. Prescricións das infraccións.

Artigo 42º. Execución forzosa.

DISPOSICIÓN ADICIONAIS.

PRIMEIRA. Corresponsabilidade con outras normativas.

SEGUNDA. Anexos a Ordenanza.

TERCEIRA. Interpretacións.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA. Procedementos en tramitación.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA. Derrogación normativa.

DISPOSICIÓN FINAL. Entrada en vigor.

ANEXOS

ANEXO 1 COMUNICACIÓNS PREVIAS (ACP)

1.1. DEFINICIÓNS

COMUNICACIÓN PREVIA

DECLARACIÓN RESPONSABLE

OBRAS DE ADAPTACIÓN

1.2. ACTUACIÓNS COMUNICADAS

A/ ACTIVIDADE SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

B/ CAMBIOS DE TITULARIDADE DA ACTIVIDADE

1.3. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

A/ COMUNICACIÓN PREVIA INICIO DE ACTIVIDADE

B/ COMUNICACIÓN PREVIA OBRAS DE ADAPTACION DE LOCAL PARA UNHA ACTIVIDADE

C/ COMUNICACIÓN PREVIA CAMBIO DE TITULARIDADE DA ACTIVIDADE.

1.4. IMPRESOS NORMALIZADOS

ACP-1 COMUNICACIÓN PREVIA INICIO DE ACTIVIDADE

ACP-2 COMUNICACIÓN PREVIA OBRAS DE ADAPTACION DE LOCAL PARA UNHA ACTIVIDADE

ACP-3 COMUNICACIÓN PREVIA CAMBIO DE TITULARIDADE DA ACTIVIDADE

ANEXO 2 LICENZAS ACTIVIDADE PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO (APS)

2.1. DEFINICIÓNS

ACTIVIDADES SUXEITAS A LICENZA POLO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

2.2. ACTIVIDADES SUXEITAS A LICENZA POLO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

A/ ACTIVIDADE SOBRE EDIFICACIÓNS CATALOGADAS INCLUINDO OBRAS MENORES

B/ INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS

2.3. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

A/ SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE DE LOCAL INTERVENCION SOBRE EDIFICACIÓNS CATALOGADAS INCLUINDO OBRAS MENORES

B/ SOLICITUDE DE LICENZA INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS

2.4. IMPRESOS NORMALIZADOS

APS-1 SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE DE LOCAL INTERVENCION SOBRE EDIFICACIÓNS CATALOGADAS INCLUINDO OBRAS MENORES

APS-2 SOLICITUDE DE LICENZA INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS

ANEXO 3 LICENZAS ACTIVIDADE PROCEDEMENTO ORDINARIO (APO)

3.1. DEFINICIÓNS

3.2. ACTIVIDADES SUXEITAS A LICENZA POLO PROCEDEMENTO ORDINARIO

3.3. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

3.4. IMPRESOS NORMALIZADOS:

APO-1 SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE PROCEDEMENTO ORDINARIO

ANEXO 4 NORMAS SOBRE DOCUMENTACIÓN E PROXECTOS TÉCNICOS

4.1. CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ACTIVIDADE

4.2. XUSTIFICACION PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

4.3. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN OU PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

I. A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, veu introducir no sector servizos un profundo cambio, substituíndo como regra xeral o control previo polo control posterior.

Dita Directiva foi obxecto de transposición no Estado a través da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e ao seu exercicio e da Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e ó seu exercicio.

II. A Comunidade Autónoma de Galicia aprobou a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia, sometendo as actividades comerciais non suxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto ambientais, nin ao informe da consellería titular da competencia en sanidade, ao réxime de comunicación previa ou declaración previa.

III. O Real Decreto Lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos avanza un paso máis eliminando todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou da saúde públicas, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallaban no seu anexo cunha superficie de ata 300 metros cadrados.

A devandita flexibilización estenderaa tamén a todas as obras ligadas ao acondicionamento de locais que non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación (LOE).

IV. Co fin de adaptarse a eses cambios, o Concello de Muros mediante aprobación polo Pleno con data 13/09/12, deu aprobación a unha nova Ordenanza municipal reguladora de actividades (publicada no BOP do día 22/11/2012) que substituía a anterior Ordenanza aprobada polo Pleno do 25 de febreiro de 2010.

Nesta Ordenanza, que agora se modifica, xa se introducía a aplicación do sistema de comunicación previa e o seu modelo para o exercicio de determinadas actividades relacionadas que se incluía na mesma.

V. A Lei 9/2013 de emprendemento e de competitividade económica de Galicia publicada o 27 de decembro de 2013 no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 247 e que tivo a súa data de entrada en vigor o 28 de decembro de 2013, supón aos efectos das tramitacións das licenzas de actividade unha serie de modificacións e novidades, sendo un dos obxectivos fundamentais que as administracións locais eliminen as pexas administrativas previas ao exercicio de actividades.

Nese proceso é destacable a introdución na lei da comunicación previa ao inicio de actividades comerciais.

Neste sentido, a lei dá cumprimento en Galicia ao disposto no artigo 41 da Lei de economía sustentable, que determina que, con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo.

Daquela, con esta nova lei establécese un réxime xurídico único do exercicio de actividades en Galicia, eliminando de xeito pleno e efectivo a licenza de apertura previa á instalación e ao inicio da actividade (licenzas de actividade ou instalación e de apertura ou funcionamento), agás determinadas actividades nas que razóns imperioso de interese xeral, de orde pública, seguridade pública, saúde pública, seguridade dos destinatarios de bens e servizos, dos traballadores, protección do medio ambiente e a contorna urbana determinen o mantemento do procedemento de licenza previa.

Por outra banda, o artigo 194.8 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e protección do Medio Rural (LOUG) de Galicia, no seu texto consolidado e modificado pola Lei 9/2013 sinala que os concellos deberán establecer e planificar os procedementos de comunicación necesarios así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos precisos.

VI. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muros, aprobado definitivamente mediante Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia de data 10/12/2010 (anuncio publicado no DOG do 24/12/2010 e normativa publicada no BOP do 24/12/2010), inclúe, nas Normas Urbanísticas, o réxime e procedementos de outorgamento das licenzas urbanísticas.

Conforme ó artigo 22 do devandito Plan Xeral, correspóndelle ó Concello a competencia na concesión das licenzas de actividade e apertura sen prexuízo das autorizacións e informes sectoriais que sexan precedentes.

VII. De conformidade co exposto o Concello de Muros, dentro das medidas de adaptación á nova normativa, mediante a presente Ordenanza pretende facilitar e facultar a posta en marcha de actividades económicas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 17/2009, da Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos e da Lei 9/2013 de emprendemento e de competitividade económica de Galicia, co fin de estender a eliminación de trabas e axilización administrativa a outras actividades, de forma que poderán iniciarse sen previa licenza municipal desde o mesmo día da presentación da comunicación previa ou da declaración responsable, sen necesidade de esperar á finalización do control municipal, o cal se mantén aínda que se articule a posteriori.

Deste xeito, a mencionada presentación, e a toma de coñecemento por parte da Administración non supón unha autorización administrativa para exercer unha actividade, senón un medio para que a Administración coñeza a existencia da devandita actividade e activar as comprobacións pertinentes.

O mantemento da licenza previa na apertura de determinadas actividades xustifícase por razóns imperioso de interese xeral, de orde pública, seguridade pública, saúde pública, seguridade dos destinatarios de bens e servizos, dos traballadores, protección do medio ambiente, a contorna urbana e a defensa do patrimonio.

Polo tanto, en virtude da autonomía local constitucionalmente recoñecida, que garante aos municipios personalidade xurídica propia e plena autonomía no ámbito dos seus intereses, e que lexitima o exercicio de competencias de control das actividades que se desenvolvan no seu termo municipal, dítase a presente Ordenanza previa observancia da tramitación establecida ao efecto polo artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º. Obxecto.

1. Ten por obxecto da presente Ordenanza a regulación dos procedementos de intervención e control do Concello de Muros nos casos de actividades que pola súa entidade, incidencia no contorno urbanístico ou no ambiente teñan que someterse, dependendo do caso, ao réxime de comunicación previa, licenza polo procedemento abreviado ou polo procedemento ordinario.

As actividades as que se refiren a presente Ordenanza son, en xeral, calquera actividade económica distinta ao uso de vivenda e as súas instalacións complementarias.

Ase mesmo, establece as disposicións xerais necesarias para facilitar a liberdade de establecemento e a libre prestación de servizos, planificando os novos procesos de comunicación e o seu control posterior e simplificando, en xeral, os procedementos xa establecidos.

2. A presente Ordenanza dítase en desenvolvemento da lexislación de réxime local, da Directiva de servizos 2006/123 CE e da normativa estatal e autonómica.

Artigo 2º. Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación desta Ordenanza abrangue o exercicio de actividades ou servizos que esixan a intervención do Concello en execución da súa función de policía na orde urbanística e ambiental, coa finalidade de verificar o axuste ao planeamento, normas urbanísticas, en materia de seguridade, sanitaria, ambiental e demais que resulten esixibles.

Artigo 3º. Intervención nas actividades.

1. Os medios a través dos cales o Concello poderá intervir na actividade dos cidadáns son:

a) Ordenanzas e bandos.

b) Sometemento a licenza previa e outros actos de control preventivo, sen prexuízo das excepcións previstas na lexislación de aplicación

c) Sometemento a comunicación previa, de conformidade co establecido na lexislación reguladora do procedemento administrativo.

d) Sometemento a control posterior ao inicio da actividade, para os efectos de verificar o cumprimento da normativa reguladora.

e) Ordes individuais constitutivas de mandato para a execución dun acto ou a súa prohibición.

A función de intervención axustarase en todo caso, aos principios de igualdade de trato, necesidade e proporcionalidade en relación co fin que se persegue.

2. As autorizacións outorgadas por outras administracións públicas non eximen os seus titulares de obter as correspondentes licenzas do Concello, respectándose en todo caso o disposto nas correspondentes leis sectoriais.

3. Naqueles casos nos que a actuación pretendida pola ou polo interesado requira dalgunha autorización, cualificación, ou informe favorable doutra administración pública distinta da municipal, que resulte esixible pola lexislación sectorial aplicable, o outorgamento da licenza urbanística requirirá a previa emisión e incorporación ao expediente da dita autorización, cualificación ou informe.

4. O exercicio de actividades, con carácter xeral, non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo. Non obstante, someterase a licenza ou control preventivo aquelas actividades que afecten á protección do medio ou do patrimonio histórico-artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo e ocupación dos bens de dominio público.

Artigo 4º. Definicións.

1. Para os efectos desta Ordenanza enténdese por:

1. Comunicación previa: Documento mediante o cal os interesados poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido na normativa de procedemento administrativo.

2. Declaración responsable: Documento subscrito por un interesado no que manifesta, baixo a súa responsabilidade que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o período de tempo inherente ao dito recoñecemento ou exercicio. Estes requisitos estarán recollidos de maneira expresa e clara na correspondente declaración responsable.

3. Autorización: Acto regrado da autoridade municipal competente pola cal, trala comprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, autorízaselle ao solicitante para o exercicio dun dereito preexistente o exercicio de actividades.

4. Licenza de Actividade: Autorización municipal previa á Apertura (ou Posta en servizo da instalación ou funcionamento da actividade) que, conforme aos distintos procedementos regulados na presente Ordenanza, aproba a documentación técnica aportada (incluídos, no seu caso, os anexos xustificativos da normativa aplicable), e permite a implantación da actividade, pero en ningún caso a apertura do establecemento ou o exercicio desta, que deberá ser obxecto da conseguinte licenza de Apertura.

5. Licenza de Apertura (ou Posta en servizo da instalación ou funcionamento da Actividade): Autorización municipal que permite comezar a actividade tras comprobar cos establecementos e instalacións correspondentes reúnen as condicións idóneas de cumprimento da normativa sectorial aplicable, en concreto as de seguridade, salubridade e accesibilidade, e se axustan aos usos determinados na normativa e planeamento urbanístico, así como calquera outro aspecto medio ambiental establecido na presente Ordenanza. Así mesmo, terán esta consideración os supostos de ampliación ou reforma de superficie e/ou actividade.

6. Cambio de titular: Actuación administrativa que partindo dunha previa declaración responsable ou licenza de apertura xa existente onde, manténdose as mesmas condicións, supoña que o establecemento ou actividade vai a ser explotado por un novo titular.

2. Os requisitos aos que se refiren os parágrafos anteriores deberán estar recollidos de maneira expresa, clara e precisa na documentación que acompañe os modelos oficiais que se incorporan como anexos a esta Ordenanza.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe a unha comunicación previa ou declaración responsable, ou a non presentación ante o Concello de calquera delas, determinará a imposibilidade de continuar coa actividade afectada dende o intre no que se teña constancia de tales feitos.

Así mesmo, a resolución do Concello que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao intre previo ao inicio da actividade sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou administrativas que procedan.

Artigo 5º. Actividades sometidas a comunicación previa.

Estarán sometidas ao trámite de comunicación previa as seguintes actividades:

a) Actividades comerciais e de servizos que se relacionan no Anexo 1 da presente Ordenanza.

b) Aperturas ou postas en funcionamento de actividades sometidas a licenza polo procedemento simplificado.

c) Cambios de titularidade de licenzas de actividade vixente. Para estes efectos non se consideran en vigor as licenzas que teñan declaración expresa de caducidade, revogación ou renuncia. Non en tanto, en ningún caso, producirán efectos as comunicacións previas de cambio de titularidade respecto de locais nos que cesase a actividade por tempo superior a seis (6) meses.

Artigo 6º. Actividades sometidas a licenza polo procedemento simplificado.

1. Estarán sometidas ao trámite licenza polo procedemento simplificado as seguintes actividades:

a) Actividades comerciais e de servizos que supoñan intervencións sobre edificacións catalogadas e impliquen obras menores de acondicionamento.

b) Instalacións eventuais ou desmontables sobre terreos de titularidade municipal para o desenvolvemento de actividades de carácter ocasional, e dicir, durante períodos de tempo inferiores a tres (3) meses.

2. Neste procedemento a presentación da solicitude, coa documentación completa, de licenza de actividade suxeita ao procedemento simplificado permítelle, á persoa titular desta, o inicio das obras solicitadas transcorrido o prazo dun (1) mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte do Concello, segundo o disposto no artigo 43 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Nos casos nos que sexa necesaria a subsanación de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio no procedemento ao ordinario. Neste caso non operará o prazo dun (1) mes do silencio administrativo e non se poderán realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.

Artigo 7º. Actividades sometidas a licenza polo procedemento ordinario.

Quedarán suxeitas a licenza de actividade polo procedemento ordinario aquelas actividades ou instalacións que consonte á normativa urbanística vixente, estean sometidas ao deber de obter licenza e non estean incluídas nin no réxime de comunicación previa ou procedemento abreviado.

En concreto, as actividades comerciais e de servizos que supoñan intervencións sobre edificacións catalogadas e que impliquen obras maiores de acondicionamento; e as que, conforme a normativa xeral da edificación, precisen de proxecto de obra de edificación.

Asemade, quedarán suxeitas ao deber de obtención de licenza polo procedemento ordinario as primeiras ocupacións e aperturas ou postas en servizo das devanditas actividades.

Artigo 8º. Criterios interpretativos no sometemento aos procedementos anteriores.

Para o exercicio de actividades os interesados terán que axustarse ao procedemento de comunicación previa, licenza polo procedemento abreviado ou ordinario, nos termos dispostos nesta Ordenanza.

Cando algunha das actuacións que se pretenden executar non se axustaran a algúns dos supostos establecidos nos anexos desta ordenanza, asimilarase coa que presente maior coincidencia, aplicándolle o seu réxime.

Artigo 9º. Tratamento de erros nas cualificacións dos procedementos.

1. A verificación de erros na cualificación do escrito achegado pola persoa interesada na elección dalgúns dos procedementos de comunicación previa, licenza polo procedemento abreviado ou ordinario, non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que do seu contido se deduza o seu verdadeiro carácter.

O Concello notificaralle ao interesado para lle facer constar tal circunstancia e , no seu caso, requirirá a documentación que sexa precisa para a continuación do procedemento que corresponda.

2. Cando a persoa interesada presentase ante o Concello unha comunicación previa, sendo o réxime aplicable o da licenza polo licenza polo procedemento abreviado ou ordinario, advertiráselle que non poderá iniciar a actividade ata que obteña a preceptiva autorización. Se iniciase a actividade requiriráselle para que proceda de inmediato á súa paralización coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística.

3. Cando a persoa interesada solicitase ante o Concello unha licenza polo procedemento abreviado ou ordinario cando o réxime aplicable é o de comunicación previa, notificaráselle para lle sinalar que debe de achegar a documentación correspondente e que non poderá desenvolver a actividade en tanto non presente a devandita documentación.

Artigo 10º. Responsabilidades.

1. Os técnicos asinantes da documentación técnica achegada son responsables da súa calidade e axuste ás normas que sexan aplicables en cada caso.

2. A dirección facultativa das obras e instalacións proxectadas (dirección de obra e dirección de execución de obra, segundo as súas competencias) é responsable da conformidade da obra ca documentación técnica aprobada, coas normas aplicables e, en ausencia de regulamentación e instrucións específicas, coas normas técnicas de recoñecemento xeral e bo facer técnico e construtivo.

3. Os técnicos asinantes das certificacións que se acheguen serán responsables da exactitude e da veracidade contida nelas.

4. Os titulares e promotores son responsables durante o desenvolvemento das actividades, do cumprimento das determinacións contidas na documentación técnica consonte coa cal foron concedidas as licenzas ou, na documentación técnica anexa á comunicación previa ou declaración responsable, así como da efectiva instalación e cumprimento das condicións impostas pola administración municipal ou outra autoridade competente.

TÍTULO II. TIPOS DE PROCEDEMENTO

CAPITULO I.- DISPOSICIÓNS COMÚNS A TODOS OS PROCEDEMENTOS

Artigo 11º. Normativa

As comunicacións previas e solicitudes de licenzas, axustaranse aos procedementos sinalados nesta Ordenanza que se aplicarán consonte ás disposicións establecidas na normativa de procedemento administrativo, ás especialidades contidas na lexislación local, urbanística e ambiental de Galicia, sen prexuízo do establecido por outras normas de rango superior á presente Ordenanza.

Artigo 12º. Clases de procedementos.

A intervención urbanística na tramitación das actividades no termo municipal do Concello de Muros tramitarase polos seguintes procedementos:

· Comunicación previa.

· Declaración Responsable.

· Procedemento simplificado de obtención de licenza.

· Procedemento ordinario de obtención de licenza.

Artigo 13º. Dereitos dos solicitantes.

Os solicitantes nos procedementos de tramitación das actividades terán os dereitos establecidos con carácter xeral na normativa de aplicación, entre outros, os seguintes:

· Á tramitación do procedemento sen dilacións indebidas.

· A obter información e orientación acerca dos requisitos xurídicos e técnicos que a normativa impón aos proxectos, actuacións ou solicitudes, comunicacións ou declaracións que as persoas interesadas pretendan realizar.

· A non presentar documentos non esixidos polas normas aplicables ao procedemento de que se trate ou que xa obren no poder dos servizos municipais.

· A coñecer, en calquera momento, o estado de tramitación do procedemento no que teñan a condición de interesado.

· A que as resolucións denegatorias das licenzas estean debidamente motivadas.

· A presentar queixas, reclamacións e suxestións sobre o funcionamento dos servizos.

Artigo 14º. Deberes dos solicitantes.

Os solicitantes nos procedementos de tramitación das actividades terán os deberes establecidos con carácter xeral na normativa de aplicación, entre outros, os seguintes:

· Presentar a documentación completa esixible.

· Atender os requirimentos municipais de corrección de deficiencias ou reparos, tanto formais como materiais, derivados das comunicacións previas, declaracións responsables ou solicitudes de licenzas.

· Dispoñer, no seu caso, xunto á obra, no caso de obras maiores, de copia autorizada da licenza municipal e a colocación de cartel indicador cos datos que se mencionan no artigo 17.3 do Real decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia ou norma que o substitúa.

· Ter a disposición dos servizos municipais copia da comunicación previa ou declaración responsable ou solicitude, no seu caso, debidamente dilixenciadas, facilitando o acceso á obra ou local ao persoal dos devanditos servizos, para inspeccións e comprobacións sobre o cumprimento da normativa aplicable.

· Reflectir á entrada do local, en lugar ben visible, o aforo máximo autorizado para o local xunto coa actividade concedida, sempre que se impoña como condicionante da licenza.

· Realizar os trámites nos prazos establecidos, téndoselles por decaídos no seu dereito ao trámite correspondente en caso contrario. Non obstante, admitirase a actuación do interesado e producirá os seus efectos legais se se producise antes ou dentro do día en que se lle notifique a resolución na que se teña por transcorrido o prazo.

· Notificar a data de iniciación das obras, no seu caso.

· Exhibir no interior dos establecementos orixinal ou copia do titulo acreditativo da comunicación previa, declaración responsable ou licenza.

· Iniciar e executar as obras nos prazos establecidos pola normativa vixente.

Artigo 15º. Presentación da documentación.

1. O Concello terá actualizados os modelos de comunicación previa, declaración responsable ou solicitude de licenza de actividade polos procedementos simplificado ou ordinario, que haberán de ser públicos para o seu xeral coñecemento.

2. A presentación de proxectos ou documentación técnica en soporte dixital realizarase de conformidade coas ¿Normas para a Presentación de Documentación e Proxectos Técnicos en Formato Dixital" incluídas no Anexo 4 desta Ordenanza.

3. O procedemento de tramitación de comunicación previa, declaración responsable ou licenzas de actividade, iniciarase mediante modelo ou solicitude normalizada para o que terase que achegar a documentación correspondente en cada caso.

No acto de presentación da comunicación previa, declaración responsable ou solicitude de licenza de actividade, os servizos competentes verificarán a integridade da documentación achegada, dende o punto de vista formal, sen prexulgar o seu contido.

Artigo 16º. Exercicio das actividades.

1. O exercicio de actividades cumprirán as disposicións vixentes en materia de edificación, infraestruturas, seguridade e saúde no traballo. As dimensións e características das actividades non excederán das comunicadas, declaradas ou autorizadas; considerase infracción urbanística calquera extralimitación destas.

2. As condicións manifestadas ao Concello deben de manterse durante o exercicio da actividade, coa obriga de que de producírense cambios na actividade deberán de poñerse en coñecemento da administración a través dos procedementos oportunos.

CAPÍTULO II.- DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS NA TRAMITACIÓN DE COMUNICACIÓNS PREVIAS E DECLARACIÓNS RESPONSABLES

Artigo 17º. Regulación do procedemento.

O acto de control e intervención da Administración municipal, nos supostos previstos na presente Ordenanza, axustarase ao seguinte procedemento:

a) A comunicación deberá efectuarse en documento normalizado, acompañado da documentación que para cada actuación concreta se especifique, de acordo co Anexo 1 da presente Ordenanza.

b) O rexistro da documentación completa no órgano competente para coñecer da actuación de que se trate, equivalerá á toma de coñecemento por parte da administración municipal.

c) As actuacións comunicadas poderán iniciarse dende a mesma data da súa posta en coñecemento na administración ou a data que sinale expresamente o interesado na comunicación previa ou declaración responsable, sempre e cando a documentación este completa nos termos establecidos na presente Ordenanza e a actuación se axuste ao ordenamento xurídico aplicable.

Artigo 18º. Tramitación da Comunicación previa e Declaración responsable.

Analizada a documentación e en función da adecuación ou non do seu contido ó ordenamento urbanístico e ás prescricións da presente Ordenanza, a tramitación dos actos comunicados axustarase as seguintes regras:

1. Cando a actuación comunicada se adecúe ao ordenamento xurídico e as prescricións desta Ordenanza esta producirá os efectos establecidos na normativa de aplicación, e poderá exercer a actividade de que se trate.

2. Cando a comunicación achegada sexa insuficiente, incorrecta ou inexacta, no prazo de quince (15) días notificaráselle á persoa interesada que se absteña de executar a súa actuación, concederáselle un trámite de subsanación da documentación esixible e advertiráselle da necesidade de volver a poñer en coñecemento da administración o exercicio da actividade, unha vez corrixidas estas.

De non atender aos requirimentos anteriores, procederase ao arquivo do expediente sen máis trámite, todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade urbanística.

3. Cando se estime que a actuación comunicada non está incluída entre as previstas para ser tramitadas por este procedemento, no prazo non superior a quince (15) días hábiles, notificaráselle a/o solicitante coa indicación de que se absteña de executar a actuación, procedendo, de ser o caso, a continuación da tramitación mediante o procedemento de outorgamento de licenzas previa.

4. Cando a actuación comunicada non se axuste ao planeamento vixente e demais normativa de obrigado cumprimento e competencia municipal, no prazo de quince (15) días notificaráselle esta circunstancia ao solicitante e indicáraselle que debe de absterse de executar a súa actuación, concedéndolle trámite de audiencia por prazo de dez (10) días, con carácter previo á resolución de arquivo do expediente. Todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos da reposición da legalidade urbanística.

5. Cando deban realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma actividade ou no mesmo local en que esta se desenvolva, as comunicacións previas ou as declaracións responsables tramitaranse conxuntamente.

Artigo 19º. Cambios de titularidade nas licenzas.

1. A licenzas relativas ás condicións dunha instalación ou servizo serán transmisibles nos termos establecidos na normativa de aplicación.

O antigo e o novo titular deberán unicamente comunicalo por escrito ao Concello, facendo expresa referencia á licenza que queren transmitir, sen o cal quedarán ambos suxeitos ás responsabilidades derivadas da actuación.

2 A comprobación por parte do Concello da inexactitude ou falsidade de calquera dato, manifestación ou documento, determinará a imposibilidade de continuar no exercicio do dereito.

3. O consentimento do titular anterior poderá ser substituído polo documento público ou privado translativo da propiedade ou posesión do inmoble, local ou soar.

4. Non poderán ser invocados cambios de titularidade para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que tivesen incorrido os titulares no exercicio das actuacións autorizadas.

5. En ningún caso, serán susceptibles de cambio de titularidade as actividades comunicadas que deberán ser obxecto dunha nova comunicación previa ou declaración responsable para o inicio de actividade.

Non en tanto, e sempre que se acredite o consentimento do anterior titular da actividade comunicada non será preciso presentar de novo a documentación xa achegada anteriormente, sempre que non se alterasen as condicións relativas á normativa de aplicación, nin as condicións e medidas manifestadas que habilitaron o inicio de actividade.

Artigo 20º. Cambios de actividade.

Cando se produza un cambio na actividade a desenvolver no local, esta deberá ser obxecto dunha nova comunicación previa, declaración responsable ou licenza de actividade, no seu caso, coa documentación completa esixida.

Artigo 21º. Efectos das Comunicacións previas e Declaracións responsables.

1. A toma de coñecemento non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas.

2. Producirán efectos entre o Concello e o suxeito a cuxa actuación se refiran, pero non alterarán as situacións xurídicas privadas entre este e as demais persoas.

3. As comunicación previas ou declaracións responsables producirán os efectos que determinen en cada caso a lexislación correspondente, a presente Ordenanza e demais normativa municipal, e permitirán con carácter xeral o recoñecemento ou exercicio dun dereito ou ben o inicio dunha actividade, dende a data da súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que teña atribuída a Administración municipal.

4. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha a unha comunicación previa ou declaración responsable, ou a non presentación ante a administración competente da declaración responsable ou da comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Asemade, a resolución da Administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga da persoa interesada de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.

5. As actividades comunicadas realizaranse deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros.

CAPÍTULO III.- DISPOSICIÓNS ESPECIFICAS NA TRAMITACIÓN DE LICENZAS DE ACTIVIDADE POLOS PROCEDEMENTOS SIMPLIFICADO E ORDINARIO

Artigo 22º. Procedemento.

1. As solicitudes de licenza, consonte á súa incidencia urbanística e complexidade técnica, tramitaranse de acordo coa lexislación urbanística e sectorial aplicable, o disposto na presente Ordenanza e Anexos, segundo os procedementos simplificado e ordinario.

2. No momento de achegar a solicitude, e realizada a verificación documental se esta non reúne os requisitos ou se a documentación estivese incompleta requirirase a persoa interesada para que no prazo de dez (10) días corrixa a falta ou achegue a documentación preceptiva con indicación de que de non facelo así teráselle por desistido na súa petición.

3. O transcurso do prazo máximo para ditar resolución expresa interromperase para corrección de deficiencias.

4. Nos casos nos que sexa necesaria a corrección de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o sometemento da devandita actuación ao procedemento ordinario que producirá o correspondente cambio no procedemento, polo que non operará o prazo dun (1) mes do silencio administrativo e non se poderán realizar as actuacións solicitadas, en tanto non se conceda a preceptiva licenza municipal.

5. Se o requirimento non se leva a cabo de forma completa ou se efectúa de maneira insuficiente a licenza será denegada.

6. A vista da documentación achegada, os servizos municipais emitirán os informes técnicos e xurídicos consonte coa normativa urbanística vixente.

7. Agás o disposto nos puntos 3 e 4 do presente Artigo, cando na instrución do procedemento sexa preceptivo informe de órgano distinto a aquel que ten a competencia para resolver, ou doutra administración, este tramitarase no prazo de dez (10) días, agás que unha disposición ou cumprimento do resto dos prazos do procedemento permita ou esixa outro prazo maior ou menor.

Artigo 23º. Autorizacións sectoriais.

1. As actuacións que se pretendan realizar en terreos ou bens que esixindo a intervención do Concello precisen ademais de autorizacións sectoriais doutras administración consonte coa normativa sectorial de aplicación, deberán achegarse ou xustificar a súa solicitude pola persoa interesada. No caso de que non conte coa devandita autorización o procedemento de tramitación da solicitude por parte do Concello quedará en suspenso ata que se lle notifique a este a resolución recaída.

2.- No caso de autorizacións sectoriais que resulten preceptivas e previas á solicitude de licenza, deberán ser achegadas pola persoa interesada. En defecto da devandita autorización previa, as solicitudes de licenza non serán admitidas e, no seu caso, non se poderá entender iniciado o procedemento.

Artigo 24º. Simultaneidade de obras e actividade.

Con carácter xeral, todas as actividades suxeitas a licenza que para a súa implantación precisen da previa realización de obras, tramitaranse simultaneamente, consonte co disposto na normativa urbanística vixente, e segundo a natureza e tipo de actuación, resultaralle de aplicación o procedemento simplificado ou ben o ordinario previsto nesta Ordenanza.

Artigo 25º. Subrogación.

Durante a tramitación dos procedementos poderá producirse a subrogación dun novo solicitante, sempre que se acredite a aceptación do solicitante inicial.

A tramitación do expediente continuará a nome do novo titular e partirase da mesma situación na que se atopaba o anterior.

Artigo 26º. Suspensión do procedemento.

O procedemento administrativo suspenderase, sen prexuízo do establecido, no seu caso, na lexislación sobre procedemento administrativo, nos seguintes casos :

· Cando se precise da obtención de autorizacións sectoriais doutras administracións consonte coa normativa sectorial de aplicación ata que se notifique a resolución recaída.

· A solicitude de informes que sexan preceptivos e vinculantes do contido da resolución a órgano da mesma ou distinta administración, suspenderá o prazo máximo legal para resolver o procedemento e notificar a resolución polo tempo que medie entre a petición do informe e a súa recepción, debendo comunicarse ás persoas interesadas tales circunstancias.

· Cando se precise a obtención dun informe por parte dalgunha administración sectorial requirirase ao interesado e quedará en suspenso o procedemento de licenza.

· Durante o prazo outorgado para corrección de deficiencias.

Artigo 27º. Resolución do procedemento.

1. Corrixidas, no seu caso, as deficiencias, emitidos os informes preceptivos e completo o expediente formularase proposta de resolución de:

a) Outorgamento con indicación dos requisitos e, no seu caso, as medidas correctoras que a actuación solicitada deberá cumprir.

b) Denegación coa motivación detalladamente das razóns desta.

2. A resolución do órgano competente deberá producirse no prazo máximo establecido nesta ordenanza para cada tipo de procedemento, prazo que contará dende a data na que se considere iniciado o expediente.

O órgano competente deberá outorgar ou denegar as licenzas urbanísticas resolvendo os procedementos no prazo máximo de tres meses, consonte coa normativa urbanística de aplicación, todo isto sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

Para os efectos do cómputo de prazos, este comeza a contar dende a data de entrada da documentación completa no rexistro municipal. Nese intre considerase iniciado o expediente

3. Transcorridos os prazos sinalados para resolver as solicitudes de licenza coas interrupcións legalmente procedentes, sen que a administración municipal adoptase resolución expresa operará o silencio administrativo na forma legalmente establecida.

Artigo 28º. Vixencia das licenzas.

As licenza para o exercicio de actividades, terán vixencia indefinida, sen prexuízo da obriga legal de proceder a súa adaptación á normativa vixente en cada momento.

Artigo 29º. Licenzas para instalacións provisionais.

Nos supostos establecidos pola lei e polas Normas urbanísticas, poderán concederse licenzas urbanísticas para instalacións de carácter provisional, estas deberán cesar en todo caso e ser demolidas, sen indemnización ningunha, cando o acorde o órgano competente do Concello, unha vez extinguido o prazo indicado, se é o caso.

A eficacia destas licenzas quedará condicionada á inscrición no Rexistro da Propiedade do carácter precario das instalacións e a súa renuncia a calquera tipo de indemnización polo incremento de valor que puidese xerar a licenza, así como á prestación da garantía por importe mínimo dos custos de demolición e desmantelamento, no seu caso.

Artigo 30º. Extinción das licenzas.

As circunstancias que determinar a extinción de licenzas son:

a) A renuncia expresa do titular, comunicada por escrito á Administración municipal, e aceptada por esta.

b) A revogación ou anulación da licenza ou clausura definitiva do establecemento por parte da administración municipal, consonte cos procedementos e normativa urbanística vixente.

c) A data de remate do período de tempo fixado na autorización concedida, no caso de licenzas temporais.

d) A solicitude de licenza por distinto titular dun establecemento que xa conte con licenza de apertura ou posta en funcionamento, determinará a extinción automática da licenza preexistente dende o momento que se conceda a nova licenza de apertura ou posta en funcionamento.

e) Anulación desta mesma por resolución xudicial ou administrativa ou suspensión temporal dos seus efectos.

TÍTULO III. CONTROL POSTERIOR

CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 31º. Ámbito de aplicación.

1. O Concello velará polo cumprimento dos requisitos aplicables segundo a lexislación correspondente, para o que está facultado para comprobar, investigar e inspeccionar as actividades co obxecto de verificar o cumprimento das condicións de funcionamento impostas, a adecuación á normativa que lle resulte aplicable e demais circunstancias que se produzan.

2. O persoal municipal adscrito á inspección e vixilancia urbanística, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e gozará do estatuto regulado na lexislación urbanística. As persoas interesadas teñen o deber de cooperación para a comprobación administrativa da adecuación das actividades á normativa urbanística aplicable.

3. O control realizado posteriormente á presentación da comunicación previa ou declaración responsable, levarano a cabo os servizos municipais no xeito que se determine. Haberán de verificar a efectiva adecuación da actividade á normativa aplicable, sen prexuízo do procedemento de protección da legalidade que, no seu caso, poida iniciarse.

4. No caso de que se realicen visitas de comprobación da actividade redactarase informe de comprobación. O feito de que se leven a cabo visitas de comprobación formalizadas no Informe, non obsta para que administración municipal, en exercicio das facultades que ten atribuídas de control e inspección, realice con posterioridade as visitas de comprobación que estime oportunas.

Artigo 32º. Informe de comprobación.

1. O Informe de comprobación é aquel documento que se emite co fin de recoller o resultado das actuacións de comprobación e investigación, nos supostos de actividades suxeitas a comunicación previa, declaración responsable ou solicitude de posta en servizo da instalación trala licenza previa de actividade.

2. Os Informes de comprobación redactaranse e serán asinadas polo persoal inspector.

3. Os Informes de comprobación ostentan o carácter de documento público, gozan de presunción de veracidade e constitúen proba dos feitos reflectidos neles, sen prexuízo das probas que, en defensa dos seus dereitos poidan achegar as persoas interesadas.

4. O informe de comprobación poderá ser:

1.-Favorable: Cando se comprobase a corrección cualitativa da documentación técnica presentada, e que a actividade se axusta a esta.

2.-Con deficiencias: Cando fosen emitidos informes técnicos nos que se evidencien incumprimentos normativos corrixibles mediante a imposición de condicións para adaptar, completar ou eliminar aspectos que non requiran da elaboración de documentación técnica, ou que requiríndoa non supoñan unha modificación substancial.

Neste caso darase un prazo de dez (10) días ao titular para que presente unha nova comunicación previa ou declaración responsable, onde sinale que foron realizados os axustes requiridos.

A estes efectos considéranse modificacións substanciais:

· Alteracións da superficie.

· Os incrementos do aforo teórico total establecido en función dos valores de densidade fixados polas normas de protección contra incendios.

· As redistribucións espaciais significativas tales como aumento de percorridos de evacuación, diminucións de altura nalgún punto do establecemento, alteracións que empeoren as condicións de accesibilidade ou eliminación de barreiras, ou cambio de uso nalgunhas dependencias, ou outras análogas.

· O aumento significativo da carga de lume no establecemento ou nalgunha das súas partes, de xeito que altere o nivel de risco do local de conformidade coa normativa de protección contra incendios.

· Calquera alteración que supoña un aumento do nivel sonoro máximo autorizado, unha diminución do illamento ou da protección contra incendios.

· Ampliacións ou modificacións das instalacións de electricidade, calefacción, refrixeración ou ventilación, salvo que se trate da substitución dun equipo por outro na mesma localización, de igual ou menor nivel sonoro ou potencia mecánica.

· Calquera outra alteración, modificación, ampliación ou substitución de elementos que poida implicar o incumprimento das esixencias establecidas no título habilítante.

3.-Desfavorable: Cando fosen emitidos informes técnicos que evidencien incumprimentos normativos que excedan dos sinalados no apartado anterior, tanto na documentación técnica presentada como na actividade implantada.

Neste caso, notificaráselle esta circunstancia ao solicitante e indicaránselle que debe de absterse de executar a súa actuación, concedéndolle trámite de audiencia por prazo de dez (10) días, con carácter previo á resolución de arquivo do expediente. Todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos da reposición da legalidade urbanística.

CAPÍTULO II.- RÉXIME SANCIONADOR

SECCIÓN 1ª.- INFRACCIÓNS, TIPIFICACIÓN E PERSOAS RESPONSABLES

Artigo 33º. Infraccións.

1. Ademais das infraccións tipificadas pola normativa urbanística e sectorial de aplicación, teñen a consideración de infraccións administrativas as accións e omisións que vulneren as normas contidas na presente Ordenanza, así como a desobediencia dos mandatos e requirimentos da administración municipal ou dos seus axentes ditados en aplicación desta.

2. As infraccións clasifícanse en moi graves, graves e leves, de conformidade coa tipificación establecida nos artigos seguintes.

3. Se como resultado da comprobación posterior, resultase que a actividade inspeccionada non é autorizable mediante os procedementos de comunicación previa ou declaración responsable, a acción administrativa de reposición da legalidade urbanística e a potestade sancionadora exerceranse mediante os procedementos establecidos na lexislación urbanística.

Artigo 34º. Persoas responsables.

1. Son persoas responsables das infraccións, atendendo ás circunstancias concorrentes, quen realicen as condutas infractoras, e en particular, segundo o caso:

a) Propietarios dos inmobles.

b) Titulares das actividades ou encargados da súa explotación técnica e económica.

c) Técnicos redactores de proxectos ou documentación técnica e directores de obra.

2. Cando no cumprimento das obrigas establecidas na presente Ordenanza corresponda a varias persoas conxuntamente, responderán de forma individualizada das infraccións que se cometan e das sancións que se impoñan.

3. No caso de extinción de persoas xurídicas, poderá esixirse subsidiariamente a responsabilidade aos seus administradores.

4. De seren responsables das infraccións técnicos para cuxo exercicio profesional requiran de estaren colexiados, os feitos poranse en coñecemento do correspondente colexio profesional para que adopte as medidas que considere procedentes.

5. Cando con ocasión da tramitación dos expedientes administrativos que se instrúan por infracción urbanística se desprendan indicios do carácter de ilícito penal dos feitos, porase en coñecemento do Ministerio Fiscal para os efectos da esixencia da responsabilidades oportunas. De ser o caso, suspenderase a tramitación do expediente en tanto non recaia resolución do Ministerio Fiscal ou resolución xudicial firme.

Artigo 35º. Tipos de Infraccións.

Sen prexuízo do disposto na normativa urbanística e sectorial de aplicación, as infraccións cualifícanse como moi graves, graves e leves consonte o disposto nos seguintes apartados:

1.- Considerase infracción moi grave:

A falsidade ou omisión de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento incorporada ás solicitudes tramitadas nesta Ordenanza.

2.- Considéranse infraccións graves:

a) O exercicio da actividade ou a modificación substancial dos establecementos e das súas instalacións sen contar con comunicación previa ou declaración responsable que faculte para o inicio das obras, exercicio da actividade ou recoñecemento de dereitos.

b) O exercicio da actividade co incumprimento dos requisitos esixidos na normativa vixente e que de maneira expresa se relacionan na comunicación previa ou declaración responsable.

c) O mal estado dos establecementos públicos en materia de seguridade ou salubridade, co incumprimento das esixencias declaradas na comunicación previa ou declaración responsable.

d) A adicación dos establecementos a actividades distintas ás declaradas ou comunicadas ó Concello cando o uso desenvolvido estea incluído en distinta categoría de usos pormenorizados no Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor e requira maior nivel de esixencia respecto das medidas de seguridade, sempre que ambas estean sometidas a comunicación previa ou declaración responsable.

3.- Considéranse infraccións leves:

a) A adicación dos establecementos a actividades distintas ás declaradas ou comunicadas á administración cando o uso desenvolvido de feito estea incluído na mesma categoría de usos pormenorizados no Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor e requira o mesmo ou menor nivel de esixencia respecto das medidas de seguridade, sempre que ambas estean sometidas a comunicación previa ou declaración responsable.

b) Calquera incumprimento do establecido na presente Ordenanza e nas leis e disposicións regulamentarias ás que se remita, sempre que non estea tipificado como infracción moi grave ou grave.

SECCIÓN 2ª. PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Artigo 36º. Procedemento sancionador.

1. A potestade sancionadora exercerase mediante o procedemento establecido na lexislación do procedemento administrativo común, en defecto de normativa urbanística ou sectorial específica.

2. O prazo para resolver o procedemento sancionador será dun (1) ano desde a data da súa iniciación.

Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución, producirase a caducidade do procedemento. No suposto de que a infracción non prescribise, deberá iniciarse un novo procedemento sancionador.

3. A resolución que poña fin ao procedemento sancionador poderá requirirlle ao responsable da infracción a reposición dos bens ao seu estado anterior ao incumprimento.

Para a execución forzosa do dito requirimento será de aplicación o disposto ao efecto na lexislación de procedemento administrativo común e na presente Ordenanza.

Artigo 37º. Medidas provisionais.

1. Poderán adoptarse medidas de carácter provisional cando sexan necesarias para garantir a eficacia da resolución que puidese recaer, as esixencias dos intereses xerais, o bo fin do procedemento e o evitar o mantemento dos efectos da infracción. Estas medidas manteranse ata que se acredite de xeito fidedigno o cumprimento das condicións esixidas ou a corrección das deficiencias detectadas.

2. As medidas provisorias poderán consistir na suspensión da actuación prevista nos seguintes supostos:

a) Cando se exerza sen a presentación da correspondente comunicación previa ou declaración responsable.

b) Cando o resultado do control posterior constate a falsidade ou omisión de datos ou documentos de carácter esencial ou o incumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente dende que se teña constancia de tales feitos.

c) Cando se produzan alteracións que diminúan as condicións de seguridade, salubridade, ou produción de danos ou riscos para as persoas e os bens.

3. Asemade poderán adoptarse as medidas de execución forzosa previstas na lexislación de procedemento administrativo común, de acordo co disposto na presente Ordenanza.

Artigo 38º. Sancións.

1. A comisión das infraccións tipificadas na presente Ordenanza levará consigo, en defecto de normativa sectorial específica, a imposición das seguintes sancións:

a) Infraccións moi graves: multa de ata 3.000 €.

b) Infraccións graves: multa de ata 1.500 €.

c) Infraccións leves: multa de ata 750 €.

2. Para graduar as multas atenderase primordialmente á gravidade da materia, á entidade económica dos feitos constitutivos da infracción, á súa reiteración por parte da persoa responsable e ao grao de culpabilidade de cada un dos infractores, así como a conduta de grave resistencia deducida da inobservancia dos requirimentos administrativos.

Cando concorra algunha circunstancia agravante, a sanción imporase sempre na contía superior á terceira parte de seu máximo. Se concorre algunha circunstancia atenuante e ningunha agravante, imporase na contía mínima.

O responsable da infracción terá dereito a unha redución do 50% da multa que deba impoñerse en caso de que repoña a orde urbanística vulnerada antes da resolución do procedemento sancionador.

3. Terá a consideración de circunstancia atenuante da responsabilidade a paralización das obras ou paralización da actividade ou uso de modo voluntario, tras a inspección e a pertinente advertencia polo axente da autoridade. Como circunstancia agravante o incumprimento dos requirimentos efectuados pola administración para a paralización da actividade, a obstrución á función inspectora e aqueloutras que se determinen na normativa sectorial.

4. Na fixación das sancións de multa terase en conta que, en todo caso, o cumprimento da sanción non resulte máis beneficioso para a persoa infractora que o cumprimento das normas infrinxidas.

Artigo 39º. Outras medidas.

Sen prexuízo das sancións pecuniarias previstas, a comisión das infraccións tipificadas na presente Ordenanza poderá levar consigo a adopción, no seu caso, das seguintes medidas:

a) Suspensión temporal das actividades e clausura temporal dos establecementos dun a tres meses para as infraccións graves, e de tres a seis meses para as infraccións moi graves.

b) Impedir definitivamente a actividade nos casos de infraccións graves e moi graves, se fose apreciada reincidencia ou reiteración.

c) Ordenar a reposición dos bens afectados ao estado anterior ao incumprimento daquela.

d) A imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante o prazo de 6 meses para as infraccións moi graves e 3 meses para as graves.

Artigo 40º. Reincidencia e reiteración.

1. Considerarase que existe reincidencia cando se cometa durante un ano máis dunha infracción da mesma natureza.

2. Entenderase que existe reiteración nos casos en que se cometa máis dunha infracción de distinta natureza durante un ano.

Artigo 41º. Prescricións das infraccións.

Serán de aplicación en defecto de normativa sectorial específica, as normas xerais que regulan o procedemento administrativo sancionador coas especialidades aplicables ás entidades locais.

Artigo 42º. Execución forzosa.

Para a execución forzosa dunha resolución administrativa que ordene a paralización dunha actuación das previstas nesta Ordenanza serán de aplicación os artigos 93 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En consecuencia, en caso de incumprimento da dita orde administrativa, procederá a execución subsidiaria da paralización da actividade, para o cal o concello poderá adoptar as seguintes medidas:

- Ordenar o desaloxo e/ou precinto de xeito inmediato do establecemento unha vez verificado o incumprimento da paralización da actividade.

- Ordenarlles ás empresas subministradoras de enerxía eléctrica, telefonía e auga que procedan ao corte de subministración.

- Comunicarlle o citado incumprimento ao Ministerio Fiscal por posible ilícito de desobediencia regulado no artigo 556 do Código Penal.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

PRIMEIRA. Corresponsabilidade con outras normativas

Cando na presente Ordenanza se realicen alusións a normas específicas, entenderase extensiva a referencia á norma que por promulgación posterior, substitúa a mencionada.

SEGUNDA.Anexos a Ordenanza

Os Anexos que se incorporan nesta Ordenanza non teñen carácter regulamentario polo que o seu contido poderá ser ampliado ou modificado mediante resolución do órgano municipal competente para o outorgamento de licenzas, se ben a súa obrigatoriedade supedítase á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

TERCEIRA. Interpretacións

Facúltase ao órgano municipal competente para o outorgamento de licenzas para interpretar por medio das correspondentes instrucións os procedementos que resulten desta Ordenanza, se ben a súa obrigatoriedade supedítase á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA. Procedementos en tramitación.

Os titulares de procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta Ordenanza poderán desistir da súa solicitude e optar pola aplicación da nova normativa, sempre que o poñan de manifesto antes da resolución do procedemento. En caso contrario, continuarase coa tramitación segundo a normativa que lle resultase de aplicación.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA. Derrogación normativa.

A partires da entrada en vigor da presente Ordenanza, queda derrogada a Ordenanza reguladora da tramitación de licenzas de actividades aprobada polo Pleno do Concello de Muros con data 13/09/12 (publicada no BOP do día 22/11/2012), e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido na presente Ordenanza.

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA. Entrada en vigor.

A presente ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, sempre que teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

ANEXOS

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249

2014-10249